para un redondo¡n redondo_gal.pdf · 2018. 7. 13. · para un verÁn redondo 1.- cierra el...

Post on 30-Sep-2020

7 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

12 CLAVES PARA UN VERÁN

REDONDO

1.- Cierra el círculo

La práctica de las tres erres (reducir, reutilizar y reciclar) también debe acompañarnos en

vacaciones porque, en muchos casos, los resi-duos, lejos de desaparecer, crecen de forma

considerable durante la época estival debido a la gran cantidad de fiestas y celebraciones.

Estés donde estés, no bajes la guardia. Consu-me de forma responsable, minimiza la produc-

ción de desechos, aprovecha al máximo los productos y, una vez agotada su vida útil, depo-sítalos en los contenedores correspondientes.

2Un pouco de

orde3

Intensifica a túa loita contra o

abandono de lixo

4Non refugues o

teu pícnic

5 Ollo co

desperdicio alimentario

11Regala bos momentos

10 Voluntariado

ambiental. Por que non?

9O ecoturismo,

unha magnífica alternativa de lecer e recreo

8 Move as túas pernas e o teu

corazón

1 Pecha o círculo

6 Recupera o teu

armario

7 Coa máxima enerxía e o

mínimo consumo

enerxético

12Recarga pilas

www.sogama.gal

Un pouco de ordeNon abandones os teus bos hábitos cotiáns na

segregación de residuos e, de ser posible, refórzaos. Recorda que os envases de plástico,

as latas e os briks deben depositarse no contedor amarelo; que o destino dos envases de cartón e

papel é o azul; que os envases de vidro só poden ir ao iglú verde; e que a fracción resto debe

introducirse no contedor verde xenérico. Sé coidadoso tamén con outros materiais que teñen as súas propias vías de recuperación a través de establecementos comerciais, lugares específicos

de recollida e puntos limpos municipais.

Intensifica a túa loita contra o abandono de lixo

O bo tempo invita á realización de actividades que, durante o resto do ano, quedan limitadas

debido, en moitos casos, á climatoloxía adversa. É época de longos paseos para gozar da

contorna natural, dos bosques, das praias, dos ríos, pero, por favor, xamais deixes lixo

abandonado. Recolle e garda os teus residuos ata o momento en que poidas xestionalos

correctamente.

Non refugues o teu pícnicFóra pratos, vasos e cubertos plásticos dun só

uso, así como panos e manteis de papel. Introduce a ecoloxía no teu pícnic. Alimentos saudables e

utensilios reutilizables constitúen a mellor combinación medioambiental.

Ollo co desperdicio alimentarioGozar da gastronomía non significa dispendio. Un

terzo dos alimentos que se producen no mundo para o consumo humano acaban desperdiciados.

Con esta cantidade poderíase dar de comer a 2.000 millóns de persoas. Compra unicamente

o que necesites para comer, presta atención á data de caducidade e de consumo preferente (a

primeira indica o momento a partir do cal un produto non se pode consumir por razóns de

saúde, a segunda o momento a partir do cal un produto pode perder propiedades, pero segue

sendo apto para o consumo), axusta as racións ao número de comensais e aproveita as sobras.

Recorda: “Comer si, tirar non”.

Recupera o teu armarioRevisa o teu roupeiro. Seguro que descubrirás

marabillosas prendas que quedaran no esquecemento. Cun par de toques, lograrás que estean de plena actualidade. Non obstantes, se non as vas a usar, dóaas para propiciar a súa

reutilización e/ou reciclaxe

Pecha o círculoA práctica dos tres erres (reducir, reutilizar e

reciclar) tamén debe acompañarnos en vacacións porque, en moitos casos, os residuos,

lonxe de desaparecer, crecen de forma considerable durante a época estival debido á

gran cantidade de festas e celebracións. Esteas onde esteas, non baixes a garda. Consome de forma responsable, minimiza a produción de

refugallos, aproveita ao máximo os produtos e, unha vez esgotada a súa vida útil, deposítaos nos

contedores correspondentes.

1 2 3

4 5 6

www.sogama.gal

Coa máxima enerxía e o mínimo consumo enerxético

A túa enerxía move o mundo, pero o gasto de combustibles fósiles ralentízao. Regula o

termostatos, non deixes a neveira aberta, lava con auga fría, tende a roupa ao sol e prescinde do

uso da secadora. Luces, as imprescindibles, e desconecta os electrodomésticos cando non

estean funcionando.

Move as túas pernas e o teu corazón

Evita o vehículo particular. Camiña e móvete en bicicleta. O velocípedo só consome a enerxía do

teu corpo, axúdache a facer exercicio e a estar en forma, non xera ruído e necesita pouco espazo

para aparcar. E, se non tes outra opción que recorrer ao transporte motorizado, elixe sempre o

público

Voluntariado ambiental. Por que non?

Faite voluntario/a ambiental. Será un bo investimento para o teu tempo de vacacións.

Poderás desenvolver unha actividade que che permitirá estar en contacto permanente coa natureza, coñecer lugares estupendos, xente

nova e aportar o teu gran de area na consecución dun mundo mellor. Un magnífico legado.

Regala bos momentosUnha entrada para o cine, para o teatro, para un concerto, unha tarde no parque de atraccións.

Por que teñen que ser obsequios adornados con excesivos envoltorios? As xornadas cos teus seres queridos sempre son o mellor agasallo.

Recarga pilasDesconecta e recarga a túa mente de boas

vibracións e bos propósitos ambientais para retomar o próximo curso. Regresa á rutina con

sostibilidade reforzada.

7 8

10

9

1211

www.sogama.gal

O ecoturismo, unha magnífica alternativa de lecer e recreo

Apúntate ao ecoturismo. Recréate nos atractivos naturais que nos ofrece a paisaxe, a flora e a

fauna, contribúe á súa protección e conservación, e divulga as súas bondades. A

responsabilidade ambiental é unha cualidade que tamén se ensina e se aprende.

top related