a estrutura da poboación en españa e en galicia
Post on 30-Jun-2015
3.950 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
PO
BO
AC
IÓN
Isaac Buzo Sánchez(ADAPTADO)
ESTRUTURA DA POBOACIÓNESPAÑOLA E GALEGA
España 1996
DEFINICIÓN
Denomínase estrutura da pobación á clasificación dos compoñentes dunha determinada poboación atendendo a diferentes variables:
-Idade e sexo: estrutura demográfica-Actividadeeconómica: estrutura profesional-Relixión-Lingua-Orixe étnica-Etc.
O estudo da estrutura da poboación adoita realizarse utilizando diferentes tipos de gráficos:
- Pirámide de poboación- Gráficos sectoriais
Prof. Isaac Buzo Sánchez
ESTRUTURA DEMOGRÁFICA
A estrutura demográfica dunha poboación é a súa distribución por idade e sexo
Está distribución adoita representarse nun gráfico de barras horizontais denominado pirámide de poboación, onde fican reflectidas as proporcións a respecto do total da poboación, de homes (á esquerda) e mulleres (á dereita) e dos diferentes grupos de idade (de cinco en cinco anos), representado en forma de barras
Fonte: Elaboración propia
España 1996
Prof. Isaac Buzo Sánchez
ESTRUTURA DEMOGRÁFICA:España
1
3
4
5
66
2
Fonte: wikimedia
Prof. Isaac Buzo Sánchez
ESTRUTURA DEMOGRÁFICA:España
A análise da pirámide de poboación española presenta as seguintes características:
- Forte estrangulamento na base, motivado polo descenso da natalidade e da fecundidade a partir da metade dos anos 70- Lixeiro incremento da base nos últimos anos a causa do aumento da natalidade provocada pola chegada de inmigrantes e pola chegada á idade fértil da xeración do baby-boom- Notable incremento da poboación adulta, sobre todo entre os 20 e os 40 anos, como consecuencia do baby-boom. Malia o elevado número de mulleres en idade fértil, o número de nacementos estase a reducir notablemente pola baixa fecundidade- Redución do grupo de idade entre os 40 e 60 anos, como consecuencia das perdas ocasionadas pola Guerra Civil. Trátase dunha xeración oca correspondente aos non naciods na Guerra Civil e na Posguerra, e ás consecuencias da emigración exterior na súa etapa de maior intensidade (1960-1975)
Prof. Isaac Buzo Sánchez
1
2
3
4
ESTRUTURA DEMOGRÁFICA:España
- A maior mortalidade natural masculina nos grupos de idade superior e a maior esperanza de vida feminina apréciase claramente no cumio da pirámide
- Por sexo apréciase unha poboación masculina máis elevada cá feminina até os 24 anos, momento a partir do cal tenden a igualarse para diferenciarse de novo a partir dos 45 anos, esta vez a favor das mulleres (Taxa de masculinidade ou sex-ratio)
- Aínda que nas pirámides de poboación máis actuais tenden a ser imperceptibles os seus efectos, cómpre sinalar os efectos da gripe de 1918 ou os da Guerra Civil sobre as pirámides de poboación de outros momentos durante o século XX
Prof. Isaac Buzo Sánchez
5
6
7
ESTRUTURA DEMOGRÁFICA:España
ESTRUTURA DEMOGRÁFICA:España
ESTRUTURA DEMOGRÁFICA:Galicia
Fonte: IGE
Galicia. 2005
ESTRUTURA DEMOGRÁFICA:Galicia
Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes
ESTRUTURA PROFESIONAL
É a clasificación da poboación atendendo a criterios laborais
POBOACIÓN
ACTIVAAquela que se atopa en idade
llegal de traballar
e
TRABALLA = OCUPADOS
DESEXA TRABALLAR =PARADOS
INACTIVAAquela que non pode traballar ou
non quere traballar
CATIVOSXUBILADOSAMAS DE CASAESTUDANTESINCAPACITADOSRENDISTAS
Prof. Isaac Buzo Sánchez
ESTRUTURA PROFESIONAL
Para comparar os datos de actividade de diversos lugares utilízase a Taxa de Actividade, que pon en relación o total da poboación activa coa poboación total expresada en tantos por cento
Taxa de actividade= Poboación activa x 100 / Poboación absoluta
Outro dato importante que se obtén da estrutura profesional é a taxa de dependencia, que é a relación entre a poboación dependente (menores de 16 e maiores de 65) coa poboación potencialmente activa
Taxa de dependencia = Poboación dependente (0-16 e +65) x 100 / Poboación potencialmente activa (16-65)
Prof. Isaac Buzo Sánchez
ESTRUTURA PROFESIONAL
A poboación activa clasifícase nos tres sectores profesionais:
Primario: que inclúe as actividades relacionadas coa agricultura, gandaría, explotación forestal e pesca
Secundario: que inclúe aquelas profesións que están relacionadas coa industria, minería e a construción
Terciario: inclúe todas as actividades que ofrecen un servizo: educación, sanidade, turismo, transporte, comercio, etc.
Prof. Isaac Buzo Sánchez
ESTRUTURA PROFESIONAL
A poboación activa represéntase nun gráfico sectorial, sendo cada sector proporcional á poboación que traballa nel
A proporción de cada un dos sectores a respecto do total da poboación activa é un indicador do grao de desenvolvemento da sociedade que se está a analizar
Sociedades enriquecidas: < 15 % primario; 30-40 % secundario; >50 % terciarioSociedades empobrecidas: 50-85 % primario; 20 % secundario;<20 % terciarioFonte: Elaboración propia
Prof. Isaac Buzo Sánchez
ESTRUTURA PROFESIONAL:España: Taxa de actividade
A taxa de actividade descendeu até 1987,debido á emigración (marcha de poboación en idade de traballar) e ao aumento da taxa de dependencia (retraso na incorporación ao mercado laboral dos estudantes). A partir de 1987 aumenta a taxa de actividade debido á incorporación paulatina da muller ao traballo, á fin da emigración e ao inicio da inmigración, así como ao cambio que se produciu no sistema de elaboración da EPA. Actualmente: Maior actividade en homes que en mulleresAumento progresivo da taxa de actividade femininaMaiores taxas de actividade entre os homes de 25-54 anos (logo comezan as xubilacións anticipadas)Maiores taxas de actividade entre as mulleres entre os 20 e 24 anos (moitas abandonan temporal ou definitivamente o traballo para ter fillos)Maiores taxas de actividade en rexións economicamente dinámicas (costa mediterránea, arquipélagos, Euskadi, Barcelona e Madrid)Menores taxas de actividade nas rexións interiores (máis poboación dependente: anciáns e cativos) e rexións afectadas pola crise industrial (concas mineiras, industria naval, etc.)
Prof. Isaac Buzo Sánchez
ESTRUTURA PROFESIONAL:España: Taxa de actividade
Fonte: España en Cifras 2007. INE
Prof. Isaac Buzo Sánchez
ESTRUTURA PROFESIONAL:España: Desemprego
O desemprego evolucionou nas seguintes etapas:
Até 1973: non foi un problema grave (<3%): emigración e poucas mulleres traballando Entre 1973 e 1985: aumentou a taxa de desemprego debido á crise económica, á reconversión industrial, ao retorno dos emigrantes e á incorporación da muller ao traballo e á progresiva incorporación das xeracións do baby-boom ao mundo laboral Entre 1985 e 1995: o desemprego retrocedeu lixeiramente até 1990 pola mellora da situación económica para volver crecer posteriormente até 1995 (tralos fastos do 92) Desde 1995 até 2008, a taxa de desemprego descende a causa da favorable coxuntura económica e á entrada no mercado laboral de xeracións menos numerosas. A redución da taxa de desemprego permitiu a incorporación de inmigrantes estranxeiros ao mercado laboral español nos últimos dez anos Dende 2088 até a actualidade: a forte crise económica mundial, unido ao estalido da burbulla inmobiliaria e á creba do crecemento económico español centrado fundamentalmente no sector da construción, leva a un forte aumento do desemprego, até acadar máis de 4 millóns de desempregados, con taxas próximas ao 20%
Prof. Isaac Buzo Sánchez
ESTRUTURA PROFESIONAL:España: Desemprego
Fuente: España en Cifras 2007. INE
Prof. Isaac Buzo Sánchez
ESTRUTURA PROFESIONAL:España: Desemprego
Fonte: EPA 4º trimestre 2009. INE
ESTRUTURA PROFESIONAL:España: Desemprego
Fonte: Ministerio de Trabajo. Marzo de 2010
ESTRUTURA PROFESIONALEspaña: Desemprego
Etapas da evolución sectorial ao longo do s. XX
a) O sector primario evolucionou dende un 63 % a principios do s. XX até un 6 % na actualidade. Causas: éxodo rural, só freado durante a Guerra Civil e posguerra, nos momentos de crises económicas (1975) e polas axudas europeas ás actividades agrarias
b) O sector secundario ocupa un 16% da poboación a comezos do s. XX, aumentando durante todo o século até a crise de mediados dos 70, que fai diminuír os traballadores industriais até o 30 %, cifra que máis ou menos se mantén na actualidade
c) Os servizos partían dun 18 % en 1900 (fundamentalmente administrativos) e foron medrando durante o século até se converter no sector dominante, cun 63 % na actualidade
Territorialmente o sector primario é maior nas rexións do interior, Galicia e Andalucía, mentres que o sector industrial ten máis peso na Rioxa, Navarra, Cataluña e Euskadi. As rexións litorais e turísticas, xunto con Madrid, teñen un sector terciario por riba da media
Prof. Isaac Buzo Sánchez
ESTRUTURA PROFESIONALEspaña: Desemprego
ESTRUTURA DA POBOACIÓN ACTIVA DE ESPAÑA. AÑO 2000
Fonte: Elaboración propia
Prof. Isaac Buzo Sánchez
top related