4.2.1. web 2.0

Post on 08-Jan-2017

132 Views

Category:

Education

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

WEB 2.0 Características e Riscos

Elena López Vara eElena López Vara eBegoña Otero RiobóBegoña Otero Riobó

Licenza Formación 2015-16Licenza Formación 2015-16Consellería de Educación e O.U.Consellería de Educación e O.U.ANGERMEIER, M., Tag Cloud, [en liña], Wikimedia Commons, CC BY SA

Que é unha rede social?...

Unha rede social é un sitio web que ofrece servizos e funcionalidades de comunicación para manter contacto con outros usuarios da mesma rede.

Dentro dos servizos ofrecidos están:

foros, chats, mensaxería, blogs,…

Imaxe 1: ARY74, Foro, [en liña], Pixabay, Public Domain Imaxe 2: OPENCLIPARTVECTORS, Chat, [en liña], Pixabay, Public DomainImaxe 3: WOO, E., Apps de mensajería, [en liña], Flickr, CC BY SA Imaxe 4: NEETALPAREKH, Blog icon, [en liña], Flickr, CC BY SA

Cada usuario ten un perfil configurado dende o que comparte publicacións e se comunica con outros usuarios

Fixádevos canta información podemos dar acerca de nós mesmos, cando creamos o nos perfil

Perfil

FacebooK

Riscos no uso das redes sociais

As redes sociais abren unha porta inmensa á comunicación e a compartir fotos, vídeos, opinións,…

Pero supón poñer a disposición de moitos outros usuarios un montón de información persoal.

Para regular o uso dos datos e as interaccións entre os usuarios, as redes sociais establecen unhas normas de funcionamento, a través dos seus Termos e Condicións.

A meirande parte das redes sociais coinciden nalgunhas cuestións importantes:

… En España, está prohíbido usar as redes

sociais aos menores de 14 anos sen o consentimento dos seu pais.

Non admiten expresións que agravien a outras persoas, colectivos ou grupos

… Non permiten a difusión de contidos

sexuais ou material pornográfico, especialmente os que atinxen a menores

Non admiten linguaxe violenta ou que incite ao odio

… Non admiten a discriminación en

ningunha das súas formas: sexual, raza, relixión,…

Prohíben usurpar a identidade doutra persoa.

Prohíben crear perfís de usuarios falsos, que non representen a ningunha persoa.

Conductas de risco no uso das redes sociais…

Subir fotografías propias ou doutros en situación íntimas

Dar información persoal

Facernos “amigos” de xente que non coñecemos

Concertar encontros con “amigos” que só coñecemos na rede

Publicar os lugares ondes estamos, onde imos de vacacións, datas nas que non estamos na casa…

Como previr riscos no uso das redes sociais? Axustar os niveis de privacidade

… Verificar a política de privacidade na rede

que queremos usar

Utilizar contrasinais seguras

Non publicar teléfono, fotos, lugares que frecuentamos,…

… Non aceptar como “amigos” ou “seguidores” a

persoas que non coñecemos.

Revisar periodicamente os “contactos”, eliminando aqueles cos que xa non temos ningunha relación.

Non publicar nin etiquetar imaxes, vídeos,… doutras persoas sen o seu consentimento.

Outros riscos asociados ao uso das redes sociais

Ciberbullying

Sextorsión

Grooming

Ciberacoso

O ciberacoso é a acción de acosar a outra persoa por medios dixitais

O ciberacoso escolar é unha variante, na que un menor ou un grupo de menores, acosan a outro, usando medios dixitais.

Ciberacoso

Métodos para acosar

Ataques directos: insultos, ameazas envíadas directamente á vítima a través das redes sociais.

Publicacións e ataques públicos: rumores, fotos ou vídeos humillantes, exclusión da vítima.

Uso de terceiros: suplantación da persoalidade doutros para acosar, crear identidades falsas…

Ciberacoso

Para ver un exemplo

Sextorsión

SextingEnvío de imaxes ou vídeos de contido sexual

producidas polo propio remitente a través, sobre todo, do teléfono móbil.

SextorsiónUso das imaxes ou vídeos de contido sexual

producidas polo remitente, para extorsionar á persoa que as fixo.

Sextorsión

Un exemplo

Grooming

O grooming é o ciberacoso exercido deliberadamente por un adulto para establecer unha relación e un control emocional sobre un menor co fin de preparar o terreo para o abuso sexual.

Grooming

O adulto acosador utiliza un conxunto de técnicas de engano e persuasión para gañarse a confianza e disminuir as inhibicións do menor e obter de el un beneficio de índole sexual.

Grooming é unha palabra inglesa que significa “engatusamento”.

GroomingCaracterísticas

No grooming normalmente existe unha fase previa na que o acosador se gaña a confianza da vítima, para que lle entregue material (fotos, vídeos, imaxes,…) de índole sexual.

GroomingCaracterísticas

Nesta fase previa:

1º.-O acosador vai recabando datos persoais da vítima. Adoita facerse pasar por unha persoa da mesma idade ca ela.

2º.- Consolídase unha amizade, na que a vítima lle conta cousas íntimas ao acosador.

3º.- Se inicia a entrega de material de índole sexual.

GroomingCaracterísticas

A partir daquí, o acosador utilizará a chantaxe para que a vítima lle proporcione cada vez mais material, baixo ameaza de publicalo, contarllo aos pais, amigos, incluso lle pode propoñer un encontro en persoa, no que continuar o abuso e/ou agresión sexual.

Grooming

Para ver un vídeo

top related