hércules e crunia

Post on 11-Mar-2016

246 Views

Category:

Documents

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Libros para soñar. Maremar

TRANSCRIPT

kalandraka

Jos Antonio Abad

David Pintor

HÉRCULESe CRUNIA

© do texto orixinal: José Antonio Abad, 2005© das ilustracións: David Pintor, 2005© da traducción ao galego: Ramón Nicolás, 2005© desta edición: Kalandraka Editora, 2005Italia 37 – 36162 Pontevedratelf.: 986 860 276editora@kalandraka.comwww.kalandraka.com

Deseño: Ana BarrosImpreso en C.A. Gráfica - Vigo

Primeira edición: xullo, 2005ISBN: 84-8464-529-0DL: PO-36-05

Reservados todos os dereitos

k a l a n d r a k a

HERCULES e CRUNIAJosé Antonio Abad David Pintor

Hai moito tempo, nun afastado lugar do noroeste,

onde as terras xurdían da brétema misteriosa do mar,

o sol loitaba cada día por enxergar os cantís cubertos de verdor onde vivía Xerión.

Este era un home violento e moi corpudo,

dono dun inmenso rabaño de bois,

gardados e defendidos por Orto, o seu fiel can.

Xerión era xefe dunha tribo guerreira que fustrigaba e maltrataba aos pacíficos ártabros,

poboadores do lugar.

Os ártabros vivían tempos acedos. Laiaban a súa mala sorte

e choraban aos seus fillos, pois en cada incursión Xerión

matábaos en desigual combate, ou collíaos prisioneiros.

top related