prevención do acoso escolar
Post on 08-Jan-2017
301 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Tolerancia cero
con calquera tipo de maltrato
Departamento de orientación Comisión de convivencia
Tolerancia cero
con calquera tipo de maltrato
Departamento de orientación Comisión de convivencia
Prevención do
acoso escolar
CEIP Coutada Beade
Departamento de orientación
Comisión de convivencia
BASTA
DE ACOSO
NON QUEDES
CALADO
Testigos
Agresor
Vítima
PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR
Cando falamos de previr o maltrato non só falamos de ter un fillo que o
sufra, senón de evitar que
sexa calquera das
persoas implicadas
nun acoso: a vítima,
o agresor ou
agresores, e os
testigos mudos.
Loitar contra o acoso
significa traballar con
todos eles.
PREVIR DENDE A EDUCACIÓN INFANTIL
A psicóloga Maria José Diaz-Aguado, experta en acoso e violencia infantil, indica estas claves para previr o acoso escolar dende que os nenos son pequenos:
1. A familia debe ser unha fonte de apoio emocional incondicional. Trátase de aceptar e amar aos nosos fillos polo que son, non polo que fan. Esta é una boa forma de previr problemas coma o resentimento, a culpabilidade ou a inseguridade.
2. Vínculos baseados na confianza e a seguridade. Os nenos aprenden da relación de apego cos seus pais a forma de relacionarse, o que poden esperar dos demais e de si mesmo. O vínculo regula a súa conduta e a forma de responder ás dificultades e frustracións.
3. O reparto de tarefas equilibradas na casa. Tense comprobado que nas familias nas que os dous pais participan na educación dos nenos e nas tarefas domésticas, os nenos adquiren modelos menos sexistas e mais igualitarios.
4. Responder ás demandas de atención do neno. Cando respondemos ás demandas do fillo con sensibilidade e coherencia, axudámoslle a desenvolver un modelo empático, seguro, baseado na confianza en si mesmo e nos demais.
5. Transmitir de mensaxes positivas. Cando un neno recibe palabras de caiño, de eloxio, de afirmación e de ánimo, estamos axudándolle tamén a autorregular e controlar a súa conduta.
6. Criticar a conduta específica, non ao neno. Por exemplo: “Fixécheslle daño ó teu irmán ¿Qué podes facer para arreglalo?”, en vez de “Que bruto eres!”
7. Crear un tempo de calidade entre país e fillos. Cada día debemos adicar un tempo exclusivo para os fillos, onde falar, relaxarse e favorecer una atención compartida: xogar, ler un conto, dar un masaxe ou falar.
8. Motivarlles. Axudarlles a esforzarse por ser eficaces, por superarse e como conseguilo. Un neno desmotivado pode buscar atención e protgonismo de maneiras negativas (como a violencia).
9. Anticiparse e ofrecer alternativas. Coñecendo os momentos en que o noso fillo pode ter condutas agresivas e rabietas, debemos estar preparados e ofrecer outras solucións positivas.
10. Coidar as mensaxes que os nenos reciben indirectamente. Os amigos, o colexio, pero tamén os medios de comunicación como a televisión, internet, os contos e os xoguetes, danlle significado ao mundo que rodea ao neno. Por iso, debemos estar alerta a estas mensaxes e desenvolver nos nenos una actitude reflexiva sobre o que ven e escoitan.
ENTRE TODOS É FÁCIL EVITAR O ACOSO
O colexio necesita que todos actuemos xuntos para evitar esta lacra,
sendo imprescindible que as familias:
Nos informen dos problemas que coñezan, ou incluso das
sospeitas. Teñan en conta que, aínda que ás veces hai casos
que non son realmente acoso, debemos estar vixiantes.
Ensinen aos seus fillos a facer fronte a un caso de acoso. Para
elo, o mellor é seguir as recomendacións que podedes ler no
folleto anterior. O mais importante: que os nenos avisen
a un adulto, e que non respondan ao acoso con violencia.
Nos axuden a transmitirlles a idea de que avisarnos non é
ser “chivato”, senón que significa ser un “salvador”, un
“heroe” que evita sufrimento aos demais.
Poñan límites con respecto á tecnoloxía, o uso de móbiles e
ordenadores, as precaucións a tomar, os filtros, etc.
Coñecemos as relacións sociais dos nosos fillos, pero o
problema das que se fan na rede é que poden quedar ocultas.
A “vacuna” para calquer tipo de acoso: AMIZADE.
Ter amistades e autoconfianza son os factores
que mellor evitan o acoso escolar.
top related