1º advento c 2015 pagola

Post on 12-Apr-2017

329 Views

Category:

Spiritual

5 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

29 novembro 20151 Adviento – C

(Lucas 21,25-28.34-36)

Presentación: B. Areskurrinaga HCEuskara:D.AmundarainMúsica:Maranatha

José Antonio Pagola

Estade sempre Espertos

Os discursos apocalípticos recollidos nos evanxeos reflicten os Os discursos apocalípticos recollidos nos evanxeos reflicten os medos e a incerteza daquelas primeiras comunidades cristiás, medos e a incerteza daquelas primeiras comunidades cristiás, fráxiles e vulnerables, que vivían no medio do vasto Imperio fráxiles e vulnerables, que vivían no medio do vasto Imperio

romano, entre conflitos e persecucións, cun futuro incerto, sen romano, entre conflitos e persecucións, cun futuro incerto, sen saber cando chegaría Xesús, o seu amado Señor.saber cando chegaría Xesús, o seu amado Señor.

Tamén as exhortacións deses discursos representan, en boa parte, as exhortacións que se facían uns a outros aqueles cristiáns lembrando a mensaxe de

Xesús. Esa chamada a vivir espertos coidando a oración e a confianza son un trazo orixinal e característico do seu

evanxeo e da súa oración.

Por iso, as palabras que escoitamos hoxe, despois de moitos séculos, non están dirixidas a outros destinatarios.

Son chamadas que temos que escoitar os que vivimos agora na Igrexa de Xesús no medio das dificultades e

incertezas destes tempos.

A Igrexa actual marcha, ás veces, como unha anciá «encurvada» polo peso dos séculos, as loitas e

traballos do pasado. «Coa cabeza baixa», consciente dos seus erros e

pecados, sen poder amosar con orgullo a gloria e o poder doutros tempos.

«Erguédevos», animádevos uns aos outros.

«Alzade a cabeza» con confianza. Non miredes o futuro só desde os

vosos cálculos e previsións. «Achégase a vosa

liberación».

É o momento de escoitar a chamada que Xesús nos fai a

todos.

Un día xa non viviredes encurvados, oprimidos nin tentados polo desalento.

Xesucristo é o voso Liberador.

Pero hai maneiras de vivir que

impiden a moitos camiñar coa cabeza erguida confiando

nesa liberación definitiva. Por iso,

«tede coidado de que non se vos

cegue a mente».

Non vos acostumedes a vivir cun corazón

insensible e endurecido, buscando encher a vosa vida de benestar e pracer, de costas ao Pai do Ceo e

aos seus fillos que sofren na terra.

Ese estilo de vida faravos cada vez menos humanos.

«Estad sempre espertos».

Espertade a fe nas vosas comunidades.

Estade máis atentos ao meu evanxeo.

Coidade mellor a miña presenza no medio de

vós.

Non sexades Non sexades comunidades comunidades

durmidas. durmidas. Vivide «Vivide «pedindo pedindo

forzaforza». ». Como seguiremos os Como seguiremos os

pasos de Xesús pasos de Xesús se o Pai non nos se o Pai non nos

sostén? sostén? Como poderemos Como poderemos

««manternos manternos en pé perante o Fillo en pé perante o Fillo

do Homedo Home»?»?

ESTADE SEMPRE ESPERTOS

Os discursos apocalípticos recollidos nos evanxeos reflicten os medos e a incerteza daquelas primeiras comunidades cristiás, fráxiles e vulnerables, que vivían no medio do vasto Imperio romano, entre conflitos e persecucións, cun futuro incerto, sen saber cando chegaría Xesús, o seu amado Señor.

Tamén as exhortacións deses discursos representan, en boa parte, as exhortacións que se facían uns aos outros aqueles cristiáns lembrando a mensaxe de Xesús. Esa chamada a vivir espertos coidando a oración e a confianza son un trazo orixinal e característico do seu evanxeo e da súa oración.

Por iso, as palabras que escoitamos hoxe, despois de moitos séculos, non están dirixidas a outros destinatarios. Son chamadas que temos que escoitar os que vivimos agora na Igrexa de Xesús no medio das dificultades e incertezas destes tempos.

A Igrexa actual marcha, ás veces, como unha anciá «encurvada» polo peso dos séculos, as loitas e traballos do pasado. «Coa cabeza baixa», consciente dos seus erros e pecados, sen poder amosar con orgullo a gloria e o poder doutros tempos. É o momento de escoitar a chamada que Xesús nos fai a todos.

«Erguédevos», animádevos uns aos outros. «Alzade a cabeza» con confianza. Non miredes o futuro só desde os vosos cálculos e previsións. «Achégase a vosa liberación». Un día xa non viviredes encurvados, oprimidos nin tentados polo desalento. Xesucristo é o voso Liberador.

Pero hai maneras de vivir que impiden a moitos camiñar coa cabeza erguida confiando nesa liberación definitiva. Por iso, «tede coidado de que non se vos cegue a mente». Non vos acostumedes a vivir cun corazón insensible e endurecido, buscando encher a vosa vida de benestar e pracer, de costas ao Pai do Ceo e a seus fillos que sofren na terra. Ese estilo de vida faravos cada vez menos humanos.

«Estade sempre espertos». Espertade a fe nas vosas comunidades. Estade máis atentos ao meu evanxeo. Coidade mellor a miña presenza no medio de vós. Non sexades comunidades durmidas. Vivide «pedindo forza». Como seguiremos os pasos de Xesús se o Pai non nos sostén? Como poderemos «manternos en pé perante o Fillo do Home»?

José Antoniio Pagola

top related