lic carnota-pindo

Post on 07-Jul-2015

97 Views

Category:

Documents

11 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

ESPAZOS NATURAISCarnota-Pindo

Espazo formado pola praia de Carnota, As Dunas de Caldebarcos os Montes do Pindo e Buxán, as Illas Lobeiras e o espazo marítimo próximo á costa. É unha área de grande interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico onde alternan extensos areais (Carnota, Caldebarcos) con espectaculares formacións graníticas, canóns fluviais e fervenzas.

EXTENSIÓN: 9.628,87 ha CONCELLOS: Carnota, Mazaricos, Cee, Dumbría. PROTECCCIÓN: LIC, ZEPVN VALORES NATURAIS: formacións graníticas, praias, marismas, dunas, cantís...

Os ecosistemas son variados: fondos mariños rochosos e areosos, areais e dunas, marismas, cantís, monte baixo, bosque autóctono (moi reducido) e bosque de repoboación. Tanto nas dunas como no Monte Pindo pódense atopar especies botánicas de grande interese escasas en Galicia.

Os macizos tectónicos do Monte Pindo e montes de Buxán ou Buxantes están constituídos por granodiorita (granito vermello de grandes cristais) formada despois da Oroxenia Hercínica. A zona estivo habitada desde tempos moi antigos. Hai restos arqueolóxicos, petroglifos e numerosas lendas que fan referencia á prehistoria. Noutros tempos houbo explotacións de wolframio (ao pé da Moa e do Pedrullo).

Vista desde os montes da Ruña. Á esquerda o Pindo e á dereita Buxantes, separados polo Xallas.

O Pindo desde Fisterra

O Pindo desde A Ruña

Aba sur do Pindo

Os montes de Buxantes desde o Pindo

Pico da Moa (627 m), o máis alto do Pindo.

A erosión nos granitos do Pindo deu lugar a bolos, penedos, paredes lisas e pías cilíndricas moi espectaculares.

O Pedrullo

Cacholas no alto da Moa

“O Xigante”

Vista desde o alto do Pindo. Ao fondo Fisterra.

A vexetación dominante é o monte baixo de toxo, xunto con uces e xestas. Aparecen esporadicamente algúns carballos, acivros e loureiros. Nalgunhas zonas repobouse con eucalipto, piñeiro marítimo e piñeiro de Monterrei.

Acivro

Carballo anano (Quercus lusitanica). Atópase na metade sur de Portugal, SO de Andalucía e norte de África. É un carballo de estrutura arbustiva que pode acadar os 2 m de altura. Emite ponlas a rente do chan e ten un crecemento moi lento.

Rorela (Drosera rotundifolia). Planta carnívosa que se atopa nas turbeiras dos cumes.

Genista anglica

Centaurea corcubionensis. É unha planta que medra nos rochedos próximos ao mar. É un endemismo no NW da Península Ibérica que se atopa na costa desde O Pindo ata o cabo de San Hadrián (Malpica) e polo interior ata Santa Comba e Zas.

Cabalos en libertade

O río Xallas encáixase no tramo final, entre o Pindo e os montes de Buxán, nos últimos metros salva un gran desnivel e cae ao mar na ría de Ézaro nunha fervenza única en Europa.

Canón do Xallas

Desembocadura do Xallas no Ézaro.O seu aproveitamento hidráulico impide o disfrute da fervenza agás en días de moita auga ou cando se abren as comportas.

Imaxe dun día de enchenta

Um domingo de Agosto en horario de apretura para os turistas.

Ézaro

Praia de San Pedro e vila do Pindo desde o alto do monte Pindo

As Illas Lobeiras son un conxunto de pequenas illas e illotes graníticos situados na bocana da ría de Cee e Corcubión. Pertencen ao concello de Corcubión. Manteñen colonias nidificantes de gaivota patiamarela e corvo mariño cristado. No inverno acollen a numerosas aves acuáticas.

Quilmas

Quilmas

O Portiño

Punta de Caldebarcos

Liques nas rochas da beira do mar

A praia de Carnota e as dunas de Caldebarcos forman un sistema de marismas e dunas fixadas pola vexetación. Unha liña de máis de 7 km de lonxitude (a praia máis grande de Galicia) dividida en dúas partes: Caldebarcos, ao Norte, e A Lagoa, ao Sur, separadas pola punta Larada.

Vista desde o alto do Adraño

Desembocadura do rego Valdebois na Boca do Río.

Dunas de Caldebarcos

Marismas de Caldebarcos

Na área de Caldebarcos e Carnota consérvase unha rica flora e fauna típica de marismas e dunas. É unha importante área de invernada de aves acuáticas. Nas dunas aniñan a píllara papuda (Charadrius alexandrinus) e o pernileiro (Burhinus oedicnemus).

Cría de píllara papuda

O pernileiro (Burhinus oedicnemus) é unha especie de espazos abertos e terreos áridos, de costumes crepusculares. Caza ao mencer e ao solpor insectos, caracois e outros pequenos animais. É escaso en Galicia.

Chinche sobre unha flor de Iberis procumbens. A capacidade para pasar desapercibidos é fundamental para a supervivencia dos animais pequenos.

Sapos de esporas (Pelobates cultripes), especie tipicamente nocturna, rara en Galicia. Ten o seu límite norte de distribucuón os areais de Carnota.

As rochas son o lugar idóneo para o asentamento das chuponas (Anemonia sulcata).

Iberis procumbens

Carrasco bravo (Helychrysum picardii)

Paxariños (Linaria poligalifolia)

Carrascas de San Xoán (Otanthus maritimus)

Seseli tortuosum. Vive nas dunas fixadas.

Feo da praia (Ammophila arenaria). Os sistema subterráneo desta planta (talos e raíces), longo, profundo e ramificado, é fundamental para a suxección da area das dunas.

Leiteira (Euphorbia paralias), medra nas areas soltas das praias.

Montaxe: Adela LeiroFotos: Adela Leiro, Mon Daporta

top related