lic negueira

Post on 11-Apr-2017

88 Views

Category:

Education

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

ESPAZOS NATURAISNegueira

Terreos arredor do río Navia e o seu encoro de Grandas de Salime. Inclúe parte do curso do río Navia, no encoro de Grandas de Salime e os montes que o rodean: as serras de Uria, Vilar e Gallarda na marxe dereita do Navia e os montes Murias, Pena dos Carriles e Pico do Tombo na esquerda.

SITUACIÓN:No terzo centro-oriental da provincia de Lugo, nas serras orientais, lindando con Asturias.

SUPERFICIE: 4.547 ha

CONCELLOS: Negueira de Muñiz

VALORES NATURAIS:río, encoro, bosque de ribeira, sobreiral fragas...

Hai unha proposta de ampliación (sen aprobar) que chega ata o val do Navallo e o val do río Abelleiro, Altos de Bustarvelle, Pena da Lagoa e Pena Mouxada, pola marxe esquerda do Navia, e ata a serra de Cuias pola marxe dereita.

PROTECCIÓNLugar de importancia comunitaria (LIC) 29 de decembro de 2004Zona especial de conservación (ZEC) 31 de marzo de 2014Forma parte da Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”

Encontro do río Ibias (á esquerda) co Navia, e

serra de Cuias.

RELEVOO territorio desde espazo ten un relevo moi accidentado, co terreo encosta e con grandes desniveis. Na marxe dereita do Navia atópase a serra de Uría, a do Vilar e a de Gallardo. Na marxe esquerda as de Murias, Pena dos Carriles e Pico do Tombo.

Vista desde o Busbeirón. Ao fondo Pena da Lagoa, Pena Mouxada e outras.

SERRA DE URÍAPecha o val do Navia polo Leste, con orientación NE-SO e fai linde con Asturias. O seu punto máis alto é o Busbeirón, con 1.286 m. Continúase cara ao NO nas pequenas serras de Vilar (Cantón, con 959 m) e Gallarda (La Peñona, con 973 m). Na súa vertente oriental nacen varios regatos afluentes do Navia. Desde os cumes hai unhas fermosas panorámicas do val do Navia e dos Ancares. Para acceder a ela hai que cruzar o encoro do Navia desde Negueira de Muñiz e dirixirse a Santalla.

Vista do encoro de Grandas de Salime, coa Serra de Uría e o Busbeirón.

O Busbeirón.

Cumes da Serra de Uría.

REDE FLUVIALO eixo do espazo é o río Navia que o percorre de sur a norte. Recibe pola dereita os regos Acevedo, Couso e do Tronco e pola esquerda os regos Buliqueira, Couso, e dos Muíños.

RÍO NAVIAÉ un río compartido con Asturias que nace no Monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro) en terras do Cebreiro e percorre 90 km en terras galegas para despois meterse en Asturias e desembocar na ría de Navia, no Cantábrico. Ten un forte caudal de augas procedentes da chuvia que recibe ao longo da súa cunca e da fusión das neves caídas nos picos máis altos. Isto fai que as súas augas altas se alonguen ata finais da primavera.En Negueira remata o seu percorrido por Galiza, retido no encoro de Grandas de Salime.

Val do Navia (Entralgo)

Val do Navia (Vilaseca)

Val do rego de Acevedo desde Negueira

Oceánico de montaña. O val do Navia en Negueira ten unhas características climáticas especiais que permiten a convivencia de especies atlánticas e mediterráneas.

CLIMA

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e deCallitricho-Batrachion-Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e deBidention p.p.-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix-Queirogais secos europeos-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)-Turbeiras altas activas-'Mires' de transición-Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Covas non explotadas polo turismo-Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica-Soutos-Sobreirais

FLORAA parte alta dos montes está cuberta dun mato de uces e nas partes máis baixas de toxo, xesta e algún érbedo. Nalgúns vales consérvanse pequenos bosques. Nas partes secas pódense ver sobreiras e arredor das poboacións soutos..

Narciso (Narcissus triandrus)

ESPECIES DA DC 92/43/CEE E DC 2009/147/CECladonia subgenus Cladina Narcissus triandrus Ruscus aculeatus Sphagnum spp.

Xilbarbeira (Ruscus aculeatus)

Cerdeira brava (Prunus avium). Ten numerosos froitos vermellos de sabor lixeiramente amargo.

Érbedo (Arbutus unedo)

Breixo

Uz branca (Erica arborea)

Lebre

FAUNAA fauna é moi variada, con mestura de especies atlánticas e mediterráneas.

MAMÍFEROS: Toupa de auga (Galemys pyrenaicus), lontra (Lutra lutra), gato bravo (Felis sylvestris), marta (Martes martes), garduña (Martes foina), armiño (Mustela erminea), tourón (Mustela putorius), lobo (Canis lupus), lebre ibérica (Lepus granatensis), corzo (Capreolus capreolus), xabarín (Sus scrofa) …

Laverca (Alauda arvensis)

AVES:Miñato abelleiro (Pernis apivorus), azor (Accipiter gentilis), gabián (Accipiter nisus), aguia cobreira (Circaetus gallicus), aguia calzada (Hieraaetus pennatus), gatafornela (Circus cyaneus), tartaraña cincenta (Circus pygargus), falcón pequeno (Falco subbuteo), falcón peregrino (Falco peregrinus), choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax), merlo azul (Monticola solitarius), andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), pica alpina (Anthus spinoletta), papuxa carrasqueira (Sylvia cantillans), andoriña dáurica (Hirundo daurica), avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus), cotovía pequena (Lullula arborea), pica das árbores (Anthus trivialis), papuxa do mato (Sylvia undata), picanzo vermello (Lanius collurio), escribenta amarela (Emberiza citrinella) …

RÉPTILES: 13 especies: lagarta ibérica (Podarcis hispanica), lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi), lagarta da serra (Iberolacerta monticola) cobra lagarteira meridional (Coronella girondica), cobra riscada (Rhinechis scalaris)…

Lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica). Acada na área de Negueira o punto máis ao norte da súa distribución en Galiza.

Estroza (Hyla molleri)

ANFIBIOS: 13 especies, entre elas a saramaganta ou píntega rabilonga, o sapo raxado, a estroza, a ra patilonga…

Parella de vacalouras (Lucanus cervus)

INVERTEBRADOS:Destaca a presenza da vacaloura (Lucanus cervus), o escaravello lonxicorne (Cerambyx cerdo), o caracol de Quimper (Elona quimperiana), a lesma manchada (Geomalacus maculosus)...

USOSProducción de enerxía hidroeléctrica, agrícola, gandeiro, forestal.

Piega

Entralgo

Negueira

Santalla

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALNegueira estivo habitada desde tempos moi antigos como dan testemuña as mámoas de Foxo e Vilauxín e a Pena dos Encantos en Ouviñao, e os castros do Carballín, Castro e Castriño da Gamalleira.Por todo o concello consérvanse elementos etnográficos de interese: hórreos, cortíns (para protexer as colmeas), ouriceiras...

Hórreo en Negueira

Ernes

O concello de Negueira formou parte, xunto coa Fonsagrada do antigo concello da Pobra do Burón e contituíuse como concello inpendente en xullo de 1928. Na década de 1960 contruíuse o encoro de Grandas de Salime o que deixou illadas do resto do concello ás parroquias de Barcela e Ernes e fixo emigrar a moitas persoas. En 1977 xente procedente de diversas partes fundou no lugar de Foxo unha comuna.

A Ponte de Boadil (fora do espazo protexido) comunica as dúas partes do concello de Negueira de Muñiz.

PROBLEMASRepoboación con especies alóctonasIncendiosEncoro

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaXullo 2016

top related