4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. páginas web
Post on 25-May-2015
104 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
4 Xornada de Innovación Educativa na Universidade.
11 Decembro 2009
Eduardo José Varela Bravo
Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá
11/11/09
1
“Se creamos unha páxina web en inglés seguindo as instrucións co profe de Inglés teríamos que rematar
aprendendo Inglés e algo máis tamén!” (Descrición dunha actividade
na aula do ano 2008-09. Derradeiro Primeiro ano de Filoloxía Inglesa.)
RESUMO
Paga a pena introducir innovacións nos cursos das licenciaturas que comezaron a súa extinción este ano? Si, por varias razóns importantes. Primeiro, porque hai que garantir a transmisión de coñecementos polo menos por tres anos máis. Segundo, porque no se pode prexudicarao alumnado que está a cursar as devanditas licenciaturas e que teñen dereito a recibir unha educación de calidade aínda que sexa de xeito tradicional. Terceiro, porque estes cursos teñen que acomodarse aos novos tempos e necesidades e proporcionar coñecementos útiles e actualizados.
2
ENGLISH 1. ENGLISH PHILOLOGY PLANO 2001 Antes da experiencia.
This computerIs archaic!
Who cares English
Philology!
Benvidos a clase de Inglés!
Tema ano 0
3
Resumo…. Continuación.
Unha das experiencias de innovación do ano pasado consistiu en deseñar unha páxina web de curso en Inglés na materia Lingua Inglesa 1. O obxectivo de esta actividade foi combinar a práctica na creación e publicación de páxinas web sinxelas en Inglés co emprego dos propios vídeos demostrativos e das instrucións escritas como práctica de lingua. O proceso de creación da páxina foi primeiro actividade de comprensión auditiva e lectora supervisada polo profesor como traballo de aula. Despois, cando a páxina xa estaba montada, a selección de materiais e a redacción dos textos supuxo práctica de lingua adicional na produción escrita. Outros elementos positivos foron a creación dun grupo de traballo e a fixación de criterios na selección de vídeos e noticias na páxina.
4
PÁXINA WEB My First English Page.
• Unha páxina típica das que deseñábamos no curso tiña normalmente os seguintes compoñentes.
• 1.- Referencia ao blog do curso.
• 2.- Un comentario do que facíamos en clase con mención dos puntos e dificultades máis importantes. RESUMO. COMPOSICIÓN.
• 3.- Un videoclip de YouTube cunha letra non difícil que nos permitira facer práctica de comprensión, vocabulario e discusión. COMPRENSIÓN AUDIOVISUAL.
• 4.- Algún vínculo o comentario cultural. DEBATE, POSIBILIDADE DE ALGUNHA LEITURA.
• 5.- Todo condensado nunha páxina aínda que tiñamos a posibilidade de engadir máis.
• 6.- Neste primeiro intre aproveitamos as imaxes que tiña a web, aínda que é posible engadir as túas propias imaxes.
• As actividades dos puntos 2, 3 e 4 están relacionadas coas unidades do libro de texto. (Laser FCE.Heinemann).
• As devanditas actividades poden xustificarse por medio de bibliografía especializada.
• Nas actividades 1, 5, 6 hai unha serie de actividades competenciais complementarias e aleatorias moi importantes.
5
Resumo…. Continuación.
Dende o punto de vista metodolóxico, a experiencia é positiva porque pode empregarse como actividade complementaria ás actividades do programa baseadas no libro de texto cubrindo non só a comprensión e produción senón tamén o vocabulario tanto xenérico como específico do mundo do internet. Dende o punto de vista das novas orientacións pedagóxicas fomenta o coñecemento práctico da lingua estranxeira. Dende o punto de vista das competencias educativas completa os estudios tradicionais do vello plano de estudios de Filoloxía Inglesa cun desenvolvemento de competencias globais, transversais e aleatorias que actualizan os contidos e orientacións desta materia dun xeito positivo. Unha primeira experiencia nunha materia terminal que ben podería continuarse nunha materia de novo deseño.
Durante os minutos da exposición farei referencia as páxinas creadas namentres explico a actividade e os resultados acadados.
6
METODOLOXÍA/ REFORMA EDUCATIVA. TRABALLO PERSOAL, LIBRE INICIATIVA.
• The course web page can be also used to
insert materials not directly related with
the course book but with questions or
debates raised in the class that can lead
to further debate and can be LATER
EXPLOITED to REVIEW, STREGTHEN
& RELATE to aspects dealt with in the
regular course.
• __________________________________
• Pódese empregar tamén a páxina web
do curso para engadir materiais non
relacionados de xeito directo co libro de
texto senón con cuestións o debates que
xorden na clase que poden levar a máis
debates e pódense EXPLOTAR MÁIS
TARDE para REPARASAR,
REFORZAR E POR EN RELACIÓN
aspectos xa tratados no curso regular.
7
1.- Datos fundamentais da experiencia.
• Iniciativa do profesor cun grupo de cinco alumnas do derradeiro primeiro curso de
Filoloxía Inglesa.
• Actividade: aprender a montar unha páxina web gratuíta en Inglés como
complemento as actividades obrigatorias de desenvolvemento do programa do
curso.
• Período, duración e lugar. O proceso foi gradual durante os dous derradeiros
meses do curso cando os obxectivos do libro de texto estaban xa practicamente
resoltos. Empregouse a aula informática Newton 17 da Facultade de Filoloxía e
Tradución.
• Durante o curso as alumnas tiveron acceso á Plataforma Tema de xeito regular,
onde quedaban almacenados os materiais de clase, e tiñan tamén un grupo persoal
coa posibilidade de gardar exercicios, documentos e vínculos de interese.
Contaban tamén cun blog de curso e con contacto regular co profesor da materia.
8
English-1 2008-09.• English 1. English Philology. Innovacións
no emprego de recursos online.
1. 2006-07. Adscrición desta materia á
Tema: (un ano despois das miñas outras
materias)
2. 2007-08.
– Confección e distribución dunha folla
resumo de actividades distribuída pola
lista de distribución:
– Deseño dun blog específico da materia:
2007-08.
– Deseño de materiais complementarios:
2007-08.
3. 2008-09.
– Creación dunha páxina web do curso
– Incorporación de materiais audiovisuais
– complementarios nas presentacións.
– Emprego do pdf.
– Emprego dos grupos persoais. (Primeiro
portafolio) Preinscrición.
Enderezo electrónico-
9
1.- Datos fundamentais da experiencia. 2
• Obxectivos: 1) Propiamente docentes: Práctica de manexo de materiais orixinais en Inglés na rede coas instrucións e unha descrición das prestacións dunha rede educativa gratuíta. Especialmente práctica de comprensión lectora e audiovisual. 2) Pedagóxicos.Potenciar o traballo en equipo e un espírito de colaboración entre as participantes. 3) Metodolóxicos. Potenciar o emprego de ferramentas informáticas e o desenvolvemento da capacidade comunicativa en inglés por medio dos recursos da Web 2.0 tal e como recomenda a literatura especializada máis recente, 4) Filolóxicos.Familiarización co vocabulario e estilo do inglés empregado no internet,
10
A aprendizaxe do Inglés na web 2.0. 1) Materiais deseñados polas editoriais, 2) Portais, páxinas e blogs na rede de temática específica, 3) Redes Sociais e Plataformas específicas sobre
educación, 4) Publicacións en liña, 5) Directorios, 6) Materiais culturais, científicos e tecnolóxicos
http://www.ehow.com/how_5047781_teach-english-internet.html
Palabras clave: Metodoloxía do Ensino en Inglés, Ensino do Inglés por
medio do Internet, deseño de actividades para a clase de Inglés….. 11
1.- Datos fundamentais da experiencia. 3
• 5) Culturais e sociais: Busca e familiarización con directorios e bases de
datos que recollen producións culturais, artísticas e científicas do mundo
global de expresión en fala inglesa, 6) Innovar, actualizar e proporcionar
nos recursos e coñecementos nun curso que aínda xa terminal era o
primeiro dunha xeración de estudantes de Filoloxía Inglesa que non
rematarán os seus estudios ata o ano 2013-14 se non ten atrancos, 7)
Potenciar o novo énfase no auto aprendizaxe tutelado supervisado polos
equipos docentes que moita xente asocia co plan Bolonia, 8) Completar un
proxecto de cambio dunha materia do plano de 2001 que foi primeiro
obxecto de reforma Ects e despois das reformas estruturais e metodolóxicas
do período (Plataforma Tema, listas de distribución ,blog docente) que
remata coa estrutura de curso mixto que recolle o plano de estudios do
2009-10. Se alguén botase unha ollada aos materiais do curso recollidos na
Plataforma Tema podería complementar non só a evolución senón tamén a
potencialidade dalgunhas das iniciativas, que poderían ser funcionais
nalgún dos cursos de novo deseño.
12
PENSANDO NUNHA POSIBLE CONTRIBUCIÓN SOBRE METODOLOXÍA E EDUCACIÓN. E-1 301512104. 2008-09.
Xa sabedes, os clásicos soen ter raxón… e non hai
nada novo baixo o sol cando non chove.
A COURSE WEB PAGE
CONTENTS & DISPLAY
RESOURCES AND TOPICS
MODELS AND EXAMPLES
INSTRUCTIONS AND PROCEDURES
NOT ONLY ENGLISH, BUT GLOBAL COGNITIVE PATTERNS
Bloom
BLOOM’S TAXONOMY.
13
Varela B.
Dieu et mon droit!
1.- Datos fundamentais da experiencia. 4
• Resultados. A experiencia foi positiva nos aspectos fundamentais:
práctica de lingua, traballo en equipo, familiaridade coa aula informática,
inmersión cultural, actualización e innovación dun curso de estrutura
tradicional. Sen embargo, faltou un mes máis de clase para poder alcanzar
os obxectivos de xeito pleno. As condicións do curso 2008-09 foron pouco
propicias. A folga da limpeza e outros conflitos e os traballos de
modernización dos edificios, aulas e equipamento informático na Facultade
de Filoloxía e Tradución produciron una perda de ritmo que eu calculo ben
nun mes de nove. Ademais, un grupo de alumnos que comezou as
actividades informáticas na aula Newton 17 abandonou a actividade ou
ben por desencanto e falla de confianza nas actividades do curso ou ben
por atopar dificultade co manexo dos ordenadores. De todos os xeitos é
unha satisfacción ver como no segundo Curso de Filoloxía Inglesa parece
estar consolidado o interese polo traballo organizado e en equipo nun
grupo de xente.
14
A derradeira sesión• Esta páxina, a derradeira do curso foi
deseñada polo grupo de traballo. Foi
un día intenso xa que traballaron
directamente co ordenador e o canón
directamente na Newton 17. Cando
remataron gardaron na páxina na Tema
e eu fixen as derradeiras correcións.
Pena de non ter un par de semanas
máis!
• De tódolos xeitos un resultado
acadado moi satisfactorio. Tamén a
posibilidade de explorar a experiencia
en traballo persoal.
15
1.- Datos fundamentais da experiencia. 5
• A experiencia foi positiva se ben un pouco apresurada. Ben levada, este
proxecto podería chegar a proporcionar resultados de investigación nas
áreas de ensino de linguas e novas metodoloxías e os seus resultados
poderían estenderse ao deseño de materias complementarias e de libre
elección de linguas modernas na universidade.
• Ademais de práctica en Inglés y dunha mellora das capacidades
interpersonais, as alumnas deste grupo piloto adquiriron coñecementos
prácticos de manexo de ordenadores e emprego da web 2.0, tamén dos
novos laboratorios informáticos como actividades e destrezas
complementarias e aleatorias. O se proceso de adaptación aos cursos en liña
o mixtos da universidade, por exemplo, tería que ser rápido e non
traumático.
16
O prezo de innovar.• Innovar e experimentar son
actividades gratificantes e
necesarias na docencia, pero
precisan dunha atmosfera
favorable, non polémica e
cooperativa.
• Cando as dificultades son
tanto de carácter académico
como de aprendizaxe
técnico as variables que
cubrir e os problemas que
poden xurdir non son
predicibles.
17
2.- A creación da páxina.
• 2.1.- Selección da páxina web.
A páxina web foi seleccionada polas súas indudables ventaxas pedagóxicas e
técnicas aínda que hai outras alternativas non desdeñables. As razóns
fundamentais son:
1. É unha páxina especializada na docencia que permite facer probas
gratuítas.
2. Non é nada complicada, pero proporciona moitas prestacións.
3. O sistema de instrucións, que combina texto e vídeo era ideal para
combinar unha práctica de lingua e a creación da páxina.
4.- Presenta gran potencialidade e permite tanto o traballo individual como en
grupo.
18
Descrición: Just as easy. An educational site: http://www.j2e.com/
19
O primeiro
paso e
inscribirse de
xeito gratuíto e
Individual para
poder editar
páxina e probar
e comprobar
as prestacións.
Emprego na aula: Os vídeos convírtense en material didáctico.
20
Exemplo: Unha nova práctica.
21
• Unha derradeira proba despois dun
ano. Aínda
• conservo a práctica. Dez minutos
nesta tarde de domingo para
lembrar cómo pasa o tempo.
Comecei como axudante de
Filoloxía Inglesa no curso 1981-
82. Aínda son capaz de aprender
máis cousas! Agora ben coller
destreza no manexo de programas
e ordenadores leva tanto tempo
como o estudio do Inglés.
• A páxina no é aínda pública.
• http://www.j2e.com/ejvarelab/Xorn
adas+innovaci%C3%B3n/
3.- Reflexión final e agradecementos
• A creación de páxinas web de curso nas
especialidades de Inglés centradas no seu
aprendizaxe instrumental e comunicativo é
unha ferramenta metodolóxica de primeira
magnitude que hai que explorar ben.
• A súa utilidade quedou demostrada neste
experimento. Os aspectos positivos son
innegables tanto no aprendizaxe como no
desenvolvemento da capacidade
interpersonal das alumnas, na estrutura das
clases e na familiarización coas novas
tecnoloxías. Hai que suliñar tamén ao
estímulo que supón para o traballo persoal
tutelado nas novas liñas innovadoras da
reforma do ensino, dos graos e dos
posgraos. A Filoloxía Inglesa convértese
nunha Ave Fénix que sabe morrer e volver
a nacer para volver a dar froitos.
22
E-1. English Philology. 2008-09.
Derradeiro ano da licenciatura.
------------------------GRAZAS, Marta Gómez López, Ana
González Barreiro, Sandra Lois
Peón, Sara Martínez Martínez e
Paula Quintáns Pazos pola vosa
axuda nesta iniciativa de
innovación.
4.- REFERENCIAS. 1
• 1.- Primarias:
• Páxinas creadas na web educativa: http://www.j2e.com/
• Exemplos de páxinas do curso: http://www.j2e.com/ejvarelab/Webpage+expanded/
http://www.j2e.com/ejvarelab/E-1+webpage+150509/
http://www.j2e.com/ejvarelab/New+page22nd+May/
http://www.j2e.com/ejvarelab/Our+first+page/
http://www.j2e.com/ejvarelab/Xornadas+innovaci%C3%B3n/
• 2.- Metodoloxía do Inglés:
• 2.1.- The Cambridge guide to teaching English to speakers of other languages By Ronald Carter, David Nunan. 2005. http://books.google.com/books?id=NHxOXpII6ssC&pg=PA208&dq=Teaching+english+while+creating+a+web&ei=Bcz1SsPHJZGGzgSeroGgBg#v=onepage&q=&f=false
• 2.2.- Handbook of research on teaching the English language arts By James Flood. 2003. http://books.google.com/books?id=HdTMG_fSh18C&pg=PA652&dq=Teaching+english+while+creating+a+web&ei=Bcz1SsPHJZGGzgSeroGgBg#v=onepage&q=&f=false
23
4.2.- REFERENCIAS. 2
• 3. Reforma educativa.
• 3.1.- Moore, Sarah, Walsh Gary e Angélica Rísquez. 2008. Ensinando na universidade. Universidade de Vigo, Vicerreitoría de Formación e Innovación Eductiva.
• 3.2.- Miguel Valero García. 2009. A aprendizaxe baseada en proxectos no ensino universitario. Universidade de Vigo, Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa.
• 3.3.- Portal de innovación, Universidade de Vigo.• http://webs.uvigo.es/portalvicfie/
• (Menciónanse aquí só uns poucos títulos como exemplo. Na páxina web da universidade de Vigo esta dispoñible unha importante colección de documentos e estudios sobre o proceso de reforma en marcha e sobre as novas tendencias metodolóxicas. )
24
25
Eduardo José Varela BravoDpto. Filoloxía Inglesa, Francesa e AlemáB-29 Filoloxía e TraduciónAs Lagoas, MarcosendeUniversidade de VigoTeléfono: 986812343E-mail: evarela@uvigo.es
top related