ordes e oroso acusan a turismo andreas scheunig · pdf filecarmen pardo, acompañada...

Post on 06-Feb-2018

223 Views

Category:

Documents

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Un peregrino alemán suma máis de oito milquilómetros na segunda vez que fai o Camiño

ANDREAS SCHEUNIG VEU DE SALZBURGO A SANTIAGO E VOLVE

REDACCIÓN. Comarca

Quen viven ao pé ou pretoda ruta xacobea atópanse acotío con deceas de historiaspersoais con cadansúa moti-vación para facer o Camiño,desde a mera diversión ata arigorosa devoción relixiosa.Por eso, de vez en cando apa-recen viaxeiros extraordina-rios como Andreas Scheunig,alemán de 35 anos que perco-rre en bicicleta os preto de8.000 quilómetros, sumandoida e volta, entre a súa resi-

dencia en Salzburgo (Austria)e Santiago. Andreas, cociñeiro nunha es-tación de esquí austríaca epor eso mesmo con seis mesesde vacacións ao ano, xa fixerao Camiño a pé en 2008 e oano que vén planea acometerde novo a aventura, pero acabalo.Este ano partiu o 9 de maiodesde Salzburgo cara a Suíza,pasando por Saint Gallen,Neuchâtel e Xenebra; e des-pois en Francia por Lyon, Va-lence, Orange, Avignon, Bé-ziers, Narbonne e Perpignan.En España, sinala como prin-cipais paradas Barcelona, Te-rrasa, Montserrat, Huesca,Jaca, Logroño, Burgos, León,Astorga, Ponferrada, Santiagoe Fisterra. Aí completou osprimeiros 3.700 quilómetros.Os seguintes, os do retorno ácasa, iniciounos desde Fiste-

rra ata Sigüeiro (Oroso), a on-de chegou a mañá do 24 dexullo, con recepción e agasa-llos do alcalde, Manuel Mirás,incluídos. A primeira hora datarde xa estaba en Bruma(Mesía) para pernoctar e pro-seguir ao día seguinte, Santia-go Apóstolo, co Camiño Inglésen sentido inverso ata Ferrol.Logo tomou unha ruta cantá-brica cara a Francia e, Italiamediante, acadará a meta ensetembro.Scheunig explica que se pro-puxo facer o camiño de volta,en vez de tomar un bus ou unavión, cando na estación deautobuses non lle deixaronsubir a bici e o carriño no queleva de todo, desde comidaata artigos de primeiros auxi-lios ou o material para subirao seu blog(myspace.com/eurobike-tour2009) máis de dúas milfotos e cincocentos vídeos to-mados no Camiño.O alemán declárase un “ena-morado” de Galicia. Desde aprimeira vez que entrou polaVía da Prata tivo claro quequería facer todos os camiños“para conocer más Galicia”.De feito, nas súas andainas xacompletou todas as rutas xa-cobeas: a Vía da Prata, o Ca-miño Francés, o Inglés e des-de Fisterra. Do percorrido, por certo senun só pinchazo, destaca que“todo va muy bien, hay her-mosos paisajes, alberguesbuenos y sobre todo buenagente”.

Andreas Scheunig, en Bruma coaencargada do albergue

Unha visita ao tramo doCamiño Inglés da secreta-ria xeral para o Turismoda Xunta, Carmen Pardo,molestou sobre todo aosconcellos de Ordes e deOroso por non seren infor-mados previamente.

Pardo percorreu un trei-to do traxecto entre Bru-ma (Mesía) e Sigüeiro(Oroso) para “ver de pre-to as deficiencias e os as-pectos da ruta xacobeaque cómpre mellorar parao Ano Santo”, segundo uncomunicado da Xunta. Pe-ro fíxoo acompañada sópor concelleiros do PP.

“É unha falta de respec-to institucional”, aseverao tenente de alcalde or-dense, Jesús Pedreira,que lamenta que a secre-taria xeral “non informeao concello da súa visitainstitucional pero si aosconcelleiros do PP parasacar a foto”. Pedreiracritica tamén a Martinoporque “ás primeiras decambio cae na mesma ac-titude que criticara coasvisitas da anterior delega-

da de Medio Rural”. O alcalde de Oroso ta-

mén “lamenta” a actitudeda secretaria xeral. Ma-nuel Mirás prefire atribui-lo a “un simple erro porfalta de experiencia queespero que non se repi-ta”. Aconséllalle á secre-taria xeral aconsellarsepor técnicos municipais elémbralle que Oroso tenpendente a licitación doalbergue en Sigüeiro.

Por Mesía, o alcalde,Mariano Iglesias, opta pordeixar o asunto en “anéc-dota”. Con certa ironía,agarda que a secretariaxeral “disfrutase do seupaso polo municipio e ato-pase as instalacións deBruma no bo estado que oconcello procura telassempre”. Aínda sendo un-ha visita institucional,Iglesias quere pensar que“foi un acto privado, per-soal, porque coa prepara-ción que se lle supón á se-cretaria para o cargo pú-blico que ocupa non co-metería un erro protoco-lario de tal calibre”, di.

Carmen Pardo, acompañada polo PP ordense en Bruma (Mesía)

Scheunig, co alcalde de Oroso

Ordes e Oroso acusan a Turismode falta de respecto institucional

COMARCA Nº 72Agosto 2009

4

top related