do samain Ó halloween...celebrando o samaín, o que deu lugar posteriormente ó halloween. esta...

Post on 03-Sep-2020

4 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

DO SAMAIN Ó HALLOWEEN

ORIXE E DISTRIBUCIÓN DOS POBOS CELTAS

O Samaín é unha celebración de orixe celta. Este pobo habitou en rexións como Galicia e Irlanda hai moitos séculos.

Hoxe IRLANDA

Hoxe GALICIA

ASÍ ERAN OS CELTAS...

AQUÍ VIVÍAN...

QUE ERA O “SAMHAIN “ CELTA?

CANDO SE CELEBRABA?

➢ A celebración da “chegada da estación sombría”, que sería o comezo do inverno

➢ Na noite do 31 de outubro ao día 1 de novembro. Para os celtas abríase a porta que separa o mundo dos mortos e dos vivos. Nesta noite os defuntos podían regresar aos seus fogares

COMO CELEBRABAN A NOITE DO SAMAÍN?

Para guiar aos mortos ata as casas dos sus parentes, prendían fogatas con ramas de SERBAL e TEIXO e deixaban comida e doces fóra das casas e nas encrucilladas dos camiños.

Tamén baleiraban caveiras para porlles dentro candeas e iluminar deste xeito as súas casas.

QUE QUEDOU DA TRADICIÓN DO SAMAÍN?

* O costume de decorar cabazas (ou calacús) con caras terroríficas, porlles dentro unha candea para iluminalas e sair en procesión

* A lenda da “PROCESIÓN DA SANTA COMPAÑA”

* A tradición de facer magostos e fogatas na data do 1 de novembro.

* En moitas aldeas de Galicia, era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, porlles paus a modo de dentes e deixalas nos camiños para asustar aos que pasasen por alí. En Quiroga (Lugo) esta cabaza secábase e conservábase para usala como máscara no Entroido. en Cedeira fan unha "procesión de ánimas", na que os rapaces da vila desfilan polas rúas disfrazados e portando luces coma se fosen a Santa Compaña.

QUE RELACIÓN TEN CO HALLOWEEN?En realidade, a orixe do Halloween é o Samaín.Nos séculos XlX e comezos do XX os irlandeses emigraron masivamente a América do Norte, levando consigo os seus costumes e tradicións de orixe celta. Alí seguiron celebrando o Samaín, o que deu lugar posteriormente ó Halloween.

Esta festa sufriu moitas transformacións e chéganos a nós de volta a través de películas americanas, series televisivas, tendas e hipermercados...

EDLG do CEIP SOUTO DONAS

No Concello da Illa de Arousa os nenos érguense antes de que saia o sol e

percorren as rúas e tendas o día 1 de novembro pedindo cunha algarada

tradicional: "unha limosniña polos defuntiños que van alá". Reciben cartos,

laranxas, lápises, boliños de pan e lambetadas. O costume que asociamos coas

pelis americanas do "trato ou truco", no que os nenos van pedindo

lambonadas, faise aquí dende hai ben tempo, como cando se van cantar os Reis

e pedir o aguinaldo.

CURIOSIDADES

top related