2º pascua a 2014 bene pagola

Post on 24-May-2015

63 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIAS Invita a reavivar a confianza en Xesús. Pásao

27 de abril de 20142 º Pascua (A)

Xoán 20, 19-31

José Antonio Pagola

Música:Éxodo: present:B.Areskurrinaga HC; euskaraz:D.Amundarain

XESÚS SALVARÁ A IGREXA

Aterrados pola execución de Xesús, os discípulos refúxianse nunha casa coñecida.

De novo están reunidos, pero non está con eles Xesús. Na comunidade hai un baleiro que ninguén pode encher.

Fáltalles Xesús. A quen seguirán agora?

Que poderán facer sen El? “Está anoitecendo” en Xerusalén e tamén no corazón

dos discípulos.

Dentro da casa, están

“coas portas pechadas”.

É unha comunidade sen

misión e sen horizonte,

encerrada en si mesma, sen

capacidade de acollida..

Ninguén pensa xa Ninguén pensa xa en saír polos en saír polos

camiños a anunciar camiños a anunciar o Reino de Deus e o Reino de Deus e

curar a vida. curar a vida. Coas portas Coas portas

pechadas non é pechadas non é posible achegarse posible achegarse ao sufrimento das ao sufrimento das

xentes.xentes.

Os discípulos están cheos de

“medo aos xudeus”.

É unha comunidade

paralizada polo medo,

en actitude defensiva.

Só ven hostilidade e rexeitamento

por todas partes.

Con medo non é posible amar o mundo como o amaba Xesús, nin

infundir en ninguén alento e esperanza.

De súpeto, Xesús resucitado toma a iniciativa. Vén rescatar os seus seguidores.

“Entra na casa e ponse no medio deles”. A pequena comunidade comeza a transformarse.

Do medo pasan á paz que lles

infunde Xesús. Da escuridade

da noite pasan á ledicia de volver

velo cheo de vida.

Das portas pechadas van pasar axiña á apertura da

misión.

Xesús fálalles poñendo en

aqueles pobres homes

toda a súa confianza:

“Como o Pai me enviou, así

tamén vos envío eu”.

Non lles di a quen se han de achegar,

que han de anunciar nin como han de actuar. Xa o aprenderon del

polos camiños de Galilea. Serán no mundo o que

foi El.

Xesús coñece a fraxilidade dos seus discípulos. Moitas veces criticoulles a súa fe pequena e vacilante.

Necesitan a forza do seu Espírito para cumprir a súa misión.

Por iso fai con eles un xesto especial. Non lles impón as mans nin os bendi

como aos enfermos. Exhala o seu alento sobre eles e dilles: “Recibide o

Espírito Santo”.

Só Xesús salvará a Igrexa. Só El nos librará dos medos que nos paralizan, romperá os esquemas aburridos nos que pretendemos pechalo, abrirá tantas portas que fomos pechando ao longo dos séculos,

endereitará tantos camiños que nos desviaron del.

O que se nos pide é O que se nos pide é reavivar moito máis reavivar moito máis en toda a Igrexa a en toda a Igrexa a confianza en Xesús confianza en Xesús

resucitado, resucitado, mobilizarnos para mobilizarnos para

poñelo sen medo no poñelo sen medo no centro das nosas centro das nosas

parroquias e parroquias e comunidades, e comunidades, e

concentrar todas as concentrar todas as nosas forzas en nosas forzas en

escoitar ben o que o escoitar ben o que o seu Espírito nos está seu Espírito nos está

dicindo hoxe aos dicindo hoxe aos seus seguidores e seus seguidores e

seguidoras.seguidoras.

XESÚS SALVARÁ A IGLESIA

Aterrados pola execución de Xesús, os discípulos refúxianse nunha casa coñecida. De novo están reunidos, pero non está con eles Xesús. Na comunidade hai un baleiro que ninguén pode encher. Fáltalles Xesús. A quen seguirán agora? Que poderán facer sen El? “Está anoitecendo” en Xerusalén e tamén no corazón dos discípulos.

Dentro da casa, están “coas portas pechadas”. É unha comunidade sen misión e sen horizonte, encerrada en si mesma, sen capacidade de acollida. Ninguén pensa xa en saír polos camiños a anunciar o Reino de Deus e curar a vida. Coas portas pechadas non é posible achegarse ao sufrimento das xentes.

Os discípulos están cheos de “medo aos xudeus”. É unha comunidade paralizada polo medo, en actitude defensiva. Só ven hostilidade e rexeitamento por todas partes. Con medo non é posible amar o mundo como o amaba Xesús, nin infundir en ninguén alento e esperanza.

De súpeto, Xesús resucitado toma a iniciativa. Vén rescatar os seus seguidores. “Entra na casa e ponse no medio deles”. A pequena comunidade comeza a transformarse. Do medo pasan á paz que lles infunde Xesús. Da escuridad da noite pasan á ledicia de volver velo cheo de vida. Das portas pechadas van pasar axiña á apertura da misión.

Xesús fálalles poñendo en aqueles pobres homes toda a súa confianza: “Como o Pai me enviou, así tamén vos envío eu”. Non lles di a quen se han de achegar, que han de anunciar nin como han de actuar. Xa o aprenderon del polos camiños de Galilea. Serán no mundo o que foi El

Xesús coñece a fraxilidade dos seus discípulos. Moitas veces criticoulles a súa fe pequena e vacilante. Necesitan a forza do seu Espírito para cumprir a súa misión. Por iso fai con eles un xesto especial. Non lles impón as mans nin os bendi como aos enfermos. Exhala o seu alento sobre eles e dilles: “Recibide o Espírito Santo”.

Só Xesús salvará a Igrexa. Só El nos librará dos medos que nos paralizan, romperá os esquemas aburridos nos que pretendemos encerralo, abrirá tantas portas que fomos pechando ao longo dos séculos, endereitará tantos camiños que nos desviaron del.

O que se nos pide é reavivar moito máis en toda a Igrexa a confianza en Xesús resucitado, mobilizarnos para poñelo sen medo no centro das nosas parroquias e comunidades, e concentrar todas as nosas forzas en escoitar ben o que o seu Espírito nos está dicindo hoxe aos seus seguidores e seguidoras.

José Antonio Pagola.

top related