manuel maría o carballo

Post on 15-Apr-2017

512 Views

Category:

Education

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

O carballocarballos da Terra Cha

Manuel María Fernández Teixeiro, naceu en Outeiro de Rei, na casa das Hortas, o 6 de outubro de 1929 e finou na Coruña, onde pasou os últimos anos, o oito de setembro do 2004.

Toda a súa obra reflicte o seu amor ao país, á súa terra, á natureza, á xente, á súa dona, ás cousas cotiáns…

Neste traballo recollemos unha mostra de poemas de Manuel María e de carballos da súa “tribo” a Terra Cha.

Carballeira de Santa Sabela (Outeiro de Rei)

…A árbore é un dos elementos fundamentais para conformar unha paisaxe. É cousa ben sabida. Non se pode concebir a paisaxe galega sin carballos e castiñeiros. Ningunha árbore nos dá unha impresión de eternidade, ó mesmo tempo de humanidade, como o carballo… Poucas cousas hai tan grandiosas e tan fermosas como o zoar das carballeiras cando o vento as agarima e posee. Porque se trata dunha entrega apaixoada. E dunha posesión gozosa, prena, total.… (“Carballos e castiñeiros” ANDANDO A TERRA, 1977-1987)

CARBALLO(Quercus robur)

Árbore de folla caediza, coa copa alta e ancha. Pode acadar os 45 m de altura.É a árbore autóctona máis representativa, común en toda Galiza, especialmente en alturas inferiores aos 800 m.

Carballos rexos, potentes,calados ou musicalesque loitais como valentescoas xistras e os vendavales!

Duros carballos verdeados,petrucios e sedentarios!¡Estades na Chá chantados,solemnes e centenarios!

Como amo a vosa belezada máis baril sobriedade!Que sensación de fortezaollando prá eternidade!

MANUEL MARÍA (TERRA CHÁ)

CARBALLEIRA DE HORTAS Era, en verdade, fermosa a carballeirae das brosas fora aínda librando!Que nube de verdor na Primaveira!Á súa sombra no vrao estaba o gando!... Algúns daqueles carballos tan barileseran limpos e dereitos, sen un nó.E sentiran pasar moitos abriles,que xa os ollara medrar meu bisabó! Era a mellor carballeira que medrouen toda a Chaira. Viñérona cortar!Nunca o vento máis forte a derruboue unha serra abundou pra a derrubar!  (TERRA CHÁ, 1959)

Carballo do Roxo (Altide, Begonte)-8 m de perímetro.Atópase no interior dunha propiedade.

Carballo da Casa de Altide (Begonte). Ten 20,5 m de altura, 7 m de perímetro. Atópase no interior dunha propiedade.

Carballo de Fandiño (Bóveda, Begonte). -4,20 m de perímetro.Atópase á esquerda da estrada de Bóveda, á beira do río Ladra.

Carballo do Campo de Arriba(Saavedra, Begonte)-4,50 m de perímetro.

Carballo en Santo Adrao de Carballido (Begonte)

Carballo de A Torre(Balmonte, Castro de Rei)-4 m de perímetro

Carballo da Grueira(Goberno, Castro de Rei)-2,92 m de perímetro

Carballo de Luxís. (Pacios-Castro de Rei). -20 m de altura e 4,20 m de perímetro. Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

É un carballo avó, de centos de anos,abrigo e honor da casa de Luxís.É un dos millor feitos e máis sanose máis grandes que medran no país......Xosé Crecente Vega “O carballo de Luxís”

Carballo do Prado Grande do Cacharrón (Cospeito)-5,70 m de perímetro.

Carballos de Muimenta (Cospeito)-Catro carballos situados no campo entre a antiga igrexa e a escola. O máis groso mide 4,44 m de perímetro.Incluídos no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

Carballo de Muimenta (Cospeito)-4,44 m de perímetro.Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

Carballo en Santa María de Cospeito(Cospeito)

Carballo de Estremil(Labrada, Guitiriz)-3,50 m de perímetro.

Carballo de Campoverde(O Buriz, Guitiriz)-6 m de perímetro

Carballo de Bustelo(O Buriz, Guitiriz)-4 m de perímetro

Carballos de Muras Varios carballos de 5,60 e 5,10 de perímetro. Atópanse no paseo fluvial do Eume, pouco despois de rematar a área recreativa.

Carballeira de Santa Sabela(Outeiro de Rei).A carón do río Miño.

Carballo na Illa de Seivane(Outeiro de Rei)

Carballeira na Illa de Seivane(Outeiro de Rei)

Carballo da Casa da Carballeiras(Vicinte, Outeiro de Rei)-18,5 m de altura e 5,20 de perímetro.

Carballo de Guillar(Outeiro de Rei)Á beira do río Miño.

Carballo de Marcelle (Outeiro de Rei)-24 m de altura e 4,60 de perímetro.No interior do parque zoolóxico.

Carballo da Casa de Bravos (Outeiro de Rei)-25 m de altura e 5,6 m de perímetro.

Carballo en Bravos (Outeiro de Rei)

A Carballa (Castelo de Rei, Outeiro de Rei)-5,6 m de perímetro

Carballo de Cela(Outeiro de Rei)-4,64 m de perímetro

Carballo de Ónega (Mosteiro, Pol)-5 m de perímetro.

Carballo do Batán (Valonga, Rioxoán, Pol)-4,90 m de perímetro.

Carballo do Batán (Valonga, Rioxoán, Pol)-4,30 m de perímetro.

Carballo Gordo de Tras do Regueiro (Rábade)-4,73 m de perímetro.

Carballo de O Cobreiro(Sancovade-Vilalba)-6 m de perímetro

Carballo da Capela dos Remedios (Ladra-Vilalba)-3,45 m de perímetro.

Casa da Rúa (Xoibán, Vilalba)-6 m de perímetro

Carba de Casamado (Goiriz, Vilalba) -7,30 m de perímetro.

Carba de Casamado(Goiriz, Vilalba) -3,40 m de perímetro.

Carba de Gomariz (Goiriz, Vilalba) -7,24 m de perímetro.

Carba de Gomariz (Goiriz, Vilalba) -5,25 m de perímetro.

Carballo de O Curro(Nete-Vilalba) -4,08 m de perímetro.

Carballo de O Curro(Nete-Vilalba) -4,10 m de perímetro.

Carballo de Mede (Cazás-Xermade). -34 m de altura.

Carballo de Freán. Cazás (Xermade).-20,30 m de altura e 7,55 m de perímetro.Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

O Batan de Folgoso (Lousada, Xermade)-5 m de perímetro.

Folgoso (Lousada, Xermade)-5,53 m de perímetro.

MONTAXE E FOTOS: Xeamarzo 2016

BIBLIOGRAFÍA: Ricardo Polín: “Escritos na floresta”, Vilalba 2014

top related