práctica- observación de bacterias
Post on 06-Feb-2016
307 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
Sergio Salgado Santamarina David Santiago Rivas
1º BACH B
1
● Obxectivos O obxectivo desta práctica é aprender a diferenciar os organismos vivos máis sinxelos presentes na natureza, as bacterias. Neste caso as bacterias do iogur e do serrapio dental. Tamén aprendemos a diferenciar as súas distintas partes mediante a observación co microscopio.
● Introdución As bacterias son organismos unicelulares procariontes, que se poden atopar illados ou en colonias. Pertencen ao reino Monera e constitúen un dos dominios dos seres vivos. Non teñen un verdadeiro núcleo celular, e xeralmente carece de orgánulos membranosos. As bacterias son normalmente microscópicas ou submicroscópicas (detectabeis só ao microscopio electrónico), con dimensións máximas tipicamente da orde dos 0,5 a 5 micrómetros. As bacterias estaban entre as primeiras formas de vida que apareceron na Terra, e están presentes practicamente en todos os hábitats. As bacterias clasifícanse morfoloxicamente de acordo coa forma da célula e co seu grao de agregación:
➔ Bacilos: Teñen forma de bastón. ➔ Cocos: Son de forma esférica ou subesférica. ➔ Espirilos: Con forma espiral. ➔ Vibrións: Similar a unha coma.
● Material O material empregado nesta práctica é:
➢ Portaobxectos ➢ Cubreobxectos ➢ Azul de metileno ➢ Microscopio ➢ Escarvadentes ➢ Mostra de iogur ➢ Recipiente de vidro ➢ Frasco lavador ➢ Chisqueiro Bunsen ➢ Soporte de tincións
2
Chisqueiro Azul de metileno Frasco lavador
Microscopio Portaobxectos
3
● Procedemento Para a práctica coa mostra de iogur:
1. Cun escarvadentes extraemos unha pequena cantidade de iogur e extendémola correctamente sobre o portaobxectos.
2. Empregando o chisqueiro Bunsen fixamos a mostra mediante calor. 3. Unha vez fixada a mostra vertemos azul de metileno polo portaobxectos e
esperamos de 2 a 3 minutos. 4. Lavamos a mostra co frasco lavador e cubrímola co cubreobxectos 5. Colocamos a mostra no microscopio e configuramos para enfocar.
Para a práctica coa mostra de serrapio dental:
1. Cun escarvadentes rascamos a zona superior de un dente para obter unha mostra de serrapio dental.
2. Empregando o chisqueiro Bunsen fixamos a mostra mediante calor. 3. Unha vez fixada a mostra vertemos azul de metileno polo portaobxectos e
esperamos de 2 a 3 minutos. 4. Lavamos a mostra co frasco lavador e cubrímola co cubreobxectos 5. Colocamos a mostra no microscopio e configuramos para enfocar.
Antes da tinguidura Despois da tinguidura
4
Aínda que tivemos certos problemas co microscopio, debido á falta de potencia da iluminación, obtivemos este resultado:
● Conclusión En definitiva, esta práctica permitiunos observar as bacterias presentes en lugares cotiás como pode ser o iogur. Deste modo, logramos un achegamento máis próximo ao mundo microscópico e dunha forma intuitiva démonos conta de que o mundo dos seres vivos chega ata lugares que considerabamos inhóspitos. Finalmente, puidemos pór en práctica os nosos coñecementos sobre o reino dos Moneras adquiridos con anterioridad. Polo tanto, reparamos en levar a cabo este tipo de prácticas para fomentar o interese do alumnado pola asignatura.
5
top related