os morcegos na sabana

Post on 06-Aug-2015

424 Views

Category:

Documents

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Primeira grande viaxe á natureza

para coñecer os animais da sabana.

Aínda que das viaxes todo lle interesa, a Roque o que lle gusta é a natureza.

A primeira viaxe para ver animais fixérona á África dos documentais.

E metéronse, de entrada, a explorar a sabana para veren, de preto, o que tanto admiraban.

Non só viron leóns, elefantes, cebras, ñus, xirafas, guepardos e gacelas.

tamén viron outros bechos, uns pequenos outros grandes, menos coñecidos pero igual de interesantes.

E de cantos viron chamáronlle a atención os que menos saen na televisión.

Antílope sable (Hippotragus

niger). Mide entre 120 e 150 cm de altura, de 190 a

250 cm de lonxitude, máis

entre 40 e 70 cm de rabo, e pode pesar entre 150

e 270 kg. Os cornos chegan a 1m de lonxitude nas femias e ao

1,20 m nos machos. Viven ata 18 anos.

Gran kudú ou kudú maior (Tragelaphus strepsiceros). Mide en promedio 2,20 m de lonxitude, máis un

rabo de 45 cm de largo, e 1,50 m de

altura. Pesa, o macho, entre 300 e

400 kg e a femia promedia os 220 kg.

Os cornos dos machos, en V,

curvados con dúas ou tres voltas en

espiral, acadan un promedio de 1,25 m.

Bongo (Tragelaphus eurycerus).

Mide entre 1,70 e 2,50 m de

lonxitude, cunha altura de 1,25 m. Os machos

pesan entre 250 e 450 kg e as femias entre

210 e 240 kg. Os cornos

miden entre 75 e 95 cm.

Nyala (Nyala angasii). Mide entre 135 e 195 cm de lonxitude e pesa entre 55 e 140 kg. O macho, máis grande que a femia, é de cor escuro

e ten cornos a femia é de cor rubio.

Gerenuk, gacela de Waller ou antílope de cuello de jirafa (Litocranius walleri). Mide arredor de 150 centímetros de longo, de 80 a 105 cm de altura e pesan entre 30 e 45 kg. As cifras máis baixas correspóndenlle ás femias.

Antílope eland, eland común ou alce do Cabo (Taurotragus oryx).É o antílope de maior tamaño. Ten preto de 1,40 m de altura. As femias poden pesar

ata 500 kg e os machos chegar aos 1.000 kg. Son criados como animais domésticos para a produción de leite carne e coiro.

Oribi (Ourebia ourebi). Mide entre 90 e 110 cm de lonxitude, de 50 a 66 cm de altura e pode pesar de 12 a 22 kg . Pode correr ata 50 km por hora. En cautividade

vive ata 14 anos.

Dik dik (Madoqua kirkii). É un dos antílopes máis pequenos. Mide entre 50 e 70 cm de lonxitude, ten entre 30 e 40 cm de altura e pesa arredor

de 6 kg. Pode vivir uns 10 anos.

Duiker vermello do bosque ou duiker de Natal (Cephalophus natalensis. Mide uns 40 cm de altura e pesa arredor de 15 kg.

Antílope amiscleiro enano de auga ou cervo rato de auga (Hyemoschus aquaticus). Mide entre 45 e 85 cm, máis outros de 7 a 15 cm de rabo, e pesa entre

7 e 15 kg. As femias son máis grandes que os machos.

Okapi (Okapia johnstoni).Mide de 1,97 a 2,15 m de lonxitude, máis un rabo de 30 a 42 cm; ten entre 1,50 e 1,80 m de altura na cruz e pesa de 200 a 300 kg.

Porco salvaxe ou porco de río vermello (Potamochoerus porcus). Miden entre 100 e 145 cm, máis un rabo de 30 a 45 cm, cunha altura entre 55 e 80 cm e un

peso entre 45 e 115 kg.

Facocero ou xabarín vexiguento (Phacochoerus africanus). Mide arredor de 75 cm de altura e pesa entre 50 e 100 kg.

Porco formigueiro (Orycteropus afer). Mide entre 1 e 1,3 metros. Máis un rabo de ata 70 cm, e pode acadar entre 40 e 65 quilogramos de peso.

Ratel ou teixugo do mel (Mellivora capensis). Mide arredor de 80 cm, máis o rabo, ten uns 30 cm de altura e pesa, o macho ata 14 kg, e a femia ata 9 kg.

Pangolín de Temmick ou pangolín terrestre (Manis temmickii). Poden medir ata 1 metro, case a metade da lonxitude total correspóndelle ao rabo.

Mangosta raiada (Mungos mungo). Mide

entre 30 e 45 cm, máis

entre 15 e 30 cm de rabo, e pesa

entre 1,5 e 2,25 kg. Vive en

grupos.

Damán das rochas ou damán do Cabo (Procavia capensis). Mide uns 50 cm de longo e pesa arredor de 4 kg.

Raposo orelludo ou otoción (Otocyon megalotis). Mide

entre 47 e 66 cm de lonxitude, de 23 a 34

cm de alto e pesa entre 3 e 5 kg.

Lobo de terra, hiena formigueira (Proteles cristata) . mide de 54 a 80 cm de longo, máis un rabo de 20 a 30 cm, entre 40 e 50 cm de altura e pesa

entre 9 e 14 kg.

Licaón, can bravo africano, lobo pintado ou can cazador de El Cabo (Lycaon pictus). Pode

medir ata 75 centímetros de altura na cruz e superar os

30 kilos de peso. Os machos son máis grandes

que as femias.

Chacal de lombo negro

(Canis mesomelas).

Mide uns 80 cm, máis uns 20 cm de rabo e pesa de 10 a 15 kg.

Caracal (Caracal caraca). Mide entre 60 e 90 cm de longo, máis outros entre 20 e 30 cm de rabo; ten unha altura entre 38 e 50 cm e pesa, o macho, de 13 a 18 kg e

a femia de 6 a 12. En cautividade viven uns 17 anos.

Serval (Leptailurus serval). Mide

entre 67 e 100 cm, máis entre 24 e 45

cm de rabo, e pesa de 8 a 18 kg.

Os machos son máis grandes que

as femias.

Mono vervet, mono verde ou cercopiteco de cara negra (Chlorocebus pygerythrus). Os machos miden entre 42 e 60 cm e pesan entre 4 e 8 kg . as

femias miden entre 30 e 50 cm e pesan de 3,5 a 5,5 kg. Todos teñen un rabo que pode medir entre 30 e 50 cm.

Babuino hamadryas (Papio hamadryas).Os machos poden medir e pesar o doble que as femias, xeralmente acadan ata 80 cm e pesan entre 20 e 30 kg. As femias

miden de 40 a 45 cm e pesan de 10 a 15 kg. O rabo duns e doutras mide uns 40 cm.

Aves pouco comúns, sorprendentes, chamativas, e outras igual de curiosas extranas ou coñecidas.

Grou coroado (Balearica

regulorum. ) Mide aproximadamente 1 m de alto, pesa 3,5 kg e ten unha envergadura de

2m.

Secretário ou serpentário (Sagittarius

serpentarius). Mide entre 90 e 130 cm de altura, con 190 a 220 cm de envergadura e pesa entre 2,3 e 4,5 kg. As femias son

algo máis pequenas que os machos.

Marabú africano (Leptoptilos

crumeniferus). Mide ata 120 cm de altura e

pesa de 4 a 6 quilogramos. Vive uns

15 anos.

Tántalo africano ou cegoña de bico

amarelo (Mycteria ibis). Mide case 1 m, ten unha envergadura de 1,70 m e pesa, o

macho, 2,3 kg; a femia non chega aos

2 kg.

Jabirú (Ephippiorhynch

us senegalensis).

Mide máis de 140 cm de longo, unha altura de 150 cm e unha envergadura

alar de 2,40 a 2,70 m. Pesa

entre 5 e 7 kg. O peteiro mide de 27

a 36 cm.

Ave martelo (Scopus umbretta). Mide ata 55 cm

de longo e pesa ata 470 gramos. Fai o niño máis grande de todas as aves. Pode ter ata 2 metros de diámetro e 50 quilos de

peso. Está formado por unha estructura abovedada que se comunica co exterior por un

corredor de ata 60 centímetros de lonxitude.

Ibis hadada o Hadeda

(Bostrychia hagedash).

Mide entre 65 e 76 cm, ten unha

envergadura alar de case 1 m

e pesa algo máis de 1 kg.

Voutre africano (Gyps africanus). Mide entre 90 e 100cm de lonxitude, pesa entre 5 e 6 kg e ten unha envergadura por enriba dos 2 m.

Pintada ou Galiña de Guinea (Numida

meleagris). Mide entre 53 e 58 cm e

pesa 1,3 kg. Hai varias subespecies

e exemplares domésticos. Pode vivir ata 12 anos

en estado silvestre.

Cálao terrícola (Bucorvus leadbeateri). Mide entre 90 e 120 cm, o peteiro pode medir entre 40 e 50 cm. O peso dos machos, que son máis grandes, está

entre 3,5 e 6 kg. As femias pesan entre 2,5 e 4,5 kg.

Calao de pico rojo (Tockus

erythrorhynchus). É un calao pequeño

aínda que mide máis de 40 cm de longo.

As femias desta especie permanecen

pechadas no niño durante a posta, a

incubación dos ovos e parte do período de

desenvolvemento das crías. Ata que

ela sae o macho e o encargado da alimentación.

Falcón pigmeo africano ( Polihierax

semitorquatus ). Mide somentes ata 20 cm.

Amaranta do Senegal (Lagonosticta senegala). Paxaro pequeno duns 10 cm de lonxitude.

Bico de coral (Estrilda astrild). Mide de 11 a 13 centímetros de lonxitude, cunha una envergadura de 12 a 14 centímetros e pesa entre 7 e 10 gramos. Desde hai

uns anos, exemplares fuxidos da cautividade, crían no sur de Galicia.

Tecedor social ou tecedor republicán (Philetairus socius).

Mide arredor de 14 cm e pesa entre 26 e 32 gr. Os dous sexos son iguais.

Colonia de cría nunha árbore

Tecedor urban ou Tejedor manchado (Ploceus cucullatus).

Mide entre 15 e 17 cm.

Quelea común (Quelea

quelea). Mide uns 12 cm e

pesa entre 15 e 20 gr. É a

especie de ave, non doméstica, máis abundante

do mundo.

Viudas do paraíso de rabo longo (Vidua interjecta). Os machos destas especies de paxaros, na época de reproducíon teñen un longo rabo moi chamativo. As

viudas poñen os ovos nos niños de outros paxaros.

Viuda rabo de cinta (Vidua

macroura). Mide entre 12 e 13 cm

de lonxitude, aínda que

durante a época de reproducción o rabo do macho mide uns 20 cm.

Carraca de peito violeta (Coracias caudata)

pomba manchada africana (Columba guinea). Acada os 40 cm de lonxitude.

Bechos de toda caste, incluídos os morcegos, reclamaron a atención dos ousados viaxeiros.

Coleura afra mide de 45 a 55 mm e pesa de 10 a 12 gr.

Morcego de Sundevall (Hipposideros caffer). Mide uns 8 cm, ten unha envergadura duns 20 cm, e pesa uns 8 gramos.

Morcego peludo de Angola (Cistugo seabrae).

Serpe raiada de vermello e negro (Bothrophthalmus lineatus). Pode medir ata 1,20 m de longo. É inofensiva

Serpe comedora de ovos (Dasypeltis scabra). Acada unha lonxitude entre 50 e 90 cm. Case non ten dentes.

Sorprendeunos a enormidade da árbore “baobab”, e non poideron pasar sen traérvola a ensinar.

Baobab, árbol botella ou pan de

mono (Adansonia). Esta curiosa árbore de tronco groso pode medir entre 5 e 30

m de altura e acadar un diámetro de máis de 11 m.

ten follas compostas e flores duns 10 cm. Pode

vivir ata 800 ou 1.000 anos.

Dentro deste baobab hai instalado un bar.

E que mellor xeito de rematar esta historia que tomando nese bar uns batidos de froita.

fin

COUSIÑAS FEITAS NA CASA

As imaxes foron collidas da internet.Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta

E alí foi donde empezou esta enorme tolería, por cousa da “miudeza” coa que atopou Roque aquel día.

Estando no medio de África escoitou a unha bubela falar cunha compañeira usando a lingua galega.

top related