actividades 5º · 2021. 3. 9. · actividades 5º 1. facede un esquema sobre as diferntes familias...
Post on 13-Mar-2021
10 Views
Preview:
TRANSCRIPT
ACTIVIDADES 5º
1. FACEDE UN ESQUEMA SOBRE AS DIFERNTES FAMILIAS DE
INSTRUMENTOS: DE CORDA, DE VENTO E DE PERCUSIÓN.
2. INTERPRETAR Á FRAUTA O MINUETO DE BACH, TENDO EN
CONTA OS PUNTOS DE REPETICIÓN, CANDO REPITAMOS,
SALTAREMOS DE 1 A 2 , É DECIR CANDO REPITAMOS SALTAMOS
AS NOTAS QUE ESTÁN NO 1 E TOCAMOS NO SEU LUGAR AS QUE
ESTÁN NO 2.
Obradoiro / Santillana
Instrumentos de corda
Corda fretada
Corda pulsada Corda percutida
Os instrumentos de corda producen o son mediante a vibración das súas cordas sobre unha caixa de resonancia que amplifica o son. Constrúense en madeira, e segundo como se produza esta vibración divídense en tres tipos:
Instrumentos de corda fretada, en que as cordas vibran ao ser fretadas cun arco feito de crinas de cabalo untadas en resina (violín, viola, violonchelo, contrabaixo).
Instrumentos de corda pulsada, en que as cordas vibran ao ser pulsadas cos dedos da man ou cunha puga (guitarra, laúde, arpa).
Instrumentos de corda percutida, en que as cordas vibran ao ser golpeadas por uns maciños accionados polos dedos da man a través dun mecanismo interior (piano).
guitarra laúde piano de cola
violaviolín contrabaixo
piano de paredearpa
violonchelo
343526 _ 0001-0010.indd 2 17/06/11 12:02
Obradoiro / Santillana
Instrumentos de vento
Vento-madeira
Vento-metal
Os instrumentos de vento producen o son mediante a vibración do aire no interior dun tubo.
Desde antigo divídense en dous tipos: vento-madeira e vento-metal. Non obstante, hoxe en día algúns dos instrumentos clasificados como vento-madeira están feitos de metal (como a frauta traveseira e o saxofón).
Os instrumentos de vento-madeira poñen o aire en movemento por medio dunha lingüeta simple (saxofón, clarinete), dobre (óboe, fagot) ou por un bisel (frauta).
Os instrumentos de vento-metal poñen o aire en movemento por medio da vibración dos labios directamente sobre a embocadura.
frauta doce clarinete
trombón de varas trompa
saxofón alto
tubatrompeta
frauta traveseira óboe fagot
343526 _ 0001-0010.indd 1 17/06/11 12:01
Obradoiro / Santillana
Instrumentos de percusión
Percusión de son determinado
Percusión de son indeterminado
Os instrumentos de percusión son aqueles que producen sons ao ser golpeados, raspados ou axitados. Segundo o tipo de son que producen divídense en:
Instrumentos de percusión de son determinado: aqueles capaces de tocar notas musicais, como os timbais, a marimba, as campás tubulares, o xilófono, o metalófono e o carillón.
Instrumentos de percusión de son indeterminado: aqueles que non emiten notas concretas pero que se usan para crear ritmos, como o bombo, o tambor, os os pratos, o triángulo, as maracas, as ferreñas, o güiro, as castañolas, as claves, o pandeiro, a pandeireta, a caixa chinesa, os axóuxeres e os crótalos.
timbal
xilófono campás tubulares
claves
pandeiro pandeiretacaixa chinesa axóuxeres crótalos
bombo
tambor
pratostriángulomaracas ferreñasgüiro castañolas
marimba
metalófonocarillón
343526 _ 0001-0010.indd 3 17/06/11 12:02
top related