revista do craega 27

Post on 10-Mar-2016

233 Views

Category:

Documents

7 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Revista do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega)

TRANSCRIPT

Nº 27 > Verán 2013

REVISTA do

CRAEGA

Destacada presenza dos produtores de ecolóxico no Salón de Gourmets de Madrid e no Salón de Alimentación do Atlántico

> Premio internacional para as galletas de Granxa Maruxa

> Oferta formativa en agricultura ecolóxica

CRAEGA

EDITA: CraegaSECRETARIO: Javier García LozanoDIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez SalgadoDEPÓSITO LEGAL: PendenteIMPRIME: Ulzama Gráficas

▶ �Repartimos caixas de verduras ecolóxicas a domicilio en Santiago de Compostela e concellos limítrofes (Vedra, Boqueixón, Teo, Ames e Brión)

Finca de horta en Vedra inscrita no Craega miguel@tempocompartido.com

▶ �Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro

Carnicería Carballada (Sarria, Lugo) 982 886 225 carniceriacaballada@hotmail.com

▶ �Patacas ecolóxicas Ribeira de Portizó Sober (Lugo) Marena: 627 214 476

▶ �Venda de produtos ecolóxicos: legumes e hortalizas. Colleita propia

Agricultura Ecolóxica Cristimil Román Viz Santomé: 625 202 417

▶ �Realízanse sacrificios ecolóxicos. Matadoiro Comarcal de Sarria

San Xulián da Veiga, 27614 Luís López: 982 531 273

▶ �Descontos do 20% nas tarifas de aloxamento en Ecoagroturismo Arqueixal para inscritos no Craega

Albá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 030 contacto@arqueixal.com www.arqueixal.com

▶ �Véndense fabas ecolóxicas de Lourenzá, a granel ou envasadas

Mª Josefa Leitón Ramallal: 648 705 100 / 982 146 006

▶ �Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa explotación ecolóxica de Rubia Galega

Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo) 650 343 777

Sumario

3 | Catas gourmets en Madrid

4 | Degustación e talleres gastronómicos no Salimat

5 | Participación noutras feiras de alimentación e eventos

6 | Premio internacional para Granxa Maruxa

7 | Oferta formativa especializada

Taboleiro de anuncios

Establecementoscolaboradoresminoristas

ABC del BíoAmamos Comercial S.L. Padre don Rúa, 236203 Vigo - Pontevedra986 117 303 www.abcdelbio.esinfo.@abcdelbio.es

A Casa da Quenlla, SCPraza de Abastos, nave 7,caseta 227-228-22915703 Santiago de CompostelaA Coruña696 506 800acasadaquenlla@yahoo.es

A Despensa do Avó FranciscoMª Rosana López ÁlvarezRúa Mallorca 2, baixo27003 Lugo982 812 284 info@adespensadoavofrancisco.com

A Tropical, Finarrei SLRúa da Paz, 2032005 Ourense988 220 688demetrio@finarrei.comwww.finarrei.com

A Xoaniña, SCGRúa Venezuela, 7815404 Ferrol - A Coruña981 930 868cooperativaxoaninha@cooperativaxoaninha.orgwww.cooperativaxoaninha.org

As CabaciñasGueimonde y Liste, SCRúa Restollal, 79 baixo15702 Santiago de CompostelaA Coruña981 593 462cabacias@yahoo.es

Cárnicas O XurésFernández Blanco, Juan CarlosR/ Celso Emilio Ferreiro, 20 baixo32004 Ourense988 245 812www.carnicasoxures.com

Consumo Consciente Árbore, SCGRúa Arquitecto Pérez Bellas, 5 baixo36203 Vigo - Pontevedra986 233 497info@arbore.orgwww.arbore.org

Ecocentro NaturezaÁlvarez López, Mª TeresaAvenida de Galicia, 52 baixo27400 Monforte de Lemos - Lugo982 404 797

Ecogaliza, SLUPraza de Abastos, nave 7,caseta 222-223-22415704 Santiago de CompostelaA Coruña654 609 611ecogaliza@yahoo.eswww.ecogaliza.com

Eu Consumo ResponsableNatalia Pérez SousaRúa Santo Domingo 41, local 5, Galerías Viacambre32003 Ourense988 219 849euconsumoresponsable@gmail.comwww.euconsumoresponsable.es

Horno Integral Pandarán, SLAvenida de Bueu, 1936940 Cangas do MorrazoPontevedrainfo@pandaran.eswww.pandaran.com

Horta Fresca Tenda EcolóxicaMaría Carrera FernándezRúa Damas Apostólicas 13, baixo(A Ramallosa)36370 Nigrán - Pontevedra986 352 675hortafresca.ramallosa@gmail.com

Horta Verde, CBRúa Irmáns Maristas, 3836700 Tui - Pontevedra986 600 644ecohortaverde@gmail.comwww.hortaverde.es

HortasánSeoane Albela, PurificaciónPraza de Abastos, posto 3336002 Pontevedra981 512 491casadocampo@tempocompartido.com

Horta+Sá López Chamorro, IsabelRúa Pérez Ardá, 26 baixo esqu.15009 A Coruña981 285 021hortaisabel@yahoo.eswww.hortamaissa.com

La Aldea Biomarket, SLAvenida Finisterre, 25 baixo15004 A Coruña626 765 567riapemon@laaldeabiomarket.comwww.laaldeabiomarket.com

Maguz EcolóxicosRosa María Castro CondeMercado de San Agustín Posto 315001 A Coruñaalfredosessa300@gmail.com

Menta - Ortega Río, Mª SoledadCesáreo Tizón, 2532500 O Carballiño - Ourense988 274 123salchasa@yahoo.es

Ourense Bío, SLRúa San Rosendo, 9 baixo32001 Ourense988 604 914ourensebio@mundo-r.com

Tenda Ecolóxica Equilibrio, SLAvenida Mallos, 115007 A Coruña881 898 788equilibrio@tendaecoloxica.comwww.tendaecoloxica.com

Todo Bío, SLRúa Doutor Fleming, 7B32003 Pontevedra986 493 617vbtienda@hotmail.com

A Nosa TerraRúa Nova, 827001 Lugo982 229 235restauranteanosaterra@gmail.com

A Parada das Bestas Pidre, 2727207 Palas de Rei982 183 614info@aparadadasbestas.comwww.aparadadasbestas.com

Canela Bakery CoffeePraza Maior, 6-827001 Lugo982 106 604canela@canelaba.com

Fogar do SantisoTrasellas, 13 - Luou15883 Teo981 805 948fogar@fogardosantiso.eswww.fogardosantiso.es

O Lar de AdriánCarril das Flores, 3027002 Lugo982 244 245olardeadrian@hotmail.comwww.lardeadrian.atagalicia.com

Picota Espazo GastronómicoRúa Bailén, 17 - Praza de Abastos27400 Monforte de Lemos982 418 408 karrasquito@hotmail.com

Porta SantiagoRonda da Muralla, 17627002 Lugo982 252 405portasantiago@mundo-r.com

Restaurante BiobaniaCordelería, 715003 A Coruña981 221 301biobania@gmail.comwww.biobania.blogspot.com.es/

Restaurante CamposRúa Nova, 427001 Lugo982 229 743info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.com

Restaurante EspañaRúa do Teatro, 1027001 Lugo982 242 717restaurantespana@gmail.comwww.restespana.com

Restaurante O GreloCampo da Virxe, s/n27400 Monforte de Lemos982 404 701ogrelo@resgrelo.comwww.resgrelo.com

Restaurante PapricaRúa das Nóreas, 1027001 Lugo982 255 824restaurantepaprica@gmail.comwww.paprica.es

Taberna Do LabregoCamiño Real, 32Pacios27372 Begonte982 398 262tabernadolabrego@hotmail.comwww.tabernadolabrego.com

Sección gratuíta para os inscritos. Para publicar os anuncios enviar solicitudea craega@craega.es

Establecementoscolaboradoreshostaleiros

CRAEGA > 3

Catas gourmets de produtos ecolóxicos galegos en Madrid

O ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente degustando produtos no stand da Consellería do Medio Rural e do Mar

O XXVII Salón de Gourmets, celebrado no recinto feiral Juan Carlos I do Ifema de Madrid do 8 ao 11 de abril, acolleu a degustación “A comida sá con alimentos ecolóxicos”, a cargo do Craega.

Nesta cata gourmet, ofrecida o día 9 no stand institucional da Consellería do Medio Rural e do Mar, contouse con varios produtos procedentes da agri-

cultura ecolóxica de Galicia, cos que se prepa-rou o seguinte menú: croquetas de espinacas, pasas e noces, croquetas de espinacas e algas, empanada de atún e suxi, coma entrantes; ca-pón ao forno con castañas, coma prato princi-pal; e requeixo con mel e queixo San Simón, de sobremesa. Esta comida acompañouse de viño da Ribeira Sacra branco e tinto e sidra acham-pañada.

A produción ecolóxica galega tamén tivo pre-senza nesta Feira Internacional de Alimentos e Bebidas de Calidade a través de varias firmas. Por unha banda, na presentación da agrupación de industrias elaboradoras Gosto Productores, que deu a coñecer a súa ampla gama de máis de 90 referencias, entre as que ten en ecolóxico carne avícola, meles, pole, froitos secos e outros produtos que están en proceso de inscrición no Craega. Así mesmo, dous operadores do Conse-llo, Porto-Muíños e Miguel Areán, contaron con expositor propio para mostrar algas e outros produtos do mar, no primeiro caso, e a produ-ción de castañas, no segundo.

O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, no inicio da cata

Posto de Porto-Muíños

Posto da empresa de Miguel Areán

4 < CRAEGA

O restaurante Fogar do Santiso preparou un amplo programa de obradoiros de gastronomía ecolóxica para impartir do 13 ao 16 de xuño, no marco da Semana Verde de Galicia.

O xoves 13 desenvolveuse un taller de cociña para nenos, con produtos ecolóxicos locais e de tempada, así como unha cata maridaxe de viños ecolóxicos dirixida ao sector da restauración.

O día seguinte celebrouse unha xornada técnica para abordar os retos da produción agraria ecolóxica, que correu a cargo do director técnico do Craega, Ernesto Sánchez Salgado. Ernesto analizou as potencialidades do sector alimentario en ecolóxico, as principais producións, os nichos de mercado aos que orientarse e os retos a curto e longo prazo, coma o da comercialización dos produtos.

O sábado foi a quenda do foro participativo “A colaboración como estra-texia para o sector agroecolóxico” e, o domingo, dun show cooking de comida ecolóxica á brasa.

Ademais, todos os días que durou a feira mantivéronse no posto de Fogar do Santiso, de cinco a sete da tarde, microencontros entre produtores, comercializadores e cooperativas de consumo para a busca de sinerxías.

O 13 de xuño, día da inauguración da 17ª edición do Salón de Alimenta-ción do Atlántico (Salimat), o Craega ofreceu unha degustación de produ-

tos ecolóxicos no posto da Consellería do Me-dio Rural e do Mar, á que asistiron tanto a titu-lar deste departamento, Rosa Quintana, coma o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

O condutor desta degustación, Javier García Lozano, foi proporcionándolle ao público infor-mación sobre os alimentos ecolóxicos que se serviron: mexillón en escabeche, mariñeira con paté de atún e vexetais, capón ecolóxico, sidra achampañada como bebida e iogur batido de sobremesa.

A comitiva oficial fixo un alto no posto para degustar os produtos ecolóxicos

O propietario de Fogar do Santiso recibindo ao vicepresidente da Xunta de Galicia

A Semana Verde acolleu varios talleres de gastronomía ecolóxica

O Craega ofreceu unha degustación comentada no Salimat

CRAEGA > 5

Hifas da Terra presentou o seu produto en Ecosalud

Hifas da Terra tivo presenza na décimo quinta convocatoria de Expo Ecosalud, o Salón da Saúde e da Calidade de Vida, Produtos Naturais, Ecolóxicos e Dietéticos que tivo lugar do 19 ao 21 de abril no recinto Fira de Barcelona. Esta empresa

pontevedresa, inscrita no Craega, dedícase ao cultivo ecolóxico de cogomelos.

Créase a I Feira Virtual de Viños Ecolóxicos

Do 21 ao 30 de xuño desenvolveuse na Rede a I Feira Virtual de Viños Ecolóxicos, a FIVE Virtual, que contou con 56 ade-gas de España (dúas delas galegas), Francia e Italia. Trátase dunha iniciativa pioneira no mundo, organizada pola Aso-

ciación de Empresas de Agricultura Ecolóxica de Navarra, na que se fixo promoción de 28 denominacións de orixe e preto de 300 viños.

Estrella Galicia compra mazás para Maeloc

Estrella Galicia ten no mercado sete variedades de sidras coa marca Maeloc, que se produ-ce na fábrica de Custom Drinks de Chantada (Lugo); esta sidra recolle a marca Manzanova

e incorpora por primera vez en España sabores a pera, mora e fresa, que se suman aos xa existentes natural,

doce, seco e extra. Aqueles produtores de mazá ecolóxica da zona poden levar os seus froitos ata as instalacións chantadinas, onde teñen previsto recollelas todas.

Maeloc e Ribela, expositores na II Feira da Sidra da Estrada

A Estrada, comarca que con-centra boa parte dos produ-tores de mazá e sidra ecoló-xica galega, acolleu o día 15

de xuño na capital a II Feira da Sidra, unha festa na que se escanciou máis dun milleiro de botellas e á que acudiron máis de 2.000 visitantes. No posto de lagares atopábanse as firmas Maeloc (de Chantada) e Ribela (da Estrada), que ofreceron sidra ecolóxica. Así mesmo, Luis Rivas, de Ribela, obtivo o segun-do posto no II Concurso de Sidra de Autor, unha competición na que estivo presente o director técnico do Craega, Ernesto Sánchez.

Cambados estreará mostra ecolóxica

O Concello de Cambados impulsou este ano, coa colaboración do Craega, a súa primeira Feira de Produtos Eco-lóxicos que, baixo o nome de Eco-

Logical Galicia, se vai celebrar entre o 15 e o 18 de agosto. Haberá 40 postos, ademais dun-ha carpa para as degustacións, e organizaranse charlas e outras actividades paralelas.

Edición especial do Mercado da Terra de Lugo

A asociación O Bandullo Ecolóxico organizou o 6 de xuño na cidade de Lugo unha edición especial do semanal Mercado da Terra. Unha

quincena de produtores da provincia puxo á venda na praza de abastos a súa produ-ción ecolóxica, da que boa parte xa loce certificación do Craega.

6 < CRAEGA

As galletas de Granxa Maruxa reciben un premio internacional

A explotación ecolóxica de Monte-rroso (Lugo) Granxa Maruxa vén de acadar un novo galardón, o In-ternational Superior Taste & Qua-

lity Award (Premio Internacional ao Sabor e á Calidade Superior), concedido polo Ins-tituto Internacional do Sabor e a Calidade (iTQi). As súas galletas de nata, comercial-mente denominadas Maruxas de Nata, ob-tiveron dúas estrelas no certame de cata ás cegas deste instituto, onde o xurado estaba composto por 60 chefs e sumille-res de todo o mundo. A entrega do premio tivo lugar en Bruxelas o 30 de maio.

¡Infórmate! www.revista-ae.es • tel: 961 26 71 22

dey

O xurado do concurso estivo composto por 60 chefs e sumilleres de todo o mundo

O equipo de Granxa Maruxa co presidente do iTQi, Christian De Bauw

Os sistemas agroecolóxicos, protagonistas dunhas xornadas

A Asociación de Produtor@s Ecolóxic@s Galeg@s (Apega) pro-moveu para o 13 e o 14 de xullo a celebración das xorna-das abertas “Sistemas agroecolóxicos para un rural vivo” en Ponteareas (Pontevedra), no auditorio Reveriano Soutullo. No

programa incluíuse unha charla sobre a certificación ecolóxica en Ga-licia a cargo do secretario do Craega, Javier García Lozano; ademais, contempláronse outros temas coma a venda e o etiquetado de produtos agrarios, as pequenas producións apícolas e avícolas, a evolución das razas autóctonas e a acción dos bioprodutores no Alto Miño (Portugal), así como se organizou unha visita á horta ecolóxica Santa Clara, situada no Covelo.

CRAEGA > 7

Nos últimos meses, foron moitas as xornadas e charlas técnicas coas que se difundiu información sobre agricultura ecolóxica en distintos puntos da xeografía galega:

Seminario de Formación en Vitivinicultura Ecolóxica. Organizado pola asociación O Batuxo Belesar no marco do proxecto “Potenciación da agricultura ecolóxica” da Deputación de Lugo, tivo lugar no Saviñao o 11 e 12 de xullo e incluíu no programa conferencias sobre a problemática da viticultura ecolóxica e sobre a súa normativa, así como catas de brancos e tintos e visitas a adegas e viñedos. Colaboraron Adegas Aurea Lux SL (Ribadavia), Adegas Docampo Gacio, CB (Rubiá), Bodegas Corisca SL, (Salceda de Caselas), Lagar de Sabariz SL (San Amaro), José Luís Ma-teo García (Verín), Roberto Regal López (Chantada), Regina Viarum SL (Sober), Beatriz Rodríguez González (Cortegada), María Esther Teijeiro Lemos (Chantada) e José Luís Pérez Vázquez (O Saviñao).

Curso de Agricultura Biodinámica. Celebrou a súa primeira edición do 7 ao 9 de xuño no pazo de Sabariz (Ourense) e foi impartido por Jordi Querol, técnico asesor en agricultura biodinámica. No programa do curso, impulsado pola asociación We Are Organic (WAO) e avalado pola Asociación da Agricultura Biodinámica de España, figuraban os preparados biodinámicos, o calendario biodinámico e o compost.

Xornadas Técnicas de Viticultura Ecolóxica. O Centro de Interpreta-ción do Viño e da Lamprea (Arbo, Pontevedra) foi escenario destas xor-nadas, desenvolvidas o 30 de abril e o 2 de maio na Semana Grande da Lamprea coa colaboración do Craega. O primeiro día ofreceuse unha charla acerca da produción de viño ecolóxico e natural e o día 2 celebrou-se unha cata de viños ecolóxicos e naturais, coa participación de Corisca (Condado), Diego de Lemos (Ribeira Sacra), Biobra (Valdeorras), José Luis Mateo García (Monterrei), Muñiz Hermida (Ribeiro), A Pita Cega (Ri-beiro), Aurea Lux (Ribeiro) e Lar dos Soños (Condado).

Curso práctico de agricultura ecolóxica. Promovido polo Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, está desenvolvéndose en se-sións semanais de tres horas na finca experimental de Santa María de Vigo (Cambre, A Coruña) dende o mes de maio, e continuará durante o de xullo. O temario abrangue a certificación en agricultura ecolóxica.

Curso de agricultura ecolóxica en hortos urbanos. O Concello de Culleredo deulle resposta á demanda veciñal de formación en agricultura ecolóxica cun curso que comezou o 5 de xuño nos seus hortos urbanos, situados no pazo de Villa Melania.

Talleres formativos para mozos. O programa de ocio “Ponteverán”, do que se encarga a Concellería de Xuventude de Pontevedra, incorporou á súa oferta de actividades para estes meses de verán os obradoiros for-mativos en agricultura ecolóxica e aproveitamento das plantas, dirixidos a mozos entre os 16 e os 30 anos.

Proliferan as iniciativas divulgadoras da agricultura ecolóxica

Mantense aberta a convocatoria do plan “Fórmate en verde”

A Deputación Provincial de Lugo está levando a cabo dende o mes de marzo unha serie de cursos sobre produción ecolóxica, encadrados

no plan “Fórmate en verde”. Estes cursos son gratuítos, constan de parte teórica e parte práctica e ofrécense en tres moda-lidades: on-line, presencial e mixta. Os de gandería ecolóxica corren a cargo da aseso-ría agrícola Agronovo, que está especializa-da en produción ecolóxica, e son de gando maior e menor (ovino e caprino, avicultura de posta, avicultura de carne e porcino). Os cursos continuarán ofertándose e execután-dose ata final de ano, polo que a convoca-toria está aberta e as persoas interesadas en inscribirse poden facelo na web do Plan Integral Gandeiro (www.planintegralgandei-ro.info) ou por teléfono (982 246 762).

8 < CRAEGA

Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos

FEADEREuropa inviste no Rural

ministeriode agricultura, alimentacióny medio ambiente

gobiernode españa

top related