a planificación lingüística no ensino

Post on 28-May-2015

1.495 Views

Category:

Education

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Presentación elaborada por Mercedes Queixas Zas para as xornadas de formación "Competencia en comunicación lingüística nunha Europa plurilingüe e pluricultural" (Pontevedra, novembro 2008).

TRANSCRIPT

A PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA NO ENSINO

O EQUILIBRIO LINGÜÍSTICO NECESARIO

Mercedes Queixas ZasCoordinadora territorial ENDL – A Coruña

queixaszas@edu.xunta.es

A LINGUA: UNHA NECESIDADE COMPARTIDA

ESCOLA

CONTORNO

LINGUA GALEGA

FAMILIA

A NECESIDADE DUN NOVO TEMPO

EDUCATIVO

NOVO MARCO LEGAL

EDUCATIVO

COÑECEMENTOCIENTÍFICO AO

REDOR DAAPRENDIZAXE LINGÜÍSTICA

AVALIACIÓN DERESULTADOSEN SISTEMASEDUCATIVOS

BILINGÜES

AVALIACIÓN DERESULTADOSNO SISTEMAEDUCATIVO

GALEGO

Referente lexislativo con obxectivocomún: consecución competencia comunicativa plurilingüe

� Lei orgánica de educación (2006).

� Lei de normalización lingüística (1983)

� Decreto 124/2007 (DOG de 29 de xuño)

� Decreto 130/07 que regula as ensinanzas en EP

� Decreto 133/07 que regula as ensinanzas da ESO

Outros documentos

� Plan Xeral para a Normalización da Lingua Galega (22/09/04)

� Carta Europea de linguas rexionais e minoritarias de 1992 (ratificada polo goberno do Estado español en 2001).

� Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación.

� Consello escolar de Galicia� Informes do Consello de Europa.

Funcionamento do cerebro dun bilingüe

� Modelo 1: competencia subxacente separada

Funcionamento do cerebro dun bilingüe

� Modelo 2: competencia subxacente común

Funcionamento do cerebro dun bilingüe

� Modelo 2: competencia subxacente común

•Fonte integrada de pensamento

• Capacidade humana para almacenar e funcionar doadamente en dúas ou máis linguas

• Desenvolver unha das linguas = desenvolver o sistema cognitivo global, a capacidade comunicativa, a linguaxe

Competencia subxacente común

Transferencia da competencia de Lx a Ly

� Adecuada motivación para aprender a lingua receptora

� Exposición adecuada a ela:

cantidade input/output

correctocalidade input/output

variado uso de diferentes variedades lgcas.+

manipulación diferencial materiais lgcos.

Hipótese da interdependencia

Fonte: Huguet (2003)

Hipótese da interdependencia

Hipótese da interdependencia

0

2

4

6

8

10

12

14

4º EP 6º EP 2º ESO 4º ESO

Alumnado galego

Alumnado doutrascomunidadesautónomas

10,5

11

11,5

12

12,5

13

13,5

14

14,5

2º ESO

Alumnado galego

Alumnado do resto doEstado

ANÁLISE DE RENDEMENTO ESCOLAR EN CONTEXTOS BILINGÜES: LINGUA INGLESA

Hipótese da interdependencia

� Maior facilidade para transferir coñecementosdunha LB a unha LA ca dunha LA a unhaLB. Usar a LB na escola garantía da competencia bilingüe.

� Canto maior sexa o éxito na adquisición dunha segunda lingua, máis doada resultará a aprendizaxe da(s) seguinte(s)

PERCEPCIÓN DO ALUMNADO SOBRE FUNCIONAMENTO LINGÜÍSTICO DOS

CENTROS

1= só castelán 2= máis castelán

3= galego/castelán 4= máis galego

5= só galego

0

2

4Centro cidadePeriferiaVilaAldea

PERCEPCIÓN DO ALUMNADO SOBRE PORCENTAXE EN GALEGO NO 1º CICLO ESO

0

10

20

30

40

50

60

70

80

90

CS CN MT TC RL CR MUS OP

1º ESO2º ESO

PERCEPCIÓN DO ALUMNADO SOBRE PORCENTAXE EN GALEGO NO 2º CICLO ESO

0

10

20

30

40

50

60

70

80

CS Fº Qº Bª Xª MT PL EF TC MUS RL

3º ESO4º ESO

PORCENTAXE DOCENCIA EN GALEGO EN 2ºESO SEGUNDO TITULARIDADE DO CENTRO

0

10

20

30

40

50

60

70

80

90

CS CN MT TC MUS REL TC OPT

PÚBLICOPRIVADO

PORCENTAXE DOCENCIA EN GALEGO EN 4ºESO SEGUNDO TITULARIDADE DO CENTRO

0

10

20

30

40

50

60

70

80

CS Bª Xª MT Fª Qª EF TC MUS PL

PÚBLICOPRIVADO

Situación do ensino da lingua e da literatura galega na ESO, Bieito Silva (dir.)

� “Estes déficits na instalación social e escolar do idioma galego son considerados tanto polo profesorado como polos participantes nos grupos de discusión como o factor que condiciona máis negativamente a consecución de resultados pedagóxicos satisfactorios nesta área”.

� “Non parece arriscado percibir no recurso reiterado ás condicións sociolingüísticas un argumento exculpatorio que libere de responsabilidades persoais no ámbito estrito do quefacer docente: na renovación das metodoloxías, na procura de actividades de aprendizaxe máis motivadoras, etc.”

Situación do ensino da lingua e da literatura galega na ESO, Bieito Silva (dir.)

� “Para moitos docentes (a programación didáctica) trátase dunha tarefaque se realiza máis por prescrición administrativa que por conciencia da súa utilidade pedagóxica; unha percepción que se ve reforzada polo protagonismo que se lle atribúe ao libro de texto como verdadeira guía da práctica docente”.

� “A coordinación tamén mostra carencias importantes (...). A presenza no currículo da ESO de varias linguas (o galego, o castelán e, de forma moixeneralizada, dous idiomas estranxeiros) obrigaría a que houbese unhacoordinación intensa entre todas elas, tanto para evitar disfuncións como para aproveitar sinerxias. Esta coordinación debería realizarse a dousniveis: didáctica integrada de linguas e proxecto lingüístico de centro”.

Situación do ensino da lingua e da literatura galega na ESO, Bieito Silva (dir.)

� “ O recoñecemento por parte do profesorado dunhacoordinación intradepartamental deficiente e da ausencia case absoluta de contacto con outras áreas entendemos que son eivas importantes para avanzar de xeito satisfactorio nacompetencia idiomática dos estudantes”.

� “Coidamos que é necesario promover a reorientación dos docentes en activo cara a enfoques comunicativos que poñano uso lingüístico no centro da súa actividade didáctica”.

Situación do ensino da lingua e da literatura galega na ESO, Bieito Silva (dir.)

� A metodoloxía, o tipo de actividades de aprendizaxe, a forma de desenvolvelas e os recursos en que se apoia o proceso didáctico configuran, no seu conxunto, unha práctica docente moi reiterativa e tradicional (...). Todos eses indicadores remiten a unha maneira de facer pouco innovadora e tamén pouco axeitada aos intereses do alumnado e ás demandas do propio sistema educativo”.

� “Finalmente, non deixa de sorprender positivamente que o profesorado de lingua e literatura galega da ESO, sen excepcións, se encontremotivado e satisfeito profesionalmente e non experimente desexos de cambiar de profesión (...) De ser así, teríase gañada a base fundamental sobre a que asentar a renovación psicopedagóxica que se deduce que éimprescindible na ensinanza da lingua e da literatura galega na ESO”.

Obxectivo da escola →Competencia

Creación de espazos de uso Eliminación prexuízos

Mellora a competencia Repercusión positiva no uso

Modelos de ensino bilingüe

� Modelos de segregación: implica separación de alumnado por lingua.

� Modelos de transición: o obxectivo é o progresivo abandono da lingua socialmente minorizada.

� Modelos de mantemento: implica non separación de alumnado por lingua, todas as linguas son vehiculares e a lingua minorizada non está en situación de inferioridade. Obxectivo:adquirir competencia semellante nas dúas linguasoficiais.

� Modelos de enriquecemento: inmersión lingüística nasegunda lingua.

Modelos lingüísticos educativos en España

� Modelo de unilingüismo en castelán (maioría das CCAA do Estado español)

� Modelo de separación electiva de linguas (Euskadi)� Modelo de conxunción de linguas (Cataluña, Illas

Baleares e Galicia)• A lingua propia debén en vehicular do ensino• A lingua propia máis o castelán reparten a docencia das materias

PLANIFICACIÓNPLANIFICACIÓN

Obxectivo xeral en materia lingüística

Preámbulo Decreto 124/2007O plan xeral de normalización da lingua galega establece como un dos seus obxectivos xerais conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso, priorizando a súa presenza en sectores estratéxicos.

Para conseguir estes fins cómpre afondar no desenvolvemento dos preceptos da Lei de normalización lingüística no tocante ao ensino, sen dúbida un sector fundamental para a implantación de hábitos lingüísticos en galego, e establecer unha nova regulamentación do galego que facilite o seu emprego de xeito progresivo e xeneralizado en todos os niveis e graos non universitarios.

Obxectivo xeral en materia lingüística

Preámbulo Decreto 124/2007Cómpre reforzar a dimensión comunicativa do galego en relación con contextos vivos, facilitarlle ao alumnado unha oferta educativa que o axude a percibir a utilidade da lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz, erradicando especialmente o seu emprego sexista en todos os ámbitos e respectando, así mesmo, a situación sociolingüística en que se enmarca cada centro.

Artigo 9A educación secundaria obrigatoria proporcionaralle a todo o alumnado unha boa competencia en lingua galega que repercuta de forma positiva no seu uso.

Decreto 124/07

� É a primeira concreción do PXNLG para o ensino galego.� Aposta por un modelo educativo semellante ao decreto

anterior: modelo de conxunción de linguas.� Reitera o obxectivo último trazado na LNL: garantir a

competencia lingüística en galego e castelán.� Nace como superación do decreto anterior: modelo de

bilingüismo complementario modelo de mantemento(bilingüismo aditivo).

� Reproduce un modelo pouco intervencionista por parte da Administración.

� Nado como froito inicial dun consenso parlamentario pleno.

Decreto 124/07

Plan de formaciónPosta en valor da competencia lingüísticaRegulación das horas de docencia no ensino obrigatorio (decreto de mínimos: 50%)Tratamento individualizado do ensino infantilDocencia para persoas adultasElaboración e publicación de materiais curriculares en galegoReordenación do sistema de exención de lingua galegaAvaliación interna e externa do grao de cumprimento do Plan de Normalización Lingüística do centro.Posta en valor dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.Elaboración do Proxecto Lingüístico de Centro (PLC)

Proxecto lingüístico de centro

Punto de partida sociolingüístico do centro

Planificación lingüística do centro

Consecución de obxectivos en competencia lingüística

Que debe garantir o PLC?

■ Que o alumnado que ten a lingua galega como lingua

habitual poida mantela e consolide unha competencia

plena nela.

■ Que o alumnado que ten o castelán como lingua habitual

adquira plena competencia en galego, de maneira que se

favorezan os contextos en que se exprese nela.

■ Que o alumnado adquira plena competencia en castelán

tamén.

■ Que o alumnado adquira a competencia establecida no

currículo para as linguas estranxeiras.

En que aspectos debemos reparar para abordar un PLC?

� Análise da situación sociolingüística de partida (lingua do contorno educativo, do profesorado, do alumnado e ambientalidade lingüística do centro).

� Descrición de puntos fortes e febles no centro: administración, xestión pedagóxica, relación co contexto familiar, relación co contorno, interacción didáctica…

� Reflexión e avaliación interna sobre a experiencia dinamizadora aplicada no centro.

Que plan de traballo preciso?

REALISTA

CONSENSUADO

PARTICIPATIVO

INTEGRADOR

SECUENCIADO

INNOVADOR

Proxecto lingüístico de centro (PLC)

PROXECTO LINGÜÍSTICO

DECENTRO (PLC)

Recolle medidaspara un curso

concreto.

Validez anual

Elaborado porunha comisióndesignada polo

ED

Documento de carácter

pedagóxico-administrativo

Contidos fundamentais do PLC

� En que materias diferentes das xa marcadas no decreto se vai usar como lingua vehicular o galego(Decreto 124/07 como decreto de mínimos, nunca de máximos).

� Medidas para que o alumnado que descoñeza as linguas vehiculares do ensino, e nomeadamente o galego, poida seguir con éxito esas materias.

Artigo 14. Proxecto lingüístico de centro

a) As linguas que se deben empregar nasáreas, materias, módulos ou ámbitos de coñecemento distintos dos sinalados nos artigos 7º a 12º.

Primaria1º 2º 3º 4º 5º 6º

Lingua castelá e literatura 4 4 4 4 4 3

Lingua galega e literatura 4 4 4 4 4 3

Lingua estranxeira 2 2 3 3 3 3

Educación artística 2 2 2 2 2 2

Educación física 2 2 2 2 2 2

Matemáticas 5 5 4 4 4 4

Coñecemento do medio 5 4 5 4 5 4

Relixión/Alternativa 1 2 1 2 1 2

Educación para a cidadanía - - - - - 2

TOTAIS 25 25 25 25 25 25

50% 12,5 12,5 12,5 12,5 12,5 12,5

Materias en galego establecidas nos artigos 6 e 8 do Decreto 124/07

14 13 13 12 13 13

ESOMaterias en galego establecidas nos artigos 6 e 9 do Decreto 124/07

1º 2º 3º 4º

Bioloxía e xeoloxía - - 2 3*

Ciencias naturais 4 3 0 0

Ciencias sociais, xeografía e historia 3 3 3 3

Educación para a cidadanía e DDHH 0 2 0 0

Física e química 0 0 2 3*

Lingua galega e literatura 4 3 3 3

Matemáticas 4 4 4 3

TOTAL 15 15 14 9-15

HORAS QUE FALTAN PARA OS MÍNIMOS

1 1 2 7-1

BacharelatoArtes CC e

Tecnol.Hum e CCSS Hor Total Faltan

plásticas

escénicas

1 Com. Lingua galega e literatura 3

10 6

Filosofía e cidadanía 2

Ciencias para o mundo contemporáneo 2

Mod. Culturaaudiovisual

Matemat. Historia mundo

contemp.3

2 Com. Lingua galega e literatura 3

12 4

Historia da filosofía 3

Historia de España 3

Mod. TEGP

Hª mus e danza

Matemat. Xeografía3

Artigo 14. Proxecto lingüístico de centro

b) As oportunas medidas de apoio e reforzo para un correcto uso lingüístico escolar e educativo, co fin de alcanzar o obxectivo xeral establecido na Lei de normalización lingüística e na LOE no que afecta ao fomento do plurilingüismo.

Estratexias didácticas: innovación + calidade educativa

� Estratexias do profesorado de linguas para facilitar a transferencia das aprendizaxes lingüísticas– Partir do tipo de coñecemento do alumnado

• Coñecemento de cada lingua• Coñecemento propio do alumnado bilingüe (MCRL)

– Tratamento Integrado das Linguas– Enfoque comunicativo– Reflexión lingüística contextualizada e contrastiva

INNOVACIÓNINNOVACIÓN

Estratexias didácticas

� Estratexias para que as áreas non-lingüísticas contribúan ácompetencia lingüística do alumnado:

– Usos correctos do profesorado.

– Participación activa do alumnado como reforzo das destrezas básicas: ler, comprender, escribir e falar.

– Comprensión e planificación do texto oral e escrito. Ensinar a pensar.

Estratexias didácticas

� Estratexias de centro para asegurar que os usos lingüísticos que se fan no centro favorecen o obxectivo de competencia bilingüe que guía a Planificación lingüística do centro:– Profesorado (formación, asesoramento, actitudes…)– Familias (información).– Centro como espazo comunicativo (biblioteca, radio,

conferencias, teatro, música…).– Interrelación entre os diferentes proxectos que

conforman o PE (lector, tics, interdisciplinar...).– Intercambio de experiencias con outros centros.– Aproveitamento do contorno como axente educativo.

A DIDÁCTICA INTEGRADA DAS LINGUAS COMO ESTRATEXIA DE INNOVACIÓN

PEDAGÓXICA

LINGUA

DISCIPLINAACADÉMICA

FERRAMENTA COMUNICATIVA

LINGUA OFICIAL

LINGUAESTRANXEIRA

???

A DIDÁCTICA INTEGRADA DAS LINGUAS COMO ESTRATEXIA DE INNOVACIÓN

PEDAGÓXICA

� OBXECTIVO FINAL: O alumnado rendibiliza as súasaprendizaxes lingüísticas e desenvolve ao máximo a súacompetencia plurilingüe.

� METODOLOXÍA: • Da unificación terminolóxica á planificación conxunta• Compartir programación, metodoloxías, criterios de avaliación

� NECESIDADES:• Ser un equipo docente• Reflexionar sobre a necesidade dun cambio metodolóxico• Coñecer que teñen en común as linguas do currículo• Coñecer didáctica das linguas en contextos bilingües• Adaptar os materiais didácticos ás novas finalidades

A DIDÁCTICA INTEGRADA DAS LINGUAS COMO ESTRATEXIA DE INNOVACIÓN

PEDAGÓXICA

� REFERENTE: MARCO EUROPEO COMÚN DE REFERENCIA PARA AS LINGUAS (2002)

• As linguas relaciónanse entre si e interactúan

• A aprendizaxe de idiomas é unha tarefa que dura toda a vida

• Ten especial importancia o desenvolvemento da motivación, a destreza e a confianza á hora de se enfrontar a unha experiencia lingüística fóra do centro escolar.

• O plurilingüismo ten que contemplarse no contexto do pluriculturalismo: a lingua é un medio de acceso ásmanifestacións culturais que representa.

A DIDÁCTICA INTEGRADA DAS LINGUAS COMO ESTRATEXIA DE INNOVACIÓN

PEDAGÓXICA

� REFERENTE: Decreto 133/2007 (Currículo LG)“ O traballo por proxectos que impliquen varias disciplinas é, neste sentido, de grande utilidade. Fundamentalmente épreciso asegurar a coordinación do profesorado de lingua galega co que imparte as outras linguas no centro. Convén buscar a maneira de rendibilizar os coñecementos lingüísticos e literarios que ten o alumnado, aproveitando todos os contidos adquiridos nunha das materias para a aprendizaxe das outras. Unhaproposta didáctica integradora das distintas linguas do centro asegura a transferencia de saberes entre elas”.

A DIDÁCTICA INTEGRADA DAS LINGUAS COMO ESTRATEXIA DE INNOVACIÓN

PEDAGÓXICA

� REFERENTE: Decreto 133/2007 (Currículo LC)

“A lingua é un instrumento fundamental no desenvolvemento das outras materias que compoñen o currículo, polo que se converte nunelemento determinante do labor educativo que reverte na propia materia e nas demais, co que se fainecesaria unha coordinación coa materia de lingua galega e literatura e coas demais linguasdo centro”.

A DIDÁCTICA INTEGRADA DAS LINGUAS COMO ESTRATEXIA DE INNOVACIÓN

PEDAGÓXICA

� REFERENTE: Decreto 133/2007LINGUA GALEGA

LINGUA CASTELÁ

LINGUAS ESTRANXEIRAS

OBXECTIVOS

CONTIDOS

AVALIACIÓN

A DIDÁCTICA INTEGRADA DAS LINGUAS COMO ESTRATEXIA DE INNOVACIÓN

PEDAGÓXICA

� CONCEPCIÓNS PARA SUPERAR:

• Filosofía monolingüe do sistema educativo.

• Concepción compartimentada da aprendizaxe de linguas.

• Obsesión purista e normativa.

• Abuso de metodoloxías centradas no código sen ningunhaproxección real sobre o uso.

� PLAN DE TRABALLO:

• Formación do profesorado

• Organización do currículo

Artigo 14. Proxecto lingüístico de centro

� C) Os criterios para determinar a linguapredominante do contorno a que se refire o artigo 7º deste decreto.

Determinación da lingua do contornoFontes primarias� Cuantitativas

– Enquisas• Indicador global• Indicadores

sectoriais: profesorado, alumnado, contexto sociolingüístico exterior e ambientalidade do propio centro

Fontes primarias

� Cualitativas

– Puntos fortes

– Puntos febles

– DAFO

DAFO

� FORTALEZAS: Factores internos ao centro que sustentan o éxito das futuras accións

� DEBILIDADES: Factores internos ao centro que formulan freos e obstáculos

� OPORTUNIDADES: Factores presentes no contorno que poden influír positivamente. Facilitan novos ámbitos de actuación e novos métodos de traballo.

� AMEAZAS: Factores presentes no contorno que poden influír negativamente

DAFO

OPORTUNIDADESFORTALEZASASPECTOS POSITIVOS

AMEAZASDEBILIDADESASPECTOS NEGATIVOS

FACTORES EXTERNOS

FACTORES INTERNOS

Fontes secundarias

– Datos fornecidos polos pais– Datos estatísticos oficiais

• Censo de poboación e vivendasDo 2001. Datos por comarcas e por concellos

• Enquisa de condicións de vida das familiasDo 2003. Datos por provincias

. Datos a nivel municipal (SNL)– MSG

Do 1992 ou do 2004. Lingua inicial e competencia lingüística. Sete cidades e outras entidades de poboación clasificadas por número de habitantes

Artigo 14. Proxecto lingüístico de centro

� D) As medidas adoptadas para que o alumnado que non teña o suficiente dominio das linguas poida seguir con aproveitamentoas ensinanzas que se lle impartan.

Medidas de atención á diversidade

� Titoría (seguimento, integración, valoración das linguas de orixe…)

� Apoio dentro/fóra da aula (con PT ou con outroprofesor)

� Reforzo

� Adaptación curricular (áreas de linguas)

� Desdobramentos e agrupamentos específicos (só en secundaria)

Medidas de atención ao alumnado estranxeiro

� Exención (Decreto 124/07)� Orde 20 de febreiro de 2004 (DOG nº 40 do 26 de

febreiro)– Acción titorial– Curriculares

• Reforzo educativo• Adaptación curricular

• Flexibilización de idade

– Organizativas• Grupos de adquisición de linguas

• Grupos de adaptación da competencia curricular

Profesorado de apoio

Artigo 4º

As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria avaliarán en todos os centros que escolaricen alumnado procedente do estranxeiro os recursos existentes e as necesidades derivadas desa escolarización co propósito de propicia-las dotacións necesarias para levar a cabo as atencións establecidas nesta orde

A necesidade de elaborarmos unhaplanificación sociolingüística plurianual

PSC

Ao redor da PSCarticúlase a dinamización

lingüística axeitadaá tipoloxía de cada centro dentro do PE

Ten unha validez plurianual

Serve de referenteinicial para o PLC

(prescritivo)

Debe elaboralounha comisión

ampla do centro e ser consensuado para ser asumido.

Non é obrigatorio, mais si necesario

para trazar con rigoro camiño cara áconsecución do

obxectivo lingüístico

Toma como principalreferente a lingua do

contorno

Planificación sociolingüística plurianual: por que?

VISUALIZA SITUACIÓN

SOCIOLINGÜÍSTICADE PARTIDA

FACILITA A REFLEXIÓN

INTERNA

DOCUMENTOPLURIANUAL

PROCURA O TRABALLO EN

EQUIPO

APOSTA POR UN ENSINO

PLURILINGÜE REAL

NECESARIO PARA COMPLETAR O

DECRETO 124/2007

Planificación sociolingüística plurianual

☺ SINERXÍA� DISPERSIÓN

☺ IMAXINACIÓN� RUTINA

☺UNIVERSALIDADE� PARCIALIDADE

☺ PROGRAMACIÓN� IMPROVISACIÓN

CONCORDA CON:OPONSE A:

Planificación sociolingüística plurianual : quen a elabora?

EQUIPODIRECTIVO

ENDL CCPAPOIO

DOCLAUSTRO

Axentes da planificación sociolingüística plurianual

FUTURO:A PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA NO ENSINO

Avances cara unha sociedade culta, respectuosae referente de convivencia social

Novos retos por

descubrir para

o profesorado

Mellores resultados

para conseguir no

alumnado

A lingua é a chave que abre o mundo, Manuel María

Quen sabe falar nunca é pobre (proverbio africano)

Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma

(Castelao)

Gran parte das dificultades polas que atravesa o mundo

débese a que os ignorantes están completamente seguros e os

intelixentes cheos de dúbidas (Bertrand Russell)

top related