revista do craega 22

8
Nº 22 > Primavera 2012 REVISTA do CRAEGA > Fórum Gastronómico de Santiago 2012 > XIV Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo > Alimentaria 2012, Salón Internacional da Alimentación e Bebidas A agricultura ecolóxica de Galicia promociónase nas grandes citas sectoriais: Biofach, a feira ecolóxica máis importante do mundo

Upload: transmedia-comunicacion

Post on 18-Feb-2016

252 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Revista do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia

TRANSCRIPT

Page 1: Revista do Craega 22

Nº 22 > Primavera 2012

REVISTA do

CRAEGA

> Fórum Gastronómico de Santiago 2012> XIV Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo> Alimentaria 2012, Salón Internacional da Alimentación e Bebidas

A agricultura ecolóxica de Galiciapromociónase nas grandes citas sectoriais:

Biofach, a feira ecolóxicamáis importante do mundo

Page 2: Revista do Craega 22

CRAEGA

EDITA: CraegaSECRETARIO: Javier García LozanoDIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez SalgadoDEPÓSITO LEGAL: PendenteIMPRIME: Ulzama Gráficas

A Casa da Quenlla, SCPraza de Abastos, nave 7,caseta 227-228-22915703 Santiago de CompostelaA Coruña696 506 [email protected]

A Tropical, Finarrei SLRúa da Paz, 2032005 Ourense988 220 [email protected]

A Xoaniña, SCGRúa Venezuela, 7815404 Ferrol - A Coruña981 930 868cooperativaxoaninha@cooperativaxoaninha.orgwww.cooperativaxoaninha.org

Consumo Consciente Árbore, SCGRúa Arquitecto Pérez Bellas, 5 baixo36203 Vigo - Pontevedra986 233 [email protected]

Ecogaliza, SLUPraza de Abastos, nave 7,caseta 222-223-22415704 Santiago de CompostelaA Coruña654 609 [email protected]

Fernández Blanco, Juan CarlosCárnicas O XurésR/ Celso Emilio Ferreiro, 20 baixo32004 Ourense988 245 812www.carnicasoxures.com

Fiuncho Tenda Ecolóxica, SLURúa José Luis Bugallar Marchesi, 10, local 715008 A Coruña981 912 310 (telf. e fax)[email protected]

Rodríguez Pérez, Carlos Gallaecia Carniceros Mercado da Praza de Lugo, posto Q5, 2ª planta15004 A Coruña981 100 [email protected]

Horta Verde, CBRúa Irmáns Maristas, 3836700 Tui - Pontevedra986 600 [email protected]

Gueimonde y Liste, SCAs CabaciñasRúa Restollal, 79 baixo15702 Santiago de CompostelaA Coruña981 593 [email protected]

Horno Integral Pandarán, SLAvenida de Bueu, 1936940 Cangas do [email protected]

López Chamorro, IsabelHorta+Sá Rúa Pérez Ardá, 26 baixo esquerda15009 A Coruña981 285 [email protected]

La Aldea Biomarket, SLAvenida Finisterre, 25 baixo15004 A Coruña626 765 [email protected]

Ortega Río, Mª Soledad - MentaCesáreo Tizón, 2532500 O Carballiño - Ourense988 274 [email protected]

Ourense Bío, SLRúa San Rosendo, 9 baixo32001 Ourense988 604 [email protected]

Seoane Albela, PurificaciónHortasánPraza de Abastos, posto 3336002 Pontevedra981 512 [email protected]

Tenda Ecolóxica Equilibrio, SLAvenida Mallos, 115007 A Coruña881 898 788

[email protected]

Todo Bío, SLRúa Doutor Fleming, 7B32003 Pontevedra986 493 [email protected]

Álvarez López, Mª TeresaEcocentro NaturezaAvenida de Galicia, 52 baixo27400 Monforte de LemosLugo982 404 797

García Prieto, AntonioRego de MelRúa San Roque, 24 baixo27700 Ribadeo - Lugo982 129 [email protected]

Lorena Fernández LópezNatureza e VidaR/ San Roque, 104 baixo27002 Lugo 982 801 [email protected]

▶ �Véndense a 70 euros excelentes cabritas para produción cárnica, procedentes dunha explotación de cabras en ecolóxico de Allariz

Xosé: 687 418 518 Bernardo: 609 529 872

▶ �Repartimos caixas de verduras ecolóxicas a domicilio en Santiago de Compostela e concellos limítrofes (Vedra, Boqueixón, Teo, Ames e Brión)

Finca de horta en Vedra inscrita no Craega [email protected]

▶ �Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa explotación ecolóxica de Rubia Galega

Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo) 650 343 777

▶ �Véndese finca de 10.700 m2 de produción de froita ecolóxica, con 700 árbores. Venda de froita asegurada. Casa de pedra para restaurar. Lugar privilexiado na ribeira do Miño

670 852 638 / [email protected]

▶ �Descontos do 20% nas tarifas de aloxamento en Ecoagroturismo Arqueixal para inscritos no Craega

Albá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 030 [email protected] www.arqueixal.com

▶ �Véndense fabas ecolóxicas de Lourenzá, a granel ou envasadas

Mª Josefa Leitón Ramallal: 648 705 100 / 982 146 006

▶ �Venda de produtos ecolóxicos: legumes e hortalizas. Colleita propia

Agricultura Ecolóxica Cristimil Román Viz Santomé: 625 202 417

Sumario

3 | �A�agricultura�ecolóxica�galega,�á�vista�en�Biofach

7 | ��Participación�en�Xantar,�no�Fórum�Gastronómico�e�en�Alimentaria

Taboleiro de anuncios

Sección gratuíta para os inscritos. Para publicar os anuncios enviar solicitudea [email protected]

Establecementoscolaboradores Onde mercar

Page 3: Revista do Craega 22

CRAEGA  >  3

Localizada ao sur de Alemaña, Nurem-berg é unha das principais cidades do Estado de Baviera. Tristemente celébre en tempos máis recentes por acoller pri-

meiro as maiores concentracións do partido nazi e por ser a sede máis tarde dos famosos xuízos de Nuremberg aos criminais de guerra alemáns, a historia desta cidade vai máis aló destes fei-tos. Nuremberg xa era un importante centro de comercio en tempos medievais, converténdose no berce do Renacemento alemán no século XVI. As pegadas deste esplendor consérvanse no seu casco histórico, un recinto amurallado convertido hoxe nun dos centros de ocio e com-pras máis visitados de Alemaña. Nuremberg é na actualidade o centro de servizos dunha im-portante zona industrial na que se asentan as factorías de marcas tan coñecidas como Adidas, Siemens, Staedtler ou Playmobil. Industrial e de ocio, desde hai dúas décadas Nuremberg tamén é coñecida por converterse tódolos anos na ca-pital mundial da produción ecolóxica.

Trátase da feira Biofach, promovida pola Ifoam, a Federación Mundial de Movementos Orgánicos, a máis representativa do mundo ecolóxico, con

presenza nun cento de países. Do 15 ao 18 de febreiro, Biofach volveu reunir en Nuremberg ao máis destacado do sector, cunhas cifras que fa-lan por si mesmas: 86.000 metros cadrados de superficie feiral, máis de 2.400 expositores che-gados de 85 países dos cinco continentes e máis de 44.000 visitantes profesionais de 130 países.

O volume de negocio que move Biofach cada ano reflicte o auxe que está tendo a nivel mun-dial a produción ecolóxica certificada, que no pasado ano chegou aos 60.000 millóns de euros de transaccións comerciais en todo o pla-neta, un 8 por cento máis có ano anterior malia a tristemente famosa crise económica. O eco-lóxico é un movemento presente xa en tódalas culturas e continentes, e en tódolos ámbitos da vida, non só na alimentación, tamén na roupa, a beleza, a vivenda...

Hoxe en día, 37 millóns de hectáreas no plane-ta están sendo cultivadas baixo os criterios da agricultura ecolóxica certificada, en 160 países dos 198 que hai na Terra, ás que habería que engadir outros 43 millóns de hectáreas de te-rras non agrarias nas que se practica a recolec-

Biofach, a feira ecolóxica máis importante do mundo, celebrou unha nova e exitosa edición en Nuremberg e Galicia non faltou á cita, estando presente a través de 18 empresas, das cales 16 acudiron baixo o paraugas do Craega e do recén creado Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia.

Manuel CruzDirector deO Agro-Labranza

A agricultura ecolóxica galega, á vista en Biofach

Page 4: Revista do Craega 22

4  <  CRAEGA

ción salvaxe. Malia todo, estas terras son pouco máis do 1 por cento de toda a superficie agraria mundial. Aínda que o movemento ecolóxico xur-diu no mundo occidental, a súa maior forza está hoxe noutra parte. Dos preto de 2 millóns de agricultores ecolóxicos que se calcula que hai no mundo, o 80 por cento está en países en vías de desenvolvemento, destacando a India, con máis de 400.000. Precisamente, a India foi o país do ano nesta edición da Biofach, con preto dun centenar de expositores. Unha boa parte das súas producións máis importantes e coñecidas, coma o té, o arroz ou o algodón, é cultivada xa baixo os criteiros da agricultura ecolóxica, que en moitos estados indios se está a revelar como o xeito de agricultura máis be-neficioso para os pequenos agricultores, ao non ter que custear grandes gastos de fertilizantes ou pesticidas e por recibir un prezo máis xusto tradicionais de cultivo de cada rexión e clima.

Europa e Galicia

En Europa, España é o primeiro país en super-ficie dedicada á produción ecolóxica, con preto dun millón e medio de hectáreas, seguido de Ita-lia e Alemaña. Non obstante, esta primacía na produción non se ve acompañada no consumo. Se falamos do gasto per cápita en alimentos eco-

lóxicos, os suízos lideran a lista con 153 euros por habitante e ano, seguidos dos dinamarque-ses con 142 euros, e os luxemburgueses, con 127 euros per cápita. En Alemaña, o maior mer-cado ecolóxico de Europa en cifras globais, os consumidores gastan unha media de 71 euros en alimentos ecolóxicos, mentres que en España o gasto apenas chega aos 7 euros por habitante e ano. Esta cifra é aínda inferior en Galicia, entre outros factores “debido á vinculación directa que boa parte da poboación mantén co mundo rural e a confusión que todavía hai no consumidor en-tre produto ecolóxico certificado e produto feito na casa «de toda a vida»” como salienta Rafael Rivadulla, da empresa Agronovo Ecoloxía.

En Galicia, o principal valedor da produción eco-lóxica certificada é o Craega. Aínda que pase-niñamente, a produción ecolóxica non deixa de medrar na nosa comunidade: os últimos datos de 2011 indican que a superficie inscrita na nosa comunidade é de 15.303,42 hectáreas, un 8 por cento máis que o periodo anterior. Máis significativo é o crecemento experimentado na produción, chegando aos 21 millóns de euros de facturación, cun incremento do volume de produto certificado do 27 por cento.

O mesmo que en anteriores edicións, Galicia ta-mén estivo en Biofach, desta volta con 18 em-presas, das que 16 acudiron baixo o paraugas do Craega e do recén creado Clúster da Alimen-tación Ecolóxica de Galicia, con presenza no stand do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Como destacou José Antonio Fernández, o presidente do Craega, “este ano, en colaboración co Ministerio e coa Consellería de Medio Rural e Mar, quixemos facer un esfor-zo por traer a produtores e elaboradores por vez primeira a esta feira para que podan ter esa visión cercana do que significa hoxe o comercio ecolóxico e o volume de negocio que move a nivel mundial”.

Tamén houbo en Biofach unha sección dedicada ao téxtil, co algodón como o material do momento. Aínda que só representa o 1 por cento do mercado total, o seu crecemento é impresionante, dun 29 por cento anual

Page 5: Revista do Craega 22

CRAEGA  >  5

A delegación galega tivo a oportunidade de visitar varios establecementos na área de Nuremberg, grandes cadeas comerciais adicadas en exclusiva á comercialización de produtos ecolóxicos certificados

Facer contactos e aprender, este foi o principal obxectivo das 16 empresas galegas que acudi-ron a Biofach co Craega, como a queixería Casa Ánxel, da Pastoriza: “Despois de ver a variedade de produtos e o mercado que os lácteos eco-lóxicos teñen nesta feira, e tendo en conta a importancia que o sector do leite ten en Galicia, doume conta de que temos moito mercado por diante, que aínda nos queda moito por facer”, indicou o seu xerente, Francisco López. O sec-tor dos lácteos ecolóxicos galegos factura na actualidade 7 millóns e medio de euros, e nel están xurdindo novas experiencias, como a dos biscotes Maruxas de Nata, da Granxa Maruxa de Monterroso. Para a súa representante, Marta Álvarez, “hai que seguir innovando para volver o ano que vén e que sexamos nós, os galegos, os que sorprendamos aos alemáns”.

Outro dos sectores con máis presenza en Bio-fach e cun peso cada vez maior na produción ecolóxica é o do viño, cun pavillón propio no que estaban presentes máis dun cento de ade-gas, con España, Francia e Italia como principais países produtores. En Galicia, malia contar con cinco denominacións de orixe e varios viños da terra, as experiencias son contadas, polo que as posibilidades de expansión son moitas, como puideron comprobar os representantes de ade-gas Corisca, das Rías Baixas e de Diego de Le-mos, da Ribeira Sacra.

Exportación, a chave

O baixo índice de consumo de produtos ecolóxi-cos de Galicia fai que a exportación se convirta na principal vía de crecemento das empresas

ecolóxicas da nosa comunidade, algo que saben moi ben na empresa ourensá Aceites Abril. En palabras do seu representante comercial José Francisco Rodríguez, “para unha empresa como a nosa nun sector tan competitivo como o do aceite de oliva en España, abrirnos ao mercado europeo, e sobre todo ao asiático, está a de-mostrar ser a mellor estratexia de crecemento, e estes mercados son os que nos están a deman-dar cada vez máis produto ecolóxico”.

Outra das empresas que asistiron baixo o pa-raugas do Craega foi Portomuíños, pioneira no aproveitamento das algas en Galicia e que está a atopar no exterior o seu principal mercado: “En Galicia non temos cultura das algas, pero no exterior xuntamos os dous valores de que é un produto ecolóxico e novidoso”, salienta Bi-biana Canosa. Esta aposta polo mercado exte-rior está tamén clara para David Corral, xerente de Mieles Anta e presidente na actualidade do Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia, quen encontrou en Biofach boa parte dos clien-tes internacionais cos que traballa agora: “Gra-zas a vir a esta feira hoxe estamos presentes en Francia, en Alemaña, en Bélxica e mesmo en Arabia Saudí”.

Precisamente, Biofach deste ano serviu de pre-sentación internacional para o recén creado Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia, unha asociación que aglutina a unha vintena de empresas e entidades deste eido para aproveitar sinerxías e ser máis competitivos cara ao exte-rior. Para Rafael Rivadulla, de Agronovo Ecoloxía e representante do Clúster na feira, “trátase de ofertar un catálogo de produtos amplo e variado que amose a Galicia como a potencia que é en

Page 6: Revista do Craega 22

6  <  CRAEGA

produción ecolóxica, e penso que Biofach é o lugar máis indicado para facelo”.

Unha boa parte do mercado das empresas ga-legas atópase en Alemaña. O feito de que a maior feira ecolóxica do mundo se celebre en Nuremberg xustifícase pola importancia que o consumo ecolóxico ten neste país, que absor-be el só o 10 por cento do mercado mundial, case 6.000 millóns de euros. A delegación ga-lega tivo oportunidade de comprobalo visitando varios establecementos na área de Nuremberg, grandes cadeas comerciais adicadas en exclu-siva á comercialización de produtos ecolóxicos certificados. Empresas como Alibós (adicada á castaña), Galletas Mariñeiras Daveiga, Bio Fac-tory ou Cárnicas Ruperto viron unha oportunida-de de negocio nas preferencias do consumidor alemán.

Pan do Mar e Hifas da Terra

Ademais do grupo que viaxou co Craega, dúas empresas galegas participaron este ano en Bio-fach cun stand propio. Foron a empresa mico-lóxica Hifas da Terra, de Pontevedra, que está a apostar pola innovación nun mundo aínda por descubrir, coma o dos cogomelos, con especial énfase nos nutracéuticos (os alimentos empre-gados para coidar a saúde), e a conserveira Antonio Pérez Lafuente, de Vilanova de Arousa: máis da metade dos seus produtos ecolóxicos, agrupados baixo a marca Pan do Mar, véndense

en Alemaña, onde son líderes no seu segmento. Pan do Mar estaba presente na zona do selo Démeter, que integra a 4.000 produtores de 40 países e hoxe é o principal valedor mundial do movemento da agricultura biodinámica.

A idea do ecolóxico como unha filosofía de vida integral abrangue xa tódolos sectores de consu-mo, non só o da alimentación. Dentro de Biofach celebrouse un ano máis o salón Vivaness, dedi-cado á cosmética natural, onde 200 expositores de todo o mundo puxeron de manifesto o gran futuro que ten esta liña de produción, que en Europa xa supón unha cifra de negocio de mil millóns de euros, e á que se están sumando as grandes cosméticas multinacionais.

Tamén houbo en Biofach unha sección dedicada ao téxtil, co algodón como o material do mo-mento. Aínda que polo de agora o algodón eco-lóxico só representa o 1 por cento do mercado total, o seu crecemento é impresionante, dun 29 por cento anual. Cada vez máis consumido-res demandan roupa elaborada ecoloxicamente, respectando o medio ambiente, e de comercio xusto, respectando as condicións sociais e labo-rais dos traballadores que a fabrican: é a cha-mada “moda verde”, da que 44 firmas de todo o mundo expuxeron as súas creacións. O eco-lóxico é moito máis ca unha moda; é un estilo de vida que conta cada vez con máis adeptos en todo o mundo, tamén en Galicia. Unha oportu-nidade económica para o medio rural que pode axudar a fixar poboación no campo.

David Corral, xerente de Mieles Anta: “Grazas a vir a esta feira hoxe estamos presentes en Francia, en Alemaña, en Bélxica e mesmo en Arabia Saudí”

Page 7: Revista do Craega 22

CRAEGA  >  7

Ao longo destes últimos meses, o Con-sello Regulador da Agricultura Ecolóxi-ca (Craega) estivo presente en distin-tos eventos gastronómicos e do sector

da alimentación en xeral.

Do 1 ao 5 de febreiro participou en Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo que cada ano se celebra en Ourense. No estand in-formativo e promocional expuxéronse produtos ecolóxicos de varias empresas acollidas a esta agrupación. Ademais, o cociñeiro Flavio Morgan-ti, en colaboración co secretario do Craega, Ja-vier García, ofreceu un taller de elaboración de pratos con materias primas ecolóxicas no que os asistentes puideron degustar todas as propostas.

Ese mesmo mes, do 26 ao 28, celebrouse en Santiago o Fórum Gastronómico. Nesta ocasión estiveron presentes a cooperativa Verín Bio-coop, Conservas do Támega, Casa Grande de Xanceda, Conservas Antonio Pérez Lafuente, Produtos Ecolóxicos Granxa Maruxa e A Facto-ría Ecolóxica. Con achega de produtos conco-rreron Conservas Cuca, Milhulloa, Galletas Da-

veiga, Sidrería Galega e Mieles Anta. De novo, o secretario do Consello, Javier García, convidou aos asistentes a unha degustación de produtos ecolóxicos consistente nunha tosta de galleta mariñeira con mexillón e sardiña en aceite de oliva, carne de Cachena con pemento e, de so-bremesa, galleta de nata e surtido de xeados de elaboración ecolóxica. A degustación regouse con sidra ecolóxica achampanada.

Posteriormente, do 26 ao 29 de marzo, des-prazáronse a Barcelona para participar en Ali-mentaria, o Salón Internacional da Alimentación e Bebidas. No estand de produtos ecolóxicos, e baixo o paraugas do Ministerio, víronse once fir-mas: Mieles Anta, Lugar da Veiga, Aceites Abril, Milhulloa, A Factoría Ecolóxica, Conservas do Támoga, Verín Biocoop, Casa Grande de Xan-ceda, Granxa Maruxa, Conservas Antonio Pérez-Lafuente e Helados Gael. Ademais, o presiden-te do Craega, José Antonio Fernández Álvarez, ofreceu no estand da Consellería do Medio Rural e do Mar, no pavillón de Intercarn, unha degus-tación de tenreira ecolóxica galega que foi moi ben acollida entre o público.

As empresas ecolóxicas promocionaron os seus produtos en talleres de cociña, degustacións e estands

O Craega estivo presente en Xantar, no Fórum Gastronómico e en Alimentaria

Flavio Morganti ofreceu un taller gastronómico ecolóxico en Xantar

En Alimentaria estiveron presentes as empresas Mieles Anta, Aceites Abril, Milhulloa, A Factoría Ecolóxica, Conservas do Támega e Helados Gael, entre outras

No Fórum Gastronómico estivo presente unha ducia de empresas amparadas polo Craega

Page 8: Revista do Craega 22

8  <  CRAEGA

Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos

FEADEREuropa inviste no Rural

MINISTERIODE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓNY MEDIO AMBIENTE

GOBIERNODE ESPAÑA