lecturas para o verán

Post on 29-Mar-2016

224 Views

Category:

Documents

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Recomendacións de lecturas para o verán do 2012 da Biblioteca Escolar do C.E.I.P. "Os Muíños"

TRANSCRIPT

Para as

vacacións de

verán

recomendamos

Con frecuencia pensamos que as vacacións de

verán son demasiado longas. Sen embargo,

antes de que nos decatemos, comezará o mes

de setembro, e con el as clases, as rutinas, e o

mal tempo.

Será bó aproveitar o verán para descansar des-

pois dos meses de traballo e esforzo, disfrutan-

do do aire libre, do sol, ou simplemente, de

compartir o tempo.

Desde a páxina sol-e.com recomendan:

Practicar deporte xuntos: na praia, no

río, calquera lugar é bo para xogar e

facer exercicio, lembrando as regras do

xogo escollido, e aprendendo a gañar e

a perder.

Facer manualidades: despois de recoller

cunchas na praia, por que non aprovei-

talas para decorar botes, marcos, por-

talápices…?

Ordenar: os días que chova, podemos

aproveitar para ordenar a nosa bibliote-

ca, repasar os libros que nos gustan,

clasificar as fotos das vacacións,…

Ler: calquera momento é bó para dis-

frutar dun libro.

Os Muíños s/n

15125 Muxía

Tf.981 750 655 Blog: ninhodacuruxa.blogspot.com

E-mail:ninhodacuruxa@gmail.com

C.E.I.P. "Os Muíños"

Lecturas para o

verán

C.E.I.P. "Os Muíños"

Xuño 2012

Biblioteca

Escolar

Rematado o curso 2011-2012, xa estamos

preparándonos para un merecido descanso.

Esta guía de verán é unha recompilación de

consellos para orientar as vosas compras .

Lembrade que un bo libro sempre é o mellor

agasallo.

O curso 2012-2013 adicarémolo ao mar. Hai

10 anos a nosa costa viuse tinxida de negro, e

hai 25 recibimos a triste visita do Casón. Moi-

tos lembramos aqueles sucesos, pero os no-

sos pequenos aínda non naceran. Axudare-

mos a que comprendan mellor o que pasou

coñecendo a riqueza que se agocha debaixo

das augas, e aprenderemos a respectar a fon-

te da nosa vida, preocupándonos por coidar a

fauna e a flora coa que a Natureza nos agasa-

lla.

Non desaproveitedes a oportunidade do

verán para achegarvos ao mar, respiralo e

mergullarvos nel.

FELICES VACACIÓNS!

Para os que empezan

“Á escola con

Iria” (Editorial Baía) :

Un libro sinxelo, con

ilustracións cheas de

cor que achegan aos

nenos a un mundo novo: a súa escola.

Ten tapas duras, para que se acostu-

men a manexar esta ferramenta tan útil:

o libro.

“Nadarín” (Editorial

Kalandraka): Nesta fer-

mosa historia acompaña-

mos ao peixe Nadarín

nas súas aventuras no

fondo do mar.

“Los animales

marinos al dedi-

llo” (Editorial

Combel ) : Para

aprender sobre os

animais do mar ex-

perimentando co tacto.

“En el mar” (Editorial

S.M.) Un libro que trata

dos animais e as prantas do

mar, con divertidas ilustra-

cións, para ler, compartir e

aprender.

“Carlota e a gai-

vota patiamare-

l a ” ( E d i c i ó n s

Xerais): Neste con-

to de Miro Villar a

protagonista, Carlo-

ta, coñece a unha gaivota que pasa unha

mala experiencia manchándose as patiñas

con chapapote.

“20.000 leguas baixo

dos mares” (Editorial

Baía): Nesta fermosa adap-

tación relátanse as aventu-

ras do capitán Nemo, que

percorreu os mares no seu submarino

Nautilus.

“Veinte mil leguas de viaje submari-

no” (Editorial Edhasa) Calquera libro de

Verne é axeitado para os grandes lectores.

Tanto para os que acce-

den agora ao instituto

como para os seus país,

visitar un clásico é sem-

pre un pracer. O noso

libro de cabeceira no

curso que ven lévanos a

viaxar baixo a auga e coñecer os misterios

que esconde o mar.

“Diario de Greg” “(Editorial Molino):

Greg é un rapaz que

comeza no instituto con

moi mala pata… Nesta

colección conta as súas

experiencias con moito

sentido do humor.

“Sedna, a deusa do mar” (Editorial

Xerais): Este libro pertence á colección

que Xoan Abelleira

escribiu sobre a cultura

dos esquimós. Apren-

demos do mar desde

outra cultura.

Para os que saben

Para os que len

moito e ben

top related