recimil

Post on 24-Mar-2016

225 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Unidade didáctica do barrio de Recimil

TRANSCRIPT

Coñecendo o noso barrio

ENDL DO CEIP RECIMIL

CURSO 2008/09

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

O ENDL DO CEIP Recimil elaborou esta unidade didáct ica sobre o noso barrio para axudarvos a coñecelo mellor.

“Coñecer o noso prepáranos para analizar e “Coñecer o noso prepáranos para analizar e “Coñecer o noso prepáranos para analizar e “Coñecer o noso prepáranos para analizar e

respectar outrosrespectar outrosrespectar outrosrespectar outros lugares e culturas” lugares e culturas” lugares e culturas” lugares e culturas”

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

Nós vivimos no planeta Terra.

Observa o lugar que sinala a frecha.

Formamos parte dun continente, Europa.

Este é o noso país, España.

España está dividida en comunidades, a nosa chámase Galicia.

Galicia está situada no

noroeste de España.

En Galicia residimos os galegos e as galegas.

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

Galicia ten catro provincias: A Coruña,

Lugo, Ourense e Pontevedra.

A nosa cidade, Ferrol, está na provincia da Coruña.

Ferrol

A Coruña

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela é a capital de Galicia.

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

Este é un mapa do noso concello.

Ferrol ten zona rural e a zona urbana

Na foto podemos ver a praia de Doniños, coa lagoa á dereita. Ao fondo está a praia

de San Xurxo.

Correspóndese coa

zona rural de Ferrol.

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

Lagoa de Doniños

A cidade de Ferrol aséntase á beira da ría de Ferrol.

O castelo de San Felipe, situado á entrada da ría de Ferrol, defendeu a cidade dos ataques de barcos inimigos. Agora é un

museo.

Ferrol está bañada polo mar. É unha cidade costeira.

Ao porto de Ferrol chegan barcos con mercadorías e tamén de

pasaxeiros.

Ademais, Ferrol ten un porto pesqueiro e

deportivo.

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

Coa idea de mellorar o comercio marítimo estase facendo na entrada da ría de Ferrol un novo porto.

É o Porto Exterior de Prioriño.

En Ferrol hai un importante estaleiro; na actualidade chámase Navantia. Alí constrúen, principalmente, barcos para a Armada. Este estaleiro dá traballo á xente de Ferrol e da

comarca.

Este é un dique, lugar onde

levan os barcos para a súa

construción ou reparación.

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

A cidade de Ferrol está formada por diferentes barrios. O máis

antigo é o de Ferrol Vello. Está situado na zona do porto.

Na actualidade este barrio está moi deteriorado e precisa de rehabilitación. As rúas son estreitas e as casas de poucos

andares.

No barrio da Magdalena atópase o edificio do Concello.

Alí traballan o alcalde e os concelleiros.

Cada catro anos as ferrolás e ferroláns maiores de 18 anos elixen o goberno municipal.

No edificio do concello están as distintas oficinas administrativas (estatística, censo, facenda, obxectos perdidos, obras…), o despacho do alcalde, as salas de reunións das comisións, as dos distintos partidos políticos e o salón de

plenos.

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

No barrio da Magdalena erguéronse edificios importantes como: Igrexa de San Xiao ( o patrón da cidade), Teatro Jofre, Casino Ferrolano, Hospital de Caridade (actual centro cultural Torrente Ballester)…

Este barrio é a zona comercial máis importante da cidade. Rúas, como a Real, están cheas de comercios na planta baixa

dos seus edificios.

Un dos barrios máis modernos de Ferrol é o de Caranza.

Destaca pola altura dos seus edificios.

O barrio de Caranza edificouse para darlle acollida á xente que vivía no barrio de Esteiro, mentres este barrio se reconstruía.

Outros barrios da cidade de Ferrol son: Canido, Ensanche A,

Ensanche B, Esteiro e Recimil.

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

O noso colexio está no barrio de Recimil, tamén coñecido como

“Casas Baratas”.

Recimil foi construído na década dos anos corenta, sendo inauguradas as primeiras vivendas no ano 1.944 e as últimas en 1.948.

Trátanse de vivendas de carácter público financiadas polo Instituto Nacional da Vivenda e o Concello.

A obra comprendía unhas mil vivendas, un grupo escolar, diversas tendas nos baixos da primeira mazá, un mercado e unha igrexa.

Esta barriada foi creada para dar aloxamento aos traballadores ferroláns. O seu aspecto é moi similar ao de outras barriadas de cidades españolas.

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

Trátase dunha serie de bloques paralelos con longuísimas fachadas uniformes que se comunican entre si

transversalmente por pasadizos e túneles.

Son vivendas que padecen un deterioro físico moi temperán, motivado quizais polo uso de materiais de baixa calidade e pola

falta de reparacións ao longo do tempo.

As casas son de dous ou tres andares, nas que o piso baixo emprégase tamén para vivenda.

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

Esta foto é do momento da construción da barriada. Era a

década dos anos 40.

Aquí podemos ver a praza de España e os edificios da praza de Sevilla.

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

Neste plano poderás observar os límites do barrio de Recimil.

Polo norte está a estrada de Castela, polo leste a avenida das Pías, polo sur a avenida de Esteiro e polo oeste a avenida de

Vigo.

Polo centro do barrio pasa a rúa “Ramón y Cajal”.

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

Esta é a estrada de Castela.

Á esquerda vemos o barrio de Recimil. Á dereita atópase o

barrio chamado Ensanche A.

Aquí temos unha vista da avenida das

Pías, que separa o barrio de Recimil do

Ensanche B.

Á dereita, o monumento de Porta

Nova lembra as antigas murallas que defendían a cidade.

A avenida de Esteiro marca o límite entre o barrio de Recimil e o barrio de Esteiro. Nesta zona construíronse recentemente vivendas de carácter privado.

O barrio de Recimil conta cunha importante oferta educativa:

o CEIP Recimil, o IES Sofía Casanova e o IES Ferrolterra.

Antes o noso colexio chamábase “Ibáñez Martín”, pero a partir de abril do 2009 pasou a ser o CEIP Recimil. Inaugurouse

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

no ano 1948 e aquí asisten a clases alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria.

Aula de informática

Ximnasio

O instituto de ensinanza secundaria Sofía

Casanova imparte ESO e bacharelato. Ademais pódense estudar os ciclos formativos de grao superior en Educación Infantil e en Axencia de Viaxes.

O IES Ferrolterra, e ó centro ao que está adscrito o noso colexio. Todos os alumnos e alumnas do CEIP Recimil teñen alí a praza reservada cando rematan primaria. Pero tamén se pode elixir outro instituto se quedan prazas libres. Ademais da ESO e do bacharelato, neste instituto impártense os ciclos formativos de

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

Electromecánica de vehículos, Carrozaría, Soldadura, Fabricación de carpintería e moble, Construcións metálicas, Automoción…Ademais impártese ensino secundario para adultos.

No aspecto comercial, indicar que ademais de pequenas tendas nos baixos dalgunhas casas, no barrio de Recimil está o Mercado Municipal

de Recimil, lugar no que podes mercar produtos frescos: froita, pan, carnes, peixes, verduras ...

Ademais todos os luns e mércores instálase nas rúas do barrio un típico “Mercadillo” onde poderás atopar roupa, calzado, bolsos… a bo prezo.

No barrio contamos con dúas zonas de lecer importantes: a praza de

Sevilla e o parque Pablo Iglesias.

O parque Pablo Iglesias é de recente construción . Está situado pola parte de atrás do Instituto Sofia Casanova e por un lateral limita con vivendas de nova edificación do barrio.

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

A praza de Sevilla leva sendo, dende hai moitos anos, lugar de descanso e de xogos para moitos ferroláns.

Ao fondo podemos ver a praza de España.

No barrio está tamén a Igrexa do

Pilar, que foi edificada conxuntamente coa barriada.

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

Ao lado da igrexa está a pista de automodelismo.

Na rúa 10 de Marzal está o monumento do mesmo nome, na memoria a dous traballadores do estaleiro “Bazán”, que morreron no transcurso dunha manifestación na que solicitaban melloras nas condicións de traballo .

Todos os anos as agrupacións sindicais da localidade realizan unha ofrenda floral neste monumento o

Día da clase traballadora.

Recentemente abriron un xeriátrico no barrio. Un xeriátrico é unha residencia para anciáns que non poden valerse por si mesmos ou que non querer vivir sos nas súas casas.

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

Na avenida de Vigo está a oficina do INEM. É o lugar a onde debe ir a xente que busca emprego. Alí tratarán de buscarlle un traballo ou se procede, xestionarlle un subsidio de paro.

Moi próxima está a comisaría

de policía. Os policías son os encargados de velar para que os dereitos dos cidadáns sexan respectados. Eles encárganse da nosa seguridade.

Unidade Didáctica sobre o barrio de Recimil ENDL do CEIP

Recimil

top related