prÁctica 5 o dobre check azul na aplicación whatsapp · 2014. 12. 18. · servizo, permitía...
Post on 01-Mar-2021
1 Views
Preview:
TRANSCRIPT
1
PRÁCTICA 5
O dobre check azul na aplicación Whatsapp
CRISTINA AMOSA TATO
NOELIA GÓMEZ CALVO DAVID GÓMEZ CASTRO
2
Índice de contidos
1. Que é unha app de mensaxería instantánea? Dentro destas apps, que é Whatsapp?
2. A privacidade en Whatsapp
3. Como e por que xorde a idea do dobre check azul en Whatsapp
4. Como afecta ás relacións persoais? Pode destruír relacións e amizades o dobre check azul?
5. É legal o dobre check azul?
6. É necesario tanto control sobre a xente?
7. Ventaxas e inconvintes en xeral do dobre check azul
8. Por que a app tivo que rectificar? A presión na Internet influíu?
9. Dependencia dos usuarios a ela. É aditiva?
10. Como actuaron o resto de aplicacións ante o dobre check azul?
11. Que pasaba cando non había móbil?
3
1. Explicar as apps de mensaxería instantánea.
Son aplicacións de teléfono móvil, e algunhas tamén
disponibles en tablets ou ordenadores, que permiten
enviar e recibir mensaxes de forma gratuíta, ao contrario
que o que pasa coas mensaxes de móvil convencionais
(SMS).
Actualmente existen múltiples aplicacións que permiten
comunicarnos por mensaxe ou tamén por notas de voz ou chamadas gratuítas. Ímonos centrar na
máis usada, Whatsapp Messenger.
1.1 Que é Whatsapp?
WhatsApp Messenger é unha das aplicacións de mensaxería multiplataforma que permite enviar e
recibir mensaxes de forma gratuíta. Hoxe en día, é o servizo de mensaxería máis usado no mundo e
conta con máis de 350 millóns de usuarios activos cada mes, así como un total de 600 millóns de
persoas que a teñen descargada, usándoa habitualmente ou non.
O fenómeno Whatsapp, provocou que moitas empresas aproveitáranse do ‘boom’ da aplicación:
WhatsApp Wallpaper (para poñer fondos aos chats de conversa), WhatsApp Spy, , Emoticonos
WhatsApp ou Emoticonos para WhatsApp (unha serie de iconos que mostran de forma gráfica
unha emoción, en vez de ser expresada con palabras) ou WhatStat para WhatsApp (xa fóra de
servizo, permitía analizar as estadísticas persoais do usuario de Whatsapp (como número de
mensaxes ou momento do día no que o usuario se atopa máis activo na app). Algunhas destas
experiencias acabaron en detención, como Whatsapp Spy, que permitía espiar conversacións alleas.
4
Sen dúbida un dos acertos, ademais do bo funcionamento da ferramenta, foi non decantarse
unicamente por xente moza. Pola contra, Whatsapp non ofrece chamadas gratis como por exemplo
o fai Line. Mais non parece que isto sexa un inconvinte para os usuarios. Xa que o público obxetivo
de Whatsapp supera en grande cantidade ao de Line. Ademais, debemos pagar a renovación anual
da aplicación.
2. Como é a privacidade en Whatsapp?
A aplicación de mensaxería incorpora dende fai tempo opcións para protexer a privacidade. Estas
ventaxas cambian segundo o sistema operativo e a versión, mais son moi similares e serven para os
mesmos obxetivos.
A primeira delas sería a ocultación da última hora de conexión. Ademais, os usuarios tampouco
poden ver cando se conectaron por última vez os demais contactos. Seguindo nesta liña, tamén
existe a posibilidade de bloquear os usuarios e de desactivar o autogardado de fotos.
Outra ventaxa é a opción de non pór foto de perfil ou deixala oculta para todo o mundo. Por outra
banda, rematáronse as notificacións indiscretas,. Por mor disto, o ano pasado rompéronse máis de
28 millóns de parellas.
A pesar desto, a privacidade encóntrase actualmente en entredito pola instalación do ‘doble check
azul’ na aplicación, concepto que será explicado actualmente
3. Como funciona e xorde a idea do dobre check azul?
O doble check azul para as mensaxes leídas é unha
característica moi demandada e esperada por moitos, por
iso Whatsapp respondeu ás peticións dos seus usuarios.
Lamentablemente para a empresa controlada por
Facebook, conta cun gran número de usuarios en contra.
5
Esta ferramenta permite saber se a mensaxe que enviamos foi leída ou non polo noso contacto.
Polo que agora redúcese a privacidade e os nosos usuarios non poderán dicir que non leron a
mensaxe cando a estamos vendo marcada na cor azul.
O check gris informa de que a mensaxe foi entregada e o azul, enviada.
Segundo a propia aplicación “ambos ticks son importantes porque indican o estado de envío e
recepción dunha mensaxe”.
4. Como afecta ás relacións persoais? Pode destruír relacións e amizades o dobre check
azul?
As redes sociais son unha ferramenta útil para as relacións sociais mais tamén poden constituír un
problema para estas. Na actualidade non é estraño ver a dúas persoas tomando o café, a unha
enfronte da outra, conectados ao móbil chateando. Non moitos poderían asegurar fai uns anos
que unha conversación vía móbil, na que non se pode ver o rostro nin as expresións da persoa coa
que falas, podería substituír en gran medida as conversas cara a cara. Evidentemente, a aparación
do dobre check azul nesta aplicación afecta máis se cabe ás relacións persoais: os usuarios
vólvense máis dependentes e controladores, podendo crear comportamentos obsesivos, celos,
envexas e ata paranoias. Ademais desta barreira comunicativa que se establece nas relacións da
vida real, grazas ao que debería ser unha ferramenta para complementar ou favorecer
precisamente a comunicación, whatsapp crea o dobre check azul. Se cas redes sociais e os servizos
de mensaxería instantánea xa nos volveramos máis dependentes e controladores, isto vai aínda
máis alá. O dobre check azul pode xerar comportamentos obsesivos, celos, envexas e ata paranoias.
Os que din que multitudes de parellas romperán ou discutirán por culpa de Whatsapp ou mediante
esta vía non se atopan demasiado desencaminados. Un total de 28 millóns de parellas rompen ao
ano por culpa desta app de mensaxería.
5. É legal o dobre check azul?
O dobre check azul é legal coa lei na man. As protestas veñen encaminadas a que a privacidade
persoal queda bastante desprotexida, no sentido de que outra persoa pode controlar case con
6
detalle o que fas en cada momento. Aínda que non se deu previo aviso a este cambio, o artigo 4.2
da Ley Orgánica de Protección de Datos, de 1999 di: "Los datos de carácter personal objeto de
tratamiento no podrán usarse para finalidades incompatibles con aquellas para las que los datos
hubieran sido recogidos. No se considerará incompatible el tratamiento posterior de éstos con
fines históricos, estadísticos o científicos". Ao non ser un dato concreto, só saber se a persoa abriu
a app ou non, non se incorre en ningún delito.
6. É necesario tanto control sobre a xente?
Como xa dixemos, esta nova opción de Whatsapp pode levar a comportamentos obsesivos. Na
nosa opinión, non cremos que isto sexa favorable para as relacións interpersoais. Esta nova era
mantenos sometidos a unha presión constante. Cada vez estamos máis suxeitos a horarios e
obrigacións. Persoalmente, non cremos necesario e moito menos convinte este exceso de control
sobre as persoas. Cada persoa debe preservar a súa liberdade e o dereito a comunicarse e
relacionarse cando lle prazca. Se nun momento determinado a un individuo non lle apetece
contestar, está no seu pleno dereito. O problema é que pode dar lugar a reproches e paranoias, co
cal a persoa séntese obrigada a contestar. Cada un debe tomarse o tempo que precise para
responder e establecer os seus límites sen ceder á presión. Cada un segue sendo dono de si
mesmo e decide ata que punto permite que exerzan control nel.
7. En resumo, cales son as vantaxes e inconvintes?
A principal vantaxe do dobre check azul é que a persoa remitente sabe que o destinatario recibiu e
leu a mensaxe. No caso dos nenos, pódese considerar moi útil para que os pais os teñan máis
controlados. Sen embargo, nin neste caso sería favorable un control excesivo. As desvantaxes xa se
foron citando e, en resume, serían as seguintes: os comportamentos obsesivos aos que pode
inducir e a perda de privacidade,
8. Por que a app tivo que rectificar? A presión na Internet influíu?
A app rectificou, pero o dobre check azul non vai desaparecer de todo. Quen fará que desapareza
7
ou non será o propio usuario. Tras diferentes argucias que buscaban os usuarios para poder seguir
respondendo ás mensaxes cando eles quixesen, WhatsApp decidiu buscar unha solución oficial e
moito máis doada.
Evidentemente, a presión de moitos dos usuarios en redes sociais e buscando outras alternativas
noutras apps parecidas, ou buscando algunha forma, por moi difícil que fose, para poder seguir
desfrutando de privacidade e que non aparecese o temido dobre check de cor azul.
9. Dependencia dos usuarios á aplicación. É aditiva a app?
Whatsapp é un servizo de mensaxería instantáneo moi estendido a nivel mundial. É moi probable
que na actualidade esteamos facendo un uso abusivo desta aplicación esquecendo o seu obxectivo
principal. Como xa dixemos, trátase dunha app que nace para facilitar a comunicación mais,
estando constantemente conectados a ela, descoidamos as persoas que temos enfronte a tempo
real. Catedráticos en psicoloxía afirman que Whatsapp pode resultar realmente aditivo. O seu uso
irracional pode converter a app nunha ferramenta de control de persoas como a parella ou os
amigos. Outros signos de adicción serían, por exemplo, non ser capaz de falar con outras persoas
sen deixar de consultar o móbil, responder sempre de forma inmediata. Tamén fomenta o
desinterese pola vida real. Os expertos recomendan un período de abstinencia para superar a
dependencia.
O seu uso irracional pode supoñer un control desmesurado sobre outras persoas da familia, na
parella ou nos amigos. O dobre check azul só fai que este control aumente. Ademáis, podería
incrementar outra das causas que nos poderían facer pensar que somos adictos: ter que contestar
ás mensaxes de forma instantánea. Por outra parte, reduce o interese pola vida real, polas
conversas cara a cara, como xa se comentou antes.
10. Como actuaron o resto de aplicacións de chats ante o doble check azul? Tamén o teñen?
Sempre que a app Whatsapp sofre algún tipo de caída, ou incorpora nalgunha das súas
actualizacións elementos que non gustan á maioría dos usuarios, o resto de aplicacións de
mensaxería (Line, Telegram, Viber…) intentan sacar proveito e ampliar o seu número de usuarios.
8
O problema que teñen é fidelizar a eses posibles usuarios. Para elo, aplicacións como Line están
realizando intensivas campañas de publicidade para ampliar a súa cuota de mercado, con anuncios
como estes:
(Anuncio Line 1)
(Anuncio Line 2)
A aplicación Telegram usa o mesmo sistema que Whatsapp. O dobre check azul marca que a
mensaxe foi leído.
A aplicación Line marca a palabra “leído” cando a mensaxe foi leído. Nos grupos marca o número
de persoas que leron a mensaxe, pero non cales.
A aplicación Facebook Messenger marca tamén a mensaxe como leído, así como a hora á que esta
mensaxe foi leída.
11. Que pasaba cando non había móbil?
A pesar de que só hai que volver catro anos atrás, é difícil imaxinar a vida sen este servizo de
mensaxería. Para relación persoais, quedar a unha hora concreta, organizar reunión de amigos e
sobre todo, para clases e traballo. O grao de Xornalismo non se entendería actualmente sen os
grupos de Whatsapp, un para cada un dos múltiples traballos que hai que facera o longo dos meses.
Cando non existía o móbil e o whatsapp, a xente podía comunicarse gratuitamente por Messenger,
por email ou polo teléfono fixo, así como por SMS, de pago. As conversas estaban moito máis
limitadas e non eran tan instantáneas. Tampouco se ofrecían as múltiples posibilidades que existen
agora, como a de enviar fotos, vídeos, arquivos…
9
BIBLIOGRAFÍA
A
B
C
D
E
EFE “Los peligros de volverse adicto a Whatsapp y cómo ponerle freno” 20minutos
<http://www.20minutos.es/noticia/1655998/0/whatsapp/riesgos/adicto/> [Consultado 05-12-
2014]
F
G
H
I
J
Juez, Iñaki “28 millones de parejas rompen por culpa del Whatsapp” Elcorreo.es
<http://www.elcorreo.com/vizcaya/20131008/mas-actualidad/sociedad/millones-parejas-rompen-
culpa-201310080935.html> [consultado 4-12-2014]
K
L
10
M
Mateos, Manuel: “Whatsapp Spy, estafa que ha acabado en detención” Genbeta.com
<http://www.genbeta.com/mensajeria-instantanea/whatsapp-spy-estafa-que-ha-acabado-en-
detencion> [Consultado 16-12-2014]
N
Ñ
O
P
Q
R
Rebato, Carlos: “El doble check azul de Whatsapp vulnera tu privacidad; aquí te decimos cómo
evitarlo” mediatelecom.com.mx
<http://www.mediatelecom.com.mx/index.php/tecnologia/apps/item/76529-el-doble-check-azul-
de-whatsapp-vulnera-tu-privacidad-aquí-te-decimos-cómo-evitarlo> [consultado 16-12-2014]
Redacción Cadenaser: “ Cinco consejos que mejorarán tu privacidad en WhatsApp”
<http://cadenaser.com/ser/2014/11/27/ciencia/1417089768_108617.html> [Consultado 05-12-
2014].
Redacción El País: “ WhatsApp introduce el 'check' azul que confirma la lectura del
mensaje”<http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2014/11/06/actualidad/1415263679_949466.ht
ml> [Consultado 05-12-2014].
Redacción El País: “Whatsapp cede ante las quejas y permite quitar el doble check azul” <
11
http://elpais.com/elpais/2014/11/14/ciencia/1415971123_384037.html> [Consultado 07-12-2014]
Redacción Spainmovil: “ Las mejores apps de mensajería instantánea”
<http://www.spainmovil.es/android/apps/mejores-apps-mensajeria-instantanea-
android_t105.html>[Consultado 05-12-2014]
ROBLES, Francisco: “DOBLE CHECK. Cómo afecta el Whatsapp a las relaciones de pareja” Un
psicólogo en la red <http://unpsicologoenlared.blogspot.com.es/2012/12/doble-check-como-
afecta-el-whatsapp-las.html> [Consultado 05-12-2014]
S
SÁNCHEZ, J.M.: “Whatsapp: ventajas e inconvenientes del nuevo “doble check” azul” ABC.es
<http://www.abc.es/tecnologia/moviles-aplicaciones/20141106/abci-whatsapp-doble-check-azul-
tick-ventajas-inconvenientes-aplicacion-app-smartphones-201411060919.html> [Consultado 05-
12-2014]
T
Redacción Tecnoxplora: “Whatsapp rectifica y te permitirá desactivar el doble check azul” <
http://www.tecnoxplora.com/apps/whatsapp-rectifica-permitira-desactivar-doble-check-
azul_2014110900168.html> [Consultado 07-12-2014]
U
V
W
X
12
Z
top related