na natureza hai lugares polos que camiñar é moi complicado ... fileende que naceu soubo que era...

Post on 30-Aug-2019

10 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

droseraA veciña excéntrica do tremoal

Na natureza hai lugares polos que camiñar é moi complicado ao estaren enchoupados. Hai tanta auga que o chan treme ao noso paso, como se estivésemos a camiñar por riba dun flan. Por iso, a eses lugares chámanlles tremoais, e neles acontecen feitos moi interesantes, como os protagonizados pola Drosera.

ende que naceu soubo que era unha planta diferente. Nas súas follas tiña

uns peliños dos que saían unhas pinguiñas transparentes e pegañentas, moi semellantes ás do orballo.

ññññññññññeeennntttaas,

D

Aquelas pequenas perlas dábanlle á Drosera esa beldade que só teñen as plantas ao raiar o día. Pero a ela non lle tiña chisco de graza.

Esas pingas as producía ela mesma sen parar, como se fose unha suor pegañenta. Pensaba que as outras plantas non querían estar con ela por medo a quedar pegadas ou a se manchar.

Así e todo a maior das molestias que lle ocasionaban era que calquera bichiño que sentara a descansar quedaba pegado nos seus peliños.

Drosera desculpábase decontado e, avergoñada, trataba de explicar que non podía facer ren por evitalo. Así é todo, pasado un tempo chegou a unha tráxica conclusión. O mellor que podía facer por aqueles visitantes accidentais era... comelos. De non facelo, quedaban pegados durante días ata que podrecían. Noxento.

Ao principio iso non foi doado. Algúns daqueles animaliños eran do máis coirentos (por non falar do sabor). Pero pronto Drosera caeu na conta de que podía envolvelos coas súas follas e, con paciencia, ilos desfacendo como se fosen un xeado. Así estaban moito máis ricos e substanciosos. Procuraba facer esa operación con moita educación e moito respecto, porque Drosera non era groseira, soamente era una planta que comía bichiños.

Polo demais, entre Drosera e os musgos que vivían ao seu redor no tremoal non había grandes diferenzas. Ela era, simplemente, unha veciña un pouco friki naquela apracible comunidade.

2012-2015

top related