axenda aviaman 2018 -...

Post on 21-Oct-2019

0 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

A V I A M A N 2 0 1 8 O vindeiro domingo 27 de maio celebraremos o AVIAMAN 2018 que percorre os concellos de Leiro e Avión.

Natación

O sector natación componse dun percorrido 1,2 km no río Avia ao seu paso pola localidade de Leiro e os triatletas teñen que completar 2 voltas ao circuito que vai da ponte A Ponte da Esperela hasta a Ponte Colgante.

Ciclismo

A peculiar e dura proba de ciclismo de 65km do Aviamán cun desnivel acumulado de preto de 2.000m, dende Leiro pasa polo Balneario de Berán para subir a Pena Corneira, dende ahí diríxese ao Concello de Avión cunha rápida baixada, xa no núcleo de Avión, repeito e última baixada antes de comezar a subida dende Abelenda hasta a exixente ascensión ao porto dos Xarotos, na Serra do Suido nos límites coa provincia de Pontevedra, con rampas que chegan ao 20% e unhas fermosas vistas durante todo o ascenso. Unha vez coronado o porto toca baixar novamente ao núcleo de Avión para afrontar novamente a ascensión a Pena Corneira e unha vez ahí o que queda e baixar hasta Leiro

Carreira a Pé

A carreira a pé consiste en 3 voltas a un percorrido de 14 km pola ribeira do Avia ao seu paso por Leiro, casi totalmente plano e no que o 80% transcurre sobre terra, con bastante sombra das árbores o que e de agradecer

Í N D I C E

Puntos de IntereseAparcamento, chegada, boxes, duchas e todo o necesario para

non perderte

AxendaHorarios de recollida de dorsáis,

saída, duchas, xantar…

PercorridosNatación, Bici e Carreira a pé

PremiosCamiseta de finisher, material

deportivo para mellores parciáis e máis…

P U N T O S D E I N T E R E S E

APARCAMENTO A zona de aparcamento está ao redor do campo de fútbol, xusto cruzando o río atópase a saída-meta e a zona de boxes.

A ponte colgante comunica a zona de aparcamento e a de saída-meta e boxes.

Dende o aparcamento pódese ir por a ponte de pedra cara a zona de duchas e de xantar.

ENTREGA DE DORSÁIS E GARDARROUPA

Ademais estará Ou Neno micrófono en man, onde tamén se entregarán os premios.

CAFÉ E SERVIZOS ANTES DA PROBA O Bar Foro 2 situado ao lado da ponte colgante fará horario especial e abrirá as 7:45

BOXES Nesta zona ademais terá lugar a Charla Técnica.

SAÍDA En fronte a boxes, desde A Ponche dá Esperela (cambio con respecto a outros anos).

META Onde “sufriredes” un ano máis os ánimos do público e sobre todo de Ou Neno e o seu micrófono!!!

DUCHAS Preto da ponte colgante para que unha vez finalizada a proba teñades todo a man

CATERING Xus to en f ron te á zona de duchas , espéranos o xantar que nos permitirá pór o colofón a unha gran xornada de tríatlon, xornada de Aviaman!!!

Menú incluído no prezo da inscrición de todos os participantes.

Acompañantes: 15€ con reserva previa.

I N F O R M A C I Ó N D O S P U N T O S D E I N T E R E S E

X A N T A R

A X E N D A

Sábado 26 de maioDorsáis 18:00 a 20:00 zona meta

Domingo 27 de maio (proba)Dorsáis 06:30 a 08:00 zona meta

Control material 7:30 a 8:30Charla técnica 8:35 zona boxes

SAÍDA 9:00Tempo corte ciclismo

(Pena Corneira qm. 58 aprox.)

13:00

Tempo corte 14:30Apertura boxes

(retirada material) 14:30

Entrega trofeos 14:35 zona metaXantar 15:00

Co

mp

an

y

P E R C O R R I D O S

Natación. 1200m (2 voltas)Dende A Ponte da Esperela, en fronte a boxes, damos dúas voltas ata a ponte a Ponte Colgante.

Recoméndanse dous gorros ou gorro de neopreno xa que a temperatura adoita estar contorna aos 15ºC por esas datas.

Bicicleta. 65qm Repetimos o circuito dos dous últimos anos subindo Pena Corneira por Berán coa novedade que este ano non se permitirá o drafting (ir a roda).

Avituallamento : Alto dos Xarotos. Quilómetro 33 aprox.

- Auga

- Isotónico

- Plátanos

- Non se entregarán bidóns

Avituallamento persoal

Na Zona de Recollida de Dorsais poderase deixar o avituallamento persoal, e que deberá estar marcado co número de dorsal. Cada triatleta encargarase de recollelo na zona de avituallamento no Alto dos Xarotos.

D R A F T I N G N O N

P E R M I T I D O

Track sector ciclista en Wikiloc

https://es.wikiloc.com/rutas-ciclismo/aviaman-bike-7722609

Marcaxe sector ciclista

Frechas verticáis en sináis

Frechas horizontáis no chán

Tempo de Corte no Sector Ciclista

Establécese un tempo de corte no sector ciclista no segundo paso por Pena Corneira (qm. 58 aproximadamente) as 13:00

Consideracións a ter en conta no sector ciclista

- Prevalecen sinais horizontais sobre verticais (por se algún gracioso cámbiaas).

- O circuíto é autónomo, é dicir, que poderían faltar todos os voluntarios e seguindo a sinalización fariádelo sen problema.

- Que ninguén vexa cruces onde NON os hai, seguide sempre a vía lóxica (en cruces conflitivos haberá voluntario).

- O tráfico está CONTROLADO e puntualmente pechado. Por iso RESPECTO ABSOLUTO ás Normas de Seguridade Viaria.

- Aquel que quebrante a normativa de circulación, será descualificado da carreira (tanto xuíces, voluntarios e membros das forzas e corpos seguridade terán dita POTESTADE).

- Respecto ao medio ambiente (NON TIREDES LIXO NA CONTORNA )

- BAIXADE CON PRECAUCION!!! é zona de moito gando mostrenco (en liberdade). Cans soltos… Se queredes demostrar COLLÓNS facédeo subindo, hai moito, moito onde apertar…

T R Á F I C O C O N T R O L A D O , N O N C O R T A D O

P R O H I B I D O I N V A D I R O C A R R I L C O N T R A R I O

Á C I R C U L A C I Ó N ! ! !

Carreira a Pé (14 qm) Serán 3 voltas ao percorrido orixinal do Aviaman cunha pequena variante ao seu paso por Leiro. Percorrido plano e 80% sobre terra, sempre á beira do río Avia, onde teremos a sombra das árbores, que sempre axuda.

Este ano a carreira discurrirá polo novo paseo ao lado do río onde estaba a antiga pasarela de madeira, evitando subir as escaleiras xunto ao muíño.

Avituallamento boxes

- Auga

- Xeles

- Barritas Enerxéticas

- Plátanos

- Laranxas

Avituallamento Ponte Medieval (qms 2,4 - 7 e 11,6 aprox.)

- Auga

Co

mp

an

y

Camiseta finisher AVIAMAN

Unha destas camisetas agardásevos na meta o próximo 27 de maio.

Esperamos que vos gusten!

P R E M I O S

Premios económicos Trofeos para o tres primeiros clasificados/as de cada categoría.

1º Clasificados masculino e feminina: 100,00 €

2º Clasificados masculino e feminina: 75,00 €

3º Clasificados masculino e feminina: 50,00 €

Co

mp

an

yPremios Sector Ciclista

MTC montaña triatlón ciclismo Este ano grazas a MTC montaña tríatlón ciclismo e a specialized ®, o máis rápido en no sector ciclista de cada categoría (feminina e masculina) levará un casco Specialized evade tri. É necesario finalizar a proba.

Nota: No caso de que por calquera circunstancia fallase a cronometraxe procederase ao sorteo de ambos os cascos entre @s FINISHERS

Premio ao mellor parcial da carreira a pé

Sobre Rodas Carballiño Grazas a Sobre Rodas premiarase con un casco Spiuk Obuss o mellor tempo no parcial da carreira a pé.

- Compensación á categoría feminina do 13% do seu tempo

L A M A R G H A

B E A R I Z T R I A T L O N

www.beariztriatlon.com carballinotriatlon@gmail.com

top related