agustín fernández paz
TRANSCRIPT
O 12 de xullo de 2016 morría en Vigo
o escritor e pedagogo vilalbés Agustín Fernández Paz, autor de máis
de 50 títulos, a maior parte deles
destinados ó público infantil e xuvenil.
A súa traxectoria literaria foi
recoñecida en diversas ocasións coa concesión de
varios premios, e as súas obras sempre foron ben acollidas,
en xeral, polos lectores galegos.
Posuía os títulos de Enxeñeiro Técnico
Industrial e Licienciado en
Ciencias da Educación.
Exerceu como docente de Lingua e Literatura Galegas
no ensino primario e secundario.
Ademais de como escritor e
profesional do ensino, traballou no
eido da normalización lingüística e a
didáctica da lingua e a literatura.
O seu amor pola ficción proviña da infancia: contos de medo narrados a carón do lume, libros de aventuras da biblioteca familiar, historias de superheroes escoitadas na radio, películas vistas no cine… Con estas influencias e a súa
imaxinación, escribiu novelas de variado ambiente, moitas das cales comparten un elemento narrativo: a irrupción do fantástico no mundo real.
As súas obras foron traducidas a varios
idiomas, desde o castelán ó portugués, pasando polo
árabe e o coreano.
Ó longo da súa traxectoria recibiu, entre outros, os
seguintes premios:
- Premio Merlín (1989)- Premio Lazarillo (1990)- Premio Edebé (1994 e
2005)- Premio Xosé Neira Vilas
(2007)- Premio Nacional de
Literatura Infantil e Xuvenil (2008)
- Premio da Asociación de Escritores en Lingua
Galega (2014)
Mais a mellor maneira de coñecer a obra literaria dun autor é… LELA!
Ven á nosa Biblioteca e poderás facelo!
E algúns máis...
Elaborado por Alfonso Blanco, con información tirada da Galipedia e a Biblioteca Virtual Galega