percebes, arneiróns e outros cirrípedos

21
OS PERCEBES e outros cirrípedos

Upload: iesasorey

Post on 27-Jul-2015

379 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

OS PERCEBES

e outros cirrípedos

Page 2: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

Os cirrípedos

Son crustáceos (artrópodos) co abdome reducido que teñen unha fase larvaria de vida libre e unha fase adulta sésil.

Page 3: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

alimentación

Aliméntase de planto que captura filtrando a auga cos filamentos móbiles dos cirros e lévaos á boca.

Page 4: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

Relación

● Cando baixa a marea, péchanse para non secarse.

Page 5: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

reprodución

● Teñen un sistema reprodutor masculino e feminino, pero necesitan 2 individuos para fecundar.

● O tamaño do pene é moi longo para poder fecundar aos individuos próximos.

O macho introduce o esperma no que fai de femia para fecundar os ovos dos que nacen larvas nadadoras.

Page 6: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

reprodución do percebe

macho

larva nauplius

larva ciprisfemia

Page 7: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

desenvolvemento

Os cirrípedos pasan por dous estadios larvarios:

-larva nauplius, que forma parte do zooplanto, aboia na auga e aliméntase activamente

-larva cipris, nadadora activa que non se alimenta.

Cando a larva cipris atopa un lugar axeitado fíxase e inicia un proceso de metamorfose desenvolvendo unhas placas a xeito de armadura.

larva nauplius

larva cipris

Page 8: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

PERCEBEPollicipes cornucopia

En estadio adulto vive fixado ás rochas das costas expostas. Ten un pé carnoso cuberto dunha pel rugosa e flexible e os órganos móbiles protexidos por pezas calcáreas (unllas). As patas transformadas en órganos plumosos (cirros), sérvenlle para capturar o alimento.

Page 9: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

-O nome científico significa “dedo pulgar”.

-Hai 150 anos pensábase que eran moluscos.

-Os restos máis antiguos en Galicia atopáronse nos castros de Baroña e Santa Tegra.

-Son moi valorados para comer. En Galicia estráense por toda a costa de mar aberto.

Curiosidades

Page 10: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos
Page 11: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

PERCEBE DA MADEIRALepas ...

Page 12: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

Lepas anatifera

Corpo cuberto por cinco placas finas de cor branca azulada, e un pedúnculo de ata 20 cm de lonxitude de cor castaña-gris. Vive fixado sobre obxectos que aboian no mar.

Page 13: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

Lepas anserifera

Corpo cuberto por cinco placas brancas coa beira amarela.

Atópase sobre obxectos que aboian no mar.

Page 14: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

Antigamente pensaban que os gansos nacían a partir dos percebes da madeira que eran ovos de ganso que medraban nunha árbore, por iso atopaban cachos de madeira no mar con eles apegados.

De aí procede o nome de “anserifera”.

Curiosidades

Page 15: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

ARNEIRÓNS

Cubertos por seis placas formando un cono, sen pedúnculo carnoso.

Viven en zonas costeiras, a pouca profundidade, apegados en pedras, cunchas... sempre en zonas onde hai pouca auga ou en zonas de salseiro.Tamén poden vivir sobre obxectos, cascos de barcos, boias, pel das baleas...

Page 16: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

Placas de ata 3 cm de diámetro.Vive na zona infralitoral.

Arneirón (Balanus perforatus)

Page 17: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

Arneirón (Chathalamus stellatus).As placas miden ata 1 ,2 cm de diámetro. Vive sobre as rochas da zona intermareal ou supralitoral.

Page 18: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

Arneirón (Elminius modestus)

Mide ata 1 cm de diámetro. Vive fixado nas rochas da zona intermareal. É orixinario de Australia e colonizou as nosas costas a partir de 1940.

Page 19: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos
Page 20: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

Sacculina carcini

Parásito dos cangrexos.

O corpo é brando e liso, de cor amarela.

Page 21: Percebes, arneiróns e outros cirrípedos

Miguel Jesús Piñeiro FernándezIago Padín DominguezMiguel Leiro Grande

Xuño 2012

FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet

DEBUXOS:Mon Daporta