novo presentación de microsoft power point

Post on 06-Jul-2015

320 Views

Category:

Education

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Unha aldea por descubrir

Unha aldea por descubrire con moitase con moitashistorias

historias que contar que contar

Berres é una parroquia do Concello de A Estrada, que ten en total máis ou menos 496 habitantes ( aproximadamente ). Nesta aldea naceron algúns escritores como:

•MARCIAL VALLADARES

•AVELINA VALLADARES

•MANUEL GARCÍA BARROS “ KEN KEIRADES “

Adiós Berres, adiós BerresTerriña donde eu nacín

Coma as campanas de Berres ningunhas tocar oín.Durme meu meniño durme

Durme que te durmirásCantade a xeito paxaros,Non me espertés o rapás.

Triar de paxaros, do vento o fungar,Ruxir de regueiros, que corren ó mar,

Queixumes dos pinos, do bosque o rumorEsmalte dos campos coas herbas en flor.

Con grande agarimo, con fondo lacer,Cantemos á terra, que nos veu nacer.

Son moitos os chamadeiros dignos de suliñar: O mesmo nome de Berres que algúns din que tomou o nome do xeneral Berres… Sanmartín di… “sin duda su nombre del General Berres que acompañó a Decio Junio Bruto. El Cónsul Decio acompañó tres meses antes de dirigirse a Afiloquia – hoy Ourense -, en las tierras de Deza… y distribuyó sus generales por los márgenes de los ríos. Sobre el Ulla asentó sus cortes el general Berres y de un campamento militar surgió la parroquia”.Celeiróns, de celeiros grandes, a fonte do Santo.

As penas do Moucho, e as penedas do Navieiro, unha cova ou sobrado onde din que se escondía “O Ruso”, persoaxe de comportamento dubidoso, buscado pola garda civil. A Carballeira do rei, O monte molide, o Morangueiro e o Fornadeiro coas súas lendas fermosas, a fonte do Amparo, etc.A Lucenza ao suroeste do lugar de Ulla onde tamén se atopa O Casal, neste din que houbo unha capela da Inquisición. A lucenza é un nome mítico, pois tamén din que alí encontraron restos de tellas e pedras que coidan que pertenceron a unha capela, dalí ou da primitiva igrexa de Berres, cóidase que procede a pedra encontrada na parede do corral na casa de Rubial do Pereiro. Trátase dun anaco de pedra con parte da inscrición que di: EL BL CC PO G L D23

Volvendo ó toponimio Berres, deixando a parte a explicación que nos da Pedro Varela facendo proceder de berrar, chamando pola barca da outra vanda do río Ulla… Benito Vicintto dánolo como nome grego… Berca, Beroe, Berhea… Berres.

Lugar principal de lenda é o Monte de Molide, alá despois do lugar de Porto raiando coa parroquia de Ancorados. Trátase dun monte grande e chan, cunha banda onde medran os pinos e outra polo norte cheo de penedas, e árbores, no medio ten moito anaco de camposa con herba verde moi baixa que nunca medra nen seca. Débese a que alí houbo un ceminterio donde estaban enterrados os mortos dunha fortísima batalla contra os mouros; por alí mesmo pasa un camiño real, que viña de Pisa e Pica de Moreira camiño de A Mota en Riobó, ó pé do que estaba o cruceiro hoxe xa desaparecido.

Baixando da Vilasusan a Rabuñado houbo un

salgueiro moi grande e vello é o seu arredor

apareceron encantos, unha cadela con pitos

e unha galiña con cans, os veciños tiñan

medo de pasar por alí de noite e facíano

correndo e mirando de esguello.

No regato de Celeiróns que nace abaixo da

fonte do Amparo onde lle chaman o

Redondel, contan os vellos o seguinte:

“ Pena Corvente Pena Corbal.Hai unha mina

de ouro e outra de alquitrán” Ninguén

cavou, xa que dicían que se cavaban a de

alquitrán arderían 10 leguas á redonda.•No monte de Fornadeiro, entre o lugar de A Mouteira,

desta parroquia e terreos veciños da de Santomé de

Ancorados, ás doce da noite aparecíase unha galiña

cunha recua de pitos de ouro, non saben cantos eran,

máis tíñanlle medo tódolos vecinos.

Para abarcar unha boa panorámica de Berres un dos lugares máis axeitados é o Adro da Ermida do Amparo, en Rocaforte, construída no alto daquel lugar logo de unha imaxe da Virxe aparecer milagrosamente a carón dunha fonte alí ó pé. Avisado do prodixio chegou o Crego para levala en procesión á Igrexa Parroquial, onde a deixou depositada, para descubrir abraiado á mañá seguinte que a imaxe desaparecerá.Alertáronse os os veciños é o cabo acabaron por descubrila novamente no mesmo lugar onde tan milagrosamente xurdira o día anterior, o que se interpretou como que a iniciou a construción dunha ermida que a acollese.Sorte tivo a Nosa señora nesta ocasión non lle suceder como na Graña de Cabanelas.En fin, en Rocaforte tivo a Virxe do Amparo a súa ermida e agora todos os anos o derradeiro domingo de xullo, celébrase alí a grande festa na súa honrra, aínda que a vella imaxe, “ O Amparo pequeno”, desaparecese hai un tempo do seu emprazamento, sen que ninguén teña idea de onde foi parar, tal vez a unha nova fonte en quen sabe que lugar recóndito onde calquera día xurdir milagrosamente de novo.

O Monte Molide está entre as parroquias de Ancorados e Berres, A Estrada (Pontevedra). O cume é unha chaira chea de penedos e sen arboreda. Aquí librouse unha batalla feroz contra os mouros que, unha vez derrotados, foron soterrados alí mesmo; por iso non nace herba nin medran as árbores.Neste monte, nun cruce de camiños, houbo en tempos un cruceiro que era sinal de tesouro. Unha vez chegou á noitiña á casa dos Besteiros de Riobó un home de Ourense pedindo pousada. Logo preguntou polo Monte Molide, e se había alí un cruceiro, e como lle dixeron que si, anunciou que ao outro día tiña que subir ao monte por un asunto importante.A muller da casa deulle a cea acompañada de abondoso viño, e logo preguntoulle polo asunto importante que o levaba ao Monte Molide; e, entre vaso e vaso de viño, sacoulle a información que buscaba: cabo do cruceiro había un tesouro. —Pois déitese que pola mañá xa o acompañamos ata alí—díxolle a muller.Mais en canto adormeceu, a xente da casa colleu ferramentas e foise para o monte cavar.

Cando amenceu chamaron ao forasteiro, o dono da casa ofreceuse a acompañalo pero, como sabedes, ao chegar xunta o cruceiro, atoparaon todo sachado e remexido.O forasteiro arrincaba os pelos da cabeza mentres o dono da casa simulaba compadecelo. O tesouro, polo visto, xa estaba ben gardado.Outra historia sobre o cruceiro. Sendo neno Ramón Rodríguez, veciño de Berres, viu, mentres gardaba as vacas, a un home sentado nas gradas do cruceiro. Aquel home primeiro leu nuns papeis e despois mediu uns pasos en varias direccións. Aquel día o home non fixo máis pero cando o neno volveu co gando por alí uns días despois viu ao cabo do cruceiro remexeran a terra e entre a terra remexida atopou unha moeda de ouro.E aínda outra lenda. Outra vez regresou de América, de Arxentina, un veciño. Nada máis chegar colleu pico, pa e sacha e foise para o cruceiro do Monte Molide. Sachou coma un tolo pero non atopou nada. Coa rabia, dixéranlle que alí había un tesouro, comezou a petar no cruceiro e esfarelunoo todo: gradas, pedestal, capitel, cruz e cando lle tocou ao fuste á columna, que estaba oco, comezaron a saír onzas de ouro.

Xosé Neira, veciño de Mamoela, lembra ter visto na casa onde naceu anacos daquela columna oca cun burato dun diámetro suficiente para encaixar o mango dunha ferramenta.

FOTOS FOTOS a igrexa a igrexa igrexa por igrexa por

por dentro por dentro forafora

o arealo areal

casa

ecológica

amencendo o areal

desde outro punto de vista

Manuel García

Barros

“ Ken Keirades “

mapa de BERRES

F I NF I N

SONIA CASALSONIA CASAL NURIA CHAMOSANURIA CHAMOSA TANIA NEIRA TANIA NEIRA IRENE ESPIÑOIRENE ESPIÑO 1º A 1º A

CURSO CURSO 2010/20112010/2011

top related