ma annuueell rgg aggoo eppééreezz m ggaggooppeerrezzmm ... · arousán a procura de este...
Post on 14-Feb-2021
1 Views
Preview:
TRANSCRIPT
-
AAIITTÓÓNN,, EEIITTÓÓNN,, OOUUTTÓÓNN MMaannuueell GGaaggoo PPéérreezz ggaaggooppeerreezzmm@@ggmmaaiill..ccoomm
1
Nesta outra enésima teima miña, quero espertar o descoñecemento que temos desta/s palabra/s do título,
Como comprobo que tanto nos dicionarios galegos como portugueses non aparece esta voz e como quedan
algúns rasquizos dela nalgúns dos portos desta Ría de Arousa, vou tratar de husmear e recoller todo o que
nestas beiras se poida atopar ó respecto.
Ben, actualmente, e isto é o que me levou a esta inquedanza, praticamente coidaba que só en Palmeira
temos un lugar o que se dí así e o que se vai cada día e que leva o nome de EITÓN (ou AITÓN) e corresponde
o porto, de maneira que segue vivo, aínda que só sexa de rutina, sen saber verdadeiramente por qué se lle
chama así. E no resto da Ría só queda na memoria dun xeito moi esvaecido, agás na Illa da Arousa que un
deles, o da praia da Abilleira, grazas a súa “posta en valor” polas autoridades locais, segue a funcionar coma
tal.
En Aguiño e Castiñeiras recordan que lle chamaban OUTÓN.
Como eu de etimoloxía non sei nada, de morfoloxía son profano e a semántica non é o meu e xa non
digamos de toponimia na que andaría a tombos, non me quedou mais remedio que ollar nos dicionarios
galego e portugués. Ningún deles, como dixen, ten estas voces rexistradas. Como mais semellante dinme
“eito” coas acepcións que xa sabemos, a) algo que vai dereito coma o solco do arado para votala semente, b)
no senso de abondoso coma a copla galega …”aí veñen as lanchas do xeito/pescando sardiñas a eito”, c)
tamén neste mesmo senso coma arreo,
…traballaban a eito.
Pero isto non che debe de ter nada que ver.
O 30 de marzo do 1.966, o corresponsal do
“El Pueblo Gallego” en Palmeira, Andrés
Martínez, fai unha glosa deste lugar típico
de Palmeira, onde se xuntan os vellos e
mozos para falar de todo un pouco e pasalo
tempo o soliño o abeiro do vento reinante.
Pois así comezo o percorrido polo litoral
arousán a procura de este misterioso espazo
do que temos a obriga de enteirarnos, antes
de que sexa demasiado tarde, a qué, ou
para qué, ou por qué desta denominación
toponímica.
Non recordan os vellos de Corrubedo nada
que lles chame a atención desta palabra
polo que continúo hasta.
-
AAIITTÓÓNN,, EEIITTÓÓNN,, OOUUTTÓÓNN MMaannuueell GGaaggoo PPéérreezz ggaaggooppeerreezzmm@@ggmmaaiill..ccoomm
2
AGUIÑO Aquí , que como digo antes, chámanlle OUTÓN, estábache situado onde a día de hoxe está o carro-varadoiro
para o mantemento dos barcos.
Había unhas pedras chamadas “Do Robalo” que separaban a
praia da Tasca da praia de Aguiño (de ves) que agora esta rechea
e serve de cambra para as dornas e planeadoras nos momentos
de inactividade.
Pois ó socaire dese mini promontorio e modorróns das dunas,
xuntábanse o vellos mariñeiros ó abeiro dos ventos
de compoñente norte-leste. Aínda mais, un pouco mais arriba, logo do camiño, había unha fragua dos
ferreiros, Segundo pai e Segundo fillo, de xeito que nos días mais fresqueiros non sería en absoluto de
estrañar que se fosen para aquel penal aproveitando a fuga da
caloriña da fragua.Loxicamente tamén os mariñeiros en activo usaban
de ese abeiro para pasar o tempo nos días en que lles fose imposible
votarse ó mar. Así mesmo, servía para avaliar a evolución do tempo,
“da sasón”, e decidir se era favorable ou non para saír a faenar a ónde
e a qué.
Nestas fotos, a primeira do voo americano do ´56-´57, a seguinte é un recorte dunha mais ampla, antes das
primeiras construcións do que despois será o
varadoiro. Esta a carón foi sacada dende as
mesmas pedras do “Robalo”. O canciño era o
famosísimo “Muchacho” do “Cartagena”. Que
como nos amosan e é lóxico alí tamén se
xuntaban as ringleiras de dornas que a chegada
das faenas mariñeiras, se “subían” mais arriba do
límite mareal a escorrer e estar prontas para o día
seguinte. E o “Muchacho” vixiante.
Dando unha estampa verdadeiramente bonita
para o observador foráneo pero que gardaba
unha experiencia no tratamento das
embarcacións para o seu coidado.
-
AAIITTÓÓNN,, EEIITTÓÓNN,, OOUUTTÓÓNN MMaannuueell GGaaggoo PPéérreezz ggaaggooppeerreezzmm@@ggmmaaiill..ccoomm
3
E hasta estaban dispoñibles para dar unha man cando fixera falta, mais aínda un caso coma o da foto que
tódalas axudas eran poucas. Turrar para arriba dun
barco así non era doado sen moita xente
acostumada ó traballo duro.
A día de hoxe, aínda algúns vellos, para min xa non
tanto pola veciñanza na idade, lle seguen a chamar
OUTÓN ós bancos que teñen na beira rúa do bar de
Emilio, moi cerca do espazo antergo.
En CASTIÑEIRAS, atopámonos con dous:
O primeiro mesmo debaixo da fábrica de conservas dos Martínez Riveiro (hoxe Luou), xusto entre o molle
desta fábrica e o promontorio do Castro.
Como sabemos alí tamén tiñan secadoiro de
peixe.
Era un bo curruncho para acubillo dos ventos de
compoñente sur-sudoeste tan abondosos case
todo o ano e predominantes no inverno.
Esta foto en tódolos sitios que topei sempre ten
o resalto, parece moi ben feito aposta para
sinalar algo concreto e a nos venos moi ben porque o lugar é un dos OUTONS.
O amigo Tucho Parada dime: En Castiñeiras decimos outón. A palabra xa da a entender que e un sitio “outo”
(alto). Os vellos mariñeiros xuntábanse nun lugar abrigado antes de saír para o mar, para falar do tempo -
calquera deses que ti nomeas pode valer-, e despois de cambiar impresións do tema que fose subían a un
lugar un pouco alto para “escoitar o mar”. Ese parte metereolóxico case nunca fallaba. En Castiñeiras soía ser
no monte do Castro, en Palmeira supoño que sería no Castelo. pero como digo, antes buscaban un sitio
abrigado para litricar. Si ó escoitar o mar, ou ver como estaba o ceo, xa sabían o tempo que tiñan ese día, e
decidían saír ou non. O monte da Curota era un bo referente, pois polo tipo de nubes que tiña no cumio -pois
non solo escoitaban o mar-, tamén o ceo lles daba cadras. Un exemplo: si as nubes se desfacían moi rápido no
-
AAIITTÓÓNN,, EEIITTÓÓNN,, OOUUTTÓÓNN MMaannuueell GGaaggoo PPéérreezz ggaaggooppeerreezzmm@@ggmmaaiill..ccoomm
4
cumio da Curota, á saída do sol había un lestada “quenindiós”. Eiche de pasar uns escritos de como os vellos
sabían que tempo facía.
O outro estaba entre o bar da Taísta (casa branca co pinche frontal) e o bar da Praia (o de Primero). En
fronte había un terraplén de terra para poder baixar a praia e que nalgún tempo tamén foi secadoiro de
peixe ou polbo.Tamén, as voltas, cando cheiraban “un
equinosio”, servíalles de rampa para subir as dornas hasta
a estrada por un se a caso, tamén cando tiñan a
necesidade do seu mantemento.
Nesta outra
instantánea do
amigo Tucho
Parada Un
mariñeiro
alquitranando
a súa dorna.
E outra mais, a dereita, do mesmo cronista gráfico, a quen tanto lle
debemos, “grupo de vellos no outón” , vémolos “arreglando o
pais”, entre eles o tío José o Piloto, Cafúa e o tío Francisco. Están na
estrada na porta do bar da Taísta
-
AAIITTÓÓNN,, EEIITTÓÓNN,, OOUUTTÓÓNN MMaannuueell GGaaggoo PPéérreezz ggaaggooppeerreezzmm@@ggmmaaiill..ccoomm
5
E a derradeira, temos os dous OUTÓNS de Castiñeiras.
Parladoiros nos que de
seguro aparte das
aventuras e desgrazas
correspondentes a cada
un, vaite ti a saber cantas
delas eran verdade!,
tamén se estarían a
aquelas de amañar o país.
Uns días serían mais populosos que outros de maneira que cando chegarían de volta a casa, “a patrona1” lles
preguntaría se estiveran con moitos alí e eles lle repotarían “aínda éramos callados2”.
Na Ameixida non lle chamaban así porque onde se xuntaban
era na “esquina do almacén”. Pero isto só lles valía para as
suradas porque coas lestadas tíñanse que meter na rampla
ou na praia pegados o arranque do molle, ou tamén dentro
do propio almacén onde o convertiran en depósito de
dornas, e se non, ala! para o bar do Noruego.
Na foto debeuche ser un día de moita xuntanza porque
habíache xente abondo tanto arriba, coma na praia.
Poderíamos dicir mais que “callados”.
1 “Patrona” voz moi usada nos ambientes mariñeiros para referirse a ama de casa ou a muller propia.
2 “Callados” tanto en Aguiño pero mais en Castiñeiras e a Ameixida, palabra que significa Varios bastantes, en
abondanza, etc.
-
AAIITTÓÓNN,, EEIITTÓÓNN,, OOUUTTÓÓNN MMaannuueell GGaaggoo PPéérreezz ggaaggooppeerreezzmm@@ggmmaaiill..ccoomm
6
En RIBEIRA estaba na zona do Castelo, actualmente mais ou menos dende o bar A Fiestra hasta o mercado
municipal, pois era onde o litoral facía un seno logo da laxe
que daba nome ó sitio, (tamén din que houbera algún tipo de
edificación mais ou menos fortificada) e que era un abeiro
natural para o mal tempo do sur e suroeste.
Se ademais, logo lle fixeron o que seguramente foi o primeiro
dique-molle desta vila, que dúbida cabe que os obxetivos,
tanto de abeiro coma de porto de operacións , estaba ben
acadado.
O curioso é que este peirao , xa que tamén servía coma lugar
de descarga, pois acadou que unha volta cando estaba
chegando un barquiño mercante para atracar, rozou nunhas
pedras que estaban cerca da cabeza deste
espigón, facéndolle unha vía de auga.
Como puideron, amarrárono e
descargárono a toda presa, antes de que
afundise, levando a carga para un
almacén de salga en desuso que era do Sr.
Rivas (avó do actual alcalde, casado con
unha Colomer e a casa estaba pola outra
banda da rúa coa horta que foi a primeira
Frinsa e hoxe e unha gran praza con
aparcamentos).
Este almacén, logo foi causa de un
acordo/transacción entre o dono e o Concello, con
cláusula de ser lonxa-praza de peixe, deste xeito temos
o primeiro espazo do municipio para esa función e
desde aquela aínda segue a ser (o lugar) o mercado
municipal recentemente reconstruído.
Como ía dicindo, o barco mercante tiña de nome
Colón, debeuche estar unha chea de tempo alí varado
estorbando sen darlle solución e deste xeito a xente
empezoulle a chamar a este dique “o muelle do
Colón”, que logo derivou en “de Colón” hasta hoxe.
Grazas o amigo J.Fez. Prol que me acaba de pasar esta foto
de cando os barcos atracaban no Eitón, nos podemos albiscar
un chisquiño como era ese recuncho.
-
AAIITTÓÓNN,, EEIITTÓÓNN,, OOUUTTÓÓNN MMaannuueell GGaaggoo PPéérreezz ggaaggooppeerreezzmm@@ggmmaaiill..ccoomm
7
Cóntame o amigo Juan Pérez Pérez (o do Julimar) que
era veciño de unha desas casas do lugar, que cando
fixeron o primeiro recheo no EITÓN, os vellos tivéronse
que marchar para Bandorrío.
E tamén grazas a moi estimada colaboración e
asesoramento de seu curmán Chenel Lustres, puiden
facer estas reproducións de cómo podería haber sido o
lugar antes dos recheos sucesivos. Nas dúas fotos
orixinais das que parto, ai unhas casotas xunto onde eu
puxen o peirao “do Colón”, pero só eran as
chabolas do construtor Rodolfo Lamas que
neses intres estaba facendo o novo, xa “de
Colón”.
E nesta de enriba, aínda se ve a laxe do Castelo
e unha morea de terra coma se estivesen
empezando a rechear e un botiño amarrado de
proa o pequeno dique. O barquiño branco de vapor e mailo da súa proa eran dos chamados “picheles”
porque non tiñan caseta de goberno (Chenel dixit).
E nesta, sacada dende as Carolinas, o fin do EITÓN de Ribeira. A da dereita e unha ampliación dela na que
vemos como se procede a cerre cos dous muros de
contención e os guindastres e casetas de obra. Aínda
se ven barquiños aproveitando os derradeiros
momentos que lle quedaban ó sitio. Tamén
observamos que aínda o peirao dos Canuchos está operativo mentres o de D. Andrés del Río xa so queda a
punta de pedra. Esta foto di que é do ano ´58.
E nestoutra derradeira xa o recheo está consumado,
fin de unha época.
-
AAIITTÓÓNN,, EEIITTÓÓNN,, OOUUTTÓÓNN MMaannuueell GGaaggoo PPéérreezz ggaaggooppeerreezzmm@@ggmmaaiill..ccoomm
8
En PALMEIRA, é practicamente o único sitio que conserva este nome a beira do mar seguramente porque as
modificacións do espazo foi, menosmal, mais ben
escasa hasta fai ben pouco.
Aquí tamén coincide, o mesmo que no anterior, a
viciñanza dunha pedra nomeada Castelo e que no
medievo tuvo a súa fortificación. Un dique de acceso
a este ex-castelo dou coma protección para estas xentes das suradas a esta praia e tamén das nordestadas
na banda da praiña do Baluarte, polo que coido que podería haber sido a orixe do nomeamento.
A pesares das sucesivas modificacións do
espazo, ai que dicir case sempre do mesmo
xeito, no perxudicaron dunha forma mais ou
menos sensible, a fisonomía do litoral. A
contorna segueu sendo sempre hasta a
derradeira, non fai moito en que non so
afectou o Eitón, senón tamén a contigua praia
da banda norte, a praia de Cruces, que quedou
desaparecida debaixo das toneladas de todo o
que fose para acadar o actual xardín e estrada
de acceso a este porto.
Os nosos vellos fan un alto de contar as súas
“medias verdades”, para o pousado da foto e
logo seguramente seguirían contando
cadansúas aventuras polo mundo adiante a
ver que na metía mais gorda. Entrañable foto
e emoción ao recordalos: o tío Tomás o Tato,
o tío Eduardo Argibay (de Ubalda), o tío
Salvador Santos e o tío Enrique o Marino (ou
Panelo). Sentados nun talleiro a porta do bar
Miramar, a dicir deles “o da Raspa”. Ten pinta de haber sido unha mañán de domingo
-
AAIITTÓÓNN,, EEIITTÓÓNN,, OOUUTTÓÓNN MMaannuueell GGaaggoo PPéérreezz ggaaggooppeerreezzmm@@ggmmaaiill..ccoomm
9
Neste recheo podemos ver, grazas coma sempre a “Mengucho”
(Domingos Regueira) o derradeiro carpinteiro de ribeira do pobo
recravando unha dorna, o señor González o Panelo, que aínda que
non foi un mestre propiamente dito, si estivo sempre no oficio, ben
en por sé, reparando embarcacións, ou con outros coma o mestre
coñecido coma “ Manuel o Madrileño”, tamén palmeirán.
Na POBRA do CARAMIÑAL, un, do que teño novas moi recentes, foi o comentario da amiga de F.B. María
García Santiago do Campiño que me di que seu avó íase xuntar
cos outros vellos do lugar ó EITÓN, onde era?, pois moi a carón
da casa deles, na pista que vai dende a xeral AC-305 hasta a
Mirandela, xusto na bifurcación que fai outro ramal que toma
para a Torre de Xunqueiras.
Pois ben, alí había un muro, coma case todos ensilveirado pero
que servía de abeiro para os vellos parlotear a espera de que
os chamasen da casas de cada un. A primeira toma é do ´56 e
non se aprecia tan ben.
Na segunda, do ´73, xa empeza a haber mais casas, no estremo
inferior xa vemos un cachiño do bar do Cacharoto, hoxe Bar-
Restaurante-Hotel Campiño. No vértice esa parte mais escura
era unha canle dun regueiro que baixaba “dende alá darriba”,
escoitando un veciño do lugar, logo aí cruzaba o
camiño da Torre, hoxe canalizado, loxicamente.
-
AAIITTÓÓNN,, EEIITTÓÓNN,, OOUUTTÓÓNN MMaannuueell GGaaggoo PPéérreezz ggaaggooppeerreezzmm@@ggmmaaiill..ccoomm
10
E supoño que o muriño-aitón debeu ser a franxa branca que os abrigaba dos ventos norte e nordeste.
E xa na propia vila, xúrdenos o mesmo enigma que nos dous precedentes, ou sexa a veciñanza entre o
Castelo e o EITÓN, coma se fose algo que tivesen en común aínda que fose só circunstancial.
Nembargante, tanto nos outros dous, así coma
nos seguintes, agás Escarabote, no se da esta
circunstancia, polo que me da de non atribuírlles
relación algunha.
Aquí este espazo estaba no último treito litoral
“urbán” contra o norte, no que se coñece coma
“A Cobecha”.
Eran un promontorio de pedras nos que se
formaba unha furniña con praia pero con unha
cabida minúscula para un par de embarcacións
coma moito. Tamén se da o caso, coma en
Aguiño, de ter a carón unha fragua, que sempre
lles serviría nos días de maior penuria frioleira,
coma acubillo dependendo do carácter de este
artesán.
Na foto podemos, malamente, apreciar este
Eitón, que hoxe está sepultado baixo a nave das
traíñas e piraguas (mais ou menos).
E coma nos outros servía de varadoiro para o
mantemento das pequenas embarcacións dos
mariñeiros da Cobecha, e parladoiro-observatoiro
de vellos, ou mozos mariñeiros. De tódolos xeitos
coido que o Eitón non sería só esa minúscula
fenda, que ademais dependía da marea, polo que,
segundo eu, o termo sería as paredes das casas, a
fragua e tamén a praia o socaire do promontorio
pola parte sur, xusto onde acababa o pretil da
estrada xeral e estaba a
baixada a praia.
-
AAIITTÓÓNN,, EEIITTÓÓNN,, OOUUTTÓÓNN MMaannuueell GGaaggoo PPéérreezz ggaaggooppeerreezzmm@@ggmmaaiill..ccoomm
11
En ESCARABOTE, grazas ao amigo Diego Suárez Torrado e Manolo Agrelo Blanco (palmeirán), encontreime
con tres lugares con este nome, un nunha praia do
Conchido outro que non era un terreo na praia se non
un alargo nunha corredoira que ía dende a estrada
principal hasta a praíña da Gavoteira e xa o último na
praia de Peralto .
Aquí, coma en tódolos demais, eran lugares de
xuntanza da senectude e mais dos que non chegaran a
esa etapa. Non só observaban a sazón se non que
tamén o modo, que era palabra con que se coñecía
neste pobo o comportamento das aves mariñas,
gaivotas., charráns, corvos, etc. e deste xeito dáballes
unha indicación de cómo podería ir a pesqueira.
Tamén era lugar de encontro para os mariñeiros
enrolados na Pisbe e na Pebsa, cando estaban de
vacacións das súas campañas terribles o bacallau nos
bancos do Gran Sol, Islandia ou Terranova, nesta
poboación que contaba con unha
boa parte dos seus mozos nesas
flotas.
O primeiro, empezando pola
banda do sur, é o do Conchido. O
lóxico punto de reunión era ó
socaire de uns pedrolos que se lles
chama O Puntal.
Pola banda do sur era un agocho
do vento de compoñente norte e
leste. Pola do norte facía un
pequeño molliño natural moi
abrigado para os ventos do sur e que logo os “vellos
daquela” (este “daquela” é de fai xa moitos anos,
dime Luís Outeiral, O Latoneiro) como a entrada do
abrigo tiña unhas pedras que lles estorbaban, deron
en rompelas e logo coa axuda de barriles,
aproveitando a suba da marea, carrexabanas para
arriba e melloraran o atracadoiriño e mais
escaleiras para o acceso.
-
AAIITTÓÓNN,, EEIITTÓÓNN,, OOUUTTÓÓNN MMaannuueell GGaaggoo PPéérreezz ggaaggooppeerreezzmm@@ggmmaaiill..ccoomm
12
Agora para recordar aqueles tempos “daquela”, o Concello púxolles ós veciños do lugar, uns talleiriños para
que sigan acurrutándose ó sol morniño do inverno a
recordar vellos tempos.
No do centro, entre os dous muros de ámbalas dúas
beiras da corredoira, producíase un pequeno
ancheamento que servía de “ruedo ibérico” moi abrigado
dos dous ventos predominantes e con moi boa vista ó
mar.
Tamén estaba, facendo esquina coa estrada principal, a
taberna de Pinfó que complementaba o servizo de xuntanzas. Ademais aproveitaban o sitio para, de vez en
cando, neste pequeno curral xogar a chave.
Curiosidade, pois cóntama Diego, fillo do taberneiro, que me di que nas escrituras do catastro o solar figura
coma “lugar del Castelo”, aghárrate!!.
Consultando algunhas fontes sobre este asunto, ninguén me da resposta, só a posibilidade de algunha casa
mais importante que as outras, ou torre de atalaia, ou tamén, una casa mais ou menos “fortificada” coma
podería ser a do recadador da Mitra, que de seguro habería algunhas ocasións que riscarían o asalto co
cabreo dos, xa de por si, esquilmados pescadores polos abusivos impostos que non perdoaba quen predica o
perdón e a esmorga.
Como vemos nesta parroquia os representantes
públicos tiveron a brillante idea de conservar a súa
toponimia dándolle o nome oficial a esa rúa. Ben
por eles!
O que se encontraba mais no estremo norte da parroquia,
ou sexa na praia do barrio de Peralto, nunhas pedras que
logo quedaron cubertas cando a fábrica de conservas de
Escurís. Seguramente son as que se aprecian detrás dese
muro de pedra na foto que “collín” de Boiro Histórico.
Tamén se lle coñecía coma “o muro de Clemente” e
nestoutra cedida polo amigo Manolo Castro (do
-
AAIITTÓÓNN,, EEIITTÓÓNN,, OOUUTTÓÓNN MMaannuueell GGaaggoo PPéérreezz ggaaggooppeerreezzmm@@ggmmaaiill..ccoomm
13
Pescadería), vese o sitio onde era este EITÓN, sinalado coa frecha vermella.
Dende aquí xa deberon “outear” a chegada da famosa balea que varou na praia de Peralto e que dou pé a
tantas historias e a aquela famosa copla que xa temos reproducido en “os peiraos de madeira na Ría da
Arousa”.
E quen sabe se xa tamén foron quen de albiscar e avisar o resto dos parroquiáns da entrada no esteiro do río
Coroño dunha ducia de arroaces aló a mediados do 1700,
que nos conta o padre Sarmiento nas súas andanzas por
estas terras coa intención, di, de persuadir os pescos de non
matalos, pero…
“Hablándole de la ceguera de los arroaces (pensábase que
perdían vista no mes de xullo), dijo que él había visto doce
arroaces juntos que habían entrado en la boca de aquel
riachuelo de Goyanes que desagua en la lengua de agua de
la casa de los Camaños. Que allí habían quedado, al bajar el
mar, casi en seco y que a todos los doce los mataron allí a palos y los utilizaron. Él ha sido testigo de vista.
Non che eran tempos de andar con murgas e tiquis-miquis a hora de aproveitar todo o que se puidese levar a
boca.
No resto da banda norte da Ría xa non encontro mais, agás algo que me comentan sobre un lugar de
Abanqueiro que lle chaman o “Outeiriño”, pero aquí o nome fai referencia o seu propio uso.
É un sitio nun altiño a onde os vellos e os parados, mais ou menos crónicos daquela, se subían para “outear”
a abra de Rianxo e así saber se as lanchas que saían o mar poñían rumbo a estas praias e deste xeito botar
unha man nas faenas de pesca (aquí eu supoño que sería a rapeta, xábega ou outra arte semellante), deste
xeito o armador, ou patrón, sempre lles “tiraría” algún peixe das capturas e eles poderían levar algo para
botarlle enriba as ascuas das lareiras bastante minguadas.
-
AAIITTÓÓNN,, EEIITTÓÓNN,, OOUUTTÓÓNN MMaannuueell GGaaggoo PPéérreezz ggaaggooppeerreezzmm@@ggmmaaiill..ccoomm
14
Hasta chegar O Carril.
Aquí era nos tempos en que aínda non había a estrada xeral a Padrón pola beiramar e as casas daban
direitamente a praia, o mar
chegaba hasta o local do Gato
Negro onde tiñan chantado a carón
un cruceiro que os mariñeiros
aproveitaban de bita para amarrar
os barcos. Pois foiche por mor desta
teima que con un temporal, un
galeón que estaba alí amarrado,
dunha lascada tirou co cruceiro o
mar caendo o fondo o cristo e
nunca fixeran tal que dende aquela
os pobos veciños alcumáronos de
“AFOGA CRISTOS” e xa lles quedou para toda a vida.
O EITÓN non era xusto na praia, senón dentro da poboación, entre as rúas Da Cruz e Aduana, aínda que cabe
supor que a distancia ó mar no tempo sen recheos era moito mais
cerca xa que a praza principal e gañada ó mar e pola banda do oeste,
quizais mais a carón seguramente.
A Primeira foto é do ano 1.945, xa se recheou a parte do ponente
onde hoxe hai un parque, a lonxa e ultimamente os diques
flotatantes para as planeadoras.
Na seguinte, xa do ´73 aínda
non se aprecian grandes
cambios.
Neste espazo xuntábanse as
xentes a parlotear, atar as redes, etc. Tamén me din que se
representaban as “comedias”, do que se deduce que era o lugar de
actuación dos titiriteiros no seu recorrido de parroquia en parroquia
por toda a bisbarra coa chegada do bo tempo.
O que me resulta chocante é que de tódolos titiriteiros só
recordan, e falín con uns cantos veciños, o nome de “la
pequeña Pinky”, cando sabemos que formaba parte de unha
“trupé” onde a copleira/cupletista Olivia Sensi e o seu marido
o paiaso Freddy eran os xefes e pais da prestixiosa cos naipes
a miúda louriña Pinky.
Lugar de tomar un grolo, case sempre había algún, era a
taberna do Macantoxo (na corredoiriña que indica a frecha), que tan famoso foi que hasta lle compuxeron
algunha que outra copliña das súas andanzas.
-
AAIITTÓÓNN,, EEIITTÓÓNN,, OOUUTTÓÓNN MMaannuueell GGaaggoo PPéérreezz ggaaggooppeerreezzmm@@ggmmaaiill..ccoomm
15
Como os tempos mudan, as xentes e os lugares tamén, os maiores de hoxe buscan os novos parladoiros que
as funcións públicas lle facilitan e, de paso, quentalos osiños
neste “novo eitón” no paseo marítimo da praia de
Compostela
Logo teño que chegar hasta VILANOVA DE AROUSA para
tropezar con outro, que tamén foi dos afectados polos
recheos.
Estaba na zona do Castro por detrás do almacén de salga dos
Lafuente.
Nas fotos aéreas vellas podemos ver que era un cachiño de praia, coma case
que sempre, moi abrigadiño dos nortes e nordestes.
Logo empezaron os recheos deste golfiño que facía o mar entre Vilanova e
Vilamaior que chegaba hasta onde hoxe está o grupo escolar.
Na segunda foto xa vemos como comeza o recheo e xa con algunhas novas
construcións ocupando este novo
espazo pero o noso EITÓN resiste
o embate do puñeteiro vicio dos
recheos.
A día de hoxe xa só resiste un par de edificacións vellas que mais
nos semellan chouzas que vivendas, aínda que algún día o fosen.
Preguntei “na dos vellos”, alí mesmo, e un deles moi amable,
saeu fora e indicoume: “Aí, aí mesmo onde esta esa casiña coa
roupa tendida o sol, no inverno cando facía vento frío do norte
acurrunchábamonos a tomar o soliño”.
Ai que tristemente
recoñecer que nalgún
daqueles tempos para os nosos devanceiros era o único xeito de
“probar algo quente”.
-
AAIITTÓÓNN,, EEIITTÓÓNN,, OOUUTTÓÓNN MMaannuueell GGaaggoo PPéérreezz ggaaggooppeerreezzmm@@ggmmaaiill..ccoomm
16
A seguinte poboación onde encontro estes lugares de acougo e a ILLA DE AROUSA.
Neste concello atópome tres lugares con este cometido:
O primeiro na praia da Abilleira que debido a algún pequeno
recheo quedou modificado. Había un pequeno almacén de salga
que lles servía de paraventos entre os cachiños de praia e uns
cons, a foto aérea é do 1.945. Hoxe fai unha recollida praciña
cuns talleiriños para que as persoas maiores teñan aínda onde
xuntarse polos seransiños. O amigo José
Ramos, que me levou hasta alí, díxome
que se fose as seis da tarde polo lugar
seguramente encontraba os bancos
ocupados.
Logo mais xa no cetro da vila temos o
do Campo, que este xa era un centro de
actividade non só social senón tamén
industrial e comercial. Pero, coido eu, era un EITÓN alternativo complementario o do Nabal. Explícome: os
dous tópanse en cadansúa banda dun
hipotético itsmo (estou a esvarar) que nalgún
tempo formouse un espazo dunar que acabou
unindo dúas illas, pois ben, así temos unha
banda do sur ( O Campo) protexido dos ventos
do norte e unha parte norte protexida dos
ventos do sur ( O Nabal). Deste xeito os
carcamáns teñen sempre unha alternativa a
tempeira3.
O EITÓN da banda do sur, ou sexa O Campo,
sen estar ben definido, podería ser o socaire
dos almacéns onde hoxe está o edificio do concello pero
tamén onde está o peirao de pedra, a segundo a xuntanzas
e querenzas das cuadrillas porque tamén se xogaba a algún
dos xogos moi populares en toda a bisbarra, a chave,
cartas, etc.
3 Verba xa perdida que diferenciaba o “tempo”= “Chronos” do “tempo”=”Meteo”
-
AAIITTÓÓNN,, EEIITTÓÓNN,, OOUUTTÓÓNN MMaannuueell GGaaggoo PPéérreezz ggaaggooppeerreezzmm@@ggmmaaiill..ccoomm
17
Hoxe aínda segue a ser punto de reunión dos maiores nos talleiriños posto nas aceiras fronte o mar,
maiormente os días de norte e nordés.
Un deles a carón co actual edificio do Concello (antes
almacéns de salga) e outros na para za do Campo, ou sexa case
toda a rúa Valle Inclán, mais ben entre o peirao de madeira de
Goday e o de pedra no Campo.
E mais polo noroeste, xa como antedito, pola banda do Nabal, temos outro que era no muro do almacén de
salga da Sra. Lola “A Francesa”na foto aérea do ano 1.956 e que como vemos na foto actual, segue a ser
lugar de parladoiro, maiormente cando o vento tira de compoñente sur coma o mesmo día en que tirei a
foto e que alí che estaban uns cantos mantendo
a herdanza da boa costume de parlotear ao
soliño.
Pois ben, grazas os amigos que colaboraron
axudándonos a todos a coñecer un pouco mais as
vidas dos nosos antergos inmediatos nas
pequenas cousas cotiás en que eles pululaban,
deste xeito, logo de este “estudo” podemos concluir, independentemente da orixe desta voz, que se trataba
de un curruncho mais ou menos recollido, case sempre coma observatorio mariño, pero sobre todo coma
abeiro do norte-nordés onde as xentes, maiormente os vellos adoitaban reunirse en parladoiro, ou sexa,
levado a termos actuais, “un centro de día”.
-
AAIITTÓÓNN,, EEIITTÓÓNN,, OOUUTTÓÓNN MMaannuueell GGaaggoo PPéérreezz ggaaggooppeerreezzmm@@ggmmaaiill..ccoomm
18
Consultada a R.A.G., non me souberon aclarar ren, ó meu modesto entender, puxéronme uns exemplos de
un traballo literario sobre ir “polo camiño do outeiro”, “subirse o outeiro” alá por Bembribe, en referencia a
un alto pedreiro daquela parroquia viguesa, pero do que estamos a tratar non é nun alto, agás un en
Escarabote, ou tamén o do Campiño (anque están mais altos que o nivel do mar, pero non son lugares
especialmente elevados), nembargante a utilidade non era propiamente esa (a de outear), aínda que tamén,
xa que nivel mais baixo que o da marea, imposible.
Doutra banda, tráenme comentarios de filólogos e dinme que posiblemente ven de eiteiro. Pode ser xa que
eiteiros hainos por todas partes e por qué non a carón do mar. De aí podería xurdir un abeiro que servise de
acubillo e se este acougo fose o suficientemente grande, derivase en EITÓN. Asemade, non debemos
esquecer que tamén temos AITÓN E OUTÓN para a mesma acepción, polo que me resulta abastanza pouco
doado aceptar esta evolución.
Non estaría demais que se algún lector nos achegase algunha luz a este topónimo, ós que gustamos de estas
cousas lle quedariamos moi agradecidos.
Loxicamente van desaparecendo coma tales grazas o estado de benestar que nos permite poder estar mais
acougados en locais confortables e non nos faltan unhas calderillas no peto sen ter que estar ó socaire de
ningún muro senón pola casualidade propia do momento.
E xa postos, non estaría demais que as autoridades locais tiveran en conta estes recordos e dotasen estas
praciñas, ou onde estiveran, con as respectivas indicacións para non perder a memoria do que un día foron.
Agradecementos:
Tucho Parada, Juanito Parada, Ciprián Regueira e Juan Fdez. Prol en Aguiño e Castiñeiras; Chenel Lustres e
Juan Pérez, en Ribeira; Mengucho Regueira en Palmeira; Mª José García, hirmáns García Seijo e José Rey na
Pobra; Diego Suárez Torrado, Manolo Agrelo, Manolo Castro , José Rey e mais algún outro veciño en
Escarabote; Teté e Ramón Abelenda (Moncho Pasensia) e algún outro veciño, en Carril; Luís Iglesias e outro
veciño, en Vilanova; José Ramos Pillado ( O Palmeirán) e outros veciños na Illa da Arousa.
top related