estudo da poboación senegalesa residente en galicia como axente de desenvolvemento (2007)

90
ESTUDO DA POBOACIÓN SENEGALESA RESIDENTE EN GALICIA COMO AXENTE DE DESENVOLVEMENTO Coordinadora do Proxecto: Laura Oso Casas Investigadora: Iria Vázquez Silva Investigadora colaboradora: Rokhaya Biaye Grupo de investigación sobre Socioloxía das Migracións Facultade de Socioloxía- Universidade da Coruña Decembro 2007

Upload: galiciaaberta-emigracion

Post on 30-Mar-2016

228 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento.

TRANSCRIPT

Page 1: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

ESTUDO DA POBOACIÓN SENEGALESA

RESIDENTE EN GALICIA COMO AXENTE DE

DESENVOLVEMENTO

Coordinadora do Proxecto: Laura Oso Casas

Investigadora: Iria Vázquez Silva

Investigadora colaboradora: Rokhaya Biaye

Grupo de investigación sobre Socioloxía das Migracións

Facultade de Socioloxía- Universidade da Coruña

Decembro 2007

Page 2: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

ÍNDICE

1.- INTRODUCCIÓN .......................................................................4

2.- OBXECTIVOS ..........................................................................6

3.- APUNTES METODOLÓXICOS .........................................................8

4.- PERFIL SOCIO- DEMOGRÁFICO DO COLECTIVO SENEGALÉS EN GALICIA......11

5.- RESULTADOS DO TRABALLO DE CAMPO..........................................22

5.1.- CONTEXTO DE ORIXE: O COMPLEXO MAPA DE SENEGAL ....................22

5.1.1.- Principais procedencias de orixe da inmigración

senegalesa en Galicia ........................................................22

5.1.2.- A especificidade étnica e relixiosa do colectivo senegalés en

Galicia ..........................................................................27

5.2.- CONTEXTO DE CHEGADA: A VIDA EN GALICIA ................................30

5.2.1.- A viaxe e a elección de Galicia como destino ..................30

5.2.2.- Os patróns de aforro e consumo en Galicia .....................33

5.2.3.- A inserción laboral dos/as entrevistados/as ....................36

5.3.- COMPORTAMENTOS TRANSNACIONAIS:

REDES ENTRE ORIXE E DESTINO ................................................44

5.3.1.- As redes económicas con Senegal e a súa relación

co desenvolvemento .........................................................44

2

Page 3: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

5.3.2.- As redes sociais transnacionais: as diferentes conexións

con Senegal ...................................................................51

5.3.2.1.- O contacto coa familia: unha constante.................51

5.3.2.2.- O seguimento de Senegal en Galicia .....................54

5.4- MAPA DE ACTORES SOCIAIS CLAVE NO TRABALLO COA

INMIGRACIÓN SENEGALESA ............................................................58

5.4.1.- O asociacionismo inmigrante senegalés ............................59

5.4.2.- As cofradías relixiosas: as Dahiras ..................................65

5.4.3.- ONG´s e sindicatos ....................................................67

5.5. – MAPA DE ACTORES SOCIAIS CLAVE NO CODESENVOLVEMENTO CON

SENEGAL ..................................................................................71

6.- CONCLUSIÓNS .......................................................................74

7.- BIBLIOGRAFÍA .......................................................................77

ANEXO 1: GUIÓN DAS ENTREVISTAS EN PROFUNDIDADE

A SENEGALESES/AS......................................................................80

ANEXO 2: GUIÓN DAS ENTREVISTAS EN PROFUNDIDADE

ÁS ORGANIZACIÓNS......................................................................84

ANEXO 3: LISTADO DE ENDEREZOS E TELÉFONOS DE ASOCIACIÓNS, ONG´S

E SINDICATOS RELACIONADOS COA INMIGRACIÓN SENEGALESA..................87

ANEXO 4: ÍNDICE DE TÁBOAS E MAPAS................................................90

3

Page 4: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

1.- INTRODUCCIÓN

O presente estudo ten como obxectivo realizar un achegamento ó colectivo inmigrante

senegalés residente en Galicia en relación ós seus comportamentos transnacionais para

detectar de que xeito están a afectar ó desenvolvemento do seu país de orixe, analizando

con que frecuencia e de que modo se establecen estas redes, tanto económicas como

sociais, con Senegal.

Forzosamente, a nosa ollada se aparta daquela concepción que ve ós/ás migrantes como

grupos sedentarios que desenvolven relacións estáticas tan só no lugar onde viven (o

lugar de chegada). Pola contra, ó que asistimos, como están a recoller diferentes

estudosos/as das Migracións Internacionais, é a un accionar transnacional a partir dos

vínculos plurais que suscita a migración. Créanse, deste xeito, múltiples e sostidas

oportunidades de acción transnacional polo interese simultáneo de diferentes actores

inscritos nestes campos sociais transnacionais, nos que debemos incluír non só ós/ás

propios/as migrantes senón ós Estados, ás entidades non gobernamentais, e ás

corporacións empresariais que configuran e potencian a circulación permanente de

persoas, información, mercancía, símbolos e capital entre os nodos das redes

migratorias1.

Neste senso, sería moi reduccionista, pensar que os/as inmigrantes inflúen

exclusivamente á sociedade de acollida; pola contra, como nos lembra Guarnizo2, hai

que ter moi presente o feito de que as persoas migrantes se atopan implicadas nunha

gran variedade de prácticas que implican o intercambio dunha morea de recursos

tanxibles e intanxibles que inclúe xente, (que emigra, volve emigrar, visita o seu fogar

con regularidade), recursos monetarios, (inversións comerciais, remesas familiares,

axuda humanitaria), recursos non monetarios, (ideas e símbolos culturais), e apoio

político e oposición.

1 Cortés, Almudena (2006): “Codesarrollo y migración: una lógica transnacional. Reflexiones sobre el caso español” en Puntos de Vista nº 8/Codesarrollo, Decembro 2006, Publicaciones del Observatorio de las Migraciones y de la Convivencia intercultural de la ciudad de Madrid, Madrid, pp. 7- 27. 2 Guarnizo, Luis et al. (2003): “Desconfianza, solidaridad fragmentada y migración transnacional: los colombianos en la ciudad de Nueva York y Los Ángeles”, en Portes, Alejandro et al (eds) La globalización desde abajo: transnacionalismo inmigrante y desarrollo, FLACSO, México, pp. 233-270.

4

Page 5: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Estamos, polo tanto, ante un entramado de diferentes actores que están a tecer unhas

redes, ás veces invisibles, outras máis manifestas, entre as zonas de orixe dos/as

inmigrantes e as de destino. No caso que nos ocupa, analizaremos especificamente estes

comportamentos transnacionais para o colectivo de inmigrantes senegaleses, tendo en

conta as súas especificidades culturais e relixiosas, que, como veremos, inflúen moito

no tipo de comunicación que se vai establecer con Senegal. Como xa se sinalou, os/as

migrantes non son os/as únicos/as que tecen redes, polo que tamén lle prestaremos

atención ás asociacións de inmigrantes senegaleses, así como a aquelas ONG´s e

sindicatos que traballan con este colectivo, analizando dun xeito pormenorizado aqueles

proxectos de codesenvolvemento que están funcionando na actualidade entre Galicia e

Senegal.

Co fin de poder afondar nesa perspectiva dual que se precisa para analizar os

comportamentos transnacionais, este estudo se estructura nos seguintes apartados: en

primeiro lugar, nos fixaremos no contexto de orixe, centrándonos naquelas rexións

dentro de Senegal, que maioritariamente son as zonas de orixe da inmigración

senegalesa en Galicia, analizando tamén a súa especificidade étnica e relixiosa. En

segundo lugar, percorreremos a viaxe ata Galicia, para analizar xa en destino os patróns

de aforro e consumo que seguen os inmigrantes senegaleses, para estudar,

posteriormente, as redes tecidas por estes/as inmigrantes entre a orixe e o destino, (en

realidade as redes tecidas polos/as inmigrantes irán saíndo ó longo de tódolos apartados;

neste epígrafe trataremos aquelas redes máis manifestas). Por último, se detectarán

aquelas asociacións, ONG´s ou sindicatos referentes para o colectivo de senegaleses/as.

5

Page 6: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

2.- OBXECTIVOS

O obxectivo xeral deste Proxecto de Investigación consiste na realización dunha

aproximación á poboación senegalesa residente en Galicia como axente de

desenvolvemento; é dicir, o obxectivo fundamental é analizar o comportamento

transnacional da poboación senegalesa en conexión co seu país de orixe, Senegal,

observando en que senso esta inmigración senegalesa en Galicia está tendo un impacto

no desenvolvemento do seu contexto emisor.

Deste obxectivo xeral, se derivan outros obxectivos máis concretos:

• (1). Precisamos, antes que nada, delimitar o perfil socio- demográfico da

poboación senegalesa residente en Galicia: número, sexo, idade, a súa

distribución xeográfica e onde se ocupan economicamente, para ter unha

visión xeral deste colectivo na nosa comunidade.

• (2). A partires destes datos e do traballo cualitativo se analizarán outras

variables, como as estratexias de aforro, consumo e envío de remesas.

• (3). Estudaranse, así mesmo, as estratexias de inversión dos recursos

económicos no país de orixe e en Galicia.

• (4). Outro eido importante será a identificación das redes sociais

transnacionais tecidas entre os/as inmigrantes senegaleses/as, e a avaliación

do papel destas redes.

• (5). Análise da circulación transnacional de mercancías, símbolos, imaxes,

valores culturais, estilos de consumo e de vida.

6

Page 7: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

• (6). Estudo sobre o uso das novas tecnoloxías por parte da poboación

migrante senegalesa para o establecemento de relacións comerciais e sociais

transnacionais.

• (7). Por último, detectaremos que actores sociais son os máis involucrados

no eido do codesenvolvemento con Senegal, tanto entre o propio colectivo

senegalés como dentro da poboación autóctona e das súas organizacións.

7

Page 8: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

3.- APUNTES METODOLÓXICOS

O primeiro paso imprescindible da Investigación para poder posteriormente afondar nos

comportamentos da inmigración senegalesa en Galicia, consiste en facer un primeiro

achegamento ó perfil socio- demográfico da poboación inmigrante senegalesa residente

en Galicia (obxectivo 1), para o cal levamos a cabo unha explotación de datos

secundarios para a poboación senegalesa na nosa comunidade. Fundamentalmente

explotamos os datos do Padrón Municipal, (de 2006 e o avance do Padrón de 2007), e

os Censos de Poboación e a Estatística de Variacións Residenciais, ambos rexistros

procedentes do Instituto Nacional de Estatística. Empregaremos tamén os datos da

Seguridade Social, e os datos referentes ós movementos migratorios do Instituto Galego

de Estatística. A maiores, para facernos unha idea dos nichos laborais da poboación

senegalesa en Galicia usaremos, a súa vez, os datos recollidos polo Observatorio

Ocupacional da Xunta de Galicia.

En relación ós obxectivos (2), (3), (4), (5) e (6) empregamos unha metodoloxía

cualitativa mediante a realización de entrevistas en profundidade a inmigrantes

senegaleses/as residentes en Galicia. Leváronse a cabo un total de 12 entrevistas a

inmigrantes senegaleses. Debido ó maior peso da poboación inmigrante nas provincias

de A Coruña e Pontevedra, se realizaron seis entrevistas na provincia de Pontevedra

(cinco delas en Vigo e unha en Moaña); outras cinco entrevistas se fixeron na provincia

de A Coruña, concretamente na cidade da Coruña; por último, a entrevista restante

realizouse na cidade de Ourense. Do total de persoas entrevistadas, dez son varóns, e

dúas son mulleres. Esta maior representación de varóns resposta ó feito de que a

inmigración senegalesa é eminentemente masculina, tal e como veremos no seguinte

apartado; mais, tamén se realizaron varias entrevistas a mulleres senegalesas, para

captar certas especificidades de xénero dentro do colectivo. As idades varían entre os 28

e os 64 anos, aínda que a maioría se sitúa ó redor da trintena. En canto ás ocupacións

laborais, a pesares de que a maioría das persoas entrevistadas se dedican á venda

ambulante, tamén están representados outros sectores laborais, como a pesca, a

construcción e o traballo en empresas de diferente tipo, (de madeira, e un gran

almacén); un dos nosos informantes está desempregado, como consecuencia da súa

8

Page 9: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

situación de irregularidade. En canto á situación civil, sete se atopan casados/as, catro

persoas solteiras e unha viúva. Para complementar a nosa información, mantivemos

tamén reunións semanais cunha informante clave de Senegal, que colaborou á hora de

realizar e traducir tres entrevistas en lingua wolof, a lingua materna da maioría dos/as

senegaleses/as, e o idioma no que se desenvolven cunha maior confianza. Esta

informante clave colaborou con nós nas últimas etapas da investigación.

A maioría das entrevistas se realizaron nos postos de traballo dos/as entrevistados, cinco

delas nos postos de venda ambulante (tanto na rúa como nos Mercadiños); outras catro

entrevistas foron realizadas en cafeterías, e as tres entrevistas restantes foron levadas a

cabo nos locais de diferentes ONG´s e asociacións de inmigrantes, (en “Equus Zebra”,

en “Eco- Desarrollo Gaia” e na “Asociación de inmigrantes senegaleses de Ourense”).

As vías de contacto cos/as entrevistados/as se iniciaron a través de diferentes ONG´s e

asociacións de inmigrantes, empregando posteriormente o método de bola de neve. No

caso dos Mercadiños, en dúas ocasións se realizaron entrevistas sen contacto previo co/a

entrevistado/a. A duración das entrevistas en profundidade variou dende a hora ata as

dúas horas e media. Das 12 entrevistas, 5 delas foron gravadas, e as 7 restantes non foi

posible a súa gravación dado o desexo expreso dos/as entrevistados/as de non ser

gravados. Nestes casos se tomaron notas para a reconstrucción posterior do discurso.

Optamos por esta técnica das entrevistas en profundidade, debido a que, como nos

lembran Martín Muñoz e López Sala, posúe a vantaxe de que é a propia voz da/o

entrevistada/o a que revela a súa experiencia3, reflectindo a cantidade de matices e

variables que están detrás, no caso que nos ocupa, das diferentes motivacións para

emigrar, os comportamentos en destino, as relacións con Senegal, etc. Así mesmo, o

feito de que o presente estudo pretenda afondar en certas temáticas controvertidas,

(como o envío de remesas e/ou mercancías e a súa relación co desenvolvemento, os

diferentes comportamentos transnacionais dos/as entrevistados/as, o seu contacto coa

familia en orixe,...), fai necesaria a busca dunha especial confianza coa persoa

entrevistada, para o cal resulta pertinente a técnica da entrevista en profundidade.

3 Martín, Gema e López, Ana (2003): Mujeres musulmanas en España. El caso de la inmigración femenina marroquí, Instituto de la Mujer, Madrid, p. 114..

9

Page 10: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Para complementar a nosa visión sobre a inmigración senegalesa, levamos a cabo tamén

un grupo de discusión coa participación de cinco usuarios da ONG´d “Eco- Desarrollo

Gaia”, na cidade da Coruña. Este grupo de discusión xurdiu espontaneamente a partires

da visita a esta ONG, debido a que se tivo a oportunidade de aproveitar unha aula de

castelán prevista para ese día, para a realización deste grupo de discusión. Tódolos

participantes foron varóns, con idades que ían dos 20 ós 42 anos. A maioría se atopaba

en situación irregular e desempregados, aínda que algún deles traballaba na venda

ambulante. Foi posible a gravación do grupo.

En canto ó obxectivo (7), acudimos de novo ó traballo cualitativo, pero neste caso

levamos a cabo entrevistas a expertos/as e informantes clave, que nos facilitaron un

mapa de actores sociais clave no eido do codesenvolvemento con Senegal. Así,

acudimos a diferentes representantes do asociacionismo inmigrante, (senegalés e

africano), ONG´s e sindicatos. En total, realizamos oito entrevistas a este tipo de

informantes. En concreto, realizamos unha entrevista ó secretario da “Asociación de

senegaleses de Ourense”, unha entrevista ó secretario e posteriormente outra entrevista

ó Presidente da “Asociación de Senegaleses residentes en Vigo”. A maiores das

asociacións de senegaleses, levamos a cabo unha entrevista ó presidente “Asociación e

Integración de Ayuda al Desarrollo del Africano (AIDA)”. En canto ás ONG´s,

entrevistamos ó responsable do Programa Socio- Sanitario de “Ecos do Sur”, tamén

contactamos coa responsable do departamento de cofinanciación de “Equus Zebra”, e

entrevistamos tamén ó coordinador de “Eco- Desarrollo Gaia”. Para rematar, fixemos

unha entrevista conxunta a dúas traballadoras de CITE- Comisións Obreiras de Vigo.

Neste eido entrevistamos, polo tanto, a cinco homes e tres mulleres. Todas estas

entrevistas foron gravadas.

Todo o traballo de campo se realizou entre os meses de outubro e novembro de 2007,

contando sempre cunha actitude moi colaboradora por parte das persoas entrevistadas.

Para manter o anonimato das persoas contactadas, só faremos referencia á

nacionalidade, sexo e ocupación das persoas entrevistadas.

10

Page 11: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

4.- O PERFIL SOCIO- DEMOGRÁFICO DO COLECTIVO SENEGALÉS EN GALICIA

O primeiro obxectivo a acadar neste estudo é a delimitación dun perfil socio-

demográfico da poboación senegalesa residente en Galicia. Para o cal se realizou unha

explotación de datos secundarios procedentes, fundamentalmente, do avance do Padrón

Municipal do 2007, co fin de realizar un achegamento ó volume deste colectivo por

sexos e idades, a súa distribución municipal e provincial; a maiores, tamén se detectaron

as súas principais ocupacións laborais.

En primeiro lugar, tal e como se observa na táboa 1, a poboación total senegalesa no ano

2007 ascende a 1109 persoas, das cales 1005 son varóns, e 104 son mulleres; é, polo

tanto unha inmigración moi masculinizada, (a porcentaxe de varóns senegaleses ascende

en Galicia ó 91,7% fronte ó 8,3% de mulleres). Esta é unha característica que se

reproduce tamén, aínda que en menor medida, para a inmigración senegalesa residente

en España, a cal para este mesmo ano conta con 29027 varóns fronte a 5388 mulleres; é

dicir, o 84,4% son varóns fronte ó 15,6% de mulleres senegalesas. Esta asimetría en

termos de xénero na migración senegalesa é un fenómeno que, segundo Kaplan4 e en

referencia á migración senegambiana en Cataluña, se pode explicar se temos en conta

que o rol de emigrar, na sociedade de orixe, correspondeu tradicionalmente ó home.

Ademais, hai que ter en conta que o fluxo de inmigración senegalesa é moi recente en

Galicia, o que incrementa aínda máis esa diferencia entre varóns e mulleres inmigrantes,

(as reagrupacións familiares aínda son incipientes na nosa comunidade). Segundo estes

datos, e facendo unha comparativa entre a poboación senegalesa en Galicia respecto á

residente en toda España, hai que subliñar que o peso desta inmigración en Galicia é

bastante pequeno, en concreto supón o 3,2% dos/as senegaleses no Estado.

En canto á distribución xeográfica da inmigración senegalesa dentro da nosa

comunidade, se detecta, como xa se adiantou, unha forte concentración nas provincias

da Coruña e Pontevedra, as cales aglutinan ó 93,2% da poboación senegalesa

4 Kaplan, Adriana (2003): “Los procesos migratorios: senegambianos en Cataluña” [en liña]: Instituto de Altos Estudios Universitarios, dipoñible en: www.iaeu.es, [consulta: 10/10/2007].

11

Page 12: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

empadroada en Galicia. A provincia cunha maior concentración de estranxeiros/as

procedentes de Senegal é A Coruña (cun 48,5 %), seguida de Pontevedra (44,7 %), e

moito máis lonxe se atopan as provincias de Ourense e Lugo, (esta última cunha

incidencia moi pequena de persoas empadroadas senegalesas).

Varóns Mulleres Total %

Galicia 1005 104 1109 100 %

A Coruña 499 39 538 48,5 %

Pontevedra 434 57 491 44, 7 %

Ourense 64 8 72 6, 5 %

Lugo 8 0 8 0, 7 %

Táboa 1. Distribución provincial da poboación senegalesa en Galicia, 2007.

(Fonte: elaboración propia a partir do avance de Padrón Municipal 2007, INE).

A pesares de que, como comentabamos arriba, o peso da inmigración senegalesa en

Galicia respecto a España representa só unha pequena parte, esta nacionalidade na nosa

comunidade mostrou nos últimos cinco anos un ascenso moi relevante no seu número,

chegando a case triplicar o seu peso dende o ano 2002. Ademais hai que subliñar que

este fluxo posúe unha particularidade respecto ós fluxos tradicionais de chegada en

Galicia, os cales se caracterizaban pola vinculación á emigración de antano a América e

Europa, (os/as retornados/as e os descendentes destes/as). Este fluxo senegalés, pola

contra, posúe a especificidade de ser unha inmigración sen lazos históricos nin culturais

nin comerciais con Galicia.

12

Page 13: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Ano Varóns Mulleres Total

2002 373 27 400

2007 1005 104 1109

Táboa 2. Comparativa da poboación senegalesa en Galicia, 2002- 2005.

(Fonte: elaboración propia a partir do avance de Padrón Municipal 2007 e 2002, INE).

.

Tamén será interesante relacionar o número de senegaleses/as respecto ó resto de

poboación inmigrante en Galicia. O total de estranxeiros/as senegaleses/as en Galicia

ascende a 1109 persoas, un volume bastante pequeno se o consideramos en relación ó

total de persoas estranxeiras en Galicia, (81023); en concreto, as persoas estranxeiras

senegalesas en Galicia supoñen só o 1,37 % das persoas estranxeiras en total, e o 0,04%

respecto á poboación total galega. Temos que matizar que a cifra dada de senegaleses/as

procedente do Padrón posiblemente se atope por debaixo da realidade, debido a que na

realización do traballo de campo se puido percibir unha incidencia importante da

irregularidade xurídica no colectivo senegalés, o que pode provocar nalgúns casos que

estas persoas non se inscriban no Padrón, motivo polo que non quedan rexistradas nos

nosos datos. Este é o caso daqueles inmigrantes irregulares que veñen sen pasaporte, o

que lles impide inscribirse no Padrón ata poder conseguir dito documento, un trámite

que pode tardar un ou varios anos.

“Ahora si hay muchos irregulares, son muchos ahora, por lo menos pueden ser

en Orense 35 o 40,..., hay gente que no se empadrona porque no tiene

pasaporte, para empadronarse hay que tener un documento, muchos de los que

llegaron recién, no tienen pasaporte, es un problema, porque para tener un

pasaporte te puede llevar un año, tienes que ir a Madrid o Barcelona, y llevar

los papeles, y a mi me tardó 10 meses, solo para renovar el pasaporte, era para

ir a Senegal, no podía ir sin el pasaporte,..., ahora es el principal problema de

los que llegan ahora, están esperando,..., un año” (representante da

“Asociación de senegaleses de Ourense).

13

Page 14: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Sobre todo, segundo nos comentaron diferentes representantes de sindicatos e ONG´s

que traballan co colectivo, nestes últimos dous anos se percibiu unha chegada relevante

de varóns novos en situación irregular, procedentes dos caiucos, un fluxo que non era

importante en anos anteriores. Polo tanto, podemos concluír que aínda que o volume de

inmigrantes senegaleses/as non ten moito peso en relación á inmigración total en

Galicia, o seu crecemento nos últimos cinco anos foi moi acusado, tendencia que se

mantén na actualidade.

Xa sinalamos a elevada concentración do colectivo senegalés nas provincias da Coruña

e Pontevedra. Tamén será interesante analizar a distribución por municipios, para a cal

só se dispoñen os datos da explotación do Padrón para o ano 2006, os cales presentamos

na táboa 3 totalmente desagregados coa finalidade de obter un mapa máis ou menos

exacto da distribución da poboación senegalesa en Galicia.

14

Page 15: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

15

Varóns Mulleres Total

A Coruña 313 34 347

Vigo 227 36 263

Pontevedra 106 9 115

Ourense 48 7 55

Poio 13 4 17

Arteixo 9 2 11

Fene 8 0 8

Culleredo 3 2 5

Burela 5 0 5

Marín 4 0 4

Ferrol 3 0 3

Betanzos 3 0 3

Santiago de

Compostela 2 0 2

Gondomar 0 2 2

Camariñas 1 0 1

Carral 1 0 1

Cerceda 1 0 1

A Laracha 1 0 1

Oleiros 0 1 1

Padrón 1 0 1

Page 16: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Ribeira 1 0 1

Pol 1 0 1

Verín 1 0 1

Baiona 1 0 1

Bueu 1 0 1

O Porriño 1 0 1

Nigrán 0 1 1

Táboa 3. Distribución da poboación senegalesa por municipios, 2006.

(Fonte: elaboración propia a partir do Padrón Municipal de 2006, INE).

Observando esta táboa podemos comprobar que, en canto ó peso municipal, é A Coruña

a que aglutina máis poboación senegalesa, en concreto, para o ano 2006, concentraba o

40,7% da poboación senegalesa asentada en Galicia, o que explica unha parte

importante do elevado peso provincial coruñés. A segunda cidade galega que ten unha

densidade relevante do colectivo senegalés é Vigo, cunha porcentaxe do 30,8% respecto

ó total de poboación senegalesa. A terceira cidade relevante dende este punto de vista é

Pontevedra, concello que aglutina o 13,5% da poboación senegalesa empadroada en

Galicia para o 2006, e que segundo nos comentaron en diferentes ONG´s e sindicatos, é

o fluxo máis antigo de senegaleses en Galicia, cunha poboación senegalesa de maior

idade e cun índice de nacionalización española importante. Por último, Ourense sería a

carta cidade en importancia, cunha porcentaxe do 6,5%. De novo, polo tanto, son as

dúas grandes cidades galegas, (como sucede co patrón de distribución que segue a

inmigración en xeral na nosa comunidade), as que concentran o 71,5% das persoas

estranxeiras senegalesas en Galicia.

A partires do traballo de campo, puidemos constatar tamén que dentro destas cidades

existen barrios onde se da unha maior concentración do colectivo senegalés; en

concreto, en A Coruña moitos senegaleses están a vivir no barrio da Sagrada Familia,

16

Page 17: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

un barrio que posúe unha importante presencia de venda ambulante. En Vigo, a súa vez,

se da unha elevadísima concentración residencial do colectivo no barrio de Teis, un

barrio das aforas da cidade, onde se sitúan diferentes infraestructuras do Porto e dos

Astilleiros, e onde se levou a cabo unha boa parte do traballo de campo nesta cidade. A

maiores dos factores laborais, a forte unión do colectivo e as densas redes que se tecen

dentro do mesmo, (familiares, étnicas, relixiosas, ...), explican tamén esta concentración

residencial, variables das que falaremos ó longo do estudo.

Outra característica relevante na análise do perfil demográfico da poboación senegalesa

en Galicia é a distribución por idades deste colectivo. Debido a que non existen aínda

estes datos para o 2007, reflexamos abaixo a distribución por idades para o 2006, datos

que nos dan unha idea da tendencia xeral desta poboación.

Idades 0-14 15-24 25-34 35-44 45-54 55 e máis Total

Varóns 7 79 255 243 136 25 745

Mulleres 12 7 41 25 10 1 96

Total 19 86 296 268 146 26 841

Táboa 4. Distribución por idades da poboación senegalesa, 2006.

(Fonte: elaboración propia a partir do Padrón Municipal de 2006, INE).

Pódese ver nesta táboa a elevada concentración da poboación senegalesa nos tramos de

idades activas, fundamentalmente dos 25- 34 anos e dos 35- 44 anos, tramos que

aglutinan ó 67% deste colectivo. Esta concentración se repite para ambos sexos, aínda

que no caso das mulleres se da unha maior concentración na primeira cohorte, a de 25-

34 anos.

17

Page 18: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Despois deste primeiro achegamento ó perfil demográfico da poboación senegalesa en

Galicia, e a súa distribución nesta comunidade, explotaremos agora os datos referentes ó

perfil socio- laboral deste colectivo en Galicia, para completar a nosa ollada sobre esta

poboación na nosa comunidade. Comezaremos cos datos sobre contratación para esta

nacionalidade. Matizamos que na seguinte táboa, debido á Lei de Protección de Datos,

non se recollerán aqueles sectores que posúan 3 ou menos contratos.

Sectores de actividade Contratos Contratados/as

Agricultura, gandería, caza e servizos relacionados 19 10

Silvicultura, explotación forestal e servizos relacionados 22 18

Pesca, acuicultura, e servizos relacionados 66 43

Extracción de minerais non metálicos nin enerxéticos 7 6

Industria de productos alimenticios e bebidas 4 4

Industria de madeira e da cortiza, agás mobles; cestería e

espartería 10 10

Fabricación doutros produtos minerais non metálicos 8 7

Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e

equipo 16 15

18

Page 19: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Industria da construción de maquinaria e equipo

mecánico 8 8

Fabricación doutro material de transporte 15 9

Construcción 215 148

Venda, mantemento e reparación de vehículos de motor,

motocicletas e ciclomotores 5 4

Comercio por xunto e intermediarios do comercio, agás

de vehículos de motor e motocicletas 19 18

Comercio polo miúdo, agás comercio de vehículos de

motor, motocicletas e ciclomotores 29 27

Transporte terrestre; transporte por tubos 7 7

Actividades anexas ós transportes: activ. Axencia de

viaxes 95 40

Outras actividades empresariais 45 25

Actividades recreativas, culturais e deportivas 18 4

Actividades diversas de servizos persoais 12 6

Hostalería 13 7

Táboa 5. Senegaleses/as contratados/as e contratos de xaneiro a setembro de 2007.

(Fonte: elaboración propia a partir dos datos do Observatorio Ocupacional, Xunta de Galicia).

19

Page 20: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Os sectores que destacan na contratación son os seguintes: en primeiro termo a

construcción, logo a pesca, en terceiro lugar os sectores relacionados co transporte, e en

carto lugar, os diferentes comercios, (polo miúdo ou xunto). Faise necesario matizar

que, segundo o noso traballo de campo, existe tamén unha moi importante parte do

colectivo que se dedica á venda ambulante en feiras, o cal non sae reflexado nestes

datos, que só se refiren ó traballo por conta allea.

En calquera caso, estes datos si nos informan das tendencias laborais deste colectivo na

conta allea, o cal, a maiores da venda ambulante, se dedica dun xeito importante á

construcción, á pesca, ó transporte e ó comercio. É a pesca un dos sectores tradicionais

de inserción deste colectivo, debido a que moitos dos inmigrantes se dedicaban en

Senegal a esta actividade, tanto dun xeito individual, (con caiucos), como facendo

campañas máis longas pola costa de Senegal, Gambia ou Guinea. Neste senso, a través

das entrevistas, puidemos escoitar en varias ocasións, como unha das causas da escolla

de Galicia como destino de emigración apuntaba ó feito de que a nosa comunidade tiña

un importante sector de pesca, o cal supuña a posibilidade de ocuparse nesta actividade.

Se comparamos estes sectores cos datos recollidos para o total español, podemos

detectar que o réxime xeral e o agrario son os máis importantes para o caso español,

sendo moi minoritario o réxime da pesca. Polo tanto, parece que para o contexto galego

se da unha sobrerrepresentación no sector pesqueiro, mentres que sector agrario se atopa

claramente infrarrepresentado, sector que resulta máis importante para o resto do

Estado.

Táboa 6. Distribución por réximes do colectivo senegalés en España, 2006.

Réxime

Xeral Autónomos Agrario Fogar Mar Minería Total

Número 14437 1225 2549 395 264 0 18870

Porcentaxe 76, 41% 6,49% 13,51% 2,09% 1,40% 0 100

(Fonte: Elaboración propia a partir do Anuario Estatístico de Inmigración).

20

Page 21: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Por último, a distribución por provincias en canto ás altas á seguridade social se

correlaciona, como cabería esperar, coa distribución da poboación senegalesa en Galicia

que comentamos máis arriba. Así, a provincia con máis altas á seguridade social é A

Coruña, seguida de Pontevedra, e moito máis lonxe quedan as provincias de Ourense e,

por último, dun xeito anecdótico, a provincia de Lugo. En total, en Galicia para o ano

2006, están dados/as de alta á seguridade social 408 senegaleses, o que supón un 2,16%

das altas á seguridade social respecto ó total de altas de senegaleses/as en España.

Total

Galicia 408

A Coruña 215

Pontevedra 160

Ourense 27

Lugo 6

Táboa 7. Senegaleses/as dados de alta á Seguridade Social por Provincias, (2006).

(Fonte: Elaboración propia a partir do Anuario Estatístico de Inmigración).

21

Page 22: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

5.- RESULTADOS DO TRABALLO DE CAMPO

5.1.- CONTEXTO DE ORIXE: O COMPLEXO MAPA DE SENEGAL

5.1.1.- Principais procedencias de orixe da inmigración senegalesa en

Galicia

Para analizar as principais procedencias da inmigración senegalesa asentada en Galicia,

acudimos ó propio discurso das persoas entrevistadas, engadindo información

complementaria que recollemos nas diferentes asociacións de inmigrantes e ONG´ s que

traballan con senegaleses/as, as cales nos facilitaron os datos de procedencia dos seus

usuarios/as, o que resultou unha información moi valiosa para contrastar as zonas de

procedencia recollidas previamente nas entrevistas individuais.

Existen tres zonas de procedencia que son sinaladas como moi importantes polos/as

nosos/as entrevistados/as: Dakar, Diourbel e Saint- Louis. Estas procedencias son

sinaladas como orixe das propias persoas entrevistadas, e tamén foron subliñadas como

zonas de procedencia importantes doutras persoas compatriotas coñecidas. Mais, hai

que facer unha matización: a través do traballo de campo se detectou que as

procedencias varían en relación ó destino concreto en Galicia: así, as procedencias

maioritarias en Vigo apuntan a Diourbel e Dakar, as da Coruña a Saint- Louis e as de

Ourense á Rexión de Louga, rexión que tamén posúe certa representación na Coruña.

Polo tanto, as zonas de orixe en Senegal semellan vincularse a un destino concreto, que

se distingue incluso a nivel provincial, o cal se pode explicar pola ampla incidencia das

redes sociais de axuda e solidariedade interna dentro deste colectivo, que tece fortes

redes entre puntos concretos de orixe e destino. Na cidade da Coruña tamén destacan

outras procedencias, como a rexión de Louga e Thiés, todas da zona oeste de Senegal,

como podemos contrastar no Mapa.

Preséntase abaixo o mapa das Rexións que compoñen Senegal, representando nel os

principais puntos de saída cara Galicia.

22

Page 23: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Mapa 1: Rexións de Senegal e principais puntos de saída cara á emigración en Galicia.

(Fonte: elaboración propia a partir de Digiatlas).

Zonas maioritarias de procedencia: Rexión de Dakar (Departamentos de Dakar,

Rufisque e Pikine), Rexión de Diuourbel, (a cidade de Diourbel e Touba), e a

Rexión de Saint- Louis.

Outras zonas importantes de procedencia: Rexión de Thiès, Rexión de Fatick,

Rexión de Louga, de Ziguinchor e de Kaolack.

Pasaremos agora a analizar dun xeito máis específico aquelas procedencias maioritarias

de orixe. En primeiro lugar, detectamos que Dakar foi unha rexión sinalada por

moitos/as dos/as entrevistados/as, tanto na provincia de Pontevedra como na da Coruña.

Dentro de Dakar, faise referencia, sobre todo, a aqueles departamentos periféricos, os

suburbios, como os departamentos de Rufisque e Pikine. Este dato hai que interpretalo

tendo en conta que Dakar concentra á carta parte da poboación senegalesa; en concreto,

23

Page 24: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

en 2001, Dakar contaba con 2,4 millóns de habitantes5, cunha importante poboación

distribuída entre os departamentos de Pikine (1,2 millóns de habitantes), Dakar (919 mil

habitantes) e Rufisque (285 mil habitantes). Segundo o noso traballo de campo, parece

que a maioría das persoas que sinalan que veñen de Dakar, proceden en realidade deses

suburbios dos arredores da capital, o cal se pode entender se temos en conta a

importante aportación demográfica deses departamentos.

A elevada concentración poboacional en Dakar, tamén se explica pola propia migración

interna vivida en Senegal nos últimos anos, fenómeno que afectou a moitos/as

senegaleses/as. Deste xeito, algúns inmigrantes entrevistados/as comentan que, a

pesares de ter nacido noutra rexión rural do interior de Senegal, emigraran previamente

a Dakar en busca de traballo, dende onde posteriormente iniciaran o seu proxecto

migratorio cara España. Hai que ter en conta que a capital desta rexión e do país, a

cidade de Dakar, concentra tódolos servizos, a maioría da industria, tódalas actividades

institucionais e o maior volume do turismo, ademais de ser destino do proceso de éxodo

rural tan importante na última década en Senegal.

“Yo, ...., mi región de origen no es Dakar, yo también soy emigrante dentro de

Senegal, (risas), de un lugar a otro, es lo que se llama en Senegal, en francés,

como se dice,...., rural urbano, el éxodo rural, en Senegal hay mucho éxodo

rural, porque antes con la agricultura la gente podía vivir, con cacahuete, el

cereal, el mill6, pero ahora con la sequía porque Senegal en los últimos años no

tuvimos lluvia y cambió mucho, se dio el éxodo rural, yo soy de Thies, de una

ciudad que se llama Mbour, hay mucho turismo, hay allí muchos españoles, hay

hoteles, luego ya me fui a Dakar, pero mis parientes están en Thies” (senegalés,

traballador nun gran almacén).

Como dixemos, os Departamentos dos arredores do centro de Dakar, son os máis

relevantes como foco de emigración: en concreto, os Departamentos de Pikine e

5 Fonte: Sitio Oficial do Goberno da República de Senegal, [en liña]: dispoñible en: http://www.gouv.sn/ [consulta: 15/10/2007]. (Os datos dipoñibles na web son de 2001). 6 Mill: tipo de millo de tamaño pequeno.

24

Page 25: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Rufisque, o que algúns autores chaman o “gran Dakar”, e que aparecen representados

no mapa 2.

Mapa 2. Departamentos da Rexión de Dakar.

En segundo lugar, dixemos que a rexión de Diourbel era outra zona de procedencia

prioritaria da inmigración senegalesa en Galicia, especificamente para Vigo. Neste caso

se detectou que en concreto a cidade de Touba é unha das orixes maioritarias da

inmigración senegalesa en Vigo. A rexión de Diourbel se atopa situada na Cuenca do

cacahuete, cunha poboación de 930.008, repartidos entre os departamentos de Bambey,

(256482 habts.), Diourbel (235845 habts.), e Mbacke, a máis poboada, con 437681

habtitantes. A cidade de Touba, situada na Rexión de Mbacke, é a capital relixiosa por

excelencia da irmandade musulmana Mouride, e tivo un crecemento demográfico moi

forte (do 11%) entre 1976 e 19987, motivo polo que a rexión de Mbacke ten un peso

demográfico tan importante. O feito de que moita da inmigración senegalesa proceda

desta zona e pertenza á irmandade Mouride, explicará a incidencia de determinadas

actividades laborais, como a venda ambulante, e o establecemento de certas cofradías

relixiosas en Galicia, e máis concretamente, na provincia de Pontevedra.

7 Jabardo, Mercedes (2006): Senegaleses en España. Conexiones entre origen y destino, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Madrid, p. 56.

25

Page 26: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Mapa 3. Departamentos da Rexión de Diourbel.

En terceiro lugar, no caso da inmigración senegalesa na cidade da Coruña podemos

observar que Saint- Louis é unha das rexións principais de procedencia, tal e como

corrobaron os propios entrevistados, os participantes no grupo de discusión e as

diferentes ONG´s que traballan co colectivo senegalés nesta cidade. A rexión de Saint-

Louis conta con 863.440 habitantes, repartidos entre os departamentos de Dagana,

Matam e Podor; os principais grupos étnicos son os haalpulaar, os wolof e os maures. É

unha zona de vocación agro- industrial, e que posúe unha tradición de emigración

importante: cara Dakar primeiro, e posteriormente cara Francia nos anos setenta e cara

España nos anos oitenta, (Cataluña especialmente).

26

Page 27: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Mapa 4. Departamentos da Rexión de Saint- Louis.

5.1.2.- A especificidade étnica e relixiosa do colectivo senegalés en Galicia

Na análise destas procedencias de orixe faise necesario ter en conta o complexo mapa

de Senegal. É dicir, en Senegal, as diferentes zonas de orixe se atopan vinculadas a

unhas determinadas etnias e linguas, o cal, a súa vez, tamén se correlaciona co tipo de

actividade económica que esa etnia desenvolve en Senegal, e tamén na emigración. A

maiores, a relixión musulmana en Senegal se erguerá, a súa vez, como outra variable

fundamental máis para comprender as diferentes pautas migratorias, debido a que a

relixiosidade musulmana en Senegal se manifesta principalmente a través das

irmandades relixiosas, que posúen un gran poder de unión entre a poboación senegalesa,

fenómeno que se reproduce na emigración no exterior.

Deste xeito, polo tanto, hai que subliñar cinco variables que se mesturan entre si e que

fan moi complexa a interrelación entre o contexto de orixe e o de destino da emigración

senegalesa. Estas cinco variables son: a zona concreta de orixe en Senegal, a etnia, a

lingua, a irmandade relixiosa e o tipo de actividade económica desenvolvida en orixe.

27

Page 28: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Estas diferentes dimensións posúen unhas pautas de emigración diferentes, tal e como

analiza Mercedes Jabardo8 no seu libro. Esta autora distingue varios modelos de

emigración, centrándose, sobre todo, na diversidade étnica: fundamentalmente, se

diferencian dous modelos, o dos wolof e o dos pulaars e soninkés.

O primeiro modelo, o dos wolof, caracterízase polas emigracións individuais

maioritariamente masculinas, (aínda que tamén se teñen detectado redes exclusivamente

femininas), vinculadas á actividade comercial. Dentro deste modelo, nos estudos

realizados ata o de agora, se fai especial fincapé nas conexións relixiosas, comerciais e

de solidariedade en torno ás cales se constrúen as súas redes comerciais: dentro deste

modelo, se soe destacar a irmandade islámica Mouride, caracterizada pola forte

estructura da súa irmandade, e as conexións comerciais entre orixe e destino.

O segundo modelo, o de Pulaars e Soninkés, tamén se denominan Francenaabè, pola súa

emigración prioritaria a Francia. Nestes dous grupos étnicos, como sinala Jabardo, a

emigración foi unha característica practicamente estructural dende os anos 50 do pasado

século: dende as emigracións rurais- rurais, pasando polas emigracións rurais- urbanas

dentro de Senegal, ata chegar posteriormente ás emigracións internacionais, sobre todo

cara Francia. Os estudos soen vincular a estas etnias unha emigración de carácter máis

familiar, cunha maior presencia feminina.

No caso español, se poden diferenciar estes dous tipos de migración; o primeiro máis

relacionado coa venda ambulante e a migración masculina, e o segundo modelo

vinculado ó traballo agrario, sobre todo, na comunidade catalana, protagonizado nun

inicio polos pulaars e soninkés.

A partires do traballo de campo, detectamos que en Galicia, a pesares de que existe a

presencia de diferentes etnias e irmandades, polo de agora, a etnia maioritaria é a wolof,

sendo a irmandade relixiosa maioritaria a Mouride, cunhas redes sociais bastante fortes,

eido que se tratará especificamente no apartado 5.4.2. Esta preponderancia da etnia

8 Ibídem, pp. 41-52.

28

Page 29: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

wolof en Galicia ten as súas consecuencias concretas en canto ós sectores nos que se

inserta a inmigración senegalesa na nosa comunidade; así, a venda ambulante é un dos

principais sectores económicos onde a inmigración senegalesa se ocupa, e é neste nicho

laboral onde as redes wolof e Mouride máis forza posúen. Polo tanto, podemos dicir que

é o primeiro modelo o que polo de agora está a ter máis importancia en Galicia, mentres

que o modelo migratorio vinculado ó traballo agrario non posúe moita presencia na nosa

comunidade.

Ademais da etnia wolof, se puido observar tamén certa inmigración senegalesa da etnia

sereer, etnia que soe falar como lingua materna, a sereer, (hai que ter en conta que a

lingua é o factor máis relevante de identidade/ identifación étnica en Senegal9 ). En

calquera caso, se percibe que esta etnia é minoritaria respecto á wolof, manténdose entre

ambas unha boa convivencia. Neste senso, como sinalan tamén outros autores, semella

que as diferencias étnicas “se dilúen en favor da solidariedade mutua entre connacionais

como garantía de supervivencia e de previsión social”10.

Por outra banda, ademais da cofradía Mouride, tamén detectamos outra cofradía, a

Tidjane, que é outra das máis importantes en Senegal, aínda que a que posúe unha maior

estructura organizativa é a xa nomeada cofradía Mouride. De tódolos xeitos, segundo os

nosos/as informantes, as diferentes cofradías posúen unha moi boa relación entre elas,

todas son de relixión musulmana, baseándose as diferencias no tipo de rituais. Existe en

España xa unha bibliografía especializada sobre as cofradías relixiosas en relación á

inmigración senegalesa; en concreto, Joan Lacomba11 fai fincapé en como estas

cofradías musulmanas, e a cofradía Mouride en particular, son motores da sociabilidade

dos seus membros, á vez que tamén son motores dos lazos de solidariedade.

9 Ibídem, p.41. 10 Lacomba, Joan (2001): Inmigrantes senegaleses, Islam y cofradías” en Revista Internacional de Sociología, nº 29, Maio- Agosto, pp. 163- 187, p. 176. 11 Ibídem, p. 174.

29

Page 30: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

5.2.- CONTEXTO DE CHEGADA: A VIDA EN GALICIA

5.2.1.- A viaxe e a elección de Galicia como destino

Á hora de analizar o medio empregado para chegar a Galicia, se fai necesario distinguir

dous contextos temporais diferentes: por unha banda, a partires do traballo de campo,

podemos falar dun fluxo recente (sobre todo do último ano) de inmigración senegalesa

(irregular) que en maior medida empregou o caiuco para chegar ata Canarias, punto

dende onde saíron en avión cara Madrid ou Barcelona, e posteriormente cara Galicia.

Mais, existe tamén un fluxo anterior a este que, maioritariamente empregou o avión

para a súa viaxe a Galicia. O itinerario habitual do avión soe ser Dakar- Canarias,

Canarias- Madrid, dende onde os/as inmigrantes collen un autobús ou tren cara Galicia.

Polo tanto, estes dous momentos temporais marcan dous tipos de fluxos de inmigración

senegalesa ben diferente: o fluxo antigo, que realizou a súa viaxe en avión, e que a

pesares de que a miúdo pasaron por unha tempada en situación de irregularidade, (entre

o momento da caducidade do visado de turista ata conseguir os permisos de residencia

e/ou traballo), soen ter a estas alturas, logo de varios anos en Galicia, os papeis en regra.

En cambio, o fluxo máis recente, posúe un maior índice de irregularidade, empregando

os caiucos para a entrada en Canarias. Como nos comentou un entrevistado recen

chegado a Galicia, debido á presión policial, na actualidade resulta máis sinxelo coller o

caiuco dende rexións afastadas do centro de Senegal, como Zinguichor, unha rexión ó

sur do país, ata onde se desprazou dende Dakar para poder comezar o seu periplo ata

Coruña.

“Cogí un cayuco en Zingichor, tuve que ir hasta el sur de Senegal para coger el

cayuco, porque en el norte hay mucho control de la policía para el cayuco, es

difícil, entonces cogí un cayuco desde allí a Canarias, y de Canarias avión a

Málaga, y desde ahí bus a Madrid y bus a Coruña. Me costó el cayuco unos

400000 cefas, que son unos 700 euros” (senegalés, en desemprego e situación

irregular).

30

Page 31: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Outro xeito de entrar no país, habitual para os mariñeiros senegaleses, é a entrada a

través de barcos de pesca, dos que fuxen unha vez en Galicia. A vantaxe deste tipo de

viaxes é que non ten ningún costo económico.

“Yo vine en un barco de pesca, por barco, y no me costó nada, solo traje el

pasaporte” (senegalés, pescador).

En cambio, no anterior fluxo de senegaleses/as resultou máis común a viaxe en avión,

facendo paso por Canarias. Os costos destas viaxes varían entre os 500 ou 1000 euros,

depende do ano en concreto no que se realizara a viaxe. Para sufragar os gastos desta

primeira viaxe se acude, en xeral, ós aforros persoais ou familiares, non é habitual

vender propiedades que se posúan en Senegal, xa que son propiedades que soen quedar

para a familia, (a casa familiar, as terras, os caiucos de pesca, etc.). Só nalgún caso

dalgún pescador escoitamos a decisión de vender o seu caiuco de pesca ou as redes que

se empregaban nesta actividade laboral.

Respecto á información que se manexaba de Galicia, existe unanimidade entre as

persoas entrevistadas: a información sobre Galicia era nula ou case nula, non se sabía

case nada sobre o destino, ou só se coñecía o feito de que era unha comunidade onde o

sector pesqueiro era importante. Esta foi unha motivación clave para aqueles

senegaleses mariñeiros que desexaban continuar nesta actividade laboral. Así,

exceptuando a variable da pesca, Galicia como destino é escollida ou ben por

casualidade ou ben pola referencia dalgún familiar ou coñecido que estivera a vivir con

anterioridade nalgún punto da nosa comunidade. As redes socias senegalesas son moi

activas á hora de acoller a algún compatriota recen chegado; deste xeito, os primeiros

días ou meses é frecuente que o/a recen chegado/a se quede na casa doutro senegalés ata

situarse no novo contexto de acollida. A solidariedade interna entre os senegaleses é

moi forte e frecuente, sobre todo á hora de afrontar situacións como as das persoas recen

chegadas e/ou sen documentación e/ou sen traballo.

“Porque cuando llegué a Barcelona, tenía un amigo que vivía en Coruña;

también porque sabía que aquí se pescaba, y yo soy marinero. No sabía nada de

31

Page 32: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Galicia. Emigré desde Guinea- Bissau hasta Canarias en cayuco, luego fui a

Barcelona, pero allí vivía en casa de un amigo sin pagar, pero me dijo que tenía

un amigo en Coruña, y me vine para Coruña. Me costó sobre 1000 euros el viaje;

era dinero que yo tenía ahorrado” (senegalés, empregado da construcción).

“Pedí un visado de la Embajada de Francia, y me dieron un visado por un mes,

era para Francia, tenía el billete Dakar Madrid, y luego Madrid Paris, estar allí

en escala ocho horas, y me quedé en Madrid, y conocía un teléfono de un chico,

en Orense no concocía a nadie, yo tenía un compañero con una hermana en

Murcia, tener a alguien a quien llamar, la llamé pero ella estaba con su marido,

hermano, no podía atenderme, pero me dijo que tengo un primo que está en

Orense, a ver, y voy a llamar a ver si te puede atender, y vine a aquí, no, desde

Madrid vine en tren, y ya me recibió este chico, que yo no conocía lo vi por mi

primera vez, fui a su casa tres días, luego a casa de otro compañero que tenía

más sitio,...., No sabia nada de Galicia, de España, nada, de nada” (senegalés,

traballa nun gran almacén).

“Caí en Galicia, fue de casualidad, me daba igual la zona, Galicia que

Castilla,...”, (senegalés, carpinteiro).

No caso da reagrupación familiar, a motivación para a escolla de Galicia como destino é

máis evidente: é para vivir xunto á persoa que emigrou anteriormente. Este é o caso

dalgunhas das mulleres que están en Galicia, e tamén dalgúns dos fillos de senegaleses

que en ocasións veñen a Galicia para traballar xunto co pai no posto de venda

ambulante, compartindo polo xeral a mesma vivenda e o mesmo traballo. De tódolos

xeitos, como xa comentamos no apartado 4, a maioría da inmigración senegalesa en

Galicia viu de xeito individual.

En xeral, a documentación empregada, é o visado de turista, o que supón que a partir da

súa caducidade se entra en situación de irregularidade, que pode durar varios anos ata

poder ter algún contrato laboral e acceder á documentación. Neste senso hai que sinalar

que foron varios os/as entrevistados e os/as representantes de asociacións de

32

Page 33: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

inmigrantes os/as que comentaron que a Normalización do ano 2005 foi unha vía de

regularización importante para este colectivo, sobre todo no caso da cidade de Ourense.

“A ver cuando llegas aquí, la primera cosa que haces es a trabajar, la gente te

está esperando, tienes que trabajar, si no tienes papeles, los que llegan aquí,

porque aquí la ley dice, si no tienes papeles, no puedes tener contrato de trabajo,

y para tener papeles tienes que tener contrato, es un círculo vicioso, tienes que

esperar, esperé de 2002 a 2005 irregular, y con la nueva ley, la normalización del

2005, era un poco difícil lo de los contratos, pero me lo pudieron hacer, había en

Orense solo 6 senegaleses que no tenían papeles, y nos hicieron contratos, estoy

en primera renovación” (senegalés, traballa nun gran almacén).

5.2.2.- Os patróns de aforro e consumo en Galicia

Como comentaremos máis a fondo no apartado 5.3, a prioridade máxima da

inmigración senegalesa contactada é o envío de remesas a súa familia en Senegal. Esta

prioridade provocará a estratexia de gastar o menos posible en Galicia, para poder

enviar o máximo de diñeiro e/ou aforrar canto antes para regresar ó seu país. Así, é

habitual que os/as inmigrantes vivan compartindo piso con catro ou cinco compatriotas

máis para abaratar, no que se poidan, os gastos derivados do aluguer, gastos de luz,

auga, comida, etc. Esta estratexia de aforro explica, en parte, a concentración residencial

deste colectivo, que debido tamén ás fortes redes que os unen, deciden compartir

vivenda e moitas das veces se concentran en barrios concretos, como o caso de Teis, en

Vigo.

Ademais, case ningunha das persoas entrevistadas fai gastos en ocio, como as saídas a

cear fóra, o cine, deportes, discoteca, etc. Este tipo de actividades son rexeitadas por

dous motivos: por esa estratexia de minimizar os gastos a aqueles indispensables e,

nalgúns casos, por que este tipo de actividades non son do gusto dos/as inmigrantes

senegaleses/as. Deste xeito, este tipo de gastos en ocio e diversión serán pospostos ás

súas estadías en Senegal, nos seus pobos e cidade de orixe, onde os gastos son

33

Page 34: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

continuos. En síntese, o que se tenta é gastar o indispensable en Galicia,

(aproximadamente o 75% dos ingresos que se reciben), para poder enviar a Senegal o

máximo de diñeiro posible, (sobre o 25% dos ingresos).

Entre os gastos fixos en Galicia que sinalan os/as senegaleses contactados/as existe

unanimidade en subliñar que é o aluguer o gasto máis forte, seguido doutros gastos,

como o coche, ou outros gastos persoais. Foron minoría as persoas senegalesas que

comentaron ser capaces de aforrar, o que pode suceder se van moi ben as vendas (por

exemplo na temporada de verán), ou se se posúen dous traballos complementarios. Os

aforros, cando os hai, se pensan gastar nun futuro na construcción dunha vivenda en

Senegal, ou máis a curto prazo, en empregalos para poder viaxar a Senegal ou ter este

diñeiro para calquera necesidade persoal ou familiar urxente.

“Lo que más gasto es en el alquiler del piso, más o menos pagamos cada uno

170 euros, vivo con cuatro compañeros, para el alquiler y para hacer una caja de

gastos, lo que sobra del alquiler lo dejamos para cuando llegan las facturas, y a

veces hay que poner 30 euros más para las facturas, vamos viendo, y otras ya

llega con lo que hay en la caja, que la organiza una persona; Luego del alquiler,

gasto en ropa, un poco en tomar un café por ahí, y luego gastos personales, que

si hay que pagar unas zapatillas, siempre hay gastos personales” (senegalés,

carpinteiro).

“Si, un poco, necesito ahorrar por si me tengo que mover, hay que ahorrar para

poder moverte, si sale un trabajo fuera de Galicia, como te mueves, hay que

tener un mínimo para poder moverte. No soy mucho de cine, no me gusta

mucho, me gusta el fútbol, los partidos, voy a verlos por la tele”, (senegalés,

empregado da construcción).

“En lo que más gasto es enviar dinero, luego en el alquiler, pagamos 150 cada

una, nuestro piso es de 300, ..., algo ahorro, si, con lo del fin de semana, que es

con lo que consigo ir de vacaciones a Senegal, lo guardo para poder irme de

viaje a Senegal” (senegalesa, venda ambulante).

34

Page 35: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Como consecuencia desta prioridade no envío de diñeiro a Senegal e debido a que o

proxecto migratorio contempla, na maioría dos casos, o regreso as súa zonas de orixe, as

persoas contactadas comentan non realizar inversións en Galicia, como a compra de

vivenda, terras ou negocios. O que si é habitual, sobre todo naqueles/as senegaleses/as

que se dedican á venda ambulante é a compra de coches de segunda man, para poder

levar as mercancías do posto; soen, ser polo tanto, coches grandes ou furgonetas as

elixidas para o transporte das mercancías e a infraestructura necesaria para montar o

posto de venda ambulante nas feiras itinerantes.

“Aquí, coche para las ferias, de segunda mano, el primer coche que compre un

Seat 21, muy viejo, y trabajé con este Seat, me salio un poco mal, siempre con

problemas, al final lo vendí para comprar un Renault Express, de segunda mano,

de otro compañero, me salió muy mal, y al final tengo otro, un Citroën Jumping,

para las ferias, para ir a trabajar, de segunda mano”, (senegalés, traballador nun

gran almacén).

Por outra banda, en canto ó consumo que realizan en Galicia, resulta interesante analizar

que tipo de productos consumen aquí. Puidemos comprobar que é frecuente o consumo

de productos típicos de Senegal, como o cuscús, o pescado afumado, o millo, a crema

de cacahuetes, o aceite de palma, ou o arroz. Mais, existe variedade nas vías para

conseguir estes productos: algúns inmigrantes sinalan que mercan estes productos nos

mercados habituais da localidade onde viven; en cambio, outros empregan tendas

africanas especializadas que importan este tipo de productos, como África Boutique

Tida, situada en Sanjurjo Badía, en Vigo, ou unha tenda marroquí de Pontevedra, ambas

nomeadas por varios senegaleses; tamén algúns senegaleses no Mercado da Pedra de

Vigo venden productos específicos de Senegal. Por último, outros senegaleses

comentan que aproveitan a súas viaxes de visita a Senegal para traer a Galicia productos

como o cuscús ou a crema de cacahuetes, o que supón unha rede importante de

mercancías entre orixe e destino.

35

Page 36: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

“Si, pues cremas de cacahuete, productos importados de Senegal, hay tiendas en

Madrid, también venden algunos senegaleses en la piedra en Vigo,..., compro

sobre todo comida senegalesa, productos de comer, un tipo de pescado, derivado

del bacalao, para hacer un arroz caldoso muy rico, también compro mijo, que es

un cereal que se come con yogur y azúcar, también compro en El Corte, el

cuscús, o en una tienda marroquí que hay en Pontevedra, compro cuscús la

marroquina” (senegalés, carpinteiro).

“Casi siempre, porque aquí los senegaleses, consumen productos de aquí,

cuscús, arroz también, la comida principal en Senegal es arroz, allí al mediodía

casi todo el mundo come arroz con algo, ..., hay otros productos que si regresas

de Senegal traes mucho productos, por ejemplo con el cuscús, desde que estoy

aquí, tengo el que me trajeron los niños cuando vinieron de vacaciones, cuscús,

cacahuetes, y otros productos, y se quedan, por lo menos, ..., 6 o 7 meses o más,

sino en las ciudades más grandes hay tiendas especiales, que venden productos

de Senegal”, (senegalés, venda ambulante).

5.2.3.- A inserción laboral dos/as entrevistados/as

Xa realizamos no apartado 4 unha aproximación xeral ós nichos laborais que ocupa a

inmigración senegalesa en Galicia, baseándonos nos datos estatísticos dispoñibles.

Comentaremos agora a inserción laboral máis concreta das persoas entrevistadas.

A pesares da variedade de ocupacións laborais detectadas, a maioría dos/as inmigrantes

senegaleses cos que contactamos se dedicaban á venda “non sedentaria”. Seguindo a

terminoloxía de Molina e Díaz12, podemos distinguir diferentes xeitos de traballar na

venda “non sedentaria” (regular ou irregular), que nos servirán tamén para clasificar

os/as nosos/as informantes. En concreto, estes autores diferencian tres tipos de venda

“non sedentaria”: a venda ambulante, a venda directa e a venda na rúa. A venda

12 Molina, Jose Luis e Díaz, Aurelio (2006): “Vender en la calle” en Beltrán, Joaquín, Oso, Laura e Ribas, Natalia (coords): Empresariado étnico en España, Fundació CIDOB, Barcelona, pp. 181- 193.

36

Page 37: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

ambulante queda definida como a venda itinerante que se realiza no marco de feiras,

mercados ou mercadiños, bastante habitual entre o colectivo senegalés. Este tipo de

actividade acostuma a incluír un medio de transporte, (un coche ou furgoneta), unha

especialización no producto e un itinerario (un percorrido por diferentes feiras dentro da

Provincia cada semana). Requiren un permiso municipal e un pago de taxas, a licencia

de actividade económica, e a alta como traballador autónomo, (ás veces, como

detectamos no traballo de campo, se dan de alta para determinados períodos trimestrais,

xa que non todos/as poden asumir darse de alta o ano enteiro como autónomos/as). En

segundo lugar, a venda directa consiste na venda a domicilio a clientes habituais (non a

observamos no noso traballo de campo). Por último estaría a venda na rúa, un tipo de

venda que se realiza expoñendo de forma precaria os productos na rúa, sen un espazo

dedicado a este fin; pódese incluír neste tipo a venda de cd´s, unha venda tamén

importante para o colectivo senegalés en Galicia.

O traballo na venda “non sedentaria” é levado a cabo por moitos/as dos nosos/as

informantes. Así, das doce persoas senegalesas contactadas, cinco traballan de xeito

exclusivo na venda “non sedentaria” (catro na venda ambulante, e un na venda na rúa),

dúas persoas traballan na venda como complemento a outro traballo principal, (unha

ambulante e outra na rúa), e outras dúas persoas pasaron previamente pola venda

ambulante ata conseguir emprego noutro tipo de sector. Polo tanto, a venda “non

sedentaria” se ergue nun dos principais nichos laborais das persoas senegalesas

contactadas, tanto como traballo exclusivo, como un traballo de paso cara outras

ocupacións, como un complemento de ingresos de fin de semana.

A importancia da venda ambulante para este colectivo a podemos interpretar dende

varias perspectivas: en primeiro lugar, hai que ter en conta a tradición comercial de

certas irmandades relixiosas e a activación de redes sociais e étnicas neste colectivo; en

segundo termo, a falla de inserción laboral noutros sectores económicos e a incidencia

da irregularidade nos/s senegaleses/as, os fará acudir en maior medida a este tipo de

empregos, como estratexia fronte á exclusión social; en terceiro lugar, a flexibilidade

deste tipo de actividades tamén pode ser unha variable importante a ter en conta.

Pasaremos a continuación a analizar polo miúdo cada unha destas dimensións.

37

Page 38: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

En primeiro lugar, como xa se sinalou ó longo do estudo, hai que lembrar que a etnia

wolof e a cofradía Mouride, (ambas maioritarias en Galicia), posúen unha vinculación

específica coa venda ambulante, tal e como recolleron diferentes estudosos/as do

colectivo. Neste senso, Mercedes Jabardo13 subliña como na primeira inmigración

senegalesa en España (a finais dos anos 80 e comezos da década dos 90), a través das

redes promovidas pola cofradía Mouride, se incorporaron miles de inmigrantes en redes

comerciais transnacionais. Tamén Papa Saw14 destaca esa relación entre os grupos

étnicos e os patróns migratorios; no caso de España, segundo este autor, todo fai crer

que a primeira gran migración senegalesa remonta ós itinerarios comerciais dos

Mourids wolofs da casa dos ñeéno a mediados dos anos 80. Así, estes recen chegados

de gran número en España, vía Mauritania, Marrocos e Arxelia, non eran uns

comerciantes ricos, senón campesiños vidos dende o campo senegalés, (como dixemos,

a inmensa maioría son da etnia wolof dos Mouride), que adquiriran experiencia

profesional de vendedores ambulantes en Senegal e África. No sucesivo en España,

estes emigrantes se fan rapidamente comerciantes ambulantes.

En segundo lugar, a venda na rúa posúe tamén unha serie de especificidades propias. A

dualización do mercado de traballo español en formal e informal, empurra a aquelas

persoas en situación xurídica irregular ó traballo máis informal, como a venda na rúa,

onde non se requiren permisos nin contratos, mais onde si se exerce a “presión policial”

e o nivel de beneficios é máis baixo que na venda ambulante, tal e como puídemos

comprobar no traballo de campo. Así, podemos observar claramente neste colectivo

como a regularización determina en boa parte a estructura de oportunidades dos/as

inmigrantes senegaleses/as. Deste xeito, a presión policial despraza a moitos

inmigrantes que se dedican á venda na rúa dunhas zonas a outras, o que contribúe a

pechar o “círculo vicioso da venda na rúa”: as pequenas compras (a causa da falla de

recursos e da ameaza dos decomisos), levan a vender con marxes ínfimos. Para moitos

13 Jabardo, Mercedes (2006): Senegaleses en España. Conexiones entre origen y destino, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Madrid, p. 72. 14 Saw, Papa (2006): “Grupos étnicos y patrones migratorios” en Jabardo, Mercedes: Senegaleses en España. Conexiones entre origen y destino, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Madrid, pp. 44- 45.

38

Page 39: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

vendedores de rúa, para os que se atopan nunha situación irregular, este tipo de venda se

converte nunha actividade refuxio15, é dicir, sen outras alternativas.

En terceiro lugar, hai que ter en conta que a flexibilidade da venda ambulante, a pesares

doutras variables negativas xa apuntadas, posúe tamén certas vantaxes para algúns

membros/as do colectivo. En concreto, este tipo de vendas permiten adaptar ó traballo

ás necesidades dos familiares en orixe, unhas necesidades que son vitais para a

inmigración senegalesa. Así, a venda ambulante permite a visita a Senegal durante 3 ou

6 meses, ou a visita a algún familiar cando é necesario, así como poder viaxar ó país de

orixe no caso de festas relixiosas ou na celebración de certas cerimonias. Este espazo,

como subliña Ribas16 para o caso das mulleres marroquinas nos mercados, brinda a

posibilidade de organizar o traballo en función dos gustos, das tradicións e das

necesidades persoais, un fenómeno que tamén se pode detectar para parte do colectivo

senegalés. Lacomba17, pola súa banda, incide nun aspecto semellante, xa que sinala

como, polo seu carácter informal, a venda ambulante permite ós inmigrantes

senegaleses manter unha lóxica mercantil e comercial semellante á que desenvolven en

gran parte das actividades económicas no seu país de orixe, ó tempo que lles axuda a

non apartarse da súa vinculación coa cofradía Mouride.

No traballo de campo, en canto á venda ambulante, atopamos algúns inmigrantes que

posúen postos concretos en diferentes feiras polas que van itinerando semanalmente, e

na que van pagando polo postos que ocupan nos diferentes Mercadiños. Os pagos das

cotas polos postos varían segundo cada Mercadiño e cada Concello, e se poden pagar

trimestralmente como no caso da Feira de Sabarís, (ó sur da provincia de Pontevedra),

15 Ambrosini, (1998): “Intereses ocultos: la incorporación de los inmigrantes a la economía informal”, Migraciones nº 4, pp. 111- 151. 16 Oso, Laura e Ribas, Natalia: “Empresariado étnico y relaciones de género. Mujeres dominicanas y marroquíes en Madrid y Barcelona” en Beltrán, J., Oso, L. E Ribas, N. (Coords.): Empresariado étnico en España, Fundació CIDOB, Barcelona, pp. 211- 228, p. 224. 17 Lacomba, Joan (2001): Inmigrantes senegaleses, Islam y cofradías” en Revista Internacional de Sociología, nº 29, Maio- Agosto, pp. 163- 187, p. 180.

39

Page 40: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

ou de xeito mensual, como no caso de Coia e Bouzas, (en Vigo), onde se pagan uns 8

euros ó mes por cada posto.

Deste xeito, o colectivo senegalés que se dedica en exclusiva á venda ambulante vai

itinerando polos numerosos Mercadiños existentes na nosa comunidade. Por exemplo,

en Vigo e na súa área metropolitana, o circuíto de feiras polas que traballa o colectivo

senegalés, segundo nos comentou unha vendedora é o seguinte: os luns, a feira de

Sabarís; os martes, a feira do Porriño; os mércores, a feira de Coia (Vigo); os xoves a

feira de Tui; os venres a feira de Cangas; os sábados a feira de Moaña, Ponteareas; e,

finalmente, os domingos as feiras de Bouzas, Samil, San Cosme (Vigo), e Mondariz.

Nestes postos, o colectivo senegalés vende fundamentalmente, artesanía de madeira,

roupa, xoias, cintos, bolsos, carteiras e algúns aparatos electrónicos. Segundo nos

informaron, unha vez que se consigue o permiso para un posto concreto nun Mercado o

habitual é continuar moitos anos nesta mesma actividade.

Por outra parte, na venda de rúa, as mercancías son menos variadas: soen venderse

cintos, carteiras, cd´s e dvd´s. Tanto as mercancías de rúa como as de venda ambulante,

a excepción da artesanía de madeira que si son importadas dende Senegal, son mercadas

en Portugal ou en almacenes onde compran tamén o resto de vendedores doutras

nacionalidades.

As mulleres senegalesas que se dedican á venda ambulante posúen certas

especificidades en relación ás mercancías, xa que soen dedicarse a dous tipos de

actividade: a venda de roupa feminina e/ou xoias, ou, sobre todo en verán, a facer

trenzas. Como nos comentou unha entrevistada, é frecuente que as mulleres senegalesas

reagrupadas por un marido que se dedica á venda, participen tamén nesta mesma

actividade, no mesmo posto, que en verán complementarán facendo trenzas ás

paseantes, fenómeno moi frecuente na praia de Samil (Vigo).

Aínda que sinalamos que a venda ambulante posúe unhas certas vantaxes relacionadas

coa informalidade e a flexibilidade, estas mesmas características teñen tamén o seu

reverso negativo. En concreto, a inestabilidade e a escaseza nos ingresos económicos é

40

Page 41: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

un eido que todos/as subliñan como a maior dificultade na venda ambulante. Así, a

miúdo en inverno os ingresos da venda dan o xusto para vivir en Galicia, e é en verán

onde os ingresos aumentan e poden chegar para un maior envío de remesas, e ata para

aforrar. Tamén moitos/as vendedores/as sinalaron como nos últimos anos, (sobre todo a

partires da entrada do Euro), as vendas descenderon bastante, e o verán pasado, debido

ó mal tempo dos meses estivais, foi unha mala campaña.

“Bueno, la venta ambulante no es fácil, si llueve un día no puedes vender, cada

mes cambia mucho lo que vendes, es muy irregular, hay meses que ganas 300

euros, otros muchos más, otros menos. No hay un salario, en plan salario, (...),

depende de los gastos que tengas de mercancías, de lo que vendas cada mes. Yo

prefería tener un negocio, una tienda, algo más estable, para poner a mi mujer,

tener a la niña allí, algo más así” (senegalés, posto en feiras de venda

ambulante).

Os ingresos poden, polo tanto, variar moito. Os vendedores con postos na feira posúen

uns maiores ingresos, poden chegar ata os 600 euros ó mes, ingresos inferiores para os

vendedores de cd´s de rúa, que posúen unha menor marxe de beneficios.

“Vendo cd´s en ferias, cinco días a la semana, voy a ferias a Coruña, Santiago,

Betanzos o Ferrol, cojo el bus para ir allí, (...), gano unos 300 euros al mes, pero

varía, varía” (senegalés, venda ambulante).

Como xa sinalamos, tamén é habitual empregar a venda ambulante como unha

ocupación de fin de semana que complementa outro traballo nalgunha fábrica ou

empresa pola semana. Nestes casos, polo xeral, os ingresos complementarios son

empregados para o aforro ou para o maior envío de diñeiro á familia en Senegal.

Ademais da venda “non sedentaria”, a pesca e a construcción son outros dos sectores de

inserción laboral dos senegaleses contactados. Os dous senegaleses contactados que se

dedicaban á pesca, un en Vigo e outro na Coruña, traballaban tamén como pescadores

en Senegal. Un deles se dedicaba á pesca en caiuco na costa de Saint- Louis, (unha zona

41

Page 42: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

de onde proveñen moitos pescadores senegaleses); e o outro pescador dedicábase á

pesca en Ndangane, unha vila situada no delta do río Sine- Saloum na Rexión de Fatick,

e cuxa economía se basea fundamentalmente na pesca e no turismo. Esta zona se inserta

na nomeada petite- côte, outra das zonas prioritarias de orixe dos pescadores

senegaleses en Galicia. As condicións laborais dos pescadores son duras, facendo

mareas de tres a seis meses, mais, para moitos inmigrantes que en Senegal se dedicaban

á pesca, esta é unha ocupación preferida a outras, xa que é o seu ámbito profesional, e

os ingresos económicos tamén son maiores en comparación con outro tipo de empregos

(sobre os 1000 euros). Nalgún caso, o recen chegado, a pesares de ser pescador, se atopa

co problema da situación irregular e non pode ser contratado en barcos de pesca, polo

que é habitual pasarse na venda ambulante uns anos ata poder regularizar a situación, e

posteriormente dedicarse á pesca, un itinerario que a súa vez se repite para o sector da

construcción, unha ocupación que tamén reporta maiores e máis estables ingresos que a

venda ambulante. En ocasións, o feito de non ter conseguido un posto fixo nas feiras fai

máis urxente a busca dun traballo por conta allea, como o caso dalgúns senegaleses da

construcción.

“No tengo trabajo, sin papeles no se puede pescar, (...), es muy peligroso, los

patrones no quieren irregulares, y yo quiero trabajar en la pesca, no quiero

cualquier cosa, otras cosas, de venta ambulante no, ni de camarero, porque está

el alcohol, y no quiero que esté cerca el alcohol” (senegalés, desempregado en

situación irregular).

“Conozco a algunos compañeros, los que estaban antes en la venta ambulante

pasan, los jóvenes sobre todo, los que llegaron conmigo, hace unos años,

primero estuvieron en la venta ambulante, o tienen papeles, además no tienen

puesto fijo en las ferias, entonces les compensa más la construcción”

(senegalesa, venda ambulante).

No caso dos pescadores, hai que sinalar que semellan ser unha comunidade a parte

dentro do colectivo senegalés en Galicia. É dicir, o feito de proceder das mesma zonas,

que en Senegal todos se dedicaran tamén á pesca, e que agora en destino se dediquen á

42

Page 43: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

mesma actividade, e que moitas das veces traballen xuntos nun mesmo barco, provoca

unha unión especial entre estes inmigrantes.

Para rematar, entre os/as nosos/as entrevistados, tamén existen dúas persoas que

traballan nunha empresa de madeira e nun gran almacén, o que lles permite ter un soldo

estable tódolos meses, pero por outra parte non lles deixa ir tantos meses a Senegal

como no caso da inmigración que se dedica á venda ambulante. Tamén nestes casos se

usa a venda ambulante as fines de semana para complementar os salarios semanais do

traballo por conta allea, e poder enviar máis diñeiro ás súas familias en orixe.

“Tengo un contrato de 6 meses, estoy contento, el salario normal, no como

trabajo solo media jornada, sobre 500 euros y pico, como me dedicaba antes a la

venta ambulante, cuando puedo voy a la feria, el fin de semana, o a la mañana,

por ejemplo como hoy, trabajo de tarde, mañana trabajo de tarde y puedo ir a la

mañana a la feria y después a la tarde a trabajar, porque lo que cobró allí, 500

euros no me llega para vivir aquí y mandar para Senegal, no llega, ...”

(senegalés, traballa nun gran almacén).

43

Page 44: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

5.3.- COMPORTAMENTOS TRANSNACIONAIS: REDES ENTRE ORIXE E DESTINO

Aínda que ó longo do estudo xa fomos adiantando como se ían tecendo certas redes

entre as zonas de orixe en Senegal e Galicia, dedicaremos este apartado á avaliación

pormenorizada destes intercambios. Como xa se sinalou, partiremos de que as persoas

migrantes se atopan implicadas nunha gran variedade de prácticas que implican o

intercambio de recursos tanxibles e intanxibles que inclúe xente (que emigra, volve

emigrar, visita o seu fogar con regularidade), recursos monetarios (inversións

comerciais, remesas familiares, axuda humanitaria), recursos non monetarios (ideas e

símbolos culturais) e diferentes apoios de tipo político e/ou relixioso. Pasaremos a

continuación a analizar o xeito de operar destas redes dentro do colectivo senegalés,

coas especificades que posúe esta inmigración en Galicia.

5.3.1.- As redes económicas con Senegal e a súa relación co

desenvolvemento

A través do traballo de campo, constatouse que as redes entre Senegal e Galicia son moi

densas e frecuentes, o que se manifesta sobre todo en dous tipos de redes moi fortes: as

redes de comunicación e visita entre os/as inmigrantes e as súas familias e as redes

económicas que se forxan entre estes/as.

Neste epígrafe nos centraremos nesas importantes redes económicas. Os envíos de

remesas se erguen como os principais fluxos económicos entre Senegal e Galicia, aínda

que as viaxes dos/as inmigrantes a Senegal tamén serven en ocasións para levar regalos

e mercancías ó país de orixe.

Para comezar, hai que dicir que o envío de diñeiro regularmente, (unha ou dúas veces ó

mes) é unha actividade que a ampla maioría das persoas senegalesas entrevistadas

subliñan realizar. Das doce persoas senegalesas entrevistadas, dez delas enviaban

regularmente diñeiro a Senegal, e nas organizacións e sindicatos contactados que

traballan coa poboación senegalesa reiteran tamén que os envíos de diñeiro a Senegal

44

Page 45: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

son unha constante na inmigración senegalesa. A cantidade de diñeiro que se envía varía

en función dos ingresos do/a inmigrante, mais en xeral, como sinalamos arriba, se segue

a estratexia de minimizar os gastos en Galicia (compartindo piso, facendo as comidas en

común, evitando os gastos en ocio), co obxectivo de enviar o máximo de diñeiro á

familia en Senegal. Así, os envíos poden variar dende os 50 ós 250 euros ó mes, os

cales se envían maioritariamente por remesadoras como Western Unión ou Money

Gram, aínda que tamén se acude a compatriotas que viaxan a Senegal de vacacións para

facer eses envíos, unha operación que resulta difícil de detectar nas contas económicas

dos diferentes países en relación. A gran unión coa familia que queda en orixe e as

necesidades económicas familiares, (relacionadas coa alimentación, a saúde, as

carencias da vivenda,...), fan que os envíos de cartos sexan unha prioridade máxima

para este colectivo.

“Si, envío, puedo enviar por esas empresas, por Money Gram, o cuando te

enteras de un compañero va a ir a Senegal, siempre le das, y eso estadísticamente

no se contabiliza, al mes mando unos 200 euros para mi familia, para mis padres,

en comida, en medicamentos, lo de la sanidad en Senegal, fatal, si, se llama

pública, pero hay que pagar los medicamentos totalmente, al 100%”

(Senegalesa, venda ambulante).

Neste senso, hai que sinalar que aqueles/as inmigrantes que non son capaces de mandar

cartos pola súa situación de irregularidade e/ou de desemprego, senten unha gran

angustia por non poder estar aportando diñeiro a súa familia en Senegal.

“Te pones nervioso para ganar dinero, para ganar dinero, tienes que hacer, ..., ya

si estas mayor, tu hermano, tu hijo, tu mujer, entonces, yo que soy, que significa

en el mundo, tienes que buscarte la vida, (...), cada persona se pone nerviosa

para tener papeles, si mandas se ponen contentos; el momento está duro, yo llevo

tres años y no mandé ni un duro, y mi familia está pobre, me vine a buscar la

vida por tres años, a veces quiero llamar y no puedo llamar, que vas a hacer,

nada, nada, llevo aquí tres años” (senegalés, desempregado en situación

irregular).

45

Page 46: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Como dixemos arriba, ademais de mandar cartos, as viaxes de visita a Senegal son

aproveitadas polos/as inmigrantes para levar regalos á familia: sobre todo, móbiles,

mantas, ou roupa. A maiores destes productos, se detectou que nalgúns casos tamén se

fletan contenedores para o envío de coches de segunda man ó pobo de orixe, para ser

usados alí como taxis por algún familiar, moitas das veces, un irmán. Estes

contenedores tamén son empregados por outros/as inmigrantes para mandar roupa ou

outros regalos ós seus familiares en Senegal; e, na viaxe de volta son utilizados, a súa

vez, para traer a España as artesanías de madeira de Senegal, que, segundo comentaron

os/as entrevistados/as son das poucas mercancías de venda que se moven entre Senegal

e Galicia, debido a que, como xa se sinalou, o resto de productos que se ofertan nos

postos ambulantes dos/as senegaleses son comprados en diferentes feiras ou almacenes.

Neste senso, non semella que exista unha rede densa de mercancías entre as cidades de

orixe e as cidades galegas na venda de productos senegaleses, a excepción desta

artesanía de madeira.

Polo tanto, podemos concluír que son as remesas o fluxo económico máis continuo e

importante para a familia do/a inmigrante en Senegal. Semella ser, polo tanto a familia a

principal receptora dos cartos enviados polos/as inmigrantes. Mais, en qué se gastan

eses cartos en Senegal e quen decide o seu uso?

Para comezar hai que facer unha matización: a familia senegalesa é unha familia

extensa, composta con frecuencia polos pais, irmás e os seus cónxuxes, tíos/as,

sobriños/as, ..., que quedan en orixe, nun fogar que polo xeral é patrilocal (se establece

na unidade familiar do marido), e onde se conforman familias extensas cun réxime

matrimonial polixínico (poden contraer matrimonio ata con catro esposas)18. Este

fenómeno explica o feito de que a maioría dos fogares de orixe dos/as entrevistados/as

están formados por quince ou vinte persoas, entre os que se contan a súa esposa/o, os

seus pais, irmá/ns, os/as cónxuxes destes/as, tíos/as e sobriños/as; esa é a composición

máis habitual da familia da que partiron en Senegal. Esta cantidade de familiares fai que

18 Kaplan, Adriana (2003): “Los procesos migratorios: senegambianos en Cataluña” [en liña]: Instituto de Altos Estudios Universitarios, dipoñible en: www.iaeu.es

46

Page 47: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

as remesas se distribúan entre un número importante de membros/as, repartíndose en

función das necesidades concretas en cada ocasión.

En canto a quen decide o uso das remesas, puidemos detectar que na maioría dos casos

son eses/as familiares en orixe os/as que deciden en que se usan os cartos enviados

polos emigrantes: os pais, os/as irmás/ns,..., e nun menor número de casos a decisión é

conxunta entre o/a inmigrante e os seus familiares en Senegal. Unha entrevistada

subliñou que no seu caso, a decisión sobre o gasto dos cartos enviados á familia en orixe

lle corresponde ós varóns da familia.

“Entre ellos, bueno, lo suelen decidir los hombres, mi familia es así, lo suele

decidir mi padre” (Senegalesa, venda ambulante).

En canto ó destino en gasto dese diñeiro enviado, os/as entrevistados/as sinalan que en

xeral se soen empregar principalmente na alimentación dos membros/as da familia. A

maiores, tamén se detectan outros gastos, como os arranxos das casas, compra de

medicamentos, pago de escolas, compra de roupa, compra de artigos electrónicos e

outros gastos cerimoniais e relixiosos. Nalgúns casos máis minoritarios, na compra por

parte do/a inmigrante dalgunha propiedade no pobo ou cidade de orixe en Senegal, ou

no envío, como xa dixemos, dalgún coche de segunda man que será usado como taxi na

localidade senegalesa. En xeral, non é habitual o envío de diñeiro para obras colectivas,

(como escolas ou hospitais), só nalgúns casos escoitamos que algúns envíos ían

destinados a determinadas ofrendas relixiosas ou á construcción de mezquitas.

Outros estudos sobre inmigración senegalesa en España, como o de Joan Lacomba19,

coinciden tamén en que o destino dos recursos económicos xerados pola inmigración

senegalesa, (Mouride no seu caso), é dobre: unha parte do diñeiro é enviado

directamente ós familiares, e outro é transferido como donativo ás cofradías; tamén a

vivenda, dadas as dificultades de acceder a ela a causa dos salarios do país de orixe,

19 Lacomba, Joan (2001): “Inmigrantes senegaleses, Islam y cofradías” en Revista Internacional de Sociología, nº 29, Maio- Agosto, pp. 163- 187, p. 181.

47

Page 48: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

pasaron a constituír un dos sectores predilectos da inversión dos migrantes

internacionais senegaleses, como tamén se reflexa no discurso dos/as entrevistados/as.

Tamén as persoas que traballan co colectivo senegalés coinciden nestes usos da

remesas, salientando a construcción de casas como unha actividade cada vez máis

habitual.

“Dinero, siempre, todos los meses, y a veces más de una vez al mes, si hay algún

problema, de necesitamos tal o cual, (...), y sabes que en Senegal hay muchas

ceremonias, bodas, y otras cosas, rituales de religión, hay una fiesta que se va a

celebrar el próximo mes, la fiesta del cordero, es una fiesta en donde se gasta

mucho dinero, tienes que comprar la comida, y todo los miembros de la familia

ponen dinero, mucho gasto, (...) , por lo menos 200 euros, por lo menos, a mi

madre, a mi hermano que está allí, hace tres meses me llamaron porque hay un

hermano que quiere casarse no tiene dinero y,..., es el problema, sabes una cosa,

el problema de la inmigración actualmente es que creen que aquí se gana mucho

dinero, y muy fácilmente, para ellos si estas en Europa, tienes mucho dinero”.

(senegalés, traballador dun gran almacén).

“Las remesas se están gastando sobre todo en la alimentación a la familia,

también las gastan en construir una casa, o algunos en proyectos, de ganadería,

de agricultura, en regar, en hacer proyectos de regar, y algunos pocos en

proyectos de pesca” (senegalés, venda de cd´s e situación irregular).

“Si, para construir casas, é o habitual, porque eles nunha casa para toda a

familia, unha casa enorme, el antes o mellor vivía compartindo unha casa, e te

queres facer unha casa, e fas unha nova casa para todos, para irmáns sobriños,

tíos” (traballadora de CITE - CC.OO, Vigo).

Aínda que tamén algún entrevistado salientou os problemas que nalgúns casos se están a

dar coa construcción de casas nos pobos de orixe, xa que o feito de non poder supervisar

todo o proceso de construcción da casa (o que tamén sucede con certos negocios), pode

dar lugar a algúns enganos por parte de familiares que se quedan coas remesas

48

Page 49: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

destinadas a este tipo de inversións. Esto pode explicar por qué algúns inmigrantes

prefiren pospoñer ata a súa volta a Senegal a construcción da nova vivenda planificada

dende hai anos.

“Problemas para hacer una casa, tu envías dinero para hacer la casa, pero

muchos lo gastaron, y llegas allí para ver tu casa, y no la había, a veces había

algunos que te mandan fotos, y te dicen que es tu casa, te engañan, hay

muchos emigrantes cansados, a veces tu primo, tu tío, tu hermano, cuando

vuelves, ¿que puedes hacer? Enfadarte, y nada más, y si son los negocios

también, porque no lo hacen como su propia cosa, por eso muchos senegaleses

no quieren invertir más desde aquí, si inviertes si quedate allí para controlar, si

no, es muy difícil, no se puede...” (senegalés, venda ambulante).

En canto á inversión dese diñeiro nalgún tipo de negocio en Senegal, temos que dicir

que a maioría das persoas entrevistadas non tiñan pensado un proxecto empresarial

propio e concreto para o seu retorno. Só nalgún caso se tiña en mente a continuación

dalgunha profesión á que se dedicaban antes da emigración, pero como un proxecto de

futuro, aínda sen concretar: é o caso dalgún pescador da rexión de Saint- Louis que ve a

necesidade de montar unha fábrica de xeo para conservar o peixe que se pesca na súa

rexión.

“Yo en Sant- Louis, yo lo que vi, yo sé muy bien como estaba allí, yo soy

pescador, pero hay problema con la fábrica de hielo allí, hay muchos, más de mil

cayucos, pero no hay fábricas de hielo, hay dos o tres, si yo tengo ese dinero

montaría una fábrica de hielo, también para contratar a otra persona, puede

trabajar allí” (senegalés, pescador)

Estes diferentes usos das remesas son protagonistas na actualidade dun controvertido

debate no plano internacional; o debate se centra sobre os supostos efectos beneficiosos

para o “desenvolvemento” do país de orixe. Este é un debate moi polémico, cuxa

complexidade se reflexa nos propios discursos das persoas ás que entrevistamos:

podemos distinguir discursos que si ven nestas remesas un desenvolvemento para

49

Page 50: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Senegal, e, pola contra, outros discursos que rexeitan este tipo de “desenvolvemento”,

debido a que o vinculan a unha economía neoliberal onde resultan ser os gobernantes os

que aumentan o seu poder adquisitivo, ou como consecuencia de que as remesas

enviadas lles parecen cantidades insuficientes para emprender en Senegal proxectos ou

negocios que revitalicen verdadeiramente a economía do país.

“Si, si, desarrolla, si no no funciona nada de allí, porque al mandar la familia,

ellos compran material para trabajar el campo, para construir, estás ayudando a

Senegal, echamos mano de Senegal, le echamos mucha mano a Senegal”

(senegalés, venda ambulante).

“Si, si, si, porque además de esos bautizos, hay gente que invierte, en transporte,

compran coches, taxis que les dan al primo o hermano, otros que construyen una

casa para alquilar, hay otros que tienen negocios también, un comercio, por

ejemplo fui a una reunión en Madrid en el mes de agosto con el ministro de

senegaleses en el exterior, la inmigración senegalesa contribuyó mucho, mucho,

mucho, en el desarrollo, sin la inmigración muchas familias tendrían problemas

para comer, porque son más de 500 de millares de francefa que envían, es más,

lo que significa para Senegal el dinero ese, hay mucha gente, y hay más en Italia,

son 335 millar pero en cefa, la moneda en Senegal, que depende del franco

francés, es el 7 % del producto interior bruto, de todos los emigrantes, es el 80%

de la ayuda pública al desarrollo, es mucho dinero” (representante da

“Asociación de senegaleses de Ourense”).

“Si desarrollo económico del país significa aumento del poder adquisitivo de los

gobernantes la respuesta desgraciadamente es afirmativa, si es asentar el

neoliberalismo en estos países, la respuesta es desgraciadamente afirmativa, y si

es para un desarrollo económico hacia la ciudadanía muchos factores de

conductas nocivas demuestran lo contrario” (representante da “Asociación e

Integración de Ayuda al Desarrollo del Africano”)

50

Page 51: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

“No sé en que se están gastando, pero lo que envía el no puede levantar el país,

es muy poco, con 50 euros no levantas un país; con otro tipo de envíos a lo

mejor si se levantaba, si mandas 5000 euros para montar una empresa, con 5 o

10 empleados, eso si desarrolla algo, ayuda algo, a mi me gustaría enviar dinero

así, 5000 euros, para ayudar a las personas que están mal, pero es sólo un

proyecto, no tiene ese dinero” (senegalés, carpinteiro).

En calquera caso, este é un tema sobre o cal tódalas persoas entrevistadas posúen a súa

propia opinión formada; neste senso, é un eido de debate e discusión moi importante

para o colectivo senegalés. Como comenta Jabardo20, tamén o propio Goberno de

Senegal é coñecedor da importancia do vínculo económico que os/as inmigrantes

senegaleses representan. Nesta liña, e como unha iniciativa persoal do propio Presidente

do Goberno de Senegal, A. Wade, se convocou o primeiro foro dos senegaleses no

exterior en 2001, evento que xuntou a senegaleses/as procedentes de todo o mundo que

participaron e se comprometeron a traballar polo desenvolvemento do país. Polo tanto,

podemos detectar como tamén dende os propio Estado de orixe se está a activar toda

unha serie de foros e institucións (como o “Ministerio dos Senegaleses do Exterior”21

nomeado polo secretario da “Asociación de senegaleses de Ourense”) para mediar en

certa medida nestes fluxos económicos tan fortes.

5.3.2.- As redes sociais transnacionais: as diferentes conexións con

Senegal

5.3.2.1.- O contacto coa familia: unha constante

Existe, entre as persoas senegalesas contactadas, un aspecto moi común en canto ó seu

comportamento transnacional: o seu contacto regular e cotiá coa súa familia en Senegal.

20 Jabardo, Mercedes (2006): Senegaleses en España. Conexiones entre origen y destino, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Madrid, p. 146. 21 Ministra dos senegaleses do exterior: Aminalata Lo. Fonte: Sitio Oficial do Goberno da República de Senegal, [en liña]: dispoñible en: http://www.gouv.sn/ [consulta: 15/10/2007].

51

Page 52: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Así, o contacto semanal ou ás veces diario coa familia é unha constante entre a

inmigración senegalesa en Galicia, que posúe un grao de unión moi elevado coa súa

familia. Este contacto se produce, sobre todo, a través da vía telefónica, xa sexa co

propio móbil (empregando ofertas de compañías para as chamadas ó estranxeiro, como

“Mi País” de Vodafone nomeada por varios entrevistados), ou a través de locutorios. O

uso de internet para esta comunicación coa familia en Senegal é minoritario, e soe

vincularse a un nivel de estudos elevado, e só se pode realizar con determinados

membros/as da familia máis novos/as e con acceso a internet. Deste xeito, por exemplo,

algúns inmigrantes empregan o teléfono para comunicarse cos seus pais, e internet para

manter o contacto co cónxuxe ou cos irmáns. Os gastos na comunicación telefónica coa

familia poden variar entre os 30 ou os 60 euros ó mes, dependendo tamén do nivel de

ingresos do/a inmigrante, ou da situación concreta da familia en orixe. Así, con

frecuencia, as conversas coa familia en Senegal versan sobre asuntos económicos, que

tipo de necesidades hai na familia nese momento, (se se necesita o envío de máis

diñeiro), se hai algunha persoa enferma, (caso no que se incrementa máis a

comunicación cos/as familiares), se hai un novo/a membro dentro da familia, se hai

algunha nova no país interesante, etc.

“Si, ahora llamo en cualquier momento, cuando tengo tiempo llamo, internet no

lo uso, pero el teléfono si, hay que estar llamando de vez en cuando para saber

como está la familia allí, si hay alguien enfermo allí, o si hay algún problema en

la familia” (senegalés,empregado na construcción).

“Teléfono, internet, últimamente utilizo más internet, en casa no tengo, pero con

mi marido o hermana con internet, con mis padres por teléfono, 30 euros o así,

solemos llamar los fines de semana, y fácilmente gastas 10 euros en cada

llamada” (senegalesa, venda ambulante).

Outro xeito de manter as redes sociais con Senegal son as continuas viaxes que realiza o

colectivo inmigrante ó seu país. Esta é outra constante dentro dos mebros/as do

colectivo, que a miúdo viaxan a Senegal por vacacións tódolos anos, en períodos que

varían dende o mes ata o medio ano na cidade de orixe. Os períodos longos de estadía

52

Page 53: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

en Senegal son realizados, (4 ou 5 meses), sobre todo por aqueles/as inmigrantes que se

dedican á venda ambulante, xa que con frecuencia aproveitan a baixada de vendas en

inverno para visitar a súa familia, e volven en primavera para o período forte de vendas

do verán. Hai que matizar que a situación de irregularidade xurídica impide poder facer

estas visitas a Senegal, polo medo a non poder volver a entrar en España; polo tanto, a

miúdo, os/as inmigrantes senegaleses recen chegados/as poden quedar varios anos sen

visitar a súa familia ata que poden regularizar a súa situación, e comezar a visitar

anualmente Senegal.

Ademais destas variables laborais e xurídicas, as visitas á cidade de orixe tamén se ven

afectadas polas festas relixiosas de Senegal, como a festa do cordeiro ou determinadas

cerimonias da irmandade relixiosa de pertenza do/a inmigrante. As viaxes fanse en

avión, en xeral dende Madrid, buscando ofertas de compañías aéreas para unha viaxe

máis barata. Neste senso, tal e como nos comentou unha das traballadora de CITE, é

habitual que busquen aquelas compañías que maior peso lles deixen levar gratis, xa que

os/as inmigrantes nestas viaxes van cargados de diferentes tipos de regalos: móbiles,

mantas, roupa, etc.

“Fui dos veces, porque de 2002 a 2005 no tenía papeles, y no podía ir, no podía

tomar el riesgo de ir, y en 2005 ya fui, por dos meses, y en 2006 por dos meses,

y este año si no fuera por este trabajo también iba, pero con este trabajo también

aprovecho para ahorrar, si me pueden renovar” (senegalés, traballa nun gran

almacén)

“Cando marchan a Senegal, moitísimos problemas, están buscando a compañías

que máis peso lles permiten mandar gratis, que menos lles cobran por kilo, de

equipaxe, porque van con tremendísimos bolsas, de feito eles para viaxar, se o

billete lles vale 1000 euros, non lles vale con 1000, eles teñen que ter 5000,

porque teñen que dar cartos alí, teñen que dar regalos, ir ben vestidos, coches de

segunda man, como facíamos aquí mesmo, non é tan distinto” (traballadora

CITE- CC.OO, Vigo).

53

Page 54: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Segundo os/as nosos/as entrevistados/as, estas máis ou menos longas estadías en

Senegal son aproveitadas para estar coa familia, facer regalos, estar cos veciños, cos

amigos..., en definitiva, estar na casa familiar, pero non é frecuente traballar alí en

ningunha actividade laboral. Neste senso, estas estadías son o momento de gastar o

aforrado, e de facer os regalos que se “esperan” dun emigrante en Europa. Algúns

entrevistados sinalan ás veces a dificultade de asumir os gastos que se derivan de manter

esa ostentación típica do emigrante, unha imaxe de “regreso triunfal”.

“La mayoría que está allí no trabajas, solo gastar allí, y estar con la familia

también, pasas dos años, tres años sin ver a la familia, pero si estas aquí, gastas

con la familia, con los amigos, vienen allí para pedir dinero, claro, por ser

emigrante, los emigrantes están muy cansados cuando regresan, de todo,

vecinos, familia, amigos, de todo, viene a preguntar, si alguien tiene un

problema, si me puedes ayudar, y tu tienes que dar, tienes que dar, la mayoría

piden dinero, otros piden móviles, piensan que los móviles se tiran por aquí, y tu

vas desde aquí con 7 móviles para allí” (senegalés, pescador).

5.3.2.2.- O seguimento de Senegal en Galicia

Ademais destas redes de comunicación familiar con Senegal, os/as inmigrantes tamén

tecen outro tipo de redes coa orixe, quizais máis invisibles, a través das cales se van

informando do que acontece no seu país, na súa rexión, e van elaborando a súa visión de

Senegal dende o exterior. A maioría das persoas entrevistadas subliñan que o

seguimento que fan da actualidade de Senegal o realizan a través da televisión

senegalesa, que conectan a través da antena parabólica. Así, nos pisos compartidos co

resto de compatriotas senegaleses é moi frecuente que se instale unha antena parabólica

para manterse ó día das novas, e para entreterse cos programas ou os filmes senegaleses.

54

Page 55: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Aínda que é minoritario, algunhas persoas contactadas, (sobre todo as que posúen un

maior nivel de estudos), empregan tamén páxinas de internet, como seneweb22 (a máis

frecuente), e xalima23 para manterse ó día das novas políticas, económicas, etc. Aquelas

persoas en peor situación económica, soen usar internet nas bibliotecas municipais dos

seus barrios. Tamén atopamos a algún senegalés que empregaba a radio vía satélite

(worldspace24) para manterse informado das novas, para o cal hai que darse de alta e

pagar unha cota mensual. Outra das vías para manterse informados/as son as conversas

coa familia, ou cos propios/as compatriotas en Galicia. Por exemplo, no caso do

colectivo que se dedica á venda ambulante é frecuente manter conversas sobre as

diferentes novas do país, debido a que o tipo de traballo permite compartir moitas horas

e debates.

“Si, me entero de las noticias por la tele, por internet, leo la prensa, escucho la

radio, tengo dos canales de Senegal en la tele, por la antena parabólica. Veo

mucho el seneweb.com, que puedes ver las noticias, escuhar la radio, entonces

estas en el ciber una hora hablando con algún amigo, y mientras tienes el

Seneweb y vas viendo en el ordenador las noticias, te da tiempo a las dos cosas”

(senegalés, carpinteiro).

En canto a como lles afecta a actualidade de Senegal, tamén as persoas entrevistadas

coinciden en que, polo xeral, se senten moi afectados/as polo que pasa en Senegal, xa

que as súas familias viven nesa realidade. A maiores deste aspecto, a política e a

economía son dous eidos que lles interesan especialmente, para avaliar como se está a

desenvolver o país, qué políticas se dan en relación á volta dos emigrantes, un tema que

sempre teñen presente debido a que a maioría destes/as inmigrantes teñen en mente o

22 www.seneweb.com: (Senegal dans le web): portal en francés con información sobre a actualidade, finanzas, inmigración, gastronomía, e que tamén posúe espazos de anuncios, humor, foros, prensa, radio, e música senegalesa. 23 www.xalima.com: portal en francés con información sobre novas, economía, relixión, meteoroloxía, deportes, vídeos, televisión, prensa, radio, música e diferentes foros.

24 Worldspace: O sistema worldspace cos satélite Afristar e Asiastar respectivamente, permiten a recepción directa de radio por satélite. Cobren as áreas xeográficas do sudeste de Asia, Oriente Medio e África.

55

Page 56: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

regreso a Senegal. Outro tema que aparece tamén nos discursos é a preocupación pola

recente emigración de xente nova nos caiucos cara Europa, un fenómeno que a moitos

inmigrantes lles preocupa polas mortes que se están a dar nesas viaxes, e pola perda que

significa para o país quedar sen esa xuventude.

“Si me afecta, algunas noticias me gustan, pero otras no me gustan, hay algunas

noticias económicas buenas, pero también en las noticias, el Gobierno de

Senegal dice que van a dar unas ayudas a los emigrantes para poder comprar un

piso, y luego ves que necesitas un aval, que es muy difícil las condiciones, o sea

que no se cumple lo prometido”, (senegalés, carpinteiro)

“Que me afecta de Senegal, muchas cosas, particularmente lo de las pateras, los

que salen en pateras, me da mucho mal a mi corazón, muy triste, porque miras la

tele, la juventud senegalesa, y no me gusta nada, porque están engañando a la

gente para nada, están muriendo de frío, de mal, de hambre, y la gente los están

engañando y los gobiernos no dicen nada, esto es muy triste para mi”,

(senegalés, venda ambulante)

A partir das diferentes novas, conversas coa familia e cos compatriotas e as visitas a

Senegal, os/as inmigrantes senegaleses van facéndose unha idea das transformacións

que se están a dar no seu país de orixe. En xeral, como sinalamos arriba, xa sexa a

través da antena parabólica ou a través de internet o radio, os/as inmigrantes contactados

se manteñen bastante informados/as do que acontece no seu país. Podemos dicir que a

ampla maioría sinala que o seu país mellorou nestes últimos anos, a pesares de que

tamén son frecuentes as críticas á falla de traballo e de futuro para as persoas novas en

Senegal. Algún entrevistado fixo referencia tamén á inflación que afecta de xeito directo

ás familias máis modestas alzando os prezos dos alimentos máis básicos.

“De momento está mejorando, de verdad, está afectando la inflación mundial,

digo yo, la inflación mundial, toca muchas cosas, por culpa de la economía

mundial, pero estamos luchando poco a poco para salir” (senegalés, venda

ambulante)

56

Page 57: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

“No sé que decir, porque hay signos de mejora del país, de carreteras que ves,

medios de comunicaciones, y la gente dispone de cosas que no tenía antes, pero

al mismo tiempo ves que el nivel de vida ha bajado, no tienen mucho dinero para

comer, entras en una casa y hay cosas que antes no había, hay una tele, una

nevera, pero eso en la capital, pero en el rural, no, como no llueve, la gente se

mueve del rural a las zonas urbanas”, (senegalesa, venda ambulante)

“Para mi empeoró, porque la vida está más cara allí, subieron todos los precios,

como aquí, está subiendo ahora, hay inflación, por la primera vez en 2006 y

2007 las familias no tenían el butano para cocinar, porque había,..., como se

llama, en francés se dice un rupture, una ruptura económica, de energía, de

butano, de gasóleo, porque los gobernantes no tenían bastante dinero para

importar el butano, y gasoil, y la electricidad se corta dos o tres veces por día,

todo se usa ahora con electricidad, si no hay electricidad no hay producción, los

ordenadores, las empresas, los hospitales, todo, sobre el plan macroeconómico

dicen que hay desarrollo, un crecimiento de un 3% pero solo sobre el plano

macro, pero el plano microeconómico las familias no, no hay trabajo, la vida es

mucho más caro, los que hacen la política son cada día más ricos, la corrupción

se incrementó mucho, ...., mucho, muchos intermediarios, si, si, de manera

general se empeoró, el pan subió, el arroz, la leche, el cuscús, todo subió”

(senegalés, traballador nun gran almacén).

57

Page 58: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

5.4.- MAPA DE ACTORES SOCIAIS CLAVE NO TRABALLO COA INMIGRACIÓN

SENEGALESA

A través do traballo de campo puidemos detectar que as persoas senegalesas

entrevistadas facían referencia a unha ampla rede de asociacións, ONG´s e sindicatos

como referentes para satisfacer diferentes tipos de necesidades: dende necesidades como

reunirse para facer celebracións, para tecer redes de solidariedade, ata necesidades máis

de tipo burocrático, para resolver dúbidas de documentación, de lexislación laboral,

pasando tamén por necesidades como a aprendizaxe do castelán, de informática, o

abastecemento de alimentos, o acceso a internet e ó teléfono, etc.

Así, a poboación inmigrante en Galicia emprega diferentes tipos de organizacións,

participando nelas tamén de moi diferente xeito. Por unha banda, se atopan as

agrupacións propias (como as asociacións de inmigrantes e as Dahiras relixiosas), nas

que o propio colectivo senegalés participa dun xeito activo e como promotor do

proxecto; estas agrupacións serven para satisfacer necesidades na primeira acollida,

necesidades de ocio, relixiosas; a súa vez, tamén son usadas como plataforma para

reivindicar certas peticións concretas (como, por exemplo, a do carné de conducir).

Por outra banda, outras organizacións de tipo “pro- inmigrantes” 25 como as ONG´s e os

sindicatos son empregados polos/as inmigrantes senegaleses/as en calidade de

usuarios/as, sobre todo para resolver certas dúbidas acerca da documentación (en

sindicatos, como CITE- Comisións Obreiras ou CIG), ou para asistir a determinados

servizos (como as aulas de español, de informática, o servizo de abastecemento de

alimentos, os programas socio- sanitarios, etc.), para o cal asisten a determinadas

ONG´s, entre as que os/as propios/as inmigrantes destacan o traballo de “Ecos do Sur”,

“Equus Zebra”ou “Eco- desarrollo Gaia”.

Así, en primeiro termo analizaremos as agrupacións propias do propio colectivo

senegalés en Galicia (as asociacións de senegaleses e as Dahira), para pasar logo a

25 As denominadas “asociacións pro- inmigrantes” son aquelas organizacións que si ofrecen servizos especializados ó colectivo de inmigrantes, traballan con eles/as, mais están compostas case exclusivamente por autóctonos/as.

58

Page 59: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

analizar as ONG´s e os sindicatos que traballan con esta poboación senegalesa a un

nivel de usuarios/as.

5.4.1.- O asociacionismo inmigrante senegalés

Neste apartado imos analizar os diferentes tipos de organizacións que teñen como

protagonistas ó propio colectivo senegalés en Galicia. É dicir, analizaremos cales son as

redes sociais que operan dentro do colectivo, aquelas agrupacións que posúen unha

certa estructura, e que están compostas polos propios inmigrantes senegaleses, sen

mediación doutras ONG´s ou asociación “pro- inmigrantes”.

Neste senso, detectamos e entrevistamos a dúas o asociacións de inmigrantes

senegaleses en Galicia, a “Asociación de Senegaleses residentes en Vigo”, e a

“Asociación de senegaleses de Ourense”. Nos mesmos días de redacción deste estudo

acaba de ser creada unha terceira asociación en Galicia, a “Asociación de senegaleses de

Pontevedra” que celebrou o 5 de decembro a súa presentación fronte ó subdelegado do

goberno de Pontevedra.

Antes de pasar a analizar as dúas asociacións de inmigrantes senegaleses, faremos uns

breves apuntamentos teóricos sobre o asociacionismo inmigrante. A existencia mesma

do asociacionismo inmigrante está sendo conceptualizada dende a sociedade de acollida

dende varios prismas, outorgándolle diferentes significados á presencia deste tecido

asociativo na nosa sociedade. En xeral, como recolle Zapata- Barrero26, podemos

distinguir dous tipos de discursos: o que ve o “asociacionismo inmigrante como unha

anomalía”, no senso de que en vez de contribuír, constitúe un obstáculo para que os/as

inmigrantes e os/as cidadáns/as se acomoden, xa que o normal sería que os/as

inmigrantes empregaran os tecidos asociativos xa existentes; e o outro discurso, que

postula que o “asociacionismo inmigrante é algo normal”, e ve neste tecido a expresión

habitual do noso sistema democrático ó producirse problemas dentro da nosa sociedade

26 Zapata- Barrero, Ricard (2004): Multiculturalidad e inmigración, Editorial Síntesis S.A, Madrid, pp. 150- 152.

59

Page 60: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

non resoltos politicamente. A nosa perspectiva achégase máis a este segundo marco, xa

que temos en conta que as asociacións de inmigrantes, dada a situación social e política

deste colectivo, representan unha valiosa plataforma dende a que facer presión e

reivindicar certas necesidades básicas para os/as inmigrantes, aínda non resoltas

politicamente. Ademais, como manifestan autoras como Remei Sipi27, este

asociacionismo inmigrante a miúdo actúa como catalizador do proceso de integración

dos/as inmigrantes, xa que o asociacionismo dende esta perspectiva permite superar o

illamento social, fomentar a sociabilidade, intercambiar experiencias e como sostén

Natalia Ribas28 atopar os referentes válidos que permitan unha efectiva integración na

sociedade.

Tendo en conta este marco teórico xeral, pasaremos agora a analizar o asociacionismo

inmigrante senegalés en Galicia, formado polas tres asociacións que comentamos arriba.

En relación á baixa porcentaxe de inmigrantes senegalesas en Galicia (representan só o

1, 37 % das persoas estranxeiras empadroadas en Galicia), o asociacionismo deste

colectivo é bastante importante. Neste senso, Rafael Crespo29 tamén destaca que a

dinámica asociativa da comunidade senegalesa é unha das máis importantes do

conxunto da inmigración extracomunitaria en España, con entidades rexistradas por

tódolos puntos de residencia, que abarcan case todo o territorio peninsular e as illas.

Segundo Crespo, un factor que axuda a entender este dinamismo asociativo senegalés é

a experiencia asociativa que un número significativo de migrantes tiña no súe país de

orixe, unha variable que tamén se confirmou no traballo de campo. Estes agrupamentos

propios poden ser rexidos por criterios de adscrición identitaria non excluíntes entre si,

e entre os que destacan: afinidade familiar, paisanaxe, etnia, rexión de orixe e/ou

nacionalidade e/ou comunidade relixiosa. Estes agrupamentos, segundo Crespo, son nós

vitais das redes (invisibles para a sociedade receptora) que conectan os membros da

comunidade inmigrada entre si e coa sociedade de orixe, demostrando a dimensión

27 Sipi Mayo, Remei (2000): “Las asociaciones de mujeres, ¿agentes de integración social?” Revista Papers nº 60, pp. 355-364. 28 Ribas, Natalia (2003): “ Dona i inmigració”, en Aubarell, G (Dir.): Gestionar la diversitat, Iemed, Barcelona. 29 Crespo, Rafael (2006): “Participación y asociacionismo senegalés, de la visibilidad a la conexión transcontinental” en Jabardo, Mercedes: Senegaleses en España. Conexiones entre origen y destino, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Madrid, pp. 132- 142.

60

Page 61: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

colectiva das migracións africanas. Unha dimensión quen se percife especificamente

para o caso das cofradías relixiosas. Para o contexto das asociacións de inmigrantes

senegaleses/as en Galicia, parece que o criterio máis forte de adscrición é a

nacionalidade senegalesa, e como veremos abaixo, tamén a comunidade relixiosa no

caso da asociación asentada en Vigo.

A “Asociación de Emigrantes Senegaleses residentes en Vigo” creouse no ano 1995 en

Vigo, e está composta na actualidade por uns 170 socios senegaleses (todos homes),

aínda que a participación máis activa en reunións e actividades é máis baixa. Aínda que

estivo parada durante o ano pasado (2006) por problemas internos, agora posúe outra

xunta directiva e están comezando a súa andadura de novo, a pesares de que polo de

agora non posúen local. En canto ás axudas económicas, tiveron unha subvención en

2002 da Xunta de Galicia, e agora están a tramitar novas subvencións.

Por outra banda, a “Asociación de senegaleses de Ourense”, provén da asociación de

inmigrantes africanos “África Mankoligue” (literalmente significa “convivencia para

traballar”), creada en 1996, pero que deixou de funcionar en 2002. A partir desta data

xurde a “Asociación de senegaleses de Ourense”, composta exclusivamente polo

colectivo senegalés da cidade; aproximadamente teñen 32 socios, dos cales tres son

mulleres, aínda que o traballo cotiá e máis activo é sacado adiante por cinco persoas.

Esta asociación si ten un amplo local no centro de Ourense, sufragado por Cáritas;

tamén tiveron algunha axuda concreta (para a televisión) da Xunta de Galicia, da

Deputación de Ourense e do Concello de Ourense.

Por último, a terceira asociación, a recen creada “Asociación de senegaleses de

Pontevedra”. Segundo a nova aparecida no Faro de Vigo30, esta asociación está

composta por un centenar de membros/as, a maioría varóns que se dedican case en

exclusiva á venda ambulante. Entre os seus obxectivos están darse a coñecer,

intercambiar actividades e iniciativas cos autóctonos/as e visualizarse, ademais de servir

como interlocutores da súa comunidade e erguerse como un grupo de axuda mutua entre

30 Fonte: Faro de Vigo, 6 de decembro 2007 [en liña], dispoñible en: www.farodevigo.es [consulta: 6 de decembro 2007].

61

Page 62: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

os compatriotas.

Debido á recente andadura desta terceira asociación de Pontevedra, comentaremos a

continuación algunhas cuestións comúns ás dúas asociacións máis lonxevas, a de Vigo e

Ourense. Ambas asociacións posúen determinados obxectivos comúns. Para comezar,

ambas subliñan que os seus obxectivos finais van encamiñados á mellora da

convivencia entre a sociedade de acollida e a inmigración senegalesa, ademais de que

ambas, dun modo xeral funcionan como “espazos de consolidación comunitaria, de

afirmación e recreación identitaria”31. En canto ós obxectivos máis concretos, estas

asociacións dedícanse principalmente á acollida nun primeiro momento da inmigración

senegalesa, (prestando axuda e recibindo á inmigración irregular e regular, empregando

as redes xa creadas na sociedade de acollida para o beneficio dos recen chegados,...); en

segundo lugar, a inmigración senegalesa en Galicia (e España) se atopa cuns

determinados problemas específicos que entran dentro das reivindicacións destas

agrupacións, como o problema que se deriva da non homologación dos carnés de

conducir senegaleses ou as dificultades legais dos postos de venda ambulante. A

maiores destes obxectivos, unha actividade común destas dúas asociacións, (e de moitas

entidades senegalesas e africanas a nivel español), consiste en fletar a Senegal os corpos

daqueles senegaleses mortos en terras galegas. Así, a pesares dos costos tan elevados do

traslado dos corpos, esta actividade é unha prioridade para estas asociacións, que a

miúdo realizan botes comúns de diñeiro para poder sufragar estes gastos; outras veces

se recorre incluso a outras asociacións de senegaleses noutros países, como o caso de

Italia, onde a inmigración senegalesa nos últimos anos tamén creceu de xeito moi

importante.

“Pues sobre todo la ayuda a personas enfermas, que están en el hospital, o

personas muertas, que hay que llevar el cuerpo a Senegal, y vale mucho dinero

llevar el cuerpo en avión a Senegal, unos 6000 euros o así, también ayudamos a

pagar los billetes para poder ir al entierro, incluso hay otras asociaciones de otros

31 Crespo, Rafael (2006): “Participación y asociacionismo senegalés, de la visibilidad a la conexión transcontinental” en Jabardo, Mercedes: Senegaleses en España. Conexiones entre origen y destino, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Madrid, pp. 132- 142, p. 136.

62

Page 63: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

países, de Italia o así, también nos ayudan; es que nosotros queremos que nos

entierren en nuestra tierra, volver allí, es importante para los senegaleses”

(secretario da “Asociación de Senegaleses residentes en Vigo”).

“Los objetivos es que vivir bien entre senegaleses, ayudar a los que tienen

problemas, a los que llegan, si a los recién llegados, no saben donde ir, ahora si

hay muchos irregulares, son muchos ahora, ...” (secretario da “Asociación de

senegaleses de Ourense”).

Un eido de especial interese para os obxectivos do presente estudo, serán as relacións

destas asociacións con Senegal. En concreto, nos interesará saber se estas agrupacións

posúen algún tipo de proxecto ou iniciativa con Senegal ou con asociacións situadas en

Senegal, ou, polo menos se son coñecedoras doutras organizacións asentadas en Galicia

que teñan proxectos de codesenvolvemento con Senegal. Temos que sinalar que estas

dúas asociacións, polo de agora, non manteñen contacto con ningún tipo de asociación

en Senegal, nin posúen proxectos que impliquen a localidades senegalesas nin os seus

pobos de orixe, aínda que si lles gustaría como proxecto de futuro iniciar este tipo de

contactos co seu país de orixe. En concreto, un dos eidos sobre os que lles gustaría

traballar sería, no caso da “Asociación de senegaleses de Ourense”, sería na

problemática da potabilización da auga e as colaboracións para a mellora da sanidade,

sobre todo na infancia e nas mulleres. Esta asociación, como xa comentamos no

apartado 5.3.1, si iniciou algún contacto co xa nomeado “Ministerio dos Senegaleses do

Exterior” en Madrid, e posúe un interese específico no tema do codesenvolvemento

manténdose ben informados sobre as cifras e os fluxos de remesas que a inmigración

senegalesa está a enviar ó seu país de orixe.

“A mi por ejemplo no hay agua potable, hay electricidad, pero no hay agua

potable, cogen de los pozos, y hay muchas enfermedades, sobre todo de los

niños, diarrea, que provienen de esta agua” (secretario da “Asociación de

senegaleses de Ourense”).

63

Page 64: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

A pesares de que en España, como subliña Crespo32, están aparecendo iniciativas de

codesenvolvemento protagonizadas por asociacións de senegaleses, parece que en

Galicia este eido está aínda moi nos seus inicios para o colectivo senegalés.

Tampouco coñecen ONG´s galegas que traballen en proxectos con Senegal; neste senso,

semella que existe bastante distanciamento entre as ONG´s autóctonas e o

asociacionismo inmigrante senegalés. O secretario da asociación de Ourense sinala que

coñece certas ONG´s que traballan co colectivo senegalés, mais non ten constancia de

proxectos de codesenvolvemento co seu país de orixe.

“En Galicia, sé que están trabajando con inmigrantes, por ejemplo, la Fundación

Galicia emigración, hay Cáritas, la Cruz Roja, ..., pero de momento no

conocemos ong´s que tengan codesarrollo, no, por ahora, no” (Secretario da

“Asociación de senegaleses de Ourense).

Por outra banda, aínda que escasas, si se dan certas relacións entre estas asociacións de

inmigrantes senegaleses con outras asociacións de inmigrantes, sindicatos, ou ONG´s.

En concreto, a “Asociación de Senegaleses residentes en Vigo” mantén certo contacto

con sindicatos, como CITE, (de Comisións Obreiras) ou CIG. Por outra banda, a

“Asociación de senegaleses de Ourense” mantén relación con outras asociacións de

inmigrantes senegaleses a nivel español, como a asociación de inmigrantes senegaleses

de Málaga ou de Barcelona; tamén participan da “Federación de Asociaciones de

Senegaleses en España”, unha Federación a nivel estatal que aglutina diferentes

asociacións de senegaleses locais e provinciais, traballando sobre unha base reticular, e

fundamentándose nun plantexamento común. A pesares de que a “Asociación de

senegaleses de Ourense” coñecen a existencia da asociación asentada en Vigo non

manteñen moito contacto entre ambas. En realidade, ambas posúen escasa relación con

outras asociacións de inmigrantes a nivel galego, e ningunha participou nas dúas

“Asembleas de inmigrantes e emigrantes retornados” realizadas a nivel galego.

32 Crespo, Rafael (2006): “Participación y asociacionismo senegalés, de la visibilidad a la conexión transcontinental” en Jabardo, Mercedes: Senegaleses en España. Conexiones entre origen y destino, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Madrid, p. 139.

64

Page 65: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

“Contacto solo con la asociación, con los de senegaleses, con los de Vigo, de

los de Málaga, Barcelona, de otra ciudades, con los de Vigo, contactos, mucho

mucho no hay, (...), en España hai 44 asociaciones de senegaleses que están

registradas, de las 44 representadas en la Federación de España somos 15, en

Cataluña hay muchas”, (secretario da “Asociación de senegaleses de Ourense).

Coa Administración tamén se teñen certos contactos, sobre todo por parte da asociación

de Ourense, que colabora co Concello e a Deputación para realizar diferentes

actividades festivas, como a celebración do día Nacional de Senegal, o 4 de abril; o ano

pasado, en 2006, celebraron este día cunha festa no seu local, onde acudiron o Alcalde

de Ourense, e representantes da Cruz Vermella e de Cáritas. A maiores deste tipo de

actos, esta asociación tamén posúe un convenio coa Administración para levar a cabo un

Programa de vacacións dos/as fillos/as para que visiten ós seus pais en Ourense durante

o verán; programa que leva en marcha sobre tres anos, e está a disposición de

inmigrantes de diferentes nacionalidades.

5.4.2.- As cofradías relixiosas: as Dahiras

Ademais destas asociacións de inmigrantes, faise necesario facer referencia ás cofradías

relixiosas, un tipo de organizacións cuxa presencia na inmigración senegalesa é unha

especificidade que regula unha boa parte das redes sociais deste colectivo. En concreto

podemos falar da actividade da Dahira Mouride de Vigo, con vinculacións coa propia

“Asociación de inmigrantes senegaleses de Vigo”. Como tamén recolle Crespo33 é

habitual dentro da inmigración senegalesa este tipo de conexións entre organizacións

formais e informais; é dicir, a miúdo estes agrupamentos informais soen ser o

fundamento dunha asociación rexistrada. Sen embargo, continúa Crespo, sería difícil

separar un modelo de outro, porque é un erro crer que existe unha fronteira entre o que

dende Occidente chamamos “formal” e “informal”, “legal “ e “ilegal”. As dúas formas

33 Ibídem, p. 135.

65

Page 66: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

asociativas son resultado das estratexias adaptativas das comunidades subsaharianas,

polo que están interrelacionadas e son complementarias.

A Dahira que detectamos en Vigo, segundo nos comentou unha persoa que participa

ocasionalmente nela, pertence á irmandade islámica Mouride, (da etnia wolof), e se

reúnen para reproducir as mesmas celebracións que esta irmandade realiza en Senegal.

Por exemplo, o día da gran manifestación de Touba (a cidade relixiosa Mouride),

moitos/as inmigrantes (dende Estados Unidos, Italia, España), volven a esta cidade para

facer a celebración, e aqueles/as inmigrantes que se teñen que quedar en destino,

celebran o evento a través das Dahiras. Ademais destas celebracións, as Dahiras tamén

poden dedicarse a actividades semellantes que as que sinalamos para o ámbito

asociativo: dende a provisión das condicións de acollida á chegada (casa, comida,

diñeiro, traballo), ata a axuda para o regreso, pasando por gastos por enfermidade,

celebracións familiares ou repatriación de connacionais en caso de falecemento.

Estas agrupacións de fieis en Vigo teñen relación con outras Dahiras en Senegal ás que

se lles envía diñeiro; polo tanto, a propia Dahira en destino ten a súa propia cota para o

envío de cartos á irmandade en Senegal, (irmandade que soe ser visitada polos

inmigrantes nas súas viaxes de vacacións a Senegal), outro fluxo económico importante

que hai que ter en conta na inmigración senegalesa. Estas irmandades dictan

recomendacións acerca de como practicar a relixión islámica, sobre a forma de ser, e as

diferentes prácticas rituais. Se comentabamos que nas asociacións de senegaleses é

escasa a presencia de mulleres, as Dahira son máis abertas neste punto, e a participación

de mulleres, aínda que minoritaria, é máis importante que no caso das asociacións.

Para diferentes autores, como Lacomba, estas cofradías teñen un papel moi importante

para a inserción social e laboral da inmigración senegalesa en destino:

“En concreto, a su particular entendimiento del Islam, los inmigrantes

senegaleses añaden al mismo formas de organización inexistentes en otros

colectivos musulmanes. El sistema de cofradías, de gran peso en su sociedad de

origen, es importado por los propios inmigrantes a la sociedad de acogida. En el

66

Page 67: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

nuevo contexto migratorio la organización cofrádica se convierte en un

instrumento fundamental de regulación de la comunidad y de inserción social y

laboral para los inmigrantes musulmanes senegaleses”34.

Para Lacomba, as cofradías musulmanas e a cofradía Mourid en particular, (como é o

caso que nos ocupa), son motores da sociabilidade dos seus membros, como tamén son

motores dos lazos de solidariedade; unha solidariedade comunitaria especialmente útil

se temos en conta, segundo o autor, o contexto da modernización desestructurante de

destino.

5.4.3.- ONG´s e sindicatos

Analizaremos neste apartado aquelas organizacións “pro- inmigrantes” que, segundo a

poboación senegalesa contactada, está a cumprir un papel importante co colectivo

senegalés, dende diversos eixes de traballo. Destacan neste traballo varias ONG´s e

sindicatos das que falaremos a continuación.

Na provincia da Coruña, destacan varias ONG´s que traballan cun numeroso colectivo

senegalés, como o caso de “Eco- Desarrollo Gaia”, “Equus Zebra”, e “Ecos do Sur”,

ademais de sindicatos como Comisións Obreiras e CIG, dos cales falaremos máis

abaixo.

En primeiro lugar, “Eco- Desarrollo Gaia”, (xurdida en 1992 na cidade da Coruña), se

define como unha ONG para o desenvolvemento sostible, e traballa en diferentes áreas

como a primeira acollida de inmigrantes, as aulas de castelán, a asesoría xurídica,

(ademais de levar a cabo tamén proxectos de desenvolvemento, do que falaremos no

seguinte apartado). Entre os/as seus usuarios/as suman unhas 11 nacionalidades, entre as

cales a máis importante é a senegalesa, seguida da boliviana e peruana. Neste ano 2007,

34 Lacomba, Joan (2000): “Inmigrantes senegaleses, islam y cofradías en Valencia (España)”, en Revue Européenne des Migrations Internacionais, 2000, 16, pp. 85- 103, p. 103.

67

Page 68: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

na sección xurídica da organización analizaron uns 700 expedientes de inmigrantes, ó

que nos informa da cantidade de usuarios/as que reciben nesta ONG. O colectivo

senegalés que acude a esta ONG participa, entre outras actividades, nas aulas de

castelán, de informática, na asesoría xurídica e tamén empregan o local como un centro

para poder estar xuntos/as e relaxarse intercambiando conversas cos compatriotas. Esta

ONG mantén certos contactos a súa vez con CITE de CC.OO salientando o papel que

desenvolve este sindicato no eido da inmigración. “Eco- Desarrollo Gaia” posúe tamén,

como se analizará no seguinte apartado, un proxecto de codesenvolvemento con

Senegal.

En segundo lugar, a ONG “Ecos do Sur” da Coruña, (xurdida en 1991), defínese como

unha ONG para o desenvolvemento. Posúe tamén unha cantidade importante de

usuarios inmigrantes, (sobre 1000 cada ano), mais neste caso, a maioría das persoas

coas que traballan na actualidade proceden de América Latina. A pesares de non ser

maioría, tamén esta ONG é empregada polo colectivo senegalés, que é o colectivo

africano máis importante co que traballa esta organización. Esta ONG desenvolve

actividades como o asesoramento xurídico a inmigrantes, formación, asesoramento

laboral e tamén posúen diferentes programas socio- sanitarios. Neste último Programa,

segundo o seu responsable, participa un elevado número de senegaleses; este Programa

está orientado á prevención e control da tuberculose, e se realiza en colaboración coa

Consellería de Sanidade e co Hospital Ramón y Cajal de Madrid. En canto as súas

relacións con outras ONG´s, sinalan que posúen bastante contacto con Equus Zebra,

sobre todo en relación a este Programa socio- sanitario. Esta ONG non posúe, polo de

agora, ningún proxecto de codesenvolvemento con Senegal.

En terceiro lugar, a outra ONG detectada como un axente importante para o colectivo

senegalés, é a ONG “Equus Zebra” cunha ampla maioría de usuarios senegaleses, (en

torno ó 80 %). Esta organización xurdida en 2001 defínese como unha ONG galega

creada por e para os/as inmigrantes. O colectivo senegalés participa, fundamentalmente,

nas aulas de castelán que ofrece a ONG, no servizo de internet e de teléfono, así como

tamén participan na distribución de alimentos que se realiza no local. Equus Zebra

mantén relacións con Ecos do Sur, así como tamén forma parte da Coordinadora Galega

68

Page 69: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

de ONG´s e da entidade Coruña Solidaria do Concello de A Coruña. Como sinalaremos

abaixo, posúen tamén un proxecto de codesenvolvemento con Senegal.

Entre as organizacións pro- inmigrantes ubicadas na provincia de Pontevedra en

relación ó colectivo senegalés, destacan os sindicatos como CITE, (de Comisións

Obreiras), e CIG. Tamén, a ONG “Asociación e Integración de Ayuda al Desarrollo del

Africano (AIDA)”, traballa cun importante número de inmigrantes senegaleses/as.

Fixemos tamén contacto con Cruz Vermella, mais nos comunicaron que non posúen

unha liña de traballo específica co colectivo senegalés, e que nestes intres apenas

acoden usuarios/as senegaleses/as ós seus servizos.

O sindicato Comisións Obreiras, posúe un “Centro de información para traballadores e

traballadoras estranxeiros/as” (CITE), que posúe diferentes servizos para axudar e

asesorar ás persoas inmigrantes. Así, ofrece os seguintes servizos de forma gratuíta: o

asesoramento e orientación sobre a lei de estranxeiría, a tramitación de permisos de

traballo, de residencia, de reagrupamento familiar, de nacionalidade e exención do

visado, así como ofrece tamén cursos de idiomas para inmigrantes. No caso do colectivo

senegalés, tal e como subliñaron as traballadoras desta sección en Vigo, empregan con

bastante regularidade os servizos de asesoramento legal, sobre todo para a tramitación

dos diferentes permisos: fundamentalmente, de traballo, de residencia, de reagrupación

familiar e de nacionalidade. No último ano dende este sindicato se detectou a importante

chegada dun fluxo de inmigración senegalesa en situación irregular que chegaron a

través de caiucos, cunhas dificultades específicas. A maiores desta problemática, o

asesoramento en temas laborais tamén é central. Como xa se comentou, unha boa parte

deste colectivo se ocupa na venda ambulante, polo que precisan certo asesoramento para

darse de alta nos permisos por conta propia; neste senso, segundo as traballadoras de

CITE, detectáronse certos problemas debido a que algúns senegaleses vendedores

ambulantes non se daban de baixa ó regresar a Senegal por vacacións, co que deixaban

de cotizar, adquirindo débedas importantes coa Seguridade Social. Este tipo de

cuestións son as que máis se traballan co colectivo.

69

Page 70: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Outro sindicato nomeado pola inmigración senegalesa é CIG, que posúe tamén a súa

vez unha sección de asesoramento e información para inmigrantes, acerca dos permisos

de nacionalidade, reagrupación familiar, axudas á integración social, asesoramento e

orientación laboral e diferentes actividades, entre as que se contan tamén os cursos de

galego.

Por último, mencionaremos o caso da “Asociación e Integración de Ayuda al Desarrollo

del Africano (AIDA)”, unha ONG composta por inmigrantes e autóctonos/as, xurdida

en 1997 en Vigo, na que ademais doutras nacionalidades africanas, (Mozambique,

Nigeria, Angola), participan de xeito importante, tanto como socios/as ou como

usuarios/as, parte do colectivo senegalés. Esta ONG posúe ó redor de 202 membros/as,

entre os que se contan 52 mulleres. Entre os seus obxectivos están, segundo nos

comentou o seu Presidente, fomentar actitudes de respecto e de comprensión cara

culturas diferentes, favorecendo unha convivencia positiva na interculturalidade. Como

obxectivo máis concreto tamén se sinala a axuda á integración dos/as inmigrantes.

Posúen servizos de información e asistencia para calquera africano que o precise, (por

exemplo, moitas das veces os chaman cando hai un inmigrante africano ingresado no

hospital que precisa axuda); tamén posúen un servizo xurídico e un banco de alimentos.

Debido á vinculación do colectivo africano coa venda ambulante, esta ONG tamén ten

participado en reivindicacións laborais en referencia a esta actividade laboral.

70

Page 71: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

5.5. – MAPA DE ACTORES SOCIAIS CLAVE NO CODESENVOLVEMENTO CON SENEGAL

No noso traballo de campo a ONG´s e sindicatos que traballan no eido da inmigración,

e ás diversas asociacións de inmigrantes xa nomeadas, detectamos unicamente o

coñecemento de dous proxectos de codesenvolvemento con Senegal que se estean a

levar a cabo a nivel galego. Un dos proxectos é a “Escola A Coruña” que parte da

ONG´d “Eco- Desarrollo Gaia” de A Coruña. O outro proxecto aínda sen rematar

consiste na construcción e equipamento dun centro de saúde, planificado pola ONG

“Equus Zebra”, de A Coruña.

Debido a que xa falamos do traballo destas ONG´s co colectivo inmigrante senegalés,

neste apartado afondaremos especificamente nos proxectos de codesenvolvemento que

están a levar a cabo.

En primeiro lugar, a “Escola infantil e centro de formación para o desenvolvemento

sostible comunitario Coruña” está ubicada na comunidade pesqueira de Tonghor Yoff,

no Departamento de Dakar. Este proxecto está en funcionamento dende o ano 2004, e

ademais da escola infantil de 120 prazas escolares, tamén ten integrado un proxecto de

cooperativa de salazón levado a cabo por mulleres da propia comunidade. Tanto as

persoas que rexentan a Escola como a cooperativa son mulleres da propia comunidade

senegalesa; todo o proxecto, como comenta o representa da ONGd, posúe unha forte

perspectiva de xénero, tentando fomentar as posicións de liderado feminino.

“La “Escuela A Coruña”, es una escuela, es un centro comunitario por la

igualdad y el desarrollo sostenible, entonces el complejo es un centro regido

todo por mujeres, un centro de formación de lideresas, para las mujeres líderes

que hay ahí, conseguir mantenerlas, para que permita la permanencia de esas

mujeres, que son las que tienen mayor capacidad de liderazgo social, lo que

nosotros intentamos es desarrollar las bases estructurales de la zona. Entonces,

primero hemos potenciado a los colectivos de mujeres, hicieron una cooperativa,

ha sido más o menos existosa, y hemos hecho la Escuela” (representante de Eco-

Desarrollo Gaia”).

71

Page 72: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Este proxecto, segundo o entrevistado, mantivo un ritmo bastante lento debido a ese

desexo de realizar un verdadeiro proxecto de codesenvolvemento, formando ás propias

mulleres que logo coordinarían a Escola. Unha delas, a coordinadora da Escola, foi á

Universidade en Senegal para poder logo levar a cabo a súa tarefa. En canto ó

financiamento, participaron neste proxecto o Concello da Coruña, a Secretaría Xeral de

Cooperación e a Deputación da Coruña.

“Empezó sobre 2004, lleva más o menos tres años, empezamos y reunimos un

poquito de dinero, y enviamos a la directora a una Universidad de Senegal, que

valió un cuarto de millón, una fortuna lo que cuesta estudiar, es una selección

económica, y después con altas y bajas, por querer hacer codesarrollo lo hicimos

más lento, y entonces el codesarrollo sería un generador de sinergias, de

empatías, porque por el hecho de ser coruñeses, es un factor de identificación

cultural, y piensa que de donde viene el inmigrante que está aquí, está esa

Escúela Coruña” (representante de Eco- Desarrollo Gaia).

En segundo termo, o outro proxecto de codesenvolvemento consiste na construcción e

equipamento dun centro de saúde, a posta en marcha dunha Mutua de Saúde, unha

farmacia comunitaria, e o saneamento da auga. O centro de saúde aínda está en proxecto

de construcción, ( o proxecto comezou en 2007), e se sitúa na comunidade de Nagur, no

Departamento de Nodor, dentro da Rexión de Saint- Louis. A idea do proxecto xurdiu,

segundo nos comenta a responsable de cofinanciación da organización, dun usuario de

Equus Zebra da rexión de Saint- Louis. Como xa sinalamos, na Coruña existe unha

elevada porcentaxe de senegaleses que ultimamente proceden desta zona de orixe, de

Saint- Louis. Nesta zona existe unha grave carenciade centros sanitarios, de feito, o

hospital máis achegado está a 126 kms.

Neste proxecto hai unhas organizacións que participan dende Galicia e varias

asociacións como contraparte na rexión. Dende Galicia, ademáis de Equus Zebra,

participa na financiación o Concello da Coruña, o Fondo Galego de Cooperación e

Solidariedade, e como entidades privadas está a Fundación Paideia e se está á espera da

72

Page 73: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

aprobación de Caixa Galicia. Por outra banda, a contraparte en Senegal está composta

por dúas ONG´s da zona, ASAS, (que agora está integrada en Equus Zebra Senegal), e

JAALTAALBÉ.

O proxecto, como xa se sinalou, comezou en 2007, e Equus Zebra conta con que se

remate a súa construcción en 2008, e a pesares de que o pensan xestionar eles como

organización durante dous anos, (ata que o proxecto sexa sostible), os plans apuntan a

que en 2010 a xestión pase ó propio goberno senegalés, para darlle unha continuidade

temporal ó proxecto.

73

Page 74: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

6.- CONCLUSIÓNS

A partires do presente estudo, podemos verter unha serie de conclusións. En primeiro

lugar, hai que subliñar que a inmigración senegalesa en Galicia posúe unhas redes con

Senegal moi fortes e densas, que teñen como eixe central á propia familia do/a

inmigrante. Así, as redes económicas (as remesas, o envío de mercancías), e as redes

sociais (o contacto, sobre todo telefónico, con persoas en Senegal, as longas visitas ó

país), son establecidas na súa maior parte a través da familia extensa que queda na zona

de orixe. O envío de diñeiro resulta unha constante e unha prioridade na maioría dos

casos, o que obriga a activar diferentes estratexias de aforro en Galicia, (vivenda e

comida compartida, evitar o gasto en ocio, etc.).

O gasto do diñeiro enviado é decidido polos membros/as desa familia. Nalgúns casos

tamén se detectaron gastos na construcción de vivendas en orixe por parte dos/as

inmigrantes ou en determinadas ofrendas relixiosas. Neste senso, son escasas as

inversións por parte dos/as inmigrantes en negocios en Senegal. O complexo debate

sobre a inmigración como axente de desenvolvemento queda aberto para os propios

protagonistas, así, os/as senegaleses/as contactados/as posúen diverxencias ó respecto:

algunhas persoas si conclúen que as remesas enviadas fan que Senegal funcione e que as

familias poidan saír adiante, mentres que outros/as inmigrantes subliñan que a maioría

das remesas se agotan na alimentación desa familia extensa en orixe, sen provocar

novos proxectos emprendedores en Senegal.

Por outra banda, no que existe unanimidade é no continuo seguimento que se realiza da

realidade senegalesa dende Galicia. Así, no traballo de campo detectouse un nivel de

información elevado do que acontece en Senegal, a través, sobre todo, das antenas

parabólicas da televisión, e tamén mediante diversos portais de internet que informan

sobre diversas novas e que aloxan prensa e radio na súa web. Para os que non posúen

estes medios, a comunicación vía telefónica coa familia en Senegal é a vía que queda

para informarse da actualidade senegalesa.

74

Page 75: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

En canto ós actores sociais clave en relación á inmigración senegalesa, podemos

concluír que son moi diversos os axentes que entran en conexión con esta inmigración.

Por unha banda, as dúas asociacións de inmigrantes senegaleses de Vigo e Ourense

cumpren un papel moi importante para o colectivo, que soe recoñecer a estas

agrupacións, tendo un nivel de socios bastante elevado, (aínda que o traballo activo é

desenvolvido por un pequeno número de persoas). Así mesmo, unha especificidade en

relación á participación colectiva deste colectivo son as Dahiras, agrupacións de certas

cofradías relixiosas, (musulmanas), que se atopan vinculadas a miúdo con asociacións

máis formais. Estas Dahiras desenvolven funcións de axuda mutua, e de celebración de

certas cerimonias moi importantes para os/as senegaleses/as. No caso de Vigo,

detectouse unha Dahira da cofradía musulmana Mouride, que posúe así mesmo unha

vinculación importante coa etnia wolof e coa actividade comercial.

Ademais destas dúas agrupacións, para o colectivo senegalés tamén existen ONG´s e

sindicatos que cumpren funcións moi importantes de asesoramento e de axuda ós/as

recen chegados/as, como o caso de “Ecos do Sur”, “Eco- Desarrollo Gaia”, “Equus

Zebra”, “AIDA”, “CITE” ou “CIG”.

Mais, entre todo este entramado de asociacións e ONG´s, só detectamos dúas ONG´s

que tiveran algún tipo de proxecto de codesenvolvemento con Senegal. É o caso de

“Equus Zebra” e “Eco- desarrollo Gaia”. As asociacións de senegaleses sinalaron que

aínda que lles gustaría levar a cabo este tipo de proxectos, non posúen os medios nin a

infraestructura necesaria para inicialos, quizais porque aínda son demasiado incipientes

e non teceron redes con organizacións en orixe. Polo tanto, en canto ós proxectos de

codesenvolvemento as protagonistas son as ONG´s, que pasaron de apoiar a

inmigración a implicarse no desenvolvemento das comunidades de orixe dos/as

inmigrantes.

Entre todos estes actores sociais nomeados, (asociacións, ONG´s, sindicatos,...), se

detectou unha escaseza de relacións importante; é dicir, entre o asociacionismo

inmigrante senegalés e as ONG´s que se dedican ó traballo con inmigrantes

senegaleses/as non se percibe comunicación, o que provoca o descoñecemento dos

75

Page 76: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

proxectos que cada actor está levando a cabo no eido da acollida ou do

codesenvolvemento.

76

Page 77: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

BIBLIOGRAFÍA

- ABAD, L,. ARAGALL, X., AUBARELL, G., GÓMEZ, M., LACOMBA, J., MORE,

I., MORENO, L., RAMÓN, C. (2005): Codesarrollo: migraciones y desarrollo

mundial, Cideal, Madrid.

- AMBROSINI (1998): “Intereses ocultos: la incorporación de los inmigrantes a la

economía informal”, Migraciones nº 4, pp. 111- 151.

- CORTÉS, Almudena (2006): “Codesarrollo y migración: una lógica transnacional.

Reflexiones sobre el caso español” en Puntos de Vista nº 8/Codesarrollo, Decembro

2006, Publicaciones del Observatorio de las Migraciones y de la Convivencia

intercultural de la ciudad de Madrid, Madrid, pp. 7- 27.

- DIAO, Aliou (2006): “Las migraciones africanas: su impacto en el desarrollo”, en

Puntos de vista nº 8 / Codesarrollo, Decembro 2006, Publicaciones del Observatorio de

las Migraciones y de la Convivencia intercultural de la ciudad de Madrid, Madrid, pp.

31- 42.

- FARO DE VIGO, 6 de decembro 2007 [en liña]: dispoñible en: www.farodevigo.es

[consulta: 6 de decembro 2007].

- Goberno da República de Senegal, [en liña]: dispoñible en: http://www.gouv.sn/,

[consulta: 15/10/2007].

- GUARNIZO, Luis et al. (2003): “Desconfianza, solidaridad fragmentada y migración

transnacional: los colombianos en la ciudad de Nueva York y Los Ángeles”, en

PORTES, Alejandro et al (eds) La globalización desde abajo: transnacionalismo

inmigrante y desarrollo, FLACSO, México, pp. 233-270.

- JABARDO, Mercedes (2006): Senegaleses en España. Conexiones entre origen y

destino, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Madrid.

77

Page 78: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

- KAPLAN, Adriana (2003): “Los procesos migratorios: senegambianos en Cataluña”

Instituto de Altos Estudios Universitarios, [en liña]: dipoñible en: www.iaeu.es,

[consulta: 10/10/2007].

- LACOMBA, Joan (2000): “Inmigrantes senegaleses, islam y cofradías en Valencia

(España)”, en Revue Européenne des Migrations Internacionais, 16, pp. 85- 103.

________ (2001): “Inmigrantes senegaleses, Islam y cofradías” en Revista

Internacional de Sociología, nº 29, Maio- Agosto, pp. 163- 187.

- MALGESINI, Graciela (2001) “Reflexiones sobre migraciones, cooperación y

codesarrollo”, Arxius de Ciencias Sociales nº5, pp.123-146.

- MARTÍN, Gema e LÓPEZ, Ana (2003): Mujeres musulmanas en España. El caso de

la inmigración femenina marroquí, Instituto de la Mujer, Madrid.

- MOLINA, José Luis e DÍAZ, Aurelio (2006): “Vender en la calle” en Beltrán,

Joaquín, Oso, Laura e Ribas, Natalia (coords): Empresariado étnico en España,

Fundació CIDOB, Barcelona, pp. 181- 193.

- NAÏR, Sami (1997): Informe de balance y orientación de la política de codesarrollo

en relación a los flujos migratorios, Misión Interministerial sobre migración y

codesarrollo, Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia.

- OSO, Laura e RIBAS, Natalia (2006): “Empresariado étnico y relaciones de género.

Mujeres dominicanas y marroquíes en Madrid y Barcelona” en Beltrán, J., Oso, L. E

Ribas, N. (Coords.): Empresariado étnico en España, Fundació CIDOB, Barcelona, pp.

211- 228.

78

Page 79: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

- PACHECO, Karina (2003): “El codesarrollo en España: Posibilidades y desafíos”,

Migraciones nº 13, pp. 185- 207.

- SAW, papa (2006): “Grupos étnicos y patrones migratorios” en Jabardo, Mercedes:

Senegaleses en España. Conexiones entre origen y destino, Ministerio de Trabajo y

Asuntos Sociales, Madrid, pp. 44- 45.

- ZAPATA- BARRERO, Ricard (2004): Multiculturalidad e inmigración, Editorial

Síntesis S.A, Madrid.

79

Page 80: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

ANEXO 1: GUIÓN DAS ENTREVISTAS EN PROFUNDIDADE A SENEGALESES/AS

GUIÓN TEMÁTICO DAS ENTREVISTAS

DATOS DA PERSOA ENTREVISTADA:

NOME:

IDADE:

SEXO:

ORIXE DE NACEMENTO:

NACIONALIDADE:

MUNICIPIO DE RESIDENCIA:

ESTADO CIVIL:

NÚMERO, SEXO E IDADE DOS/AS FILLOS/AS:

ANOS QUE LEVA EN GALICIA:

NIVEL DE ESTUDOS:

COÑECEMENTO DE IDIOMAS:

LINGUA MATERNA:

DATA E LUGAR DE REALIZACIÓN DA ENTREVISTA:

BLOQUE A) SITUACIÓN EN ORIXE: A DECISIÓN DE MIGRAR

1.- ¿Cal é a razón pola que elexiste saír de Senegal?

2.- ¿De que zona ou rexión do seu país emigrou vostede? (Situar no mapa).

¿Cal era a principal actividade económica desta rexión ou cidade? ¿Como

definiría a situación laboral e económica nesta zona/cidade?

¿De qué zona do seu país emigraron os compatriotas que coñe? (Situar no

mapa).

3.- ¿ Por que se elixiu Galicia como destino?

80

Page 81: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

¿Cal era a información que manexaba de Galicia?

4.- ¿Cal é a túa meta en Galicia: aforrar e retornar ó teu país, ou instalarte

definitivamente en Galicia?

BLOQUE B) A FAMILIA E A DECISIÓN DE MIGRAR

5.- ¿Cal era a súa situación familiar no momento de migrar (estado civil, parella,

fillos/as, etc.)

¿Emigrou só ou acompañado/a?

6.- ¿Cantas persoas formaban parte da súa familia cando vostede emigrou?

7.- ¿De que vivían as personas que integran a súa familia: que actividades

económicas desenvolvían?

8.- ¿Emigraron outras persoas da súa familia antes de que vostede o fixese?

BLOQUE C) A EMIGRACIÓN: A VIAXE, A SITUACIÓN ADMINISTRATIVA

E A INSERCIÓN NO MERCADO LABORAL

9.- ¿Como foi o traxecto para chegar a Galicia?

¿Cal foi o costo económico da viaxe? ¿Como financiou a viaxe?

10.- ¿Que tipo de documentación precisou para emigrar?

¿Quen lle proporcionou a documentación para emigrar?

81

Page 82: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

11.- ¿Estivo vostede en situación irregular?

¿Cando conseguíu regularizar a súa situación e a través de que método?

¿En que situación se atopa na actualidade? (que tipo de permiso ten)

12.- ¿Cal é o seu traballo actualmente?

¿Cal é o salario e as condicións laborais?

BLOQUE D) A RELACIÓN CO SEU PAÍS DE ORIXE: FAMILIA

TRANSNACIONAL E REMESAS

13.- Cuando vostede emigrou, ¿desfíxose das súas propiedades no seu país?

De non ser así, ¿quen se encarga na súa ausencia do seu coidado?

14.- Se vostede ten casa no seu país de destino, ¿quen está residindo na mesma?

15.- ¿Ten vostede familia a día de hoxe en Senegal?

¿Mantén contacto con estes/as familiares? ¿de qué tipo? (comunicación

frecuente e medio que empregan, de que cousas soen conversar)

16.- ¿Soe realizar envíos de diñeiro ou mercancías (especificar: roupa, fotos,

xoguetes) a Senegal? (con qué frecuencia, a través de que medios: bancos,

remesadoras, amigos).

Dende que chegou a Galicia: ¿cando comezou a enviar remesas a Senegal?

82

Page 83: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

¿Qué destino teñen os envíos de diñeiro? ¿Ten enviado diñeiro para algunha

obra de interese social: saneamento, escolas, etc.? ¿Ten enviado diñeiro para

algunha ofrenda de tipo relixioso?

17.- ¿En qué cre vostede que se están gastando principalmente esas remesas enviadas

ó seu país? ¿Cre que están contribuíndo ó desenvolvemento económico do país?

18.- Dende que está vostede en Galicia, ¿cantas veces volveu a Senegal? (por qué

motivos)

¿Como ve o país dende a súa marcha: mellorou ou empeorou económicamente? 19.- ¿Ten vostede novas do que ocorre no seu país? ¿Como se informa do que

sucede?

¿En que medida cre que le puede afectar lo que acontece en su país?

BLOQUE E: AFORRO E CONSUMO

20.- Do seu total de ingresos, ¿canto diría que dedica vostede a vivenda,

alimentación, transporte, roupa, educación, sanidade, etc?

21.- ¿Consigue vostede aforrar? ¿En qué inverte os seus aforros en Galicia?

22.- ¿Consume habitualmente productos ou servicios procedentes do seu país de orixe?

23.- Dende que está en España, ¿adquiriu bens como vivendas, terras, negocios, etc?

83

Page 84: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

ANEXO 2: GUIÓN DAS ENTREVISTAS EN PROFUNDIDADE ÁS ORGANIZACIÓNS

GUIÓN TEMÁTICO DAS ENTREVISTAS

ACTORES SOCIAIS

DATOS DA PERSOA ENTREVISTADA:

NOME:

IDADE:

CARGO NA ONG: (Especificar dende cando)

SEXO:

DATA E LUGAR DE REALIZACIÓN DA ENTREVISTA:

BLOQUE A) SOBRE A ONG

1.- Historia da asociación: ¿cando é onde xorde a idea para montar a ONG?

2.- Composición da asociación: número aproximado de membros/as. Perfís dos/as

socios/as: distribución por sexo e por nacionalidades dos/as membros/as.

(Distinguir socios/as e usuarios/as).

3.- ¿Cales son os obxectivos que persigue a asociación?

BLOQUE B) A ONG E O CODESENVOLVEMENTO

4.- ¿A vosa ONG ten algún proxecto de codesenvolvemento?

5.- Concretamente: ¿O ten con Senegal? especificar como é o proxecto:

5.1.- Obxectivos do Proxecto

84

Page 85: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

5.2.- Localización exacta (situar no mapa)

5.3.- Axentes involucrados: (outras ONG´s, inmigrantes senegaleses, Concellos,

Xunta, etc)

5.4.- Duración do proxecto,

5.5.-Tipo de financiamento,

6.- ¿A vosa ONG ten relación con asociacións ou outras ONG´s de Senegal? ¿de

qué tipo son estas asociacións?

BLOQUE C) A ONG E OUTRAS ASOCIACIÓNS EN GALICIA

7.- ¿Tedes contacto con outras asociacións de inmigrantes ou outras ONG´s en

Galicia? ¿Facedes proxectos en común sobre Codesenvolvemento con estas a

ONG´s? (especificar caso de Senegal)

8.- ¿Qué outras asociacións ou ONG´s vos parecen actores sociais claves en Galicia

no campo do codesenvolvemento con Senegal?

9.- ¿Participades na Asamblea de asociacións de inmigrantes e emigrantes

retornados a nivel galego?

BLOQUE D) OS/AS INMIGRANTES SENEGALESES COMO AXENTES DE

CODESENVOLVEMENTO

10.- A partir do teu contacto co Colectivo Senegalés: ¿de que zonas de Senegal

proceden maioritariamente os inmigrantes senegaleses?

11.- ¿Cres que os inmigrantes senegaleses manteñen moito contacto coa súa familia

en Senegal? (visitas a Senegal, contacto telefónico, etc.)

85

Page 86: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

12.- ¿Cres que os inmigrantes senegaleses soen realizar envíos de dinero ou

mercancías (especificar: roupa, fotos, xoguetes) a Senegal? (con qué frecuencia,

a través de que medios: bancos, remesadoras, amigos).

13.- ¿En qué cres que se están gastando principalmente esas remesas enviadas ó seu

país? ¿Cre que están contribuíndo ó desenvolvemento económico do país?

86

Page 87: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

ANEXO 3: LISTADO DE ENDEREZOS E TELÉFONOS DE ASOCIACIÓNS, ONG´S E

SINDICATOS RELACIONADOS COA INMIGRACIÓN SENEGALESA

Provincia da Coruña

1.- “Equus Zebra”

Localidade: A Coruña

Enderezo: Rúa Cardenal Cisneros 70, baixo.

Teléfono: 881898931.

2.- “Eco- Desarrollo Gaia”

Localidade: A Coruña

Enderezo: Rúa Antonio Pereira nº3, Baixo.

Teléfono: 629817581 (Coordinador)

3.- “Ecos do Sur”

Localidade: A Coruña

Enderezo: Rúa Ángel Senra nº 25, 1º.

Teléfono: 981150118.

Provincia de Pontevedra

1.- “Asociación de Senegaleses residentes en Vigo”

Localidade: Vigo (non posúen local)

Teléfono de contacto: 652389878 (Presidente)

2.- “Asociación de Integración y Ayuda al Africano-Aida”

Localidade: Vigo

Enderezo: Rúa Camelias, nº 117, Portal 3C, 3º Esquerda.

Teléfono de contacto: 610831031 (Presidente).

87

Page 88: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Provincia de Ourense

1.- “Asociación de inmigrantes Senegaleses de Ourense”

Localidade: Ourense

Enderezo: Rúa Calpurnia Abana nº 1-baixo.

Teléfono de contacto: 667557096 (Secretario).

A nivel Galicia

CITE- Comisións Obreiras

1.- CITE- A coruña

Enderezo: Avenida Alfonso Molina s/n, Edificio sindical

Teléfono de contacto: 981145932

2.- CITE- Santiago de Compostela

Enderezo: Rúa Miguel Ferro Caaveiro, nº 8.

Teléfono de contacto.: 981551802

3.- CITE- Ferrol

Enderezo: Rúa Madrid, nº 42-44

Teléfono de contacto: 981350303

Fax: 981174889

4.- CITE- Pontevedra

Enderezo: Rua Pasanteria.nº 1, 2º

Teléfono de contacto: 986866276

5.- CITE- Vigo

Enderezo: Rúa Teixugueiras, nº11.

88

Page 89: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

Teléfono de contacto: 986246822

CIG- Migración

1.- CIG- A Coruña

Enderezo: Avenida Alfonso Molina s/n. Edificio sindical, 8º.

Teléfono de contacto: 981131895

2.- CIG- Santiago de Compostela

Enderezo: Rúa Miguel Ferro Caaveiro, nº 10.

Teléfono de contacto: 981564300

3.- CIG- Pontevedra

Enderezo: Rúa Pasantería, nº1- 2º.

Teléfono de contacto: 986852589

4.- CIG- Vigo

Enderezo: Rúa Gregorio Espino, nº47, Baixo.

Teléfono de contacto: 986827971-72-73.

89

Page 90: Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como axente de desenvolvemento (2007)

Estudo da poboación senegalesa residente en Galicia como

axente de desenvolvemento

ANEXO 4: ÍNDICE DE TÁBOAS E MAPAS

Táboa 1. Distribución provincial da poboación senegalesa en Galicia, 2007................12

Táboa 2. Comparativa da poboación senegalesa en Galicia, 2002- 2005.......................13

Táboa 3. Distribución da poboación senegalesa por municipios, 2006...........................15

Táboa 4. Distribución por idades da poboación senegalesa, 2006..................................17

Táboa 5. Senegaleses/as contratados/as e contratos de xaneiro a setembro de 2007......18

Táboa 6. Distribución por réximes do colectivo senegalés en España, 2006..................20

Táboa 7. Senegaleses/as dados de alta á Seguridade Social

por Provincias, (2006).....................................................................................................21

Mapa 1: Rexións de Senegal e principais puntos de saída cara

á emigración galega.........................................................................................................23

Mapa 2. Departamentos da Rexión de Dakar..................................................................25

Mapa 3. Departamentos da Rexión de Diourbel..............................................................26

Mapa 4. Departamentos da rexión de Saint- Louis.........................................................27

90