percebes, arneiróns e outros cirrípedos

Post on 27-Jul-2015

379 Views

Category:

Education

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

OS PERCEBES

e outros cirrípedos

Os cirrípedos

Son crustáceos (artrópodos) co abdome reducido que teñen unha fase larvaria de vida libre e unha fase adulta sésil.

alimentación

Aliméntase de planto que captura filtrando a auga cos filamentos móbiles dos cirros e lévaos á boca.

Relación

● Cando baixa a marea, péchanse para non secarse.

reprodución

● Teñen un sistema reprodutor masculino e feminino, pero necesitan 2 individuos para fecundar.

● O tamaño do pene é moi longo para poder fecundar aos individuos próximos.

O macho introduce o esperma no que fai de femia para fecundar os ovos dos que nacen larvas nadadoras.

reprodución do percebe

macho

larva nauplius

larva ciprisfemia

desenvolvemento

Os cirrípedos pasan por dous estadios larvarios:

-larva nauplius, que forma parte do zooplanto, aboia na auga e aliméntase activamente

-larva cipris, nadadora activa que non se alimenta.

Cando a larva cipris atopa un lugar axeitado fíxase e inicia un proceso de metamorfose desenvolvendo unhas placas a xeito de armadura.

larva nauplius

larva cipris

PERCEBEPollicipes cornucopia

En estadio adulto vive fixado ás rochas das costas expostas. Ten un pé carnoso cuberto dunha pel rugosa e flexible e os órganos móbiles protexidos por pezas calcáreas (unllas). As patas transformadas en órganos plumosos (cirros), sérvenlle para capturar o alimento.

-O nome científico significa “dedo pulgar”.

-Hai 150 anos pensábase que eran moluscos.

-Os restos máis antiguos en Galicia atopáronse nos castros de Baroña e Santa Tegra.

-Son moi valorados para comer. En Galicia estráense por toda a costa de mar aberto.

Curiosidades

PERCEBE DA MADEIRALepas ...

Lepas anatifera

Corpo cuberto por cinco placas finas de cor branca azulada, e un pedúnculo de ata 20 cm de lonxitude de cor castaña-gris. Vive fixado sobre obxectos que aboian no mar.

Lepas anserifera

Corpo cuberto por cinco placas brancas coa beira amarela.

Atópase sobre obxectos que aboian no mar.

Antigamente pensaban que os gansos nacían a partir dos percebes da madeira que eran ovos de ganso que medraban nunha árbore, por iso atopaban cachos de madeira no mar con eles apegados.

De aí procede o nome de “anserifera”.

Curiosidades

ARNEIRÓNS

Cubertos por seis placas formando un cono, sen pedúnculo carnoso.

Viven en zonas costeiras, a pouca profundidade, apegados en pedras, cunchas... sempre en zonas onde hai pouca auga ou en zonas de salseiro.Tamén poden vivir sobre obxectos, cascos de barcos, boias, pel das baleas...

Placas de ata 3 cm de diámetro.Vive na zona infralitoral.

Arneirón (Balanus perforatus)

Arneirón (Chathalamus stellatus).As placas miden ata 1 ,2 cm de diámetro. Vive sobre as rochas da zona intermareal ou supralitoral.

Arneirón (Elminius modestus)

Mide ata 1 cm de diámetro. Vive fixado nas rochas da zona intermareal. É orixinario de Australia e colonizou as nosas costas a partir de 1940.

Sacculina carcini

Parásito dos cangrexos.

O corpo é brando e liso, de cor amarela.

Miguel Jesús Piñeiro FernándezIago Padín DominguezMiguel Leiro Grande

Xuño 2012

FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet

DEBUXOS:Mon Daporta

top related