nacemento do río sor, de ambosores a mañón ( a...

Post on 02-Jan-2021

14 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

C. D. FONTIÑAS ℡�981577928 �clubdeportivofontiñas.com �cdfonti@mundo-r.com 2014

PR®

SETEMBRO

Nacemento do río Sor, de Ambosores a Mañón ( A Coruña) Desde Ambosores descenderemos o curso alto do río Sor, baixo un fermoso bosque auctóctono, polo que correu o famoso bandoleiro galego Mamed Casanova, alias Toribio. O xantar será na aldea de Coto Segade cunha cantina con bebidas, café e comida. Aquí poderá recoller o bus á xente que non queira facer a ruta até o final. É imprescindible levar botas altas e bastóns, para superar un pequeño treito pegado o río moi estreito, no que nalgún momento haberá que botar as mans as rochas e árbores. Salvo este treito que nos levará pasalo 20 – 30 minutos, o resto do camiño e ancho e cómodo. A ruta remata en Mañón, despois de superar unha curta pendente en ferradura xunto a fermosa fervenza de O Couce.

Domingo 28 �� 8:15 Praza de Vigo / 8:30 C.S.C. Fontiñas � 55 Máx. 15 € Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

21 Km 280m 130m 3 3 3 3 � David Jove / Luisa

C. D. FONTIÑAS ℡�981577928 �clubdeportivofontiñas.com �cdfonti@mundo-r.com 2014

XIII Camiñada ao Pedroso (a beneficio de UNICEF) Sairemos do Obradoiro e percorreremos os parques de Galeras, Finca Simeón e Vite até Ponte Mantible; logo iremos pola falda do Monte de Dios cara O Romaño. A partir de aquí, por agradables camiños chegaremos a Granxa do Xesto, final da ruta. Veremos muiños, lavadoiros antigos, casas tradicionais e fermosas vistas do Pedroso e da cidade de Compostela. Duración aproximada 3/3,5h.

Nome da Ruta (Concello). Cadro para engadir pequena descripción e fotos.

Os Carranos-Serra do Suído (Covelo) Partimos da área recreativa de Maceira. A través de sendas entre bosques de ribeira, chegaremos ao rehabilitado serradoiro fluvial de Os Carranos , e á ponte medieval de Fofé sobre o río Tea. Iniciaremos a subida á serra de Suído, até o alto de Pedra Partida. Baixamos pola senda que leva ao encoro do río Pozo do Piñeiro, gozando dunha bela vista do val do Tea, até chegar ao río. Remontarémolo seguindo a ruta AQA de Covelo, volvendo ao inicio.

PR®

OUTUBRO

Domingo 5 �� 10:00 Praza do Obradoiro 5 €

Inscricións: UNICEF, Carreira do Conde ata o día 4, e no Club ata o día 3 Apta para menores acompañados

9 Km 1 2 1 2 � Guías do Club

Domingo 19 �� 9:00 Praza de Vigo / 9:15 Praza de Vigo � 55 Máx. 15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

19 Km 640 m 640 m 2 2 3 3 � Maví / Matilde

C. D. FONTIÑAS ℡�981577928 �clubdeportivofontiñas.com �cdfonti@mundo-r.com 2014

Ruta por A Mezquita. O desprazamento realizarase en autobús. Aloxarémonos no restaurante-pensión "O Cazador" en cuartos dobres. A estanza inclúe dous almorzos e una cea. Tamén venden bocadillos. As prazas poderanse reservar a partir do momento de publicación desta folla informativa, aboando unha fianza de 20 € no momento da inscrición. O resto abonarase ao finalizar o prazo de inscrición, o día 15 de Outubro Venres 24: Saída dende o C.S.C. Fontiñas ás 20:00 ata chegar a O Pereiro. Sábado 25: Chaguazoso-Moimenta. Dende Chaguazoso subimos O Cabezo, gozando das súas boas vistas. Entre impresionantes castiñeiros chegamos a Muiño Vello, Mazalvos e Cádavos. Atravesamos a Fraga dos Tres Reinos (Galicia, Castela e Portugal) e rematamos no pobo portugués de Moimenta, visitando a ponte sobre o río Tuela.

Domingo 26: O Pereiro-A Mezquita. Saímos andando dende o hostal en dirección o pobo do Pereiro. Dende aquí polo camiño da ruta da Prata chegamos o Alto da Canda para, pola Ruta do Castelo, tendo a Castela por un lado e polo outro Galicia chegar o Castro de Santigoso (boas vistas). Despois, pasando polo pobo de Santigoso, chegaremos o pobo da Mezquita, onde remata a andaina.

Venres 24 – Domingo 26 ��20:00 C.S.C. Fontiñas � 30 Máx. 105 €

Socios fixos sen federar 111 €

18 Km 300 m 2 2 3 4 � Marisa / Isa Pérez

20 Km 350 m 2 2 3 4 � Marisa / Isa Pérez

C. D. FONTIÑAS ℡�981577928 �clubdeportivofontiñas.com �cdfonti@mundo-r.com 2014

Ribeira Sacra. San Estevo e outeiro de Pé do Home (Nogueira de Ramuín) Partindo de Moura, onde encontraremos o primeiro outeiro ao Sil, tomamos a dirección Mámoas ata alcanzar Biduedo. Seguimos cara a Paradela, e ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, enlazando co GR-56 "transourensan". Visitado o mosteiro, continuamos ata alcanzar o lugar de Vilar, tras o cal nos separaremos do GR para chegar ao outeiro de "Pé do Home", orientado ao nordés sobre o Encoro de Santo Estevo. Volvendo ao camiño inicial chegaremos a Cerreda, onde remataremos a ruta.

Magosto Faremos unha ruta pola mañá saíndo de Área Central ás 10 h. Seguindo camiños tradicionais da zona de Viso, Arins e Motouto nos diriximos a finca de Beni, onde daremos conta de viandas e bebidas variadas, e como colofón o tradicional magosto. Dende este punto hai un paseo de 1 km ata Conxo, onde podemos facer uso do servizo de bus urbano para regresar á casa, ou camiñando se algúen o prefire.

PR®

NOVEMBRO

Domingo 9 �� 8:15 Praza de Vigo / 8:30 C.S.C. Fontiñas � 55 Máx. 15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

17 Km 550 m 500 m 2 2 3 3 � Iñaki Bilbao

Domingo 16 �� 10:00 Area Central 5 €

Os 5 € son para a compra de víveres

10 Km 1 2 2 2 � Guías do Club

C. D. FONTIÑAS ℡�981577928 �clubdeportivofontiñas.com �cdfonti@mundo-r.com 2014

Entre fervenzas e carballos (Val do Dubra) Ruta circular que se inicia en Bembibre, no concello de Val do Dubra. Chegaremos a través de amplas pistas á Capela de San Xoán. Atravesando magníficas carballeiras, subiremos á aldea de Gontar, e tras cruzar unha devesa chegaremos á aldea de Insua, que dá nome a unha fervenza próxima á que chegaremos polo Rego do Portonabo. Volveremos á Capela de San Xoán subindo polo Dubra, entre preciosas carballeiras, e pecharemos o camiño novamente en Bembibre.

Domingo 30 ��9:00 Praza de Vigo / 9:15 C.S.C. Fontiñas � 55 Máx. 15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18€

17 Km 550 m 550 m 1 2 2 3 � Rafa Fernández / Marian

C. D. FONTIÑAS ℡�981577928 �clubdeportivofontiñas.com �cdfonti@mundo-r.com 2014

PR®

DECEMBRO

Ruta polo desfiladeiro de O Eume – Central de A Ventureira (Monfero – A Capela) Preciosa ruta polo Eume, que pasa por á antiga central da Ventureira, seguindo a antiga canle ata chegar ao encoro. No transcurso da canle encontrámonos cunha cova. A ruta, aínda que é sinxela, é moi aérea. Hai que camiñar polo bordo da canle e nun punto que houbo un desprendemento hai que ir agarrado a un cable. Tamén pasaremos pola impresionante fervenza que fai o Regato do Morixoso, para finalmente subir ata un miradoiro. Na suba hai unha corda para axudarnos a subir debido á forte pendente.

Domingo 14 �� 9:00 Praza de Vigo / 9:15 C.S.C. Fontiñas � 55 Máx. 15 € Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

14 Km 500 m 500 m 3 3 4 3 � Pedro Carballo / Ramón Noya

C. D. FONTIÑAS ℡�981577928 �clubdeportivofontiñas.com �cdfonti@mundo-r.com 2014

Horario Severidade do medio natural

Desnivel de subida Orientación no itinerario

Desnivel de baixada Dificultade no desprazamento

Distancia horizontal Cantidadede esforzo necesario

Tipo de percorrido

Método Información De Excursións É un sistema de comunicación entre excursionistas para valorar e expresar as

exisencias técnicas e físicas dos percorridos. O seu obxetivo é unificar as apreciacións sobre a dificultade das excursións para permitir a cada practicante unha mellor

elección.

Medio Severidade do medio

natural

1 O medio non está exento de riscos 2 Hay maís de un factor de risco 3 Hay varios factores de risco 4 Hay bastantes factores de risco 5 Hay moitos factores de risco

Itinerario Dificultade para

orientarse no itinerario

1 Camiños e cruzamentos ben definidos 2 Sendas ou señalización que indica a continuidade 3 Esixe a identificación precisa de accidentes xeográficos e puntos cardinais 4 Esixe técnicas de orientación e navegación fóra da traza 5 A navegación é interrumpida por obstáculos que hai que bordear

DesprazamentoDificultade no

desprazamento

1 Marcha por superficie lisa 2 Marcha por camiños de ferradura 3 Marcha por sendas escalonadas ou terreos irregulares 4 É preciso o uso das mans para manter o equilibrio 5 Require pasos de escalada para a progresión

Esforzo

Cantidade de esforzo

necesario

1 Hata 1 h. de marcha efectiva 2 Máis de 1 h. e ata 3 h. de marcha efectiva 3 Máis de 3 h. e ata 6 h. de marcha efectiva 4 Máis de 6 h. e ata 10 h. de marcha efectiva 5 Máis de 10 h. de marcha efectiva

Calculado para un excursionista medio pouco

cargado

O MIDE está recomendado pola FEDME.

Máis información en ww.montañasegura.com

top related