na natureza hai lugares polos que camiñar é moi complicado ... fileende que naceu soubo que era...

8
drosera A veciña excéntrica do tremoal Na natureza hai lugares polos que camiñar é moi complicado ao estaren enchoupados. Hai tanta auga que o chan treme ao noso paso, como se estivésemos a camiñar por riba dun flan. Por iso, a eses lugares chámanlles tremoais, e neles acontecen feitos moi interesantes, como os protagonizados pola Drosera.

Upload: others

Post on 30-Aug-2019

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Na natureza hai lugares polos que camiñar é moi complicado ... fileende que naceu soubo que era unha planta diferente. Nas súas follas tiña uns peliños dos que saían unhas pinguiñas

droseraA veciña excéntrica do tremoal

Na natureza hai lugares polos que camiñar é moi complicado ao estaren enchoupados. Hai tanta auga que o chan treme ao noso paso, como se estivésemos a camiñar por riba dun flan. Por iso, a eses lugares chámanlles tremoais, e neles acontecen feitos moi interesantes, como os protagonizados pola Drosera.

Page 2: Na natureza hai lugares polos que camiñar é moi complicado ... fileende que naceu soubo que era unha planta diferente. Nas súas follas tiña uns peliños dos que saían unhas pinguiñas

ende que naceu soubo que era unha planta diferente. Nas súas follas tiña

uns peliños dos que saían unhas pinguiñas transparentes e pegañentas, moi semellantes ás do orballo.

ññññññññññeeennntttaas,

D

Page 3: Na natureza hai lugares polos que camiñar é moi complicado ... fileende que naceu soubo que era unha planta diferente. Nas súas follas tiña uns peliños dos que saían unhas pinguiñas

Aquelas pequenas perlas dábanlle á Drosera esa beldade que só teñen as plantas ao raiar o día. Pero a ela non lle tiña chisco de graza.

Page 4: Na natureza hai lugares polos que camiñar é moi complicado ... fileende que naceu soubo que era unha planta diferente. Nas súas follas tiña uns peliños dos que saían unhas pinguiñas

Esas pingas as producía ela mesma sen parar, como se fose unha suor pegañenta. Pensaba que as outras plantas non querían estar con ela por medo a quedar pegadas ou a se manchar.

Así e todo a maior das molestias que lle ocasionaban era que calquera bichiño que sentara a descansar quedaba pegado nos seus peliños.

Page 5: Na natureza hai lugares polos que camiñar é moi complicado ... fileende que naceu soubo que era unha planta diferente. Nas súas follas tiña uns peliños dos que saían unhas pinguiñas

Drosera desculpábase decontado e, avergoñada, trataba de explicar que non podía facer ren por evitalo. Así é todo, pasado un tempo chegou a unha tráxica conclusión. O mellor que podía facer por aqueles visitantes accidentais era... comelos. De non facelo, quedaban pegados durante días ata que podrecían. Noxento.

Page 6: Na natureza hai lugares polos que camiñar é moi complicado ... fileende que naceu soubo que era unha planta diferente. Nas súas follas tiña uns peliños dos que saían unhas pinguiñas

Ao principio iso non foi doado. Algúns daqueles animaliños eran do máis coirentos (por non falar do sabor). Pero pronto Drosera caeu na conta de que podía envolvelos coas súas follas e, con paciencia, ilos desfacendo como se fosen un xeado. Así estaban moito máis ricos e substanciosos. Procuraba facer esa operación con moita educación e moito respecto, porque Drosera non era groseira, soamente era una planta que comía bichiños.

Page 7: Na natureza hai lugares polos que camiñar é moi complicado ... fileende que naceu soubo que era unha planta diferente. Nas súas follas tiña uns peliños dos que saían unhas pinguiñas

Polo demais, entre Drosera e os musgos que vivían ao seu redor no tremoal non había grandes diferenzas. Ela era, simplemente, unha veciña un pouco friki naquela apracible comunidade.

Page 8: Na natureza hai lugares polos que camiñar é moi complicado ... fileende que naceu soubo que era unha planta diferente. Nas súas follas tiña uns peliños dos que saían unhas pinguiñas

2012-2015