lignito de meirama

Post on 22-Aug-2015

372 Views

Category:

Education

5 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

MOITO MÁIS CA PEDRAS

IES AGRA DE LEBORÍSGrupo BIO-XEO 4ºESO

3. O LIGNITO DE MEIRAMA.

MOITO MÁIS CA PEDRAS:

Recursos xeolóxicos no noso entorno:

1.O wolframio de Monte Neme.

2.As arxilas da Laracha e Buño

3.O lignito de Meirama.

3. O LIGNITO DE MEIRAMA.

. As Encrobas, era unha pequena aldea a 25 quilómetros da Coruña, ata que un día alguén descubríu que ese val tiña o corazón negro de carbón.E chegaron brigadas de técnicos que furaron nas súas entrañas buscando este prezado combustíbel.

• Os labregos de As Encrobas foron os protagonistas dunha xa mítica revolta na Galicia dos anos 70. Unha historia que cambiou as súas vidas e que nos serve de exemplo de como os intereses económicos que leva asociada a explotación dos recursos minerais pasan moitas veces por riba do medio ambiente e mesmo das persoas.

• En 1974 o consello de ministros presidido polo ditador Franco, autorizou a expropiación forzosa das terras para abrir a mina, a través da empresa LIMEISA, de FENOSA.

• Ao principio, os labregos pensaban que só querían as leiras, non imaxinaban que ían a por todo, casas incluídas.

• Houbo división entre a poboación: os que o vían coma progreso e querían vender e os que non.

• Cando viron de que se trataba, non querían os poucos cartos que lles ofrecían senón terras semellantes onde vivir e traballar como labregos que eran.

• Organizouse unha gran manifestación na Coruña, impensábel naueles tempos. E recibiron o apoio de moitas persoas. Nesta loita desigual tiveron un papel moi importante as mulleres, que se puxeron ó fronte para impedir a ocupación das súas terras, encarándose cos representantes da empresa e cos garda civil.

• Lograron que a empresa negociase con eles e conseguiron condicións máis xustas: prezos razoables, pensións para os maiores e postos de traballo. A opción de ter traballo alí e non ter que emigrar foi para moitos visto como unha oportunidade, pero moitos deses acordos nunca se cumpriron.

. A escavación medrou e medrou, desestabilizou os terreos , atravesados por fallas. Apareceron fendas nas casas que en principio non estaban afectadas, mesmo o cemiterio e a igrexa tiveron que ser trasladados. Nos anos 90 a Xunta aprobou unha nova expropiación. Entre outros, Gontón, o núcleo principal desaparece para sempre, engulido pola mina.Os propios traballadores da mina ven como se derruban as súas casas, pero ¿como loitar contra a empresa da que depende o teu traballo?

O pequeno núcleo da Lousa queda atrapado entre a mina e a central térmica.

Os veciños denuncian continuamente a contaminación á que se ven expostos: capas de cinzas ácidas cobren terras e casa un día e outro.

LOGO DE ANOS DE DENUNCIASAnuncian accións penais contra Fenosa por contaminar terras en CercedaAs primeiras análises confirman que as partículas que desprenden as chimineas da central térmica son tóxicas.

A NOSA TERRRA

EFECTOS DA CENTRAL DE MEIRAMA

Sentenza favorábel aos veciños da Outra CercedaRedacción .  Na campaña de denuncias por parte da empresa, os veciños afectados pola contaminación de Limeisa foron absoltos da acusación de invadir terreos privados.

Vecinos de Meirama tiran cultivos afectados por la centralX. M. P. - A Coruña - 17/07/2007

• Entre tanto, a empresa presenta un plano de recuperación da mina que espera convertela nun idílico lago rodeado de instalacións deportivas, urbanizacións de luxo e campos de golf. Todo iso cun mínimo impacto ambiental e fabulosos beneficios para todos.

•COMO CONTO NON É MOI CRÍBEL, VERDADE?

• Para coñecer algo máis da loita das Encrobas convídámosvos a que vexades o documental “As Encrobas, a ceo aberto” no cal falan algúns dos protagonistas desta historia.

top related