fondo europeo de desenvolvemento rexional “unha...
TRANSCRIPT
FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL “Unha maneira de facer Europa”
MANUAL DECOMPOSTAXE DOMÉSTICASEPARA A MATERIA ORGÁNICA PARA QUE A POIDAMOS RECICLAR
@GaliciaSostible
TRANSFORMANDO RESIDUOS EN NOVOS RECURSOS
PENSA EN CIRCULAR
ABONOPARA AS
NOSAS
LEIRAS
MANUAL DE COMPOSTAXE DOMÉSTICAÍNDICE
4455667
1012121314151617181920202222
Depósito legal C1784-2019
Impreso en papel reciclado
3
1. Introdución 1.1 A materia orgánica: residuo ou recurso? 1.2 A bolsa do lixo de Galicia 1.3 Separar e reciclar: unha obriga legal2. O proceso de compostaxe 2.1 Pechar o círculo 2.2 Que se pode compostar? 2.3 Factores que inflúen no proceso de compostaxe3. A compostaxe doméstica 3.1 En que consiste? 3.2 Materiais necesarios 3.3 Colocación, uso e manexo do composteiro 3.4 Tarefas a realizar 3.5 Extracción do compost maduro 3.6 Aplicación do compost4. Solucións posibles5. Dúbidas frecuentes6. Referencias e recursos 6.1 Documentos 6.2 Páxinas web 6.3 Recursos audiovisuais
1.1 A MATERIA ORGÁNICA: RESIDUO OU RECURSO? 1.2 A BOLSA DO LIXO DE GALICIA
En Galicia, máis do 40% do total de residuos domésticos xerados no fogar corresponde a restos de alimentos, residuos da cociña, e restos vexetais, estes últimos procedentes da limpeza de zonas verdes.
Este tipo de residuos orgánicos presentan a característica de ser biodegradables, isto é, de descompoñerse naturalmente pola acción de micoorganismos. Se as condicións de temperatura, humidade e aireación na que se desenvolven son axeitadas, estes microorganismos degradarán os residuos de partida reducindo o seu tamaño e liberando os nutrientes e elementos fundamentais que os conforman.
O proceso de descomposición controlada dos residuos orgánicos, coñécese como compostaxe, e o produto rico en nutrientes que se obtén como resultado da mesma denomínase compost.
A Directiva europea de residuos establece:
1.3 SEPARAR E RECICLAR: UNHA OBRIGA LEGAL
O 42% do peso da bolsa de residuos que se xera en cada domicilio de Galicia corresponde a materia orgánica.
A materia orgánica e os nutrientes que contén o compost, procedentes dos residuos de partida, permiten o seu uso como abono orgánico, mellorando as propiedades dos solos.
A materia orgánica é un elemento clave para os solos xa que condiciona a súa aptitude para o cultivo, a súa fertilidade e o mantemento desta ao longo do tempo. Polo tanto, a achega de compost ao solo permitirá aumentar a cantidade de nutrientes dispoñibles para as plantas á vez que mellorar a estrutura do solo, favorecendo deste xeito o desenvolvemento das raíces, a retención de auga e a resistencia fronte á erosión.
4 5
1. INTRODUCIÓN
42%
6%
15%
Materia orgánica
Vidro
Envases lixeiros
Resto
Residuos domésticos% en peso
19%
18%Papel-cartón
Acadar, para o ano 2025, unha taxa de reciclaxe do 55%
Establecer a máis tardar o 31 de decembro de 2023, a recollida ou xestión
separada dos residuos orgánicos en todos os concellos.
2.1 PECHAR O CÍRCULO
O primeiro paso, e o máis importante, para levar a cabo o proceso de compostaxe é separar correctamente os residuos orgánicos que xeramos nos nosos fogares. A obtención dun compost de calidade depende directamente desta separación en orixe.
Aplicando o compost producido, como abono para o cultivo de novos alimentos, pechamos o ciclo da materia orgánica.
2.2 QUE SE PODE COMPOSTAR?
Todos os residuos orgánicos xerados nos nosos fogares poden ser compostados. Porén, hai certos residuos orgánicos que presentan máis dificultades para seren degradados polo que deben engadirse ao composteiro en cantidades moderadas. Por outra banda, algúns residuos orgánicos poden reducir a calidade do compost final polo que se recomenda evitar a súa achega ao composteiro doméstico.
MATERIAIS COMPOSTABLES SEN RESTRICIÓNS
21
Para que o proceso de compostaxe se desenvolva axeitadamente, débese de mesturar unha parte de residuos secos por cada dúas partes de residuos húmidos.
MATERIAIS HÚMIDOS OU “VERDES”
Restos vexetais de cociña
Restos de froitas e verduras
Restos de pasta ou arroz
Alimentos caducados
Pousos de café ou infusións
Restos da colleita
Flores
Esterco de animais de granxa ou corral (galiñas, coellos,
ovellas, cabalos, …)
1 parte de material seco por cada 2 partes de material húmido
6 7
MATERIAIS SECOS OU“MARRÓNS”
Pólas de pequeno tamaño
Follas secas
Lascas de madeira
SerradurasRestos de poda triturados
Palla
Panos de papel usados
Cascas de ovo e de froitos secos
Ósos de froita
2. O PROCESO DE COMPOSTAXE
SEPARAR EN ORIXE1 COMPOSTAXE2
APLICACIÓN AO SOLO3PRODUCIÓN DE NOVOS ALIMENTOS
4
O CÍRCULO DA MATERIA ORGÁNICA
2.2 QUE SE PODE COMPOSTAR? Son demasiado ácidas e desprenden resinas tóxicas que ralentizan o
proceso.
O céspede presenta un elevado contido en auga. De querer xestionar o
céspede no composteiro, recoméndase ir introducíndoo pouco a pouco, en
capas finas e cantidades pequenas. É moi aconsellable deixalo secar
previamente fóra do composteiro.
Recoméndase non engadilas. É preciso ter presente que todo o que se
introduce no composteiro convértese en compost e será empregado para
fertilizar, polo que as susbtancias nocivas que conteña acabarán no solo e
nos cultivos.
Se se acumulan grandes cantidades destes residuos no composteiro
poden aparecer problemas de acidificación do compost. Podería correxirse
engadindo cinza ou cal.
Son de descomposición moi lenta e poden atoparse no compost final co
mesmo tamaño ca cando se introducen no composteiro. A súa presenza
non ten ningún efecto negativo pero pode dificultar a aplicación do
compost. Pódense engadir ao composteiro se se trituran previamente.
As sementes de tomate teñen unha elevada persistencia. Se non se
acadan altas temperaturas durante periodos prolongados de tempo, é
posible que medren plantas non desexadas de tomate onde se aplica o
compost.
MATERIAIS A EVITAR
Pólas de coníferas:
Céspede:
Plantas tratadas con pesticidas ou moi enfermas:
Cítricos e restos de piña:
Cunchas de moluscos,ósos grandes e tapóns de cortiza:
Tomate:
8 9
Os residuos secos ou marróns, como por exemplo os restos de xardín, compostan lentamente, pero producen ácidos húmicos que contribúen a unha maior calidade do compost final. Pola súa banda, os residuos húmidos ou verdes, como por exemplo os restos de comida, presentan un maior contido en nitróxeno, o que fai que a súa degradación sexa rápida, acelerando o proceso de compostaxe.
Así e todo, unha achega moi elevada de residuos húmidos ou verdes podería provocar a aparición de problemas de malos cheiros.
Recoméndase ter sempre dispoñible residuos secos (ou marróns), tales como follas secas ou restos de poda, co fin de compensar as achegas de residuos verdes, que xeralmente son as que máis abundan. Co paso do tempo, se o composteiro se mantén activo, a cantidade de residuos secos que haberá que achegar será menor xa que, debido á súa lenta descomposición, permanecerán no composteiro durante máis tempo ca os residuos húmidos que, por ser máis ricos en nitróxeno, compostarán moito máis rápido.
Restos de carne Produtos lácteos Produtos graxos
Zumes caducadosRestos de panÓsos e espiñas (de pequeno
tamaño)Cartón sen tinturas,
en anacos
Cinza de madeira sen tratarRestos de cabelo e pelo de animais
Restos con vinagre ou aceite crú Restos de cogumelos ou musgo
Restos de peixe
MATERIAIS A ENGADIR EN PEQUENAS CANTIDADES
10 11
2.3 FACTORES QUE INFLÚEN NO PROCESO DE COMPOSTAXE
Para que o proceso de compostaxe se desenvolva axeitadamente será preciso mesturar os restos de comida (residuos húmidos ou verdes) con materiais secos ou marróns (follas secas, pólas de pequeño tamaño, palla, restos de poda triturada). Estes materiais secos denomínanse “estruturante” e a súa función é mellorar a aireación dos residuos no interior do composteiro, evitando fermentacións anaeróbicas.
Recoméndase introducir no composteiro unha parte de material seco por cada dúas partes de restos húmidos, e remexer a parte superior do composteiro (uns 20 cm) evitando a compactación dos residuos.
AIREACIÓN
A auga é un elemento esencial para o desenvolvemento da actividade microbiana e un factor clave no intecambio gasoso.
O nivel de auga óptimo para o proceso de compostaxe atópase entre o 50 e o 60%.
Un contido de agua máis elevado provocará a saturación dos poros, limitando o intercambio de gases e a achega de osíxeno ao proceso. Pola súa banda, niveis baixos de auga limitarán o desenvolvemento dos microorganismos que realizan a compostaxe.
Para verificar se o nivel de humidade é axeitado, pódese empregar o denominado "método do puño". Este método consiste en tomar unha mostra do material do interior do composteiro e apretala no interior do puño dunha man. Se, ao abrir o puño, a man se humedece pero non escorre a auga entre os dedos, o nivel de humidade será o idóneo.
O tamaño de partícula determina a porosidade da mestura dos residuos que se atopan no composteiro e a superficie de contacto entre estes residuos e os microorganismos responsables da compostaxe. Un tamaño óptimo para os restos a compostar oscila entre 2 e 5 cm. Esta dimensión permite que os microorganismos teñan unha ampla superficice de contacto co residuo á vez que favorece o axeitado intercambio gasoso.
TAMAÑO DE PARTÍCULA
Auga
HUMIDADE
A compostaxe doméstica ou individual é un modelo de compostaxe que se realiza a pequena escala. Trátase de que cada familia xestione na súa propia casa os residuos orgánicos xerados na cociña, horta e/ou xardín da vivenda.
O compost producido destinarase á súa aplicación nos solos (espazos verdes ou de cultivo) das mesmas vivendas.
O proceso de compostaxe non require tecnoloxía sofisticada. É un proceso comparable á humificación que se produce de xeito natural nos substratos dos bosques húmidos. Trátase dun proceso biolóxico fundamental para o mantemento dos ecosistemas e da vida no planeta. A compostaxe permite pechar o círculo dos nutrientes posto que a degradación da materia orgánica que se produce durante este proceso, permite devolver ao solo elementos minerais necesarios para o desenvolvemento das plantas.
12 13
3.1 EN QUE CONSISTE?3 A COMPOSTAXE DOMÉSTICA
Como consecuencia da actividade dos microorganismos que interveñen na compostaxe, a temperatura dos residuos experimentará cambios ao longo de todo o proceso. Esta variación da temperatura permite distinguir tres fases no proceso de compostaxe:
- Fase mesófila inicial (4-6 días): os residuos comezan o proceso a temperatura ambiente e nun prazo curto de tempo, a temperatura aumenta ata os 45ºC.
- Fase termófila ou de hixienización (2-3 semanas): tempo durante o cal a temperatura ascende por riba dos 45ºC.
TEMPERATURA
2.3 FACTORES QUE INFLÚEN NO PROCESO DE COMPOSTAXE
Para que se produza a hixienización do compost final e se eliminen os patóxenos, sementes de malas herbas, larvas e ovos de insectos presentes nos residuos de partida, é preciso que se acaden temperaturas superiores a 55ºC durante esta fase.
- Fase de arrefriado ou mesófila final (1 mes): nesta última etapa a temperatura vai descendendo debido á diminución da actividade microbiana.
- Fase de maduración (3-6 meses): Ao finalizar o proceso, a temperatura do compost asimilarase á temperatura ambiente, indicando que o compost está xa maduro e pode ser extraído.
EtapaInicialTemperatura
70º
10ºTempo
FASETERMÓFILA
FASEMESÓFILA - II
FASEMESÓFILA - I
FASE DEMADURACIÓN
Temperaturaambiente
EtapaHixienización
EtapaArrefriado
3.2 MATERIAIS NECESARIOS
Composteiro Aireador Caldeiro
Tesoiras de xardinaría
Regador Peneira (opcional)
Pa
Luvas
14 15
O composteiro debe estar:
en contacto directo co solo para facilitar o intercambio de microorganismos responsables da degradación dos residuos orgánicos, así como para a filtración dos lixiviados que se poidan xerar.
protexido do sol e da choiva.
3.3 COLOCACIÓN, USO E MANEXO DO COMPOSTEIRO
Recoméndase colocalo debaixo dunha árbore de folla caduca para axudar a mitigar os cambios de temperatura que se producen co cambio de estación. Deste xeito, durante o inverno recibirá os raios de sol e durante o verán estará protexido da luz solar directa. Ademais, á hora de seleccionar o emprazamento do composteiro, é preciso ter en conta que, unha vez instalado e en funcionamento, o seu traslado a outra localización será laboriosa.
3.4 TAREFAS A REALIZAR
Separar a fracción orgánica dos demais tipos de residuos xerados no fogar.
1Reducir o tamaño dos residuos a achegar ao composteiro, sobre todo no caso dos residuos marróns.
2
Botar os restos no composteiro, mesturando dúas partes de residuos húmidos cunha de residuos secos.
3Remexer os restos que se acaban de engadir ao composteiro coa capa superior de material que se atopa xa no interior do mesmo.
4
Regar no caso de que o material estea seco.
5Cubrir con follas secas para evitar a aparición de moscas.
6
16 17
TEMPERATURAA temperatura non debe ser superior á temperatura ambiente. De ser superior, significaría que o proceso aínda non rematou.
OLORPresenta un olor agradable, similar ao de terra de bosque.
ASPECTONon se aprecian os materiais de partida. Ten unha cor marrón escura ou case negra.
3.5 EXTRACCIÓN DO COMPOST MADURO
Nun composteiro individual, o compost máis maduro é o que se atopa na parte inferior xa que procede dos residuos que levan máis tempo en descomposición.
Se este compost se atopa a temperatura, non se aprecian nel os residuos de partida, ten cor marrón escura e presenta un olor similar a terra de bosque, pode ser extraído e aplicado ao solo.
Para extraelo, o primeiro paso será abrir a metade inferior dunha das paredes do composteiro. Unha vez aberta, procederase a retirar o compost do interior con axuda dunha pa.
Unha vez extraído, se se desexa, pódese peneirar o compost para que quede máis fino. Neste caso, as partes máis grosas que queden
retidas na peneira poden volver instroducirse no composteiro.
Durante os días previos á extracción do compost recoméndase non remexer toda a morea de material do seu interior, senón unicamente a parte superior, para non mesturar os residuos orgánicos frescos co compost maduro.
3.6 APLICACIÓN DO COMPOST
Pódese empregar o compost como abono, para achegar nutrientes e materia orgánica ao solo en cultivos de horta, flor, plantas, arbustos e árbores. Previamente ao seu uso, se ao extraer o compost do composteiro está aínda moi húmido ou ben contén insectos (formigas, bechos bóla, …) abonda con extendelo sobre unha superficie adecuada, cartón ou tecido antes de aplicalo, e deixalo secar ao sol.
Aplicación como abono
Horta/Xardín
Macetas
Céspede
Árbores
Método Propiedades
Mesturado cos primeiros 15 cm da capa de solo (0,5-4 kg/m2).
Sementeiro
Achega de nutrientes asimilables para os cultivos.
Mesturado a partes iguais con area e terra.
Achega de nutrientes asimilables para os cultivos.
Mesturado de compost, terra vexetal e vermiculita ou perlita a partes iguais.
Achega de nutrientes asimilables para os cultivos.
En primavera, aplicar unha fina capa de 2 cm de espesor en superficie.
Botar unha capa de 5 cm.
Renovación de céspede.
Sementeira do céspede.
Transplante: mesturar a partes iguais o compost e a terra vexetal, compactar o substrato resultante ao redor da raíz e presionar para evitar que queden ocos.
Achega de nutrientes asimilables.
18 19
Problema Causa Solución
Ambiente moi Regar o material do composteiro de xeito uniforme
Falta de osíxeno e/ou exceso de humidade Mesturalo con materiais secos e remexelo ben
Aporte en exceso de material cun alto contido en nitróxeno (ex: carne e pexe)Exceso de humidade
Mesturalo con materiais secos e remexelo ben
O nivel de enchido é baixoEngadir máis cantidade de restos de comida ou do xardín ata acadar as 3/4 partes do composteiro
Material moi seco e que non diminúe de volume
Cheiro a podre
Cheiro a amoniaco
Temperatura baixa
Exceso de humidade Engadir materiais secos e remexer en profundidadeTemperatura baixa
Falta de humidade Regar o material e remexerTemperatura baixa
Restos de comida á vista, sen cubrir
Exceso de humidade
Cubrir ben os restos de comida con restos secos (”estruturante”)
Moitas moscas arredor do composteiro
Larvas de mosca común
Reducir a humidade do material remexendo en profundidade os días que non chova. Engadir materiais secos e remexelo en profundidade
Presenza de larvas brancas
Restos de comida aínda frescos
Pouca humidade do material
Engadir auga e materiais húmidos e remexer en profundidade
Presenza de formigas
Restos de comida aínda frescosRetirar os restos de comida frescos, remexer e cubrir con materiais
Presenza de roedores
4. SOLUCIÓNS POSIBLESDurante o proceso de compostaxe pode surxir algunha dificultade que se pode solventar coñecendo as causas
e aplicando as solucións que se recompilan de seguido, en función do tipo de problema.
Si, cando o proceso xa está en funcionamento e a persoa que xestiona o composteiro vai collendo experiencia no seu manexo, pódense engadir con precaución. Se o proceso non se xestiona axeitadamente, poden atraer animais ou provocar malos cheiros.
Pódense depositar carne, peixe e alimentos cociñados?
Si, se as achegas son equilibradas, os cítricos tamén achegan nutrientes ao compost, ao igual ca os demais residuos orgánicos. Débense evitar as achegas en exceso, xa que poden acidificar o substrato e afectar aos microorganismos responsables da compostaxe.
Pódense depositar laranxas e outros cítricos?
Mellor mesturalas con terra e engadilas directamente ao solo.Pódense botar cinzas no composteiro?
De 3 meses a 1 ano. A primeira vez levará máis tempo, pero as seguintes, se se mantén activo o composteiro de xeito continuado, o tempo que transcorrerá entre extraccións será máis curto.
Canto tempo debe pasar desde que se comeza a achegar restos orgánicos ata que se pode sacarxa o compost do composteiro?
Pódese procurar no monte ou solicitar a persoas coñecidas: follas secas, serraduras de madeira natural, herba seca, restos de poda en anacos,…
Que se pode facer se non se dispón de estruturante (material seco ou marrón) na vivenda?
Nada, non precisa de mantemento mentres se está fóra. Se, de volta á vivenda, o proceso está parado, abonda con regar suficientemente e remexer a morea de materiais do interior do composteiro.
Que ocorre co composteiro durante os periodos nos que non se reside na vivenda?
20 21
Amigos de la Tierra (2013). El Compostaje: Receta para Reducir la Huella de Carbono en España. Dispoñible en:
https://www.tierra.org//wp-content/uploads/2016/01/compostaje_reducir_huella_carbono_estatal.pdf
Haug, R.T. (1993). The Practical Handbook of Compost Engineering. Ed. Lewis Publishers. Boca Raton. Florida. 752 pp.
Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (2009). Manual de compostaje. Ed. Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño. Secretaría xeral. Centro de publicacións. Madrid. 21pp
Moreno-Casco, J e Moral-herrero, R. (2008). Compostaje. Ed. Mundi Prensa. Madrid. 530pp
Xunta de Galicia (2011). Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020. Dipoñible en:
https://sirga.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=190428&name=DLFE-49939.pdf
6.1 DOCUMENTOS6 REFERENCIAS E RECURSOS5. DÚBIDAS FRECUENTES
Amigos de la Tierra. Vídeo: "Reduce, reutiliza, composta". Dispoñible na canle de Youtube de Amigos de la Tierra: https://www.youtube.com/watch?v=rA2FbRrBQJ0
22 23
Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). Vídeo: "Manual da compostaxe". Dispoñible na canle de Youtube de ADEGA: https://www.youtube.com/watch?v=dZGI4bNDUJs&t=21s
Sociedade Galega do Medio Ambiente. Vídeo: "Compostaxe doméstica". Dispoñible na canle de Vimeo de SOGAMA: https://vimeo.com/111186301
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia: www.ceida.org
Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM): www.miteco.gob.es/es/ceneam
Composta en Red: www.compostaenred.org
European Compost Network: www.compostnetwork.info
Instituto Galego de Estatística: https://www.ige.eu/web/index.jsp?paxina=001&idioma=gl
Rede Española de Compostaxe: www.recompostaje.com
Sociedade Española de Agricultura ecolóxica: www.agroecologia.net
6.2 PÁXINAS WEB
6.3 RECURSOS AUDIOVISUAIS
Sociedade Galega do Medio Ambiente. Vídeo: "Res2ValHum-Interreg". Dispoñible na canle de Youtube de SOGAMA: https://www.youtube.com/watch?v=3tfsw6QMOY0