aida coñece o mar

14

Upload: asoar-armega

Post on 08-Aug-2015

626 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Aida coñece o mar
Page 2: Aida coñece o mar

Había unha vez unha pescada chamada Aida que vivía nun océano moi grande, moi grande, que se chama Océano Atlántico. Á pescada Aida gustáballe moito vivir nas profundidades do mar, e pasaba o día alí, paseando e canturreando coa súa familia e as súas amigas ata ven entrada a tardiña, que daquela subía á superficie do mar a pescar outros peixes máis pequenos para poder cear a gusto.

Page 3: Aida coñece o mar

O polbo Venancio era un ser estraño que tiña un montón de brazos que movía coma se estivera bailando, contou ata oito brazos!!. Aida a pescada quedou mirando para el fixamente, e Venancio colleu medo e encheu toda a auga limpa do mar coa súa tinta. Foi aí cando Aida se perdeu.

Nunha desas viaxes entretívose e perdeuse!!!! A súa nai sempre lle dicía que tiña que ir atenta e facerlle caso aos maiores, pero Aida, aquela tarde, atopou o ser máis raro que vira en toda a súa vida no mar, o polbo Venancio.

Page 4: Aida coñece o mar

- E logo ti, de quen ves sendo? -dixo Venancio. - Eu chámome Aida, e son unha pescada -dixo ela, un pouco triste. - E ti quen es? Nunca na miña vida vira un peixe tan raro coma ti -preguntou Aida. - Eu sonche un polbo, non son un peixe!! -respondeu Venancio un pouco enfadado.

Cando a auga se volveu limpiña de novo, Aida deuse conta que non había por alí ninguén, as súas curmás, as pescadas, xa marcharan e ela non sabía volver para a súa casa, entón, decidiu que volvería ela soa, pero equivocouse de camiño e outra vez se atopou con Venancio, quen non lle tivo medo porque a viu moi triste e preocupada. Entón achegouse a ela para consolala.

Page 5: Aida coñece o mar

Comezou ensinándolle a súa cova: - pero como? E logo ti non vives libre no mar coma min? -preguntou Aida. - Noooon! Eu vivo nunha cova, e paso o día alí agochado, só saio para buscar comida -repondeu Venancio. - E que é o que comes? Non comes pescadiños pequenos coma min? -dixo Aida. - Non, a min o que máis me gusta son as nécoras, acórdaste? -dixo Venancio.

Venancio convidou a Aida a durmir na súa cova porque xa era de noite, e ofreceulle unha nécora para cear, pero Aida non sabía que era aquilo. Cantas cousas novas estaba a coñecer!!. Venancio deuse conta de que Aida só coñecía á súa familia e a súa casa e decidiu ensinarlle un mundo novo.

Page 6: Aida coñece o mar

Aida e Venancio saíron de paseo polo mar, e Venancio íalle contando cousas das rochas, das ondas, e dun montón de animais que ían aparecendo. Nun destes paseos, atopáronse con Aurelia, unha estrela de mar. Aida púxose a dar voltas darredor de Aurelia, e esta comezou a levantar as puntiñas dos seus cinco brazos para ver quen era ese peixe curioso que andaba a mirar para ela.

Aida asustouse e recuou. - Tranquila, Aida -dixo Venancio- é a miña amiga Aurelia -. - E porque levanta os brazos desa maneira? -preguntou Aida. - Porque as estrelas de mar teñen os ollos nas puntiñas dos seus brazos, é a maneira que ten Aurelia de mirarte -explicou Venancio. - As estrelas viven nas rochas, e andan por elas moi amodiño con un feixe de pés moi, moi pequeniños e gústalles moito comer mexillóns, é o seu prato preferido -seguiu Venancio.

Page 7: Aida coñece o mar

Aurelia presentouse e convidou a Aida a quedar un anaquiño por aquelas rochas e díxolle que lle ía presentar a uns amigos. Cando ían paseando paseniño rocha arriba, atoparon a Bruno, un ourizo de mar. Unha vez máis, Aida quedou sorprendida e dixo: - Coidado!! Ten un montón de pinchos e pódenos facer dano!!!.

- Non te preocupes Aida, - dixo Aurelia, é o meu curmán Bruno, un ourizo de mar, e os pinchos utilízaos cando se ten que defender dos outros animais -. - Ai si!! E se pensa que o queremos comer? Ao mellor quere defenderse e cómenos el a nós!!! - exclamou Aida. - Non te preocupes, - dixo Bruno - a min non me gusta comer peixes, eu son vexetariano, só como algas. Todos comezaron a rir, e Aida perdeu o medo e achegouse a Bruno para velo mellor.

Page 8: Aida coñece o mar

Pero Antón, que era un peixe moi bo, achegouse a Aida e díxolle: - Porque me botas fóra?? eu non vos vou facer dano - . - Como que non? Ti es un tiburón -dixo Aida . - Si, eu son un tiburón, pero moi pequeniño, e só como peixes pequenos, o mesmo ca ti -respondeu Antón. - Daquela non nos vas facer dano? Non nos queres comer? -preguntou curiosa Aida. - Nooon!! Xa che estou dicindo que eu como o mesmo ca ti. Chámome Antón, e son un melgacho -aclarou Antón.

Cando estaban todos de conversa pasou por alí cerca Antón, o melgacho. E Aida advertiu aos seus amigos de que se agocharan porque ela sabía que Antón era un tiburón. A Venancio, o polbo, gustáballe moito cambiar de forma e de cor, e disfrazouse de rocha, para tapar a Aurelia e a Bruno, que se movían moi amodiño, e mentres tanto, Aida intentou botar fóra a Antón, alardeando da súa valentía.

Page 9: Aida coñece o mar

Aida chamou aos seus amigos e presentoulles a Antón, que lles contou que el tamén era un peixe coma Aida, pero que en lugar de espiñas tiña un osiños moi brandiños que se chaman cartílagos, que é o que teñen os nenos nas orellas, e que vivía moi preto da area. Cando Antón comezou a falar da súa vida, Aida de repente púxose triste, tiña morriña, botaba en falta aos seus pais e aos seus amigos.

Entón, Venancio falou con Antón e decidiron axudarlle a Aida a buscar o seu fogar. Aida despediuse de Aurelia e de Bruno, porque como viven nas rochas e andan moi amodiño, non podían ir con eles, e emprendeu a viaxe de volta á súa casa.

Page 10: Aida coñece o mar

Cando xa levaban un anaco nadando e chamando aos parentes de Aida, viron que se escurecía o mar. Venancio e Antón colleron un pouquiño de medo, pero sen embargo, Aida púxose moi contenta e comenzou a dar viravoltas na auga. - Que fas? Ti non ves que aí ao lonxe ven algo moi grande? -dixo Venancio. - Non é algo moi grande, son moitos peixes xuntos que forman un banco para protexerse e buscar comida, é a miña familia, SON AS PESCADAS!!!! - berrou Aida moi leda.

- Moitas grazas por todo, rapaces, -dixo Aida- aprendín un montón de cousas convosco, e coñecín outras maneiras de vivir no mar. Nunca vos vou esquecer!! -E dicindo iso, deu media volta e nadou todo o rápido que puido ata unirse outra vez coa súa familia: o banco de pescadas. E colorín colorado, este conto está rematado!!!

Page 11: Aida coñece o mar
Page 12: Aida coñece o mar

AIDAEspecie: PescadaForma: é un peixe mariño de corpo longo, delgado e cabeza ancha.Talla mínima: 20cmCor: ten as costas de cor gris, cun toque pardo e azulado. Os laterais presentan unha cor prateada clara que se volve branca no ventre.

Lonxitude e peso: pode medir 1,8m e pesar 11 kilos. As pescadas máis pequenas teñen unha talla media de 20-30cm. Alimentación: aliméntanse de crustáceos e de peixes pequenos. Curiosidades: segundo o seu tamaño e peso, a pescada recibe diferentes nomes, aínda que o seu peso tamén varía en función das zonas nas que vive. As pescádellas son as menores de 2 kilos.

VENANCIOEspecie: polboForma: o molusco ten 8 tentáculos longos do mesmo tamañoTalla: 50cm ata 1mPeso: ata 10kgHábitat: fendas e covas en fondos rochosos.Alimentación: crustáceos, bivalvos e peixes pequenosCuriosidades: o polbo cambia de cor rapidamente para confundirse co fondo ou cando o molestan. Para evadir aos seus inimigos tira un chorro de tinta e fuxe expulsando un chorro de auga polo sifón.

BRUNOEspecie: ourizo (equinoderno)Forma: teñen aspecto máis ou menos esférico e están recubertos de espiñas. Non teñen brazos.Hábitat: fondos areosos, e rochas.Alimentación: aliméntanse principalmente de algas que obteñen rapando coa boca na superficie das rochas. Os ourizos irregulares que viven soterrados aliméntanse de sedimento.Curiosidades: conteñen espiñas velenosas, que son as máis pequenas e poden producir lesións graves.

AURELIAEspecie: estrela de Mar (equinodermo)Forma: forma de estrela , ten cinco tentáculos en torno a un núcleo onde contén a boca, os ollos están nas extremidades de cada tentáculo. Algunhas especies teñen máis brazos que cinco.Hábitat: fondo mariño, arrecifes, pedrasAlimentación: aliméntanse de moitos tipos de animais, como as esponxas, anemones, pólipos de corais, outros quinodermos, caracois, incluso peixes pequenos.

Curiosidades: desprázanse grazas as ventosas que teñen nos seus brazos. Non hai animais que as coman, son duras de sabor desagradable. Os peixes que se alimentan de estrelas de mar posúen fortes dentaduras en viven nas zonas fronterizas entre as rochas e a area. Son de gran importancia ecolóxica pola cantidade de bichos que comen.

ANTÓNEspecie: melgacho (peixe cartilaxinoso - tiburón)Forma: acostuma a ser marrón con manchas escuras, e ten a forma similar a de un violín.Lonxitude: máximo 1mHábitat: océano Atlántico. Vive en fondos de área, lodo e cascallo a 400m de profundidade.Alimentación: moluscos e crustáceos.Curiosidades: durante o día póusanse sobre o fondo, agardando a que chegue a noite para comezar a súa actividade depredadora,

capturando moluscos e crustáceos. Si se lles molesta durante o descanso, enróscanse e forman un novelo sobre o fondo.

Page 13: Aida coñece o mar
Page 14: Aida coñece o mar