as funcions sociais da lingua

Post on 11-Apr-2017

113 Views

Category:

Education

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

O esquema expositivo que imos seguir será o seguinte:- As funcións sociais da lingua: tipos e uso.

- O conflito lingüistico e a diglosia.

- Estereotipos e prexuizos lingüísticos, repercusión nos usos dunha lingua.

A sociolingüística é unha rama da filoloxía que estuda o emprego dunha lingua dentro dun territorio e os distintos factores políticos, sociais e económicos que a impulsan ou prexudican.

Función de identidade: É a que realiza cada individuo coa finalidade de articulación do pensamento.

Función familiar: É a empregada dentro da familia como medio de relación.

Función laboral: Relativo ao entorno de traballo.

Función local: É a presente nas relacións da vida social.

Función institucional: É a empregada nas relacións administrativas, políticas e sociais.

Función cultural: Desenvólvese como forma de expresión científica, tecnolóxica e artística.

SÉCULO XX

ESPAÑOL GALEGO

cultural institucional local laboral familiar identidade internacional

0

20

40

60

80

100

Función internacional: Utilizada nas relacións internacional.

O conflito lingüístico defínese como a tensión que xorde en sociedades nas que existen dúas ou máis comunidades de falantes. Esta tensión ven dada pola diferenza de número de falantes de ambas linguas, así como do prestixio que teñan estas.

O conflito lingüistico é un proceso amplamente estudado pola sociolingüistica e que sempre deriva na substitución lingüística ou na normalización.

› -Implantación dunha lingua exterior dentro dun territorio cunha lingua propia.› -Situación de bilingüismo social entre as

dúas linguas, recibindo unha destas un maior prestixio fronte á outra (bilingüismo diglósico). A lingua foránea é a que gaña prestixio fronte á autóctona.› -Abandono dunha das linguas do

territorio, que é totalmente substituída en tódolos campos.

A diglosia é a superposición dunha lingua sobre outra nunha situación de bilingüismo, pasando a ser hexemónica e minorizada respectivamente.

Nesta situación, a lingua hexemónica pasa a desenvolver as funcións de maior importancia social (cultural, institucional e internacional), mentres que a minorizada queda relegada ás funcións máis básicas.

¿Qué é un estereotipo?› Un estereotipo é unha xeneralización

empregada para simplificar un tema e baseada nun razonanmento inductivo ou en tópicos sociais. Poden ser tanto positivos coma negativos.

¿Qué é un prexuizo?› Valoracións baseadas en

estereotipos › que teñen en consecuenci

unha actitude negativa cara un colectivo.› A súa forma de transimisión é

basicamente mediante a sociedade, pero tamén influen a familia e o ambiente cotián.

Existen diversas categorías de prexuízos entre as que se destacan as seguintes:

Están baseados na valoración subxectiva da eufonía ou cacofonía (beleza formal) dunha lingua.Existen diversos tipos, entre os que destacan os fonolóxicos e os formais.

Exemplos:“A gheada sona moi bruta”“O alemán é un idioma moi complexo”

Fonolóxico

Formal

Son aqueles que asignan a cada lingua un determinado estatus económico.› Exemplos:

“Se sabes inglés traballas en calquer parte”

“O galego é a lingua dos pobres”

Son os que califican unha lingua como mellor ou peor vehículo de transmisión da cultura. Na actualidade este tipo de prexuizos teñen menos vixencia.

› Exemplos: “Nunca se consolidará o rock en galego” “É de mala educación contestar en galego

cando che falan en castelán”

Son os relacionados coa política, administración e a lexislación do territorio.

› Exemplos: “O que non se pode é impoñer o galego”

Son aqueles que teñen a súa raíz na condición histórica dunha lingua.

› Exemplos: “O galego é propio do ambito rural” “O castelán é a clave do progreso”

Son aqueles que teñen que ver coa situación actual dunha lingua e con fenómenos característicos da sociedade globalizada actual.

Destácanse 3 tipos:

1. Prexuízos sobre as políticas lingüisticas actuais. Estos pretenden defender á lingua hexemónica fronte á minorizada, aludindo á súa maior relevancia social. Son estes os responsables do fracaso dalgunhas políticas de defensa lingüística.

2. Prexuízos cara os neofalantes, principalmente dirixidos cara o seu perfil social e competencias lingüisticas. Este prexuízo é en esencia o responsable do fracaso das políticas de revitalización lingüística.

3. Prexuízos persoais contra as propias competencias lingüisticas. Estes prexuízos tenden a calificar (de maneira incorrecta) os rasgos dialectais da lingua oral como incorreccíóns lingüisticas.

As linguas son códigos para expresarse creados polo home, que contan con varias funcións secundarias.

Estas, na súa coexistencia, tenden a intentar abarcar o maior prestixio social e numero de falantes posible, dando lugar ó conflito lingüistico.

Tanto os conflitos lingüísticos como os prexuízos existentes na sociedade tenden a facer as linguas minorizadas desaparecer, o que só pode remediarse mediante a normalización.

top related