explotacións mineiras activas en galicia
Post on 13-Jan-2015
247 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
Actual explotación mineral
galega
Alicia Ardións Leis
1ªB
Ardións Leis, Alicia Páxina 2
Dende a antigüidade Galicia xa foi un lugar onde se utilizaban minerais para as ferramentas,
edificios, lápidas … .
Actualmente as minas activas en Galicia explotan como principais minerais:
O GRANITO:
O granito cristaliza en altas profundidades e ten un enfriamento lento . Está a gran
profundidade do magma, chega a superficie por destrución das capas superiores. Úsase na
construción para decorar aproveitando as súas calidades estéticas,unha vez elaboradas, con
procedementos como o aserrado, o pulido,tallado,esculpido … .
Este , presenta unha composición favorable para obter pedra de construción polo seu contido
en:
·Cuarzo, entre un 20 e 40% .Dálle dureza e presentase en placas grisáceas.
·Feldespato, do 15 ao55 %. Dálle o seu color característico e a facilidade para traballalo.
·Mica dun, 5 a 10%. Esta pódese presentar en forma de Biotita( a mais frecuente) e moscovita
Tamén se aplica na:
Cantería : Pola súa alta resistencia a comprensión e a traballabilidade. Fanse por exemplo
pezas para mampostería.
Como pedra serrada(losas): O granito apréciase para o revestimento de fachadas,
encimeiras, pavimentos escaleiras … .
Como pedra triturada, pola súa resistencia mecánica e ao frío.Por exemplo: Áridos para a
obtención de formigóns e morteiros, gravas para vías férreas … .
Na enxeñaría: Empréganse granitos de grans fino por ser máis resistentes.(Pavimentos de
carreteiras, bordillos, pontes, muelles ...
Algunhas das minas galegas que explotan este mineral son:
FERNANDEZ AGUILAR, S.A. (FERNAGUI, S.A.) en Ferrol.
Minera de Rocas, SL.A Cañiza Pontevedra.Web: www.mineraderocas.es
Blokdegal, S.A.Vigo, Pontevedra. Web: www.blokdegal.com
Cabaleiro Nogueira, S.L. O Porriño, Pontevedra . Web: www.cabaleironogueira.com
Canteras Vilafría, S.L. O Porriño, Pontevedra.Web: www.cabaleironogueira.com
David Fernández Grande, S.L.Vigo, Pontevedra.Web: www.grupodfg.com
Granitos Grisrosa, S.L. O Porriño, Pontevedra.
Levantina y Asociados de Minerales.O Porriño, Pontevedra. Web: www.levantina.com
POCASA-Porriñesa de Canteiras S.A. O Porriño, Pontevedra.
Ardións Leis, Alicia Páxina 3
PIZARRA Son rochas procedentes do metamorfosismo das arcillas. Teñen unha estrutura de grano fino
e unha excelente exfoliación que permite facilmente a súa separación en “follas”.Non é dura
polo que se pode cortar e, serrar e cravar. Admite pintura, esmalte e verniz.É impermeable a
auga, compacta, duradeira e ten unha alta resistencia a comprensión, á flexión e aos cambios
de temperatura.
Variedades:
Pizarra arcillosa (común): Ten entre un 40 e 45 % de arcilla.É compacta,sepárase con
facilidade ó longo dos planos de esquistosidade. Obtéñense tellas planas, uniformes e finas.
Pizarras Cristalinas. Teñen un 20-25 % de Cuarzo. Carecen de feldespato e divídense en:
Talcocitas, que son de cor gris verdoso,con boa exfoliación e resistentes ao lume; e Micacitas,
compostas por cuarzo e mica.De cor gris,vermello e negruzco.
Pizarra satinada ou filita. Composta por cuarzo,mica clorita e minerais de ferro. Caras lisas e
de grans finos con estrutura follosa, de brillo sedoso prateado e cor gris verdosa ou negruzca.
Conséguen losas que dan orixe a táboas que admiten un excelente pulido.
A aplicación máis coñecida da pizarra é o seu uso para os tellados, como aquí podemos ver:
Hai moitas minas que explotan a pizarra, entre elas:
Campo Lombao, S.L. En Ortigueira, A Coruña. Web: www.camposlate.com
Europizarras, S.A. En Fonsagrada, Lugo. Web: www.camposlate.com
Pizarras Gallegas,S.A.Vilamartín de Valdeorras,Ourense. Web:www.pizarras-
gallegas.com
Ademais hai outras moitas que se acumulan en Ourense.
Ardións Leis, Alicia Páxina 4
Silicio:
É o segundo elemento máis abundante na
codia terrestre .En forma cristalina é moi
duro e pouco soluble e presenta un brillo
metálico e cor grisalla. É un elemento
relativamente inerte e resiste a acción da
maioría dos ácidos.O silicio cristalino ten
unha dureza de 7 na escala de Mohs. Ten
un punto de fusión de 1.411 °C, e de
ebulición de 2.355 °C.
Non existe en estado libre, si non que se
encontra en forma de dióxido de silicio e
de silicatos complexos. O mineral cuarzo e
os minerais cristobalita e tridimita son as
formas cristalinas do silicio existentes na
natureza.
Emprégase en:
Aliaxes : Por exemplo, o bronce é unha aleación de cobre e varios outros elementos dentro
dos que se inclúen estaño, Aluminio, Silicio e Níquel. Tamén como compoñente das aleacións
de silicio-aceiro.
Preparación das siliconas:Úsase en medicina en implantes de seo e lentes de contacto.
Agricultura: Como elemento fertilizante en forma de mineral primario rico en silicio.
Na industria electrónica e microelectrónica: Como material básico para a creación de
obleas ou chips que se poden implantar en transistores, pilas, placas solares e unha gran
variedade de circuítos electrónicos. debido a que é un material semicondutor moi abundante
En láseres: para obter unha luz cunha lonxitude de onda de 456 nm.
Explótase en minas como:
Mina Sonia.Mañón, A Coruña. Esta mina forma parte da empresa Ferroatlántica.
Web:http://www.ferroatlantica.es/index.php/es/
Ardións Leis, Alicia Páxina 5
Caliza:
Encóntrase dentro da clasificación de recursos naturais entre os recursos non renovables
(minerais) e dentro desta clasificación, nos non metálicos. Dependendo da súa composición vai
ter unhas características diferentes, que modifican a cor e o grao de coherencia da rocha. Pero
é practicamente unha rocha monomineral, que se comercializa case sempre como mármore.
Resiste ben á meteorización, sendo un material de construción como, por exemplo, nas
pirámides exipcias; ou pódense ollar nas paveras estalactitas e estalagmitas.
Variedades:
Orixe química: en lugares onde se atopen augas que se encontren cargadas de CO2, vai
precipitar facilmente o carbonato cálcico segundo a seguinte reacción:
Ca2+ + 2 (HCO3−) = CaCO3 + H2O + CO2De
Orixe biolóxica: moitos seres vivos acumulan carbonato cálcico para construír o seu esqueleto
mineral, que cando se xunta en mares e lagos unha porcentaxe de saturación de augas
superficiais, é relativamente sinxela a súa precipitación, sendo este a principal orixe das calizas
existentes.
Aplicacións:
Na agricultura: para a corrección do pH do solo.
Na industria: a calcaria úsase para obter cemento.
Para producir xiz.
Explótase en minas como:
Mina de Baralla ,Lugo. Da empresa Corporación Noroeste S.A.
Web:http://www.cimpor.es/inicio1.php
Máis información sobre minas Galegas: http://camaraminera.org/comg/informacion4/socios/mapa-de-socios/gmx-niv102.htm
top related