lecturas para o verán

2
Para as vacacións de verán recomendamos Con frecuencia pensamos que as vacacións de verán son demasiado longas. Sen embargo, antes de que nos decatemos, comezará o mes de setembro, e con el as clases, as rutinas, e o mal tempo. Será bó aproveitar o verán para descansar des- pois dos meses de traballo e esforzo, disfrutan- do do aire libre, do sol, ou simplemente, de compartir o tempo. Desde a páxina sol-e.com recomendan: Practicar deporte xuntos: na praia, no río, calquera lugar é bo para xogar e facer exercicio, lembrando as regras do xogo escollido, e aprendendo a gañar e a perder. Facer manualidades: despois de recoller cunchas na praia, por que non aprovei- talas para decorar botes, marcos, por- talápices…? Ordenar: os días que chova, podemos aproveitar para ordenar a nosa bibliote- ca, repasar os libros que nos gustan, clasificar as fotos das vacacións,… Ler: calquera momento é bó para dis- frutar dun libro. Os Muíños s/n 15125 Muxía Tf.981 750 655 Blog: ninhodacuruxa.blogspot.com E-mail:[email protected] C.E.I.P. "Os Muíños" Lecturas para o verán C.E.I.P. "Os Muíños" Xuño 2012 Biblioteca Escolar Rematado o curso 2011-2012, xa estamos preparándonos para un merecido descanso. Esta guía de verán é unha recompilación de consellos para orientar as vosas compras . Lembrade que un bo libro sempre é o mellor agasallo. O curso 2012-2013 adicarémolo ao mar. Hai 10 anos a nosa costa viuse tinxida de negro, e hai 25 recibimos a triste visita do Casón. Moi- tos lembramos aqueles sucesos, pero os no- sos pequenos aínda non naceran. Axudare- mos a que comprendan mellor o que pasou coñecendo a riqueza que se agocha debaixo das augas, e aprenderemos a respectar a fon- te da nosa vida, preocupándonos por coidar a fauna e a flora coa que a Natureza nos agasa- lla. Non desaproveitedes a oportunidade do verán para achegarvos ao mar, respiralo e mergullarvos nel. FELICES VACACIÓNS!

Upload: biblioteca-escolar-ceip-os-muinos

Post on 29-Mar-2016

224 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Recomendacións de lecturas para o verán do 2012 da Biblioteca Escolar do C.E.I.P. "Os Muíños"

TRANSCRIPT

Page 1: Lecturas para o verán

Para as

vacacións de

verán

recomendamos

Con frecuencia pensamos que as vacacións de

verán son demasiado longas. Sen embargo,

antes de que nos decatemos, comezará o mes

de setembro, e con el as clases, as rutinas, e o

mal tempo.

Será bó aproveitar o verán para descansar des-

pois dos meses de traballo e esforzo, disfrutan-

do do aire libre, do sol, ou simplemente, de

compartir o tempo.

Desde a páxina sol-e.com recomendan:

Practicar deporte xuntos: na praia, no

río, calquera lugar é bo para xogar e

facer exercicio, lembrando as regras do

xogo escollido, e aprendendo a gañar e

a perder.

Facer manualidades: despois de recoller

cunchas na praia, por que non aprovei-

talas para decorar botes, marcos, por-

talápices…?

Ordenar: os días que chova, podemos

aproveitar para ordenar a nosa bibliote-

ca, repasar os libros que nos gustan,

clasificar as fotos das vacacións,…

Ler: calquera momento é bó para dis-

frutar dun libro.

Os Muíños s/n

15125 Muxía

Tf.981 750 655 Blog: ninhodacuruxa.blogspot.com

E-mail:[email protected]

C.E.I.P. "Os Muíños"

Lecturas para o

verán

C.E.I.P. "Os Muíños"

Xuño 2012

Biblioteca

Escolar

Rematado o curso 2011-2012, xa estamos

preparándonos para un merecido descanso.

Esta guía de verán é unha recompilación de

consellos para orientar as vosas compras .

Lembrade que un bo libro sempre é o mellor

agasallo.

O curso 2012-2013 adicarémolo ao mar. Hai

10 anos a nosa costa viuse tinxida de negro, e

hai 25 recibimos a triste visita do Casón. Moi-

tos lembramos aqueles sucesos, pero os no-

sos pequenos aínda non naceran. Axudare-

mos a que comprendan mellor o que pasou

coñecendo a riqueza que se agocha debaixo

das augas, e aprenderemos a respectar a fon-

te da nosa vida, preocupándonos por coidar a

fauna e a flora coa que a Natureza nos agasa-

lla.

Non desaproveitedes a oportunidade do

verán para achegarvos ao mar, respiralo e

mergullarvos nel.

FELICES VACACIÓNS!

Page 2: Lecturas para o verán

Para os que empezan

“Á escola con

Iria” (Editorial Baía) :

Un libro sinxelo, con

ilustracións cheas de

cor que achegan aos

nenos a un mundo novo: a súa escola.

Ten tapas duras, para que se acostu-

men a manexar esta ferramenta tan útil:

o libro.

“Nadarín” (Editorial

Kalandraka): Nesta fer-

mosa historia acompaña-

mos ao peixe Nadarín

nas súas aventuras no

fondo do mar.

“Los animales

marinos al dedi-

llo” (Editorial

Combel ) : Para

aprender sobre os

animais do mar ex-

perimentando co tacto.

“En el mar” (Editorial

S.M.) Un libro que trata

dos animais e as prantas do

mar, con divertidas ilustra-

cións, para ler, compartir e

aprender.

“Carlota e a gai-

vota patiamare-

l a ” ( E d i c i ó n s

Xerais): Neste con-

to de Miro Villar a

protagonista, Carlo-

ta, coñece a unha gaivota que pasa unha

mala experiencia manchándose as patiñas

con chapapote.

“20.000 leguas baixo

dos mares” (Editorial

Baía): Nesta fermosa adap-

tación relátanse as aventu-

ras do capitán Nemo, que

percorreu os mares no seu submarino

Nautilus.

“Veinte mil leguas de viaje submari-

no” (Editorial Edhasa) Calquera libro de

Verne é axeitado para os grandes lectores.

Tanto para os que acce-

den agora ao instituto

como para os seus país,

visitar un clásico é sem-

pre un pracer. O noso

libro de cabeceira no

curso que ven lévanos a

viaxar baixo a auga e coñecer os misterios

que esconde o mar.

“Diario de Greg” “(Editorial Molino):

Greg é un rapaz que

comeza no instituto con

moi mala pata… Nesta

colección conta as súas

experiencias con moito

sentido do humor.

“Sedna, a deusa do mar” (Editorial

Xerais): Este libro pertence á colección

que Xoan Abelleira

escribiu sobre a cultura

dos esquimós. Apren-

demos do mar desde

outra cultura.

Para os que saben

Para os que len

moito e ben