o noso rÍo sar

Post on 15-Jul-2015

713 Views

Category:

Education

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

O río Sar

• O Sar nace nos altos de Meixonfrío a 300 m de altitude. A súa lonxitude é de aproximadamente 40 km. Pasa polas parroquias de Sar, Conxo e Laraño en Santiago de Compostela. Bugallido e Ortoño (Ames). Os Anxeles (Brión). Iria Flavia (Padrón). Aquí desemboca.

• Pertence á vertente atlántica xa que desemboca no Ulla, formando parte da conca do Ulla-Deza.

• Os seus afluentes son:

Pola dereita:

Sarela, Fontecova, Roxos, Riamonte, Serrín e Rois.

Pola esquerda:

Vilar, Esparille e Costaneira.

• No ano 2005 producíronse movilizacións en oposición da Mini Central de Silvouta no río Sar, promovidas por un grupo de veciños afectados que viven na parroquia de Santomé de Obra, co apoio da sociedade ecoloxista ADEGA.

O río Sar, ao seu paso polo concello de Ames, nas parroquias de Ortoño e Bastavales sufre constantes inundacións que fertilizan os prados das súas beiras formando interesantes brañas. Esta zona forma parte do Lugar de Importancia Comunitaria (Rede Natura 2000)e do Sistema fluvial Ulla-Deza.

Ruta Rede Natura 2000

En Ortoño, parroquia contigua a Bertamiráns, comeza a ruta Rede Natura 2000 á altura da área recreativa. 3,5 km, son os correspondentes á beira esquerda. A ruta faise circular, regresando pola outra beira ata completar 7,5 km.

Información extraída do blog Luar na Fraga

O primeiro tramo faise por pista asfaltada. Comeza no primeiro panel, que explica a ruta. Camíñase por esta pista de servizo, xunto a un canal, deixando os prados de inundación á dereita. A escasa pendente do terreo e a beira desprotexida provocan inundacións todos os anos. Acompáñannos mosquiteiros, mitos, paporroibos e algún posible azor.

Ao chegar á depuradora crúzanse os prados para seguir o río pegados a súa beira. Alí poden sorprender as ánades reais e as garzas que levantan o voo. Nunha zona areosa, despois dunha pasarela de madeira, aparecen unhas pegadas de ¿nutria?

Apenas se conservan restos do que é o bosque de ribeira, fundamentalmente salgueiros e loureiros. No outono, sen follas, o camiño faise un pouco "desolado". Máis aínda se imos acompañados de toda a porcallada que acostuma arrastrar o río e que vai deixando colgada das pólas.

¡Que cantidade de plásticos!

ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA

PROXECTO INTERDISCIPLINAR “ RIADA DE LIBROS”

C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA

PROXECTO INTERDISCIPLINAR “ RIADA DE LIBROS”

C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

top related