mes de xullo · espectáculo no que ilusionismo, o clown e os monicreques crean un cóctel...

Post on 03-Apr-2020

7 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

MES DE XULLO

DÍA HORA LUGAR ACTIVIDADE DATOS DE INTERESE

VENRES

1010.00 h

Departamento de Cultura do Concello de

Laxe

Apertura do PRAZO DE presentación de POEMAS para o IX Certame de Poesía

Antón Zapata García

As bases do certame poden consultarse na web do concello ou recollelas nas Oficinas de Cultura e Turismo.

Aberto á participación de todas as idades, con 3 premios diferenciados para a infancia, a xuventude e a adultez que se

entregarán no Solpor Poético do 22 de agosto.

DOMINGO

19 20.00 h Praza de Ramón Juega*

XIV CERTAME DA CANCIÓN MARIÑEIRA

Festival de música coral no que participarán as masas corais procedentes de Brión (Ferrol), Ourense, Benavente (Zamora)

e Laxe.

XOVES

23 20.00 h Praza de Ramón Juega*

GALA DE CIRCO CON PETER PUNK

Presenta “Peor imposible”

Último espectáculo dun dos mellores paiasos de Galicia, Peter Punk, no que o humor retranqueiro, os equilibrios con 9

paraugas, un impactante circuíto da morte e un evocador final conforman os trazos máis brillantes.

XOVES

30 20.00 h Praza de Ramón Juega*

MAXIA CÓMICA CON MUNDO MANDARINA

Presenta “Laboratorio máxico”

Espectáculo no que ilusionismo, o clown e os monicreques crean un cóctel perfecto, no que coñeceremos a vertente máis fantástica de Mandarina, unha personaxe moi potente, capaz

de mesturar a ironía do mago co despiste.

MES DE AGOSTO

XOVES

6 20.00 h Praza de Ramón Juega*

CONTACONTOS COA COMPAÑÍA DABOAPIPA

Presenta “Vellos, vellas e outras lerias”

Daboapipa ofrece unha recollida de historias que non nos deixan esquecer aos nosos maiores, que sempre están coa

palabra preparada para saír pola boca con: contos pacientes, para impacientes, para o demo, para tremer de medo, para o

mal tempo e para amarse e durmir quentiños.

VENRES

7 18.00 h Praza dos Voluntarios*

OBRADOIRO PÓNLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

ofertado pola Consellería de Medio Rural e do Mar

Xogos tradicionais e elaboración de bocatas saudables para nenos e nenas entre os 3 e os 14 anos. REQUIRE A PREVIA

INSCRICIÓN NAS OFICINAS DE CULTURA OU NA BIBLIOTECA MUNICIPAL dun mínimo de 45 participantes.

XOVES

13 20.00 h Praza de Ramón Juega*

CLOWN CON ALE RISORIOPresenta “Alegrativo en

comprimidos”

Neste espectáculo, Alé Risorio (Bos Aires, Arxentina), dá vida a un clown que chega coa súa maleta chea de xoguetes de propia invención. Música con globos, malabarismos e un

sketch cun particularísimo Peter Pan, son algunhas das pezas do quebracabezas que traza.

VENRES

14 13.00 hDepartamento de Cultura do Concello de

Laxe

FINALIZA O PRAZO DE presentación de POEMAS para o IX Certame de Poesía

Antón Zapata García

As bases do certame poden consultarse na web do concello ou recollelas nas Oficinas de Cultura e Turismo. Aberto á

participación de todas as idades, con 3 premios diferenciados para a infancia, a xuventude e a adultez que se entregarán no

Solpor Poético do 22 de agosto.

SÁBADO

1511.00/

12.00 h Rúas de Laxe PASARRÚAS da BANDA DE MÚSICA DE ABEGONDO

A banda fará un percorrido musical con anterioridade á celebración da misa, acompañando tamén á procesión.

SÁBADO

22 20.00 h Praia dos Cristais en Laxe

IX EDICIÓN DOSOLPOR POÉTICO

Acto-homenaxe realizado ao poeta local Antón Zapata no que actuará o grupo do músico Xoán Curiel e faremos

entrega dos premios do certame de poesía.

En caso de mal tempo, as actividades celebradas en lugares marcados cun *,

trasladaranse ao patio cuberto situado ó carón da Praza dos Voluntarios.

Organizan e colaboran:

top related