revista
Post on 11-Mar-2016
221 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
C.P.I. DE COVA TERREÑA BAIONA Revista Nº13 Curso 2011-2012
http:centros.edu.xunta.es/cpicovaterrena
Cultura
3 LETRAS GALEGAS
6 CREACIÓNS LITERARIAS
Os nosos Lemas
Portadas dos nosos contos
Conmemoracións
12 CELEBRACIÓNS
Día do Libro
Día da Familia
16 CONCURSOS
2º Concurso “Cartel e lema”
Ligamats
20 DIVULGACIÓN
Talleres
Taller de arte: Picasso
Taller de Refugallo: xogamos co que nos creamos
O cálculo a través do xogo
Taller de ciencias
Gústanos a poesía
Olimpiadas 2012
Yummy Yummy
Talleres do primeiro ciclo
37 REPORTAXES
Semana da Ciencia 2012
Servicio de Mediación
Saídas
45 Saída Ciclo de cine social Cáritas
Este ano o día das Letras Galegas conmemora a figura de
VALENTÍN PAZ ANDRADE. Este avogado, escritor, xornalista e
empresario pontevedrés forma parte da xeración que protagonizou
a loita pola autonomía desde o Partido Galeguista durante a II
República e que loitou en moitos frentes pola defensa da lingua e
a cultura galega durante a dictadura franquista e ata a súa
morte en 1987.
Escribiu ensaios literarios, históricos e económicos, nos que
reflexou a súa preocupación polo progreso de Galicia. Tamén
escribiu varias obras como técnico especializado en temas
pesqueiros. Como poeta, formou parte da Xeración de 1925 e a
maioría da súa poesía mostra unha motivación patriótica, como se
pode ver en Soldado da morte (1921), Pranto Matricial (1954), que evoca a morte de Castelao e que foi reeditado en 1975 en
cinco linguas; Sementeira do vento (1968), canta a paisaxe e a xente de Galicia, ademais do exilio e do amor ausente. Cen chaves de sombra (1979) e Cartafol de homenaxe a Ramón Otero
Pedrayo (1985), que incluía composicións dedicadas ao autor
ourensán.Colaborou en O Ensino, Grial e Outeiro, con artigos
sobre literatura, especialmente en torno á figura de Castealo, e
en industrias conserveiras, El País e La Vanguardia con artigos económicos e políticos.
portadas.notebook
1
May 14, 2012
PORTADA
DOS
NOSOS
CONTOS
Anxo
A que sabe a lúa
portadas.notebook
2
May 14, 2012
Quero ser diferente
O ser máis poderoso
Estas son as portadas dos fermosos contos que os alumnos de 6ºcontáronñe aos nenos de infantil
OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS FIXEMOS UN CONTO DE
ANIMAIS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO. PARA PODER
VELO PINCHADE NA PÁXINA WEB DO CENTRO.
AÍ TEDES A FIRMA DOS AUTORES E AUTORAS.
http://www.edu.xunta.es/centros/cpicovaterreña
2º CONCURSO CARTEL É LEMA
Este ano por primeira vez os nen@s de 5 anos participamos no concurso de carteis e
lemas, organizado pola coordinadora de equipos de normalización e dinamización lingüística do Val Miñor.
O primeiro paso foi elexir o lema en asamblea no que tod@s aportamos ideas:
LINGÜA, VAL MIÑOR, A MELLOR, A MÁIS LINDA, A PRIMEIRA , A MÁIS FERMOSA...
ASÍ XURDÍU:
“NO VAL MIÑOR A NOSA LINGÜA É A MELLOR”
Primeiro escribimos o lema entre todos e o coloreamos.
Despois cada nen@ debuxouse coa lingúa fora, esto foi o máis divertido:
e o resultado final foi:
Os alumnos do CPI Cova Terreña
clasifícanse para a final nas tres
categorías do Ligamats
Dende o 2004 vense celebrando no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo unha Semana
Matemática. Esta actividade, organizada pola Escola Rosalía de Castro e coa colaboración
de Agapema (Asociación Galega de Profesores de Matemáticas), ofrece ao alumnado
talleres nos que se promoven actividades de matemáticas dunha forma lúdica e
manipulativa.
Unha das actividades desta semana é o concurso Ligamats no
que compiten diferentes centros de ensino. Nel os alumnos
participan en grupos de catro membros e teñen que resolver
dous problemas matemáticos e dúas fichas xeométricas coas
pezas do tangram chinés, pentominós ou hexamantes.
Nesta VIII edición da Semana Matemática concorreron máis de medio centenar de equipos
e bateuse un récord de participación nas tres categorías do concurso:
- Categoría A (Segundo ciclo de Primaria): 14 equipos
- Categoría B ( Primeiro ciclo de Secundaria): 24 equipos
- Categoría C (Segundo ciclo de Secundaria): 18 equipos
O noso centro, CPI Cova Terreña, apuntouse aos obradoiros levando a todo o alumnado de
1º ESO o 3 de maio. Tamén participou no concurso Ligamats con cinco equipos de catro
alumnos, dous equipos nas categorías A e B e un equipo na categoría C.
A primeira fase da competición celebrouse os días 2, 3 e 4 de maio, de 16:30 a 19:30 horas,
no centro Social Novacaixagalicia. Nesta fase clasificábanse catro equipos para cada unha
das categorías e o noso centro obtivo un representante en cada unha delas.
A fase final celebrouse o 8 de maio de 16:30 a 19:30 e os nosos alumnos quedaron nos
seguintes postos:
- Categoría A : 3º clasificados
Álvaro M., Gabriela V., Lurdes Q., Pedro P.
- Categoría B: 4º clasificados
Laura G., Manuel F., Laura R., Jose Luis V.
- Categoría C: 2º clasificados
Daniel P., Mateo P., Pablo S., Rubén G.
O acto de clausura da Semana Matemática celebrouse o 10 de maio no auditorio do Centro
Social Novacaixagalicia ás 19:30 horas. Para amenizar a espera da entrega de premios
houbo a actuación dun mago que solicitou a presenza de algún dos nosos alumnos como
colaboradores nos distintos trucos de maxia que realizou.
Foi unha semana chea de nervios, risas, paseos a Vigo, quebracabezas, divertimentos e
tamén de matemáticas, que rematou cun glorioso final.
¡ PARABÉNS A TODOS OS QUE PARTICIPASTES !
Este curso as duas sesións anteriores ao recreo do xoves están sendo moi especiais. Nelas lévanse a cabo os talleres do primeiro e segundo ciclo de primaria simultáneamente. As actividades que se realizan neles contribúen a que o alumnado progrese no desenvolvemento das competencias básicas, poñendo en xogo contidos e saberes de todas as áreas curriculares dun xeito integrado. Facilitan que os nenos e as nenas realicen aprendizaxes significativas, partindo das súas experiencias e coñecementos previos e dándolle prioridade á atención á diversidade. Ao pasar polos diferentes talleres o alumnado ten a oportunidade de manipular, opinar, decidir, crear,…en distintos contextos. Así, ao longo destas semanas, participaron nos talleres de poesía, xogos matemáticos, ciencia, teatro, refugallo, educación física, arte ou cociña, entre outros. Para explicitar algunhas das ventaxas desta forma de traballar nada mellor que aportar algúns dos comentarios recollidos entre o alumnado e o profesorado: -“Potencia a cooperación, axuda mutua e o traballo en equipo”. -“Fomenta a socialización e colaboración nun ambiente distendido”. -“Axuda a interpretar datos e informacións da vida cotiá”. -“Valoramos a necesidade de saber ler (funcionalidade da lectura) e a comprensión lectora” . -“ Realizamos problemas matemáticos traballando cos prezos reais dos ingredentes das receitas, realización de pesadas, cálculos e aproximacións”. -“ Somos menos en cada grupo”. -“ Relacionámonos con outros compañeiros”. -“ Traballamos con outros profes”. - “ Cambiamos de taller cada semana”. - “ Aprendemos de todos os talleres”. - “ Os talleres dannos a oportunidade de aprender cousas moi diferentes”. - “ Traballamos en espazos distintos”. -“ Pasa o tempo moi rápido”. - “ Axudamos aos compañeiros”. -“Podemos ensinar o aprendido na casa”. -“Aprendemos a saber gañar e perder”. Estas e outras impresións recollidas anímannos a continuar o vindeiro curso nesta liña de traballo. Estas letras identifican ao grupo ao cal pertencemos. En cada un deles hai nen@s das catro aulas do ciclo. A continuación unha pequeña mostra dalgúns dos talleres realizados.
TALLER ARTE :
Un ano máis, e neste curso grazas aos talleres, coñecimos un dos maiores artistas do século XX : Pablo Picasso. Pablo Diego José Francisco de Paula Nepomuceno Cipriano de la Santísima Trinidad Ruiz Picasso naceu en Málaga un 25 de outubro de 1881. Aos 8 anos pintou o seu primeiro cadro “O pequeno picador”, cadro do que nunca quiso separarse. Viviu en Málaga, A Coruña, Barcelona e París. En 1901 e tras o suicidio do seu gran amigo Casagemas iniciouse a que foi coñecida como a Época azul do pintor. Pintaba en tonos azuis. Sentía unha enorme tristura. Representaba xente pobre, enferma… “ Autorretrato”
“Muller bebendo”
En 1904, tras namorar de Fernande Olivier, a ledicia voltou ao artista dando lugar ao nacemento da Época rosa.
“Arlequín” Emprega cores quentes e representa a xente do circo, arlequíns… “Acróbata e . arlequín” arlequín” En 1907 (influenciado polas máscaras africanas) e co seu cadro “As señoritas da rúa Aviñón” revolucionou o mundo do arte fragmentando as figuras humanas en figuras casi xeométricas dando lugar ao nacemento do Cubismo. “A guitarra J´aime Eva” “As señoritas da rúa Aviñón”
Picasso non só foi pintor tamén fixo esculturas, cerámicas, gravados… Nos seus cadros resaltan as súas chamativas cores pero o “Guernica” fixoo en branco e negro para reflexar os horrores da Guerra Civil española. Finou un 8 de abril de 1973 cando tiña 91 anos. Os seus cadros atópanse nos maiores museos do mundo. “ O bañista”
“Muller sentada”
“Busto de muller e autorretrato” “Muller con sombreiro” “Cabeza de muller con bucles verdes”
Neste taller tivemos a posibilidade de descubrir que moitas das
cousas que tiramos normalmente ao lixo podennos servir para moitas
cousas, entre elas, fabricar un xoguete con material de refugallo.
O primeiro que fixemos no taller foi dar unha volta polos patios do
cole e facer un estudo sobre o que normalmente tiramos ao lixo. Despois,
cuns determinados materiais de refugallo fabricamos dous xoguetes e ao
final xogamos con eles. Nalgúns casos ata inventamos o noso propio xogo!!!.
Na primeira sesión do taller, fixemos unha “Paleta ecolóxica” utilizando
botellas de suavizante con asas, e na segunda sesión fixemos unha
“linterna”, utilizando o bico dunha botella de auga de litro e medio, o tubo
de cartón do papel higiénico, un fío de lá e unha bola de papel aluminio.
Deixámosvos un resumo dos materiais, xeito de facelo e unhas fotos,
por si vos animades a elaborar tamén vos: xoguetes con materiais de
refugallo!!
Paleta Ecolóxica:
MATERIAL NECESARIO:
Material reutilizable: Botellas de suavizante o aceite,
que teñan asa, Pelota pequena feita con papel de
aluminio.
Utensilios: Tixeiras, lápices, papel adhesivo,…
XEITO DE FACELO:
Lavamos as botellas e secámolas.
Facemos un corte oblicuo por debaixo do asa ata a base
da botella (ver figura).
Decorar a botella colocándolle pegatinas de aironfix con
motivos ecolóxicos.
Facer unha pelota pequena de papel de aluminio.
Linterna:
MATERIAL NECESARIO:
Material reutilizable: Botellas de auga ou
refrescos, de litro e medio, vacias; tubos de
cartón do papel hixiénico ou de papel de
cociña, papel de aluminio.
Utensilios: Tixeiras, lápices, papel
adhesivo,…
XEITO DE FACELO:
Cortamos o bico das botellas a uns 20 cms do tapón.
Desenrroscamos o tapón e, cun punzón facémoslle un
buraco no medio.
Metemos o fío de lá polo buraco e facemos un nó para que
non se salga.
Enrroscamos o tapón outra vez.
Pegamos o tubo de cartón ao bico da botella con celo e logo
decorámolo por enriba con aironfix para que non se note o
celo.
Facer unha pelota pequena de papel de aluminio e colocala
ao final do fío de lá.
Con este taller, e a través do xogo da “ESCOBA”, o que se pretendía era:
* Potenciar o cálculo mental no noso alumnado. * Coñecer unha serie de normas e regras establecidas partindo dun xogo. * Desenvolver e potenciar actitudes positivas fronte novos compañeiros.
REGRAS BÁSICAS DO XOGO DA ESCOBA
1ª O xogo da escoba basase en facer bazas de cartas que sumen 15 puntos. Tendo en conta que o valor de cada carta é o que ten, agás as figuras que valen 8,9,10 (sota, cabalo e rei respectivamente).
2ª Tralo sorteo para ver quen dá repártense tres cartas para cada xogador e póñense 4 cartas boca arriba sobre o tapete.
3ª Cada xogador cunha das cartas da man intenta sumar 15 con esta e as que están sobre a mesa.
4ª Si o facelo recóllense todalas cartas do tapete, faise escoba.
5ª Reconto de puntos:
o Un punto por escoba. o Un punto o que ten "máis cartas". o Un punto o que ten "máis ouros" . o Un punto o que ten mellor "Setenta". (é o que ten máis setes). o Un punto o que ten o "7 de ouros" (tamén chamado “velo").
TTTTALLER DE CIENCIASALLER DE CIENCIASALLER DE CIENCIASALLER DE CIENCIAS
A pesares da nosa idade, podemos facer cousas de maiores, e nesta ocasión tocounos ser científicos sen bata. Presentáronsenos diferentes exprimentos e repartímolos por parellas. Despois inventámos un título e espuxémolo aos compañeiros. Entre todos, e sen saber ainda de que trataban todos os experimentos, decidimos en que orden o realizaríamos. Precisamos cousas normales que temos na casa: aceite, globos, auga, azúcar, fío, cartulina… nada que non coñecéramos. A profe deixou que nos trabucáramos, porque non liamos con suficiente atención ou porque non entendiamos. Démonos conta de que cantos máis sexamos, máis doado é poruqe sempre temos laguen que sabe cousas que nós non, e bota unha man (a escachar ou batir ovos, a soplar un globo. O que máis nos sorprendeu foi que unha vela fora quen de facer subir o nivel da auga no interior dun vaso, que cunha lupa fixeramos lume ou que con vinagre e bicarbonato infláramos un globo. Como disfrutamos moito, non queremos esquecernos de que fixemos, así que debuxamos os pasos a seguir para realizar o noso experimento favorito.
Fixemos este taller porque nos gusta a poesía xa que nos
parece divertida e con ela aprendemos moitas cousas e
desennvolvemos a nosa imaxinación.
O primeiro que fixemos foi lembrar o que sabiamos de
poesía: rima, verso, estrofa…
Logo inventamos pareados cos nosos nomes
Limos pequenos poemas e observamos poemas escritos
facendo a forma do que falaba o texto.
Cambiamos palabras nun poema triste para facelo alegre e
divertido.
Cada un escribiu un poema con palabras elixidas entre todos
e que rimaban entre si.
Fixemos unha xirafa coas instrucións que nos daba un
poema.
Limos con entoación axeitada unha historia previamente
comentada para que parecera teatro.
Por parellas, fronte a fronte, vimos un romance compartido.
Por último escribimos versos encadenados: cada un escribe
dous versos, tapa un deles e a seguinte persoa escribe outros
dous pero lendo soamente o segundo verso do anterior
compañeiro, despois lemos o resultado.
Estas foron algunhas das actividades que realizamos.
As actividades que máis nos gustaron foron: realizar
pareados cos nosos nomes, a chuvia de palabras e os versos
encadenados.
Despois das dúas xornadas do taller pensamos que sabemos
ler mellor dando máis entonación e sentido á lectura e
apreciamos máis o traballo dos poetas e descubrimos que hai
poesías moi divertidas e que de calquera tema se pode facer
poesía.
Para a realización do taller de Educación Física, os nenos e nenas do
segundo ciclo disfrutaron coa práctica de diferentes deportes, aproveitando
que este ano 2012 se celebran os Xogos Olímpicos na cidade de Londres.
Antes de dar comezo á practica deportiva conteilles cándo, ónde, cómo e por qué xurdiron os
“Antigos Xogos Olímpicos” e como despois de séculos paralizados, no ano 1896 o Barón de
Coubertin reinstaura os novos “Xogos Olímpicos da era moderna”, creando tamén a bandeira
olímpica.
Nunha primeira celebración das “Olimpíadas 2012” os alumnos e alumnas realizaron
atletismo, hípica, bádminton, esgrima, loita e tamén realizaron o xogo da soga.
Matizar que os deportes se levan a cabo adaptándonos ao espazo (ximnasio), tempo e
material dispoñible.
Por exemplo, practicouse a hípica: faise unha breve introdución do devandito deporte e
seguidamente fanse xogos ou actividades para a súa posta en práctica. Neste caso fixéronse
carreiras co boti-boti que simulaba ser o cabalo. Ou no caso da esgrima, onde as picas
simularon ser as espadas que usan os combatentes. Tamén coas colchonetas fixemos un
pequeno tatami onde se levou a cabo a loita.
Nunha segunda celebración das “Olimpíadas 2012” os deportes presentes foron: atletismo,
hóckey, voleibol, loita... pero antes houbo unha rolda de preguntas para comprobar qué
lembraban os nenos da historia dos “Xogos Olímpicos”.
Durante a práctica do atletismo realizáronse diferentes xogos e actividades que tiñan como
base a carreira: un xogo de pilla, o xogo das catro esquinas empregando bancos suecos,
carreiras de velocidade e tamén lanzamentos.
Outro dos deportes presentes foi o hóckey, dividiuse o ximnasio en tres zonas, en cada unha
delas disputouse un pequeno partido.
Nestes “Xogos Olímpicos” tamén tivemos tempo para crear o noso propio lema olímpico, para
ler o “xuramento olímpico” que demanda o cumprimento das regras por parte dos nosos
atletas e para representar a bandeira olímpica e con ela os cinco continentes.
Este é o noso “ berro ” do taller de cociña cada vez que rematamos de elaborar unha receita, ou mais ben cada vez que degustamos o cociñado , xa que está…“ rico rico”. No primeiro taller, despois de consultar varios libros de receitas e tendo en conta que queríamos elaborar algún producto típicamente inglés, decidimos facer…” PASTAS DE TÉ “
Na segunda volta dos talleres como xa somos cociñeir@s expertos… estamos elaborando (sen axuda) madalenas seguindo unha receita que nos dou a profe . Unha vez feitas, adornámolas ata que semellan unhas bonitas “ cupcakes ”.
Como temos un compañeiro diabético cociñamos tamén sen zucre, cambiando na receita este ingrediente por edulcorante . Estaba todo igual de rico. Se nos queredes ver en “acción” podedes consultar o blog de cociña na páxina do cole: “ Cova Cociña”.
Nestes dous talleres de cociña polos que pasamos aprendemos , entre outras cousas, … … pero sobre todo distintos ingredientes e utensilios nas nosas creacións.
Este curso, no mes de marzo, comezamos a traballar un día a semana organizados en talleres. Tódolos xoves, durante dúas horas estivemos estudando matemáticas e lingua dunha forma diferente. Fomos moi ordenados e cada un sabía a que clase tiña que ir e cales eran os compañeiros que lle tocaban, que divertido estar con nenos e nenas doutras clases! Tamén nos gustou moito estar con profes diferentes e poucos nenos na clase, así ningún quedou atrás nas explicacións e entre todos nos axudámos para traballar. Os talleres nos que participamos foron:
PAPIROFLEXIA
XOGANDO COAS CORES
MATEXOGA
TEATRO LIDO
ATENCIÓN E CONCENTRACIÓN
XOGAMOS CO QUE CREAMOS Xa estamos desexando que comece o novo curso para volver a traballar desta forma diferente e divertida… Cales serán os talleres do próximo ano? Os nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria.
SEMANA DA CIENCIA2012
PRESENTACIÓN EMONÓLOGO
Ven e consigue o teu Pasaportecientífico!!
XOGA E EXPERIMENTAParticipa nos xogos,
experimentos con auga,lume e máis.
Salón de Actos, CPI Cova Terreña
O alumnado de Educación Primaria poderá participar nos xogos etalleres no recreo do martes 15 de Maio
CADA UN CO SEU
PASAPORTE CIENTÍFICO
OOOOS S S S
EXPERIMENTOSEXPERIMENTOSEXPERIMENTOSEXPERIMENTOS
XOGANDO
E
EXPERIMENTANDO
SERVIZO DE MEDIACIÓN
DO CPI COVA TERREÑA
Como en anos anteriores no noso centro estamos traballando pola convivencia un grupo de profesorado e alumnado composto por arredor de 40 persoas, que axudan á mellora da convivencia do CPI de Cova Terreña.
Os números este ano son moi positivos, pois se resolveron:
Formáronse os nosos mediadores, e realizamos dúas xornadas de traballo en gran grupo, nunha delas aproveitamos para dar boa conta ao chocolate.
20 casos no
lugar da palabra
9 casos coa
mediación
Tamén impulsamos varias campañas de visibilización do servizo de mediación, pois é moi importante que coñezamos esta forma asertiva de resolver os nosos conflitos. Estas campañas foron:
A creación dun correo electrónico de petición de axuda mediacioncovaterrena@gmail.com para que todo aquel alumnado que o precisara puidese cun simple clic, facelo.
Repartíronse bolígrafos coa dirección de correo anterior serigrafiada para que todos a coñecéramos.
Campaña de bo trato. Explicada noutro artigo desta revista, onde se pedía que nos chamen polo noso nome, a través dun marcapáxinas repartido no día do libro.
Convocouse un concurso de rap onde resultou gañador o que aparece a continuación.
RAP
Me acabo de enterar que me tengo que mudar
Y me siento mal porque mis amigos dejo atrás
Una vida nueva tengo que empezar
Otros sitios, otra gente, me tengo que acostumbrar
Al llegar me fui a duchar para mañana ir a trabajar
Al día siguiente un chaval me quería pegar
No sé por qué pero me daba igual
Yo no sé qué hacer para que pare de una vez
Fui a hablar con él para saber que quería hacer
Y me dijo que quería ser mi amigo
Pero no sabía cómo resolver
Pensar, hablar, dialogar….
Y por qué no nos ponemos a cantar?
Este es el rap de la amistad .Únete y verás
PAZRAPEANDO!!!
Autor: Juan Pereira 1º ESO C.
Todos e todas queremos que nos
chamen polo noso nome: Brais, Luis,
Marta, Raquel…Se non o fas deste xeito
estás insultando, estás maltratando a
outra persoa.
Debes saber que o maltrato
entre iguais consiste en que un alumno
ou alumna ou un grupo deles ataca,
amola, molesta… a outro compañeiro
ou compañeira unha e outra vez, de
maneira reiterada, con intención
consciente de causarlle dano,
ocultándose de quen pode amañar a
situación (p. ex: profesorado,
familia).Estes feitos ocorren nos
mesmos lugares onde estudamos e
xogamos, diante doutros compañeiros e
compañeiras sen que os que o observan
fagan nada por evitalo, cortalo ou
paralo. O maltrato é verbal cando un
ou unha se burla ou pon alcumes a un
compañeiro ou compañeira.Lembrade,
se estás insultando a un compañeiro ou
compañeira estás a maltratalo ou
maltratala.
llamm x mi nmbr
thanX
SERVIZO DE MEDIACIÓN
mediacioncovaterrena@gmail.com
Saída Ciclo de cine social Cáritas.
Como todos os anos, o pasado día 6 de febreiro os alumnos
de Relixión de 1º e 2º da E.S.O. do I.E.S. 1º de Marzo e os
alumnos de 1º e 2º da E.S.O. e de 2º de Primaria do C.P.I. Cova
Terreña achegámonos ata o cine Salesianos a 4ª edición do ciclo
de cine social de Cáritas.
Saímos do cole as 8:30 h., xa que as 9:30 h. proxectaban a
película “UP”, para os alumnos/as de 2º de Primaria, mentres que
os/as alumnos da E.S.O. visitaban as instalacións da O.N.C.E.
As 11:30 h. fixemos o cambio; os da E.S.O. achegáronse ao cine
Salesianos para ver a película “SHIWO Y SU ABUELA”, e os
máis pequenos dirixímonos ata a O.N.C.E. onde tivemos a
oportunidade de coñecer a Brailín, un moneco co que os mais
pequenos aprenden a ler en Braille, visitamos a biblioteca, onde
entre outros moitos libros tiñan un exemplar de Harry Potter e a
pedra filosofal TODO ESCRITO EN BRAILLE!!!!; vimos unha
impresora e un ordenador parlantes e ata poidemos xogar cun
balón que tiña cascabeis dentro, etc… a visita durou preto dunha
hora e a saída repartíronnos unhas bolsas cunha chea de cousas:
caramelos, un chaveiro, unha alfombrilla para o rato do
ordenador, unha regla
co alfabeto en Braille,
un libro de contos,
marcapáxinas, unha
camiseta,….
Chegamos ao cole as
14:00 h. cargados de
regalos e bastante
cansados, pero
satisfeitos pola
cantidade de cousas
que tivemos a
oportunidade de
descubrir.
C.P.I. de COVA TERREÑA
Baiona. Maio de 2012
top related