ler en voz alta as actividades antes de comezar a …...do amigo invisible, pero antes deberás...
Post on 24-Jul-2020
3 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Ler en voz alta as actividades antes de comezar a realizalas, con boa entoación, facendo as pausas e comprendendo o que le.
Luns 30-3-2020 Martes 31-3-2020 Mércores 1-4-2020 Xoves 2-4-2020 Venres 3-4-2020
Lengua castellana
Pax 125 copiar cadro de diminutivos /aumentativos e “ten en
cuenta” como este mapa conceptual:
Pax 125 ex 2, 4
Diario
Pax 130 ex 1, 2
Pax 131 copiar
nota
Diario Xogos no blogue Os verbos
Pax 132 ex 1, 2
Pax 133 lectura en
voz alta
Diario Os verbos
Pax 134 ex 1
Diario
Os verbos
Pax 134 ex 2
Diario Xogos no blogue Os verbos
Lingua galega
Ler en voz alta medio capítulo de A Nena o Monstro e o Mar. INVENTAR UN CONTO
Ler en voz alta o capítulo completo lido o martes e mércores de A Nena o Monstro e o Mar. Escribir seis preguntas do capítulo lido e a contestación
Ler en voz alta o seguinte medio capítulo de A Nena o Monstro e o Mar. INVENTAR UN CONTO
Ler en voz alta medio capítulo de A Nena o Monstro e o Mar. INVENTAR UN CONTO
Ler en voz alta o capítulo completo lido o martes e mércores de A Nena o Monstro e o Mar. Escribir seis preguntas do capítulo lido e a contestación
Matemáticas
Fichas mat ex 1-3 Fichas mat ex 4-8 Fichas mat ex 9-12 Fichas mat ex 13-20 Rematar fichas de mat
CS CS traballo de historia Xogo de mapas no blogue
CS traballo de historia
CS traballo de historia Xogo de mapas no blogue
CS traballo de historia
CS traballo de historia Xogo de mapas no blogue
plástica Decorar o conto de Lingua Galega
Ola, como estás?
Agardo que ben, en casa e coidándovos moito.
Como xa levamos varios días de confinamento, supoño que segues botando en
falta aos compañeiros/as de clase e que estarás agardando con ilusión a túa carta
do amigo invisible, pero antes deberás enfrontarte a outro reto:
Revisa as páxinas 99 e 133 do libro de lingua castelá. Veñen os pasos para crear
os teus propios contos. A actividade que debes realizar estes días é: seguindo os
pasos do libro de lingua castelá, inventa un conto de aventuras onde o
protagonista sexas ti e como compañeiro/a o alumno/a de clase a quen lle
dedicaches a carta da amizade. Xuntos tedes que vencer ao malo que será o
coronavirus.
A tes que escribir a man, non vale no ordenador, tres folios a unha cara como
moito e a podes decorar ao teu gusto. Lembra que o conto é anónimo, pero debe
estar ben redactado e presentado... tal e como che gustaría recibir a ti ese relato
ideado polo teu amigo invisible...
Cando o teñas rematada lle sacas AS FOTOS NECESARIAS e a envías ao meu
correo camilavila@edu.xunta.es o mércores 15-4-2020, indicando no ASUNTO:
o teu nome e a quen vai dirixida (por exemplo: ASUNTO: de Camila para a profe
de música Viqui, así eu podo revisar de quen é e a quen vai dirixida). En canto
teña todas, farei de novo de carteira e achegareille a cada nen@ a súa carta.
Sei que estás realizando todos os días algo dos traballos que achego e que te estás
esforzando moito en presentalos correctamente, que revisas polo menos tres
veces o que escribes, que corrixes o que está mal, sen faltas de ortografía, con
boa letra,...
Tamén sei que te esforzas en mellorar a lectura practicando todos os días e cando
teñas esta actividade rematada lla podes ler en voz alta a túa familia, aos
monecos cos que xogas, a ti mesmo/a diante dun espello... Garda esta actividade
na carpeta, que cando se acabe este tempo especial e volvamos á normalidade o
revisaremos xuntos en clase.
Se tes dúbidas sabes que podes contactar comigo a calquera momento e
contestareiche o máis axiña que poida.
Por último, deixa voar a túa imaxinación e pensa en xeitos divertidos de vencer a
ese malo malísimo que é o coronavirus.
Unha aperta virtual moi forte e a seguir traballando.
Un saúdo. A titora Camila Vila
top related