arxilas da laracha e buño

Post on 20-Jul-2015

295 Views

Category:

Education

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

MOITO MÁIS CA PEDRAS

IES AGRA DE LEBORÍSGrupo BIO-XEO 4ºESO

2. AS ARXILAS DA LARACHA E BUÑO.

MOITO MÁIS CA PEDRAS:

Recursos xeolóxicos no noso entorno:

1.O wolframio de Monte Neme.

2.As arxilas da Laracha e Buño

3.O lignito de Meirama.

• Tanto na Laracha como en Buño explótanse as arxilas que se acumulan nas barreiras, antigas fosas cheas de sedimentos.

• Na Laracha una industria cerámica dedícase a fabricación de ladrillos e tellas, en Buño ademais dunha industria deste tipo están os oleiros, artesáns que fabrican cacharros de barro de xeito tradicional.

ARXILA DE BUÑO O proceso comeza coa extracción do barro, en duros cachotes,que é necesario deixar secar.

. Logo introdúcese nunha pía, na que se tritura cun mazo de madeira: o pisón.

Críbase para quitar os fragmentos máis grosos ata deixar un pó fino que será o que se amase con auga ata formar unha pasta homoxénea.

TRABALLANDO NO TORNOAs pezas moldéanse nun torno ou

roda que se fai xirar co pé .

Para decorar a peza utilízase un anaco de cana, co cal se fan sucos de distintas formas; tamén se colorean co barro de distinta cor usando a pluma.

O FUMEIROUnha vez feitos debían pasar polo fumeiro,unha tarima alta situada sobre o fogar onde o

propio fume os secaba.

O FORNO Ó final cócense nun forno de leña.As familias oleiras estaban agrupadas en barrios, cada un deles co seu forno. Hoxe só se usan estes fornos tradicionais en contadas ocasións.

PEZAS TRADICIONAIS DE BUÑOAs pezas de Buño son moi variadas. Tradicionalmente eran case todas

obxectos que se usaban no fogar: cazolas, pratos, cuncas, …. Pero actualmente predominan as pezas decorativas.

top related