lagos lagoas

Post on 01-Jul-2015

306 Views

Category:

Documents

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

OS LAGOS E LAGOAS son masas permanentes de auga que se acumulan nas depresións do terreo.

Actualmente o 20% das superficies continentais envían as súas augas a diferentes tipos de depresións internas.

ZONA PELÁXICA (domina o planto)

zona fótica (presencia de luz) dominan os procesos de fotosíntese

zona afótica (sen luz) dominan os procesos de descomposición

DIFERENTES ZONAS DUN LAGO

zona litoral(con presenza de macrofitos)

ZONA PROFUNDA(non hai vexetais fixados)

Un lago debe ter profundidade como para permitir a existencia dunha zona litoral, con vexetación, e outra profunda ou peláxica, o suficientemente grande como para conter un gradiente vertical de distintas características, sobre todo de luz e temperatura.

Son depósitos naturais de auga de menores dimensións que os lagos. Diferéncianse sobre todo en que teñen menos profundidade, con salinidade e auga moi variables e gran cantidade de nutrintes e sedimentos.

LAGOAS

Lagoa de Villafáfila (Zamora)

A auga que contén un lago pode proceder dun río, da auga da chuvia ou da neve, da súa cunca receptora ou de achegas de augas subterráneas mediante fontes ou mananciais.Existen lagos de augas doces e de augas salgadas, pero os contidos en sales minerais varían e evolucionan ao longo do tempo.

ORIXE DOS LAGOSAcción volcánica, cando a lava pecha a saída natural dun val e retén a auga.

Lago Kiwu (Congo/Ruanda)

Acción volcánica: cando o lago se forma no cráter do volcán ou nunha caldeira.

Irazu (Costa Rica)

Lagoas do Fogo e Sete Cidades (Illa de San Miguel-Os Açores)

Islandia

Peche por unha morrena da lingua glaciar (lagos de barreira)

Lago de Sanabria (Zamora)

Lago de Sanabria (Zamora)

Jökursalon (Islandia)

Jostedal (Noruega)

Sobreescavación dun glaciar (lagos de umbral)

Lago Panguipulli (Chile)

Lago Nahuel Huapi. Arxentina

Desprendemento do terreo que pecha un val.

Erosión fluvial (lagos semilunares que se forman en meandros abandonados)

Brazos mortos do río Novitna (Alaska(

Afundimento tectónico de bloques formándose unha fosa tectónica ou graben.

Lago Ness (Escocia)Encaixado nunha falla do terreo

Lago Maree (Escocia)

Subsidencias ou afundimentos que recollen a auga.

Pantanal de América do Sur

Disolución das rochas calcarias ou en dolinas colapsadas (karsticos).

Lagoas de Ruidera (Ciudad Real /Albacete)

Formación dun cordón litoral que pecha a desembocadura dun río.

Doniños (Ferrol)

As lagoas costeiras teñen tendencia a colmatarse

Lagoa de Pantín

Lagos endorreicos:A agua non ten saída fluvial cara ao mar. Conteñen augas xeralmente algo salgadas debido á progresiva concentración de sales por efecto da evaporación.

Lago Chad (Chad, Camerún, Níxer, Nixeria)

Lago subglacial: producido por la presión dos grandes glaciares que manteñen a auga líquida debaixo do xeo.Son comúns na Antártida.

Lago Vostok

Impacto de meteoritos

Lago Elgygytgvn en Siberia

Lago-oasis: producido por unha fonte de auga subterránea nunha zona árida.

Lago Huacachina no deserto costeiro do Perú

Lago Azul (Islandia)

Lago producido por unha surxencia termal

OS 10 LAGOS MÁIS GRANDES DO MUNDO

Extensión (km2)

MAR CASPIO (Azerbaiyán-Irán-Kazajistán-Rusia-Turkmenistán)

371.000

SUPERIOR (EUA e Canadá) 82.000

VICTORIA (Uganda, Tanzania y Kenia) 69.482

HURÓN (EUA, Canadá) 59.570

MICHIGAN (EUA) 57.800

TANGANICA (Burundi-Tanzania-Zaire-Zambia)

32.892

BAIKAL (Rusia) 31.500

GRAN LAGO DO OSO (Canadá) 31.153

NYASA (Malawi-Mozambique-Tanzania) 29.604

GRAN LAG DO ESCLAVO (Canadá) 28.570

Mar Caspio (Asia)

O lago Baikal (Siberia-Asia) é o mais profundo do mundo, cuns 1.620 m. Tamén é a maior reserva de auga dóce en superficie, con unha quinta parte de todas as augas dóces do planeta, uns 23.000 km3. Ademais é o mais vello, xa que ten uns 25 millóns de anos. Nas súas augas existen moitas especies animais e vexetais singulares ( un 30% das especies vexetais e un 60% das especies animais son endémicas).

LAGOS ARTIFICIAISSon depósitos de auga construídos para distintas finalidades: almacén de auga potable ou para a agricultura, centrais hidroeléctricas, recheo de minas ou canteiras esgotadas…

Encoro das Tres Gorxas (China) o máis grande do mundo (39.300 hm3 de auga)

Encoro de Belesar (río Miño), o máis grande de galicia. Ocupa 2.000 hectáreas cunha cola de 50 km. Na zona de maior profundidade acada os 135 metros,

Lagoa da Serpe (Macizo de Trevinca). De orixe glaciar

LAGOAS GALEGAS

Lagoa do Ocelo (Serra Calva-Trevinca). De orixe glaciar

Lagoa de Lucenza (O Courel). De orixe glaciar

Lagoa de Antela, en Xinzo da Limia, foi o segundo maior lago de España cun área duns 10 x 6 km e ata 3 m de profundidade. Foi desecada para aproveitar a súa superficie como terreo de cultivo.

Lagoas da Terra Cha

Caque

Rei

Cospeito

Lagoa das Gándaras de Budiño

Lagoa de Olives (A Estrada)

Lagoa de Fonmiñá. Formada por unha surxencia subterránea. É unha das fontes do Miño

Lagoa costeira: As Xarfas (Monte Louro-Muros)

Lagoas costeiras

BaldaioCarballo

A BodeiraO Gove

Lagoas costeiras: Caldebarcos-Carnota

Lagoas costeiras

Doniños (Ferrol)

Traba (Laxe)

Lagoas costeiras

Valdoviño

Carregal(Ribeira)

Lagoas costeiras: Vixán (Ribeira)

Lagoas costeiras

Xuño (Porto do Son)

Muro (Porto do Son)

Lagoa de Sobrado, nas cabeceiras do río Tambre. De orixe artificial, foi construida entre os anos 1500 e 1530 polos monxes embalsando as augas de algúns pequenos regatos para regar prados, mover muiños ou dispor de pesca.

Lago artificial: As Pontes: no oco da antiga mina de lignitos

Lagoas artificiais: ocos de antigas explotacións de arxila ou áridos

Begonte

Lagoas artificiais: ocos de antigas explotacións de arxila ou áridos

Mera (Oleiros)

MesíaValga

Riocaldo (Begonte)

Lagoa de Sandiás (A Limia)

Lagoas artificiais: ocos de antigas explotacións de arxila ou áridos

Lagoas artificiais: ocos de antigas explotacións de arxila ou áridos

Roxique (Sanxenxo)

Pozo do Lago, nunha antiga explotación romana de ouro(Maside)

Lagoa de Caldelas de Tui, nunha antiga explotación de áridos

Pozas do Támega (Verín)

OS LAGOS E LAGOAS COMO ECOSISTEMASOs lagos e lagoas son ecosistemas complexos onde existen multitude de relacións entre parámetros físicos e químicos e os organismos que os habitan.

As substancias mais importantes disoltas nas augas dos lagos son o osíxeno e o dióxido de carbono. A existencia de osíxeno depende da presenza de organismos fotosintéticos que o produzan, do número de organismos que o consuman, da temperatura e da axitación que teña a auga.

LAGOS EUTRÓFICOS(ben alimentados) -profundos -con moita produtividade primaria-desenvólvense ben as cadeas tróficas, polo que producen moita materia orgánica que se descompón rapidamente. -temperatura do fondo máis alta-menos osíxeno-augas verdosas

LAGOS DISTRÓFICOS(mal alimentados) -con pouca vexetación -elevada concentración de ácidos húmicos que fan que as augas sexan ácidas e de cor parda

LAGOS OLIGOTRÓFICOS (pouco alimentados) -profundos-con bastante osíxeno no fondo -temperaturas baixas -moi pouca descomposición da materia orgánica-augas azuis e claras

EUTROFIZACÓNAlteración do ecosistema lacustre provocada polo exceso de nutrintes.

2-O fitoplancto sofre unha explosión demográfica que consegue acabar co nitróxeno existente na auga e desenvólvense as cianobacterias que son capaces de fixar o nitróxeno da atmosfera.

3-A descomposición do fitoplanto morto que vai ao fondo produce procesos de fermentación nos que se desprenden metano (CH4), amoníaco (NH3) e ácido sulfhídrico (H2S) gases responsables do mal olor característico da auga podre.

1: O lago recibe un exceso de achegas de nutrientes (fósforo, nitróxeno ) procedentes de fertilizantes agrícolas, augas residuais domésticas, industrias agropecuarias…

1

3

2

Cianobacterias no encoro da Baxe (Umia)

A VIDA NAS LAGOAS

CADEAS ALIMENTICIAS

FLORA:Salgueiro, espadaina, carrizo, xuncos, ambroíño, oucas, eneas, verdello, utricularia, lentellas de auga...

O salgueiro (Salix cinerea) é a árbore máis común das zonas húmidas.

Eneas ou palla real (Typha latifolia).

Ambroíño (Nymphaea alba).

Lentella de auga (Lemna minor), a máis pequena das plantas con flor.

Xunco (Eleocaris palustris).

Ambroíño enano (Nynphoides peltata), Unha planta rara en Galicia.

FAUNA:Aguaneira, lavanco, garza, galiñola, galiña de auga, mergullón, anguía, espiñento, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois...

Lavanco real (Anas plathyrrynchos), macho e femia.

A galiñola negra (Fulica atra) é común en todos os lugares onde exista unha pequena lagoa rodeada de vexetación.

Aeshna. O máis grande dos cabalos do demo.

Ra verde (Rana perezi)

TRADICIÓNSNa maior parte das lagoas de Galicia dise que hai cidades asolagadas. Hai moitas historias que explican o que pasou:“Contan que cando viñeron Deus e San Pedro pedindo esmola, os veciños encirráronlle os cans. Entón díxolle Deus a San Pedro “Adeus vila de Alcaián, que tamén me encirraches os cans”. Din que ás 12 da noite do día de Nadal oense cantar aos galos.”

Cospeito

Outra conta que “había un pobo de pescadores e pasou o Noso Señor, pediu esmola a un zapateiro e este tiroulle unha subela. Entón o Noso Señor dixo “Arrevírate vila co de abaixo para arriba”. A xente dí que oe tocar as campás”.

Fonmiñá

LAGOA SACRA DE OLIVESConta a lenda que o nome desta lagoa ven dunha batalla na que houbo tantos mortos que os botaron á lagoa amurallandoa deseguido para que non fosen profanados.

Montaxe: Adela LeiroFotos: Adela Leiro, Mon Daporta, InternetDebuxos: Mon Daporta

top related