para un redondo¡n redondo_gal.pdf · 2018. 7. 13. · para un verÁn redondo 1.- cierra el...

3
12 CLAVES PARA UN VERÁN REDONDO 1.- Cierra el círculo La práctica de las tres erres (reducir, reutilizar y reciclar) también debe acompañarnos en vacaciones porque, en muchos casos, los resi- duos, lejos de desaparecer, crecen de forma considerable durante la época estival debido a la gran cantidad de fiestas y celebraciones. Estés donde estés, no bajes la guardia. Consu- me de forma responsable, minimiza la produc- ción de desechos, aprovecha al máximo los productos y, una vez agotada su vida útil, depo- sítalos en los contenedores correspondientes. 2 Un pouco de orde 3 Intensifica a túa loita contra o abandono de lixo 4 Non refugues o teu pícnic 5 Ollo co desperdicio alimentario 11 Regala bos momentos 10 Voluntariado ambiental. Por que non? 9 O ecoturismo, unha magnífica alternativa de lecer e recreo 8 Move as túas pernas e o teu corazón 1 Pecha o círculo 6 Recupera o teu armario 7 Coa máxima enerxía e o mínimo consumo enerxético 12 Recarga pilas www.sogama.gal

Upload: others

Post on 30-Sep-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PARA UN REDONDO¡n redondo_Gal.pdf · 2018. 7. 13. · PARA UN VERÁN REDONDO 1.- Cierra el círculo La práctica de las tres erres (reducir, reutilizar y reciclar) también debe

12 CLAVES PARA UN VERÁN

REDONDO

1.- Cierra el círculo

La práctica de las tres erres (reducir, reutilizar y reciclar) también debe acompañarnos en

vacaciones porque, en muchos casos, los resi-duos, lejos de desaparecer, crecen de forma

considerable durante la época estival debido a la gran cantidad de fiestas y celebraciones.

Estés donde estés, no bajes la guardia. Consu-me de forma responsable, minimiza la produc-

ción de desechos, aprovecha al máximo los productos y, una vez agotada su vida útil, depo-sítalos en los contenedores correspondientes.

2Un pouco de

orde3

Intensifica a túa loita contra o

abandono de lixo

4Non refugues o

teu pícnic

5 Ollo co

desperdicio alimentario

11Regala bos momentos

10 Voluntariado

ambiental. Por que non?

9O ecoturismo,

unha magnífica alternativa de lecer e recreo

8 Move as túas pernas e o teu

corazón

1 Pecha o círculo

6 Recupera o teu

armario

7 Coa máxima enerxía e o

mínimo consumo

enerxético

12Recarga pilas

www.sogama.gal

Page 2: PARA UN REDONDO¡n redondo_Gal.pdf · 2018. 7. 13. · PARA UN VERÁN REDONDO 1.- Cierra el círculo La práctica de las tres erres (reducir, reutilizar y reciclar) también debe

Un pouco de ordeNon abandones os teus bos hábitos cotiáns na

segregación de residuos e, de ser posible, refórzaos. Recorda que os envases de plástico,

as latas e os briks deben depositarse no contedor amarelo; que o destino dos envases de cartón e

papel é o azul; que os envases de vidro só poden ir ao iglú verde; e que a fracción resto debe

introducirse no contedor verde xenérico. Sé coidadoso tamén con outros materiais que teñen as súas propias vías de recuperación a través de establecementos comerciais, lugares específicos

de recollida e puntos limpos municipais.

Intensifica a túa loita contra o abandono de lixo

O bo tempo invita á realización de actividades que, durante o resto do ano, quedan limitadas

debido, en moitos casos, á climatoloxía adversa. É época de longos paseos para gozar da

contorna natural, dos bosques, das praias, dos ríos, pero, por favor, xamais deixes lixo

abandonado. Recolle e garda os teus residuos ata o momento en que poidas xestionalos

correctamente.

Non refugues o teu pícnicFóra pratos, vasos e cubertos plásticos dun só

uso, así como panos e manteis de papel. Introduce a ecoloxía no teu pícnic. Alimentos saudables e

utensilios reutilizables constitúen a mellor combinación medioambiental.

Ollo co desperdicio alimentarioGozar da gastronomía non significa dispendio. Un

terzo dos alimentos que se producen no mundo para o consumo humano acaban desperdiciados.

Con esta cantidade poderíase dar de comer a 2.000 millóns de persoas. Compra unicamente

o que necesites para comer, presta atención á data de caducidade e de consumo preferente (a

primeira indica o momento a partir do cal un produto non se pode consumir por razóns de

saúde, a segunda o momento a partir do cal un produto pode perder propiedades, pero segue

sendo apto para o consumo), axusta as racións ao número de comensais e aproveita as sobras.

Recorda: “Comer si, tirar non”.

Recupera o teu armarioRevisa o teu roupeiro. Seguro que descubrirás

marabillosas prendas que quedaran no esquecemento. Cun par de toques, lograrás que estean de plena actualidade. Non obstantes, se non as vas a usar, dóaas para propiciar a súa

reutilización e/ou reciclaxe

Pecha o círculoA práctica dos tres erres (reducir, reutilizar e

reciclar) tamén debe acompañarnos en vacacións porque, en moitos casos, os residuos,

lonxe de desaparecer, crecen de forma considerable durante a época estival debido á

gran cantidade de festas e celebracións. Esteas onde esteas, non baixes a garda. Consome de forma responsable, minimiza a produción de

refugallos, aproveita ao máximo os produtos e, unha vez esgotada a súa vida útil, deposítaos nos

contedores correspondentes.

1 2 3

4 5 6

www.sogama.gal

Page 3: PARA UN REDONDO¡n redondo_Gal.pdf · 2018. 7. 13. · PARA UN VERÁN REDONDO 1.- Cierra el círculo La práctica de las tres erres (reducir, reutilizar y reciclar) también debe

Coa máxima enerxía e o mínimo consumo enerxético

A túa enerxía move o mundo, pero o gasto de combustibles fósiles ralentízao. Regula o

termostatos, non deixes a neveira aberta, lava con auga fría, tende a roupa ao sol e prescinde do

uso da secadora. Luces, as imprescindibles, e desconecta os electrodomésticos cando non

estean funcionando.

Move as túas pernas e o teu corazón

Evita o vehículo particular. Camiña e móvete en bicicleta. O velocípedo só consome a enerxía do

teu corpo, axúdache a facer exercicio e a estar en forma, non xera ruído e necesita pouco espazo

para aparcar. E, se non tes outra opción que recorrer ao transporte motorizado, elixe sempre o

público

Voluntariado ambiental. Por que non?

Faite voluntario/a ambiental. Será un bo investimento para o teu tempo de vacacións.

Poderás desenvolver unha actividade que che permitirá estar en contacto permanente coa natureza, coñecer lugares estupendos, xente

nova e aportar o teu gran de area na consecución dun mundo mellor. Un magnífico legado.

Regala bos momentosUnha entrada para o cine, para o teatro, para un concerto, unha tarde no parque de atraccións.

Por que teñen que ser obsequios adornados con excesivos envoltorios? As xornadas cos teus seres queridos sempre son o mellor agasallo.

Recarga pilasDesconecta e recarga a túa mente de boas

vibracións e bos propósitos ambientais para retomar o próximo curso. Regresa á rutina con

sostibilidade reforzada.

7 8

10

9

1211

www.sogama.gal

O ecoturismo, unha magnífica alternativa de lecer e recreo

Apúntate ao ecoturismo. Recréate nos atractivos naturais que nos ofrece a paisaxe, a flora e a

fauna, contribúe á súa protección e conservación, e divulga as súas bondades. A

responsabilidade ambiental é unha cualidade que tamén se ensina e se aprende.