afriga 95

87
TRIUNFO DE ASTURIAS NO NACIONAL DE CONAFE P R O D U C I Ó N D E L E I T E D E G A L I C I A Nº 95 ANO XVII Novembro–Decembro 2011 AFRIGA ESTAMOS EN , EN E EN GANDERÍA SAR O PROXECTO INNOVADOR DE TRES MOZOS DE TOURO (A CORUÑA) www.revistaafriga.com afriga.tv MEDIO AMBIENTE: FILTROS VERDES E PECHES PARA O GANDO 25º ANIVERSARIO DO SPACE DE RENNES, A MAIOR FEIRA GANDEIRA DE EUROPA

Upload: transmedia-comunicacion

Post on 22-Feb-2016

269 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Afriga 95

TRIUNFO DE ASTURIAS NO NACIONAL DE CONAFE

P R O D U C I Ó N D E L E I T E D E G A L I C I A

Nº 95A N O X V I I

Novembro–Decembro 2011

A F R I G AESTAMOS EN , EN E EN

GANDERÍA SARO PROXECTO INNOVADOR DE TRES MOZOS DE TOURO (A CORUÑA)

www.revistaafriga.com afriga.tv

MEDIO AMBIENTE: F ILTROS VERDES E PECHES PARA O GANDO

2 5 º A N I V E R S A R I O D O S P A C E D E R E N N E S , A M A I O R F E I R A G A N D E I R A D E E U R O P A

Page 2: Afriga 95

• OMELLORFILLODEGOLDWYNECOMESTARLAUTAMIETITANIC• ASSÚASIRMÁSLIDERANALISTAXENÓMICAENCANADÁ

• GRANDESRESULTADOS:+1.038Qg.DELEITE,+45Qg.DEGRAXAE+39Qg.DEPROTEÍNA

••

• EXCELENTEMORFOLOXÍA:TIPOFUNCIONALETIPODESHOWAOMESMOTEMPO

• FIABILIDADEMÁXIMA:95%NAPRIMEIRAPROBA,CON260FILLASEN178RABAÑOS• COMBINACIÓNIDEAL:PROFUNDOPEDIGRÍEELEVADOSÍNDICESXENÉTICOS

Fontao - Esperante - Apdo. 128, 27080 LUGO - Tfno.: 982 284 391 / Fax: 982 284 626 [email protected] - www.xeneticafontao.com

LAUTAGOLDWYNxCOMESTARLAUTAMIETITANICMB-895*xCOMESTARLAUTELMA

ESPM3102720401aAa243165

MIC IGNITERMB8911*

Page 3: Afriga 95
Page 4: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

SUMARIO 5

If you would like to receive Afriga magazine via e-mail write to us at:

Edita: AFRIGA, Asociación Frisona Galega. Xunta de Goberno de Afriga: PRESIDENTE, Juan Francisco Novo García. VICEPRESIDENTE, Fernando Couto Silva. SECRETARIA, Josefina Iglesia Andión. TESOUREIRO, Manuel Berdomás Tejo. VOCAIS, José Ramón Pazos Fondevila, José Rodríguez Berbetoros e José Mercador Fontenla.

Produce: TRANSMEDIA Comunicación & Prensa. DIRECTOR, Manuel Darriba. DIRECTOR COMERCIAL, José Manuel Gegúndez. DIRECTOR DE ARTE, Marcos Sánchez. COORDINACIÓN-EDICIÓN, Verónica Rodríguez Gavín. REDACCIÓN, José Luís Ramudo, Begoña Gómez Rielo.Enderezo: Ronda das Fontiñas, 272, Entreplanta A. 27002 LUGO. Teléfonos: 982 221 278, 636 952 893, 610 215 366. Email: [email protected]. Web: www.ctransmedia.com

Administración: AGER Servicios Empresariais SL. Praza da Mercé de Conxo 1, 1º B. 15706 Compostela. Teléfono: 981 534 350. Email: [email protected]. Web: www.ager.com.es

Imprime: Gráficas Rigel SA. Tirada: 10.000 exemplares.

Depósito Legal: C-1.292/94 - Afriga non se responsabiliza do contido dos artigos e colaboracións asinados.

A F R I G AP R O D U C I Ó N D E L E I T E D E G A L I C I A

EXPLOTACIÓN

Gandería SAR (Touro) . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8

NUTRICIÓN

Fontes, sintomatoloxía e consecuencias das micotoxinas. . . . . 16

Alimentación das xatas lactantes . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 29

MEDIO AMBIENTE

Filtros verdes para mellorar a calidade das augas . . . . . . . . . . . 36

SANIDADE

Patóxenos zoonósicos en explotacións de vacún . . . . . . . . . . . . 46

Plan de control da paratuberculose. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 54

Prevención e tratamento da hipocalcemia . . . . . . . . . . . . . . . . . 62

As carrachas como causa importante de perdas no gando . . . . 68

CONVOCATORIAS

Concurso da becerra selecta da Estrada . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 74

Nacional de Conafe. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 75

Space de Rennes . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 78

PANORAMA INTERNACIONAL

GAEC Touchais (Bretaña) . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 82

Se desexa recibir a revista Afriga por correo electrónico escríbanos a:

Síganos tamén en FacebookSíganos también en FacebookFollow us on Facebook

ou visite a nosa webo visite nuestra webor visit our web

Si desea recibir la revista Afriga por correo electrónico escríbanos a:

[email protected]

www.revistaafriga.com

Page 5: Afriga 95

distribución material gandeiro

Gomas y Camas para Vacas

Limpiezas Automáticas

Estabulaciones Libres

Gomas y Camas para Vacas

Tubular Bovino

LimpiezasAutomáticas

NOVEDAD:

Page 6: Afriga 95

Polígono Industrial do Corgo, parcela 3, 27163 O Corgo (Lugo)

E-mail: [email protected] // Web: www. dismagan.es

Distribuidor en Asturias:

distribución material ganadero

CUBÍCULOS

CORNADIZAS

BEBEDEROSNUEVOS BEBEDEROS INOXCON VOLTEO SIN NECESIDAD DE LATIGUILLO

LA AUTÉNTICA LIMPIEZA ALEMANA DECABLE. NO COMPRE IMITACIONES.

Page 7: Afriga 95

Tres mozos de 33, 28 e 25 anos sitúanse á fronte da Gandería Sar, situada na parroquia de Bama, no municipio coruñés de Touro. Eles son Carlos Fernández, Fernando Tarrío e Pedro Souto, os cales, xunto con Manuel Jesús Tarrío (64 anos), María Isabel Martínez (58), José Souto (58) e María Isabel Santos (52), puxeron en marcha un proxecto de mellora gandeira no ano 2009.

Un ano máis tarde, o 1 de setembro do 2010, comezaban a construír as novas instalacións, obras que remataron hai apenas tres meses cando por fin as vacas estrearon o seu novo fogar.

Descubrir a orixe desta SAT obríganos a coñecer a his-toria das ganderías Arrieiro, Souto e Ares, as antigas explo-tacións familiares das que proceden todos os socios. Nos tres casos se trata de negocios familiares con ampla expe-riencia no sector e con tres xeracións ás costas.

Basta con botar un ollo aos datos de produción leiteira ou ao ICO para vaticinarlle un futuro prometedor á Gandería Sar, cuxas instalacións comezaron a funcionar este verán. Á súa fronte están tres mozos que apostaron pola gandería como futuro profesional e xeito de vida.

De esquerda a dereita, Fernando, Carlos, Pedro e o xefe de Africor Coruña, José Moreira

AS NOVAS XERACIÓNS TIRAN DO SECTOR

Se a formación específica nos referimos, Fernando e Pedro contan cun ciclo medio de explotacións agrarias cursado na Escola de Capacitación Agraria de Monforte de Lemos, no caso de Fernando, e na de Sergude (Boqueixón), no de Pe-dro. Por outra banda, Carlos conta cun ciclo do ámbito da informática ademais dun curso de capacitación agraria.

Polo momento, os sete integrantes da SAT dedícanse plenamente ao traballo que xera a explotación, organizán-dose por turnos nas fins de semana. Ademais, contan cun empregado que xa tiña Carlos antes da unión.

A súa cabana é de 465 animais, dos que 220 son de pro-dución e o resto de recría. E dos de produción, 180 estaban en lactación en momento no que se realizou esta reportaxe. Non obstante, o seu obxectivo é ir aumentando progresiva-mente o número de femias para produción. Actualmente, a súa cota é de 1.640.000 quilos.

GANDERÍA SAR (TOURO)

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

EXPLOTACIÓN8

Page 8: Afriga 95

INSTALACIÓNS E BENESTARÁ hora de planificar as instalacións, os propietarios desta gandería tiveron en conta diferentes aspectos de cow con-fort para que o gando se sentise o máis cómodo posible e iso revertera no ámbito produtivo e económico.

O resultado destas premisas iniciais é unha nave van-gardista de estrutura metálica e moi luminosa, na que apenas existen barreiras físicas e que posibilita unha gran ventilación para o gando. Non en van, só conta cun pe-che lateral de chapa metálica pola parte sur para protexer

Frontón SATFrontón, Pantón 27437 Lugo (Galicia)(+34) 673 828 [email protected]

os animais das inclemencias meteorolóxicas. A base é de formigón e os piares e as correas van galvanizados para evitar a corrosión.

Cunha dimensión de 5.500 m2 e con capacidade para 370 animais, a nave principal conta con 353 cubículos dis-postos de xeito enfrontado e 287 cornadizas autotrabables. As camas esténdenas cada doce horas aproximadamente e son de area, que renovan cada cinco días.

Os comedeiros están recubertos cunha especie de resina que evita que a comida se pegue ao cemento, o que deriva nunha maior hixiene alimentaria e reduce a contaminación bacteriana.

Un dos aspectos máis innovadores é o fotoperíodo con-trolable. É dicir, contrólase o período de tempo que as va-cas están expostas á luz para que teñan actividade durante dezaseis horas e descanso durante as oito restantes. Para isto contan con lámpadas halóxenas con sensores de cla-ridade que se acenden automáticamente cando rexistran menos de 150 lúmenes e que se apagan durante o período de descanso, no que en caso de ser preciso empregan unha luz vermella que non é percibida polos animais.

A nave destaca pola súa amplitude e luminosidade, sen apenas barreiras físicas

Luz vermella empregada durante o período de descanso do gando

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

9EXPLOTACIÓN

Page 9: Afriga 95

A cuberta da nave é fixa e consiste nun panel tipo sánd-wich formado por unha chapa metálica, un illamento de poliuretano e outra chapa de fibra de vidro. Ten unha incli-nación do 20% e unha abertura cenital que facilita a saída de aire quente e de gases tóxicos.

Outro dos rasgos distintivos da nave é o deseño en uve dos patios, cunha inclinación do 2% para que o chan estea o máis seco posible. Tamén teñen previs-to instalar os cepillos que tiñan nas instalacións vellas para que as vacas se poidan rascar cando desexen. O sistema de limpeza é o de arrobadeira arrastrada por cable, programado para pasar cinco veces ao día. A fosa de xurro é de formigón e ten capacidade para catro millóns de litros.

En canto á sala de muxido, optaron por un sistema tra-seiro de 24 puntos que teñen pensado ampliar ata 32 nun futuro non moi afastado. Inclúe un podómetro informati-zado que permite a identificación dos animais e o control dos celos.

A gandería Sar conta tamén coas antigas instalacións de cada un dos socios, onde aínda permanece parte da recría, almacenan as forraxes e gardan a maquinaria.

MANEXO DO GANDO E ALIMENTACIÓNAlgo que tamén chama a atención desta gandería é o consi-derable número de lotes en que teñen dividido o gando. Ao nacer, os animais son trasladados a boxes individuais onde permanecen ata o destete, que fan aos dous meses. O pri-meiro lote, desde o destete ata os catro meses, permanece en cama quente de palla. A continuación pasan a outro no que están ata os sete ou oito meses -en función do tamaño-, e logo a outro no que permanecen ata os trece. No seguinte están as femias desde os trece meses ata que empreñan. De momento estes lotes permanecen nas antigas naves, aínda que o obxectivo é trasladalos tamén para a nova.

Outro lote é o das xovencas con preñez avanzada e as secas, que pasan ao de preparto un mes antes de parir, no caso das vacas, e un mes e medio, no das xovencas. E fi-nalmente están os dous lotes de lactación, que unificarán cando completen a organización do gando.

A alimentación tamén está moi controlada e diversifica-da na Gandería Sar. A ración das vacas de produción é si-milar para todas, independentemente do seu rendemento, e componse de 2 quilos de alfalfa, 28 de silo de millo, 6 de silo de herba e 7,7 de concentrado.

DURANTE O INVERNO, FAN PASTOREO COAS XOVENCAS PREÑADAS

Os patios teñen unha inclinación do 2% para que permanezan o máis secos posibles

A cuberta da nave está formada por unha chapa metálica, un illamento de poliuretano e outra chapa de fibra de vidro

O sistema de muxido está informatizado

982 54 75 05Crta. LU-633 Km 7627170 Portomarín - LugoTelf: 982 547 505Fax: 982 545 [email protected]

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

EXPLOTACIÓN10

Page 10: Afriga 95
Page 11: Afriga 95

Os comedeiros están recubertos cunha resina que impide que a comida se pegue ao chan

A ración das de preparto está constituída por 3,3 quilos de palla, 9 de silo de herba, 4 de silo de millo e 2 de con-centrado.

Tamén varía a alimentación en función de se teñen máis ou menos dun ano. As maiores comen 2 quilos e medio de palla, 13 de silo de herba e 1,8 de concentrado ao día mentres que á ración das menores de doce meses engáden-se, a maiores, 3 quilos de penso. E no caso das xovencas preñadas, esta dieta compleméntase con pastoreo durante o inverno.

Á parte, ata os catro meses, as xatas só comen palla e penso.

FORRAXES E MAQUINARIAA gandería Sar conta cunha extensión agraria de 110 hec-táreas bastante concentradas, situándose a maioría das fin-cas nun radio de tres quilómetros. Dese total dedican 60 a millo para ensilar, se ben a ese terreo (excepto 15 ha que quedan a barbeito) tamén lle sacan un corte de raigrás ita-liano no inverno. O resto destínano a pradeiras (case sem-pre raigrás inglés) e unha pequena parte é prado natural que empregan para o pastoreo.

En Touro e arredores comezouse a sementar millo des-de comezos da década dos noventa. Comenta Carlos que é unha zona na que este cereal se dá bastante ben, aínda que a produción varía duns anos a outros. Por exemplo, este ano falaban dunha obtención de só 40 toneladas por hectárea, pero precisaban que a colleita da campaña ante-rior fora moito mellor. Á hora de sementar, decántanse por variedades de ciclo 500.

A única maquinaria que teñen en propiedade é a que precisan para os traballos diarios da explotación. En con-creto contan con tres tractores de 175, 150 e 130 cabalos e rotativas. Por outro lado, están asociados a unha CUMA

que lles proporciona os servizos diarios de alimentación do gando (mediante carro mesturador) e coa cal realizan os traballos de laboreo da terra. E para as campañas de ensi-lado, tanto de herba coma de millo, optan por contratar o servizo a unha empresa externa.

RECRÍA E MELLORA GANDEIRAA recría faise na granxa e destínase integramente á produ-ción. A primeira inseminación adoita facerse aos 14 meses, a media de inseminacións por preñez é de 2,1 doses e o intervalo medio entre partos é de 431 días.

Conscientes da importancia da xenética para obter unha boa produción leiteira, para as xovencas de primei-ra inseminación optan por touros punteiros e por seme sexado. Anualmente compran catro touros de Xenética Fontao e outros catro estranxeiros. En contadas ocasións usan cruces industriais con femias que teñen dificultades para empreñar. Neste momento contan con 10 vacas de cualificación MB.

A produción media da granxa no ano 2010 foi de 10.687 litros vaca/ano, a un 3,65% de graxa, un 3,12% de proteína e cun reconto de células somáticas de 160.000. O que si comentaron os propietarios foi que o traslado das vacas para o establo novo provocou un incremento considerable da bacterioloxía durante os primeiros días, se ben se esta-bilizou rapidamente ata situarse en niveis entre 10.000 e 15.000 xermes por cm3.

A Gandería Sar encóntrase entre as 50 mellores explota-cións da provincia da Coruña por ICO, cunha puntuación de 1.543 puntos. A última cualificación morfolóxica foi de 79,21 puntos.

CUN ICO DE 1.543 PUNTOS, ESTA EXPLOTACIÓN ENCÓNTRASE ENTRE AS 50 MELLORES DA CORUÑA POR ICO

A fosa do xurro ten capacidade para catro millóns de litros

CO FOTOPERÍODO CONTROLABLE REGULAN O TEMPO QUE AS VACAS ESTÁN EXPOSTAS Á LUZ PARA QUE TEÑAN ACTIVIDADE DURANTE DEZASEIS HORAS E DESCANSO CONTINUO DURANTE OITO

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

EXPLOTACIÓN12

Page 12: Afriga 95

GEA Farm TechnologiesLa elección correcta

GEA Farm Technologies Ibérica, S.LPedro Muñoz (Responsable Milking & Cooling)Móvil 609 46 38 18Avda. Sant Julià, 147 - 08403 GRANOLLERS (Barcelona)Tel. +34 938 617 120 - Fax +34 938 494 988E-mail: [email protected]

Contacte con nosotros, le asesoraremos.

GEA Milking & Cooling | WestfaliaSurge

GEA Farm Technologies, líder mundialen salas rotativas, lanza el nuevomodelo de rotativa interior AutoRotorMagnum 40 Single FlowLa solución ideal para conseguir alto rendimiento conpoca mano de obra.

Ideal para explotaciones entre 80 y 1.000 vacas en ordeñoTamaño desde 16 a 48 plazasGracias al novedoso sistema de entrada “Single Flow”, al sistema de controlOC 300 y al sistema automático de simulación “Stimopuls”, se consigueun ritmo de ordeño de:

- 120 vacas/hora con 1 solo operario- 180 vacas/hora con 2 operarios

Page 13: Afriga 95
Page 14: Afriga 95
Page 15: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

NUTRICIÓN16

INTRODUCIÓNUnha das micotoxinas que adoitan aparecer no leite é a aflatoxina, un potente carcinoxénico cuxos niveis máximos en leite están regulados pola UE. Segundo Jouany, outras micotoxinas que poden aparecer no leite son a T-2, a ocra-toxina (OT), a zearalenona (ZEA) e a vomitoxina (DON), as cales, malia non estar reguladas pola Administración, ta-mén poden afectar á saúde humana. Por todo isto podemos afirmar que nos atopamos diante dun dos maiores retos aos que se ten que enfrontar o sector.

Os síntomas dunha micotoxicose van depender da mico-toxina involucrada e tamén da súa interacción con factores de estrés, xa que vacas con alto nivel de estrés son máis sensibles polo seu nivel de inmunodepresión. A sintomato-loxía adoita ser bastante inespecífica: perda de produción, baixada de consumo ou alteracións na reprodución.

De feito, rara vez observamos en campo cadros pato-lóxicos que poidamos identificar claramente como con-secuencia dunha micotoxina. Porén, si resulta frecuente detectar perdas de produción ou problemas patolóxicos que semellan non obedecer a unha orixe ou motivo con-creto. Cando realizamos distintas análises na procura de posibles axentes causais, a miúdo se nos revela a presenza dunha ou máis micotoxinas en doses consideradas non tóxicas. É posible que esta presenza de micotoxinas en doses subclínicas poida ser responsable ou contribuír á aparición de problemas sanitarios e produtivos nas explo-tacións de leite?

MICOTOXINAS: FONTES, SINTOMATOLOXÍAE CONSECUENCIAS PRODUTIVASA contaminación dos alimentos destinados á alimentación animal por micotoxinas é hoxe en día un problema a nivel mundial. Segundo datos da FAO (Jelinek, 1987), estímase que o 25% das colleitas están contaminadas por micotoxinas. Ademais dos danos que provocan nas propias colleitas, a súa presenza nas materias primas que conforman as dietas provocan importantes perdas en termos de produción e saúde animal. Á parte, algunha destas micotoxinas pode aparecer no leite de animais que consuman alimentos contaminados.

Josep Roquet Baucells1, Henrique Prado2

1 Veterinario, M.S. Director Técnico de Alltech Spain2 Enxeñeiro Agrónomo. Responsable de vendas de Alltech Spain

Page 16: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

17NUTRICIÓN

de crecemento dos fungos non son as mesmas que para a produción de micotoxinas e, en xeral, o fungo tende a producilas no momento no que sofre algún tipo de estrés debido a unha situación medioambiental pouco propicia (CAST, 2003).

As forraxes ensiladas son afectadas por outro tipo fun-gos, ácido tolerantes e microaeróbicos, máis favorecidos polo mal manexo que polas condicións ambientais. Silos con pouca densidade (< 700 kg/m3) e con baixas taxas de renovación da súa fronte de ataque contribúen á súa apa-rición. As investigacións micolóxicas teñen identificado Penicillium spp (P. roqueforti e P. paneum), Aspergillus spp (A. fumigatus e A. flavus), e Monascus spp. como as espe-cies máis prevalentes nos ensilados. As micotoxinas que xeran son aflatoxinas e ocratoxina por parte de Penicillium, e citrilina e patulina producidas por Aspergillus. A Monas-cus spp non se lle atribúe produción de micotoxinas. To-dos estes fungos, así como as micotoxinas que producen, atopámolas con relativa facilidade nas forraxes ensiladas, sobre todo nos silos de millo, podendo ser as responsables de moitos dos problemas sanitarios e produtivos que ob-servamos nas nosas explotacións.

Penicillium spp.

Monascus ruber Aspergillus spp.

Na bibliografía hai moitos traballos de investigación de detección de micotoxinas en materias primas. Neles obser-vamos que o máis habitual é que aparezan combinacións delas que poden ter efectos aditivos ou sinérxicos e causar micotoxicoses, aínda que a concentración da micotoxina principal sexa baixa. Outra circunstancia a ter en conta é a presenza de micotoxinas conxugadas. Tamén coñecidas como enmascaradas, a toxina aparece ligada a unha subs-tancia polar como a glucosa, que a fai escapar dos métodos de detección tradicionais, aínda que poden ser liberadas despois dunha hidrólise in vivo. Por exemplo, Sasanya et ál. (2008), atopou un 70% máis de DON en mostras de trigo na súa forma conxugada DON-3-glucósido. En cebada, despois dunha hidrólise ácida, Zhou et ál. (2007) liberou un 58% máis de DON. Está documentado que as mico-toxinas conxugadas son hidrolizadas durante a dixestión e poden contribuír polo tanto á micotoxicose.

As dietas modernas acostuman a ser bastante complexas e a estar baseadas na combinación de varias materias pri-mas, polo que é improbable que un animal chegue a inxerir grandes cantidades dun ingrediente contaminado durante un tempo prolongado. Con todo, si resulta máis factible a inxestión de pequenas cantidades durante un longo perío-do de tempo. O caso máis frecuente é o de ter un silo de colleita propia contaminado. Polo tanto, máis que preocu-parnos dos efectos clínicos das micotoxinas, quizais deba-mos facelo dos seus efectos subclínicos e do grave impacto económico que poidan representar.

CONTAMINACIÓN DOS ALIMENTOS POR MICOTOXINASAs micotoxinas son metabolitos secundarios tóxicos pro-ducidos por fungos, capaces de ocasionar efectos adversos en persoas ou animais expostos a elas (Whitlow e Hagler, 2002). Para que haxa micotoxinas deberán estar presen-tes, ou ter estado nalgún momento, fungos produtores das mesmas. Os fungos son organismos multicelulares aeró-bicos que se desenvolven sobre substratos que conteñen materia orgánica, tales como materias primas para alimen-tación animal (CAST, 2003).

A contaminación por fungos pode ter lugar en todas as etapas da cadea de produción do alimento, desde o campo ata a súa conservación e almacenamento, se ben as condi-cións para o seu desenvolvemento adoitan ser distintas. Os fungos atópanse no ambiente, xa que as esporas están pre-sentes no solo e nos restos dos cultivos contaminando as plantas en crecemento. No campo, a súa presenza está liga-da ben a condicións de estrés do cultivo (seca, inundacións, calor ou frío excesivos…) ou ben á presenza de pragas que favorecen a súa entrada na planta, coma o taladro no mi-llo. As doenzas que provocan caracterízanse polo menor rendemento e calidade do cultivo e a contaminación por micotoxinas. Nunha forraxe non é frecuente a presenza do mesmo fungo durante o seu cultivo e despois de ser ensila-do. Non obstante, as micotoxinas xeradas antes da colleita permanecen intactas despois dos procesos de conservación.

Os principais fungos formadores de micotoxinas prexu-diciais para as vacas de leite son Aspergillus, Fusarium e Penicillium. Entre as principais micotoxinas pódense ci-tar: aflatoxina, producida por fungos do xénero Aspergi-llus; desoxinivalenol, zearalenona, toxina T2 e fumonisina, producidas por fungos do xénero Fusarium; e ocratoxina e toxina PR, producidas por fungos do xénero Penicillium. A súa produción está relacionada con factores ambientais, biolóxicos e químicos, posibilitando que máis dunha toxi-na poida ser atopada nun mesmo substrato.

A produción de aflatoxina no millo polo fungo Asper-gillus flavus é favorecida por condicións que provoquen estrés, coma o calor ou a seca, asociado a climas quentes. Fungos do xénero Fusarium atópanse no millo causando o podrecemento no talo e na espiga, ou en grans peque-nos, causando giberela. Tamén no millo, fungos do xénero Fusarium están vinculados a condicións de clima quente, presenza de taladro e alta humidade durante o crecemento. Por outra banda, fungos do xénero Penicillium desenvól-vense en climas húmidos e fríos. As condicións óptimas

PARA QUE HAXA MICOTOXINAS DEBERÁN ESTAR PRESENTES, OU TER ESTADO NALGÚN MOMENTO, FUNGOS PRODUTORES DAS MESMAS

Page 17: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

NUTRICIÓN18

A presenza de fungos nun alimento pode controlarse e eliminarse con certa facilidade con tratamentos funxicidas, normalmente baseados en ácidos orgánicos. Con todo, as micotoxinas producidas son moi estables e permanecen aínda que o fungo fora xa eliminado. Polo tanto, é impor-tante lembrar que a non presenza de fungos ou o trata-mento con funxicidas en absoluto garante a non presenza de micotoxinas.

DEGRADACIÓN DAS MICOTOXINAS NO RUMEA función ruminal vese afectada negativamente polas mi-cotoxinas, o que suxire o rol do rume en limitar a súa expo-sición e a promoción da súa biotransformación. Polo tanto, a flora ruminal actúa como unha primeira liña de defensa contra as micotoxinas. Non obstante, esta capacidade vese reducida pola exposición continuada ás micotoxinas, o que fai que estas pasen a través do rume sen cambios, con pos-terior absorción no duodeno. Este pode ser o caso das vacas de alta produción, con elevadas inxestas e tránsitos rápidos do alimento polo rume.

O rume actúa de xeito distinto segundo a micotoxina. Algunhas son inactivadas e transformadas en metaboli-tos menos tóxicos, outras son metabolizadas a metabo-litos máis tóxicos e outras pasan inalteradas ao intesti-no. Jouany e Díaz (2005) evidenciaron que o 90-100%

do metabolismo de OT, ZON e T-2 era levado a cabo pola poboación de protozoos ruminais, sendo conside-rados coma os maiores contribuidores á biodegradación das micotoxinas. Estudos in vitro amosan que máis do 90% de ZEA é degradado a alfa-zearalenol polos micro-organismos ruminais. Este metabolito é catro veces máis estroxénico que a propia ZEA. Nin aflatoxinas nin DON son metabolizados polos microorganismos do rume. A fumonisina B1 apenas é degradada.

A diminución da degradación da celulosa, a alteración da produción de ácidos graxos volátiles (VFA), a alteración no metabolismo da proteína (co incremento da produción de amonio) ou a menor motilidade ruminal son algúns dos efectos negativos das toxinas a nivel ruminal.

Táboa 1. Principais micotoxinas relacionadas coa alimentación animal, fungos produtores, nivel tóxico, efectos clínicos e especies vexetais susceptibles de estar contaminadasToxina Fungo Nivel tóxico Principais efectos clínicos Principais cultivos sensibles

Aflatoxinas Aspergillus sp. > 100 ppbCrecemento reducido, danos hepáticos, ictericia, inmunidade reducida, carcinoxénico

Cereais, alfalfa, mandioca, algodón, soia, sorgo

Zearalenona Fusarium sp. > 250 ppbInfertilidade, anestro, mortaldade embrionaria, prolapso rectal, calidade seme

Cereais, alfalfa, mandioca, sorgo

Tricotecenos (T2, DAS, Vomitoxina)

Fusarium sp. > 100 ppb Inapetencia, vómitos, diarreas, inmunidade reducida Cereais

Ocratoxina e Citrinina

Aspergillus sp. Penicillus sp.

> 1 ppm Crecemento reducido, danos hepáticos e renais, sede Cereais, sorgo

Fumonisina Fusarium sp. > 20 ppmDiminución do consumo e crecemento, problemasrespiratorios, edema pulmonar

Todos os cereais

Exemplos de contaminación no millo en campo por distintas especies de fungosZonas contaminadas por fungos en distintos ensilados

A CONTAMINACIÓN POR FUNGOS PODE TER LUGAR EN TODAS AS ETAPAS DA CADEA DE PRODUCIÓN DO ALIMENTO, DESDE O CAMPO ATA A SÚA CONSERVACIÓN E ALMACENAMENTO

Page 18: Afriga 95

ENCAMADORADE ARENA, PAJA, CASCARILLA, ETC.PÍDENOS UNADEMOSTRACIÓN OVISITA NUESTRO VÍDEOEN YOUTUBE.COM

GRADILLANIVELADORAPARA CAMASDE ARENA MÁQUINA PARA DESHACER

BOLAS DE SILO

LÍDERES EN FABRICACIÓN DEASTILLADORAS HIDRÁULICASVERTICALES Y HORIZONTALESDE 8, 12, 15, 20 Y 25T

NOVEDAD

AHORA ACERCAR LACOMIDA AL GANADO ESMÁS FÁCIL Y CÓMODO CONEL NUEVO EMPUJADOR DE RACIÓN MOTORIZADO

W W W . C O R B A R S L L . C O M

MAQUINARIA AGRÍCOLA CORBAR, S.L.L.Polígono Industrial San Julián de la Vega, s/n

27614 Sarria, Lugo // E-mail: [email protected]. y Fax: 982 53 14 63 // www.corbarsll.com

VISÍTANOS O LLÁMANOSTE HAREMOS UNADEMOSTRACIÓN

Page 19: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

NUTRICIÓN20

MODO DE ACCIÓN DAS MICOTOXINASAs micotoxinas son moléculas cunha estrutura variada e capaces de afectar a distintos órganos do animal, polo que os seus mecanismos de acción son amplos. A xeito de re-sumo, podemos dicir que actúan segundo 4 mecanismos distintos (Whitlow e Hagler, 2002):1. Redución dos nutrientes dispoñibles para o animal.

Isto acontece nun proceso multifactorial. Primeiro, durante o crecemento dos fungos, altérase o contido nutritivo do alimento. Os fungos consomen carbo-hidratos, así como vitaminas e aminoácidos dos ali-mentos. En segundo lugar, algunhas micotoxinas fan diminuír o consumo de alimentos. Un terceiro efec-to é sobre o sistema dixestivo, provocando irritación, úlceras ou outros procesos pouco coñecidos que van comprometer o proceso de dixestión e absorción de nutrientes. Danicke (2002) observou un menor rit-mo de degradación da palla no rume de carneiros que consumían trigo contaminado con DON e ZEA. Tamén se ten comprobado que algunhas micotoxinas producidas por fungos do xénero Penicillium teñen un marcado efecto antibiótico que ten consecuencias graves sobre a flora microbiana do rume e sobre a dixestibilidade da fibra. Por último, certas micotoxi-nas son capaces de inhibir a síntese proteica, como é o caso da T-2.

2. Sistema endocrino e exocrino. Algunhas micotoxi-nas teñen actividade hormonal. Tal é o caso da ZEA que, como comentamos anteriormente, é un análogo estrutural das hormonas sexuais femininas. A pre-senza desta micotoxina compromete principalmente a fertilidade.

3. Inmunosupresión. Moitas micotoxinas son capaces de inhibir a replicación e crecemento de células, así coma de proteínas, enzimas e outros produtos. Un dos sistemas orgánicos con maior replicación celu-lar e síntese proteica nun individuo adulto é o seu sistema inmunitario. Tense demostrado que varias micotoxinas exercen un efecto moi negativo sobre a replicación de linfocitos e sobre a síntese de inmu-noglobulinas. Acosta e col. (2003) observaron como o reconto de células somáticas en leite case se tripli-cou ao engadir vomitoxina á dieta de vacas en prin-cipio de lactación (táboa 3).

4. Defensa antioxidante. Estudos recentes (Surai e col., 2002) demostran un efecto negativo das micotoxinas sobre o sistema antioxidante do organismo.

Os prexuízos ocasionados polas micotoxinas son difíciles de calcular, pois os seus efectos son subxectivos e de difí-cil valoración. Outros factores que dificultan o diagnóstico son o limitado número de investigacións, a aparición de diversas micotoxinas simultaneamente, a asociación con outras enfermidades e a dificultade na mostraxe e a análise.

EFECTOS PRÁCTICOS DAS MICOTOXINASNa táboa 1 (páx. anterior) aparece un resumo das princi-pais micotoxinas coñecidas con importantes efectos sobre a saúde animal e humana. Ao pé delas amósanse os fungos que as segregan, os niveis que se consideran tóxicos para vacún na literatura, os efectos clínicos observados nos ani-mais e as especies vexetais susceptibles de contelas. Con todo, non debemos esquecer que na actualidade hai descri-tos máis de 300 compostos distintos entre micotoxinas e os seus derivados, a maioría dos cales teñen efectos descoñe-cidos. Este simple feito apunta o grao de descoñecemento que padecemos neste eido (Whitlow e Hagler, 2002).

O cadro é unha síntese de distintas publicacións (D’Mello e col., 1999; Whitlow e Hagler, 2002; Gimeno e Martins, 2003) e mostra as doses mínimas ás que se detec-taron problemas. Existe, con todo, unha gran variabilidade entre distintos autores en cuantificar estas doses mínimas, polo que resulta case imposible establecer uns niveis de seguridade por baixo dos cales poidamos utilizar alimen-tos contaminados con garantía de que non van afectar aos animais. Polo xeral, adoita observarse un ou varios dos se-guintes síntomas:

1. Mala produción (crecemento, produción de leite, mal índice de conversión de alimentos, baixa porcentaxe de graxa en leite)

2. Mal aspecto dos animais3. Alteracións dixestivas (diarreas, chagas, acidoses)4. Escaso consumo de alimentos5. Problemas reprodutivos (fertilidade, abortos)6. Infeccións mixtas e recidivantes (mastite e metrite,

principalmente)7. Maiores índices de mortaldade

Aflatoxina Vomitoxina Zerealenona T-2 Fumonisina% ppb % ppb % ppb % ppb %

TMR 4 64 69 1025 21 319 7 93 28

Concentrado 7 99 59 1903 22 491 7 509 28

Forraxe 4 59 44 1466 19 365 9 472 27

Táboa 2. Resultados de 2.400 mostras de alimentos para vacún de leite analizadas durante 9 anos (Whitlow, datos non publicados)

AS FORRAXES ENSILADAS SON AFECTADAS POR FUNGOS ÁCIDO TOLERANTES E MICROAERÓBICOS, MÁIS FAVORECIDOS POLO MAL MANEXO QUE POLAS CONDICIÓNS AMBIENTAIS

Page 20: Afriga 95

www.aberekin.com

ABEREKIN, S.A.Centro de Inseminación

Durham (EX-90) x Emory Emerald (EX-91) x Hillary (EX-94)

Astrahoe RBRT Duplex Rayna (EX-91, EX-94-SM)

GODIN ALEXI DUPLEX (EX-94)

Mesland DUPLEX

Imbatible una vez másNúmero 1 mundial

aAa 315246Excelente

SIEMPRE DUPLEX! HACIENDO HISTORIA EN LA RAZA HOLSTEIN

EN TODO EL MUNDO

ESCOLMO, S.L.Distribuidor para Galicia y Asturias

C/ Magnolia, 80 bajo27003 - LugoTfno.: 982 217 633Fax: 982 213 144e-mail: [email protected]

Y SI ADEMAS QUIERES LECHE Y COMPONENTES: +926 KILOS DE LECHE Y +0,14 % EN PROTEINA

CANADA AGOSTO 2011

Page 21: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

NUTRICIÓN22

SON AS MICOTOXINAS REALMENTE UN PROBLEMA?Como xa foi expresado na introdución, resulta raro atopar síntomas claros de micotoxicose nos animais, posto que é improbable que se consuman en dose e tempo suficientes. Aínda así, nun estudo publicado por Pittet (1998) sobre o grao de contaminación de 27.853 mostras a nivel mundial, preto dun 40% delas daban positivo a algunha das mico-toxinas analizadas.

A táboa 2 (páxina anterior) amosa os resultados de 2.400 mostras analizadas na Universidade de Carolina do Norte ao longo de 9 anos (Whitlow, datos non publicados). Tal e como pode observarse, a contaminación das forraxes ta-mén é altamente significativa.

Análises de silos feitos en distintos puntos de España confirman tamén unha susceptibilidade semellante a estar contaminados. Existen outros moitos datos dispoñibles na literatura que confirman a elevada prevalencia de mico-toxinas en alimentos destinados non só á nutrición animal senón tamén á humana. Todo isto indúcenos a pensar que as micotoxinas, tanto de forma clínica evidente ou máis probablemente de forma subclínica e pouco patente, po-den ter realmente unha importancia moi considerable na produción gandeira.

CONTROL DAS MICOTOXINASUnha vez un alimento está contaminado, resulta moi di-fícil eliminar as micotoxinas. A gran maioría é moi resis-tente a tratamentos térmicos, ácidos, álcalis, amoniación, etc., resultando economicamente, polo momento, inviable a súa eliminación. Polo tanto, o noso primeiro esforzo debe encamiñarse á prevención da contaminación. Estas son al-gunhas das recomendacións (Doerr, 2003; Hessaert, 2010):

cultivos, eliminar restos de cultivos anteriores)

en fábricas e granxas-

trada de fungos

Nunha explotación de leite, un dos focos no que máis se pode incidir para a prevención da aparición de mico-toxinas é o manexo do ensilado e desensilado das forraxes. Estes son os principais puntos críticos para minimizar o seu grao de contaminación:1. Retirar e rexeitar as zonas amofadas do silo, xa que po-

den ser unha fonte de recontaminación.2. Limpar e desinfectar o piso e as paredes do silo antes

de meter a nova forraxe para evitar recontaminacións con fungos.

3. Garantir a maior densidade posible (> 750 kg/m3) no ensilado. A humidade de colleita, o tamaño de pica-do da forraxe e, sobre todo, o pisado deben contribuír a eliminar o osíxeno e evitar así o desenvolvemento fúnxico.

4. Evitar silos moi anchos, de maneira que diariamente se renove toda a fronte.

5. O uso de inoculantes mellora a estabilidade aeróbica do silo e contribúe a controlar o crecemento fúnxico durante o tempo de consumo.

A pesares de observar todos os puntos anteriores, resulta inevitable que algunhas partidas de alimentos se contami-nen. Neste caso, as estratexias posibles son:

1. Incorporación de cantidades pequenas de alimento contaminado na ración. Este método é un tanto perigoso, posto que é moi difícil establecer uns niveis de seguridade válidos para garantir que o alimento non ocasione pro-blemas. No caso das forraxes contaminadas pode que non sexa posible substituílos por outros.

TratamentoControl 2.5 ppm vomitoxina 5 ppm vomitoxina 5 ppm vom. + GME

Produción leite (L/d) 23.1 23.2 22.0 23.7

4 % FCM (L/d) 22.2 21.8 19.6 21.6

Graxa (%) 3.72 3.59 3.30 3.49

Proteína (%) 3.15 3.19 3.27 3.21

Células somáticas (x1000/ml) 116.3 108.3 333.1 79.2

OS FUNGOS NUN ALIMENTO PODEN ELIMINARSE CON CERTA FACILIDADE CON TRATAMENTOS FUNXICIDAS, PERO AS MICOTOXINAS PRODUCIDAS SON MOI ESTABLES E PERMANECEN AÍNDA QUE O FUNGO FORA XA ELIMINADO

Táboa 3. Efectos de vomitoxina e glucomananos esterificados (GME) procedentes da parede celular de Saccharomyces cerevisiae (Mycosorb, Alltech), no concentrado subministrado a vacas leiteiras a principio de lactación (Acosta e col. 2003)

Page 22: Afriga 95
Page 23: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

NUTRICIÓN24

2. Uso de adsorbentes. Existen algúns compostos que te-ñen a capacidade de ligar micotoxinas e impedir que sexan absorbidas no intestino do animal. Entre os máis coñe-cidos destacan os aluminosilicatos, que teñen demostrado ser eficaces fronte á aflatoxina. Non obstante, estes produ-tos non teñen case ningún efecto sobre outras micotoxinas coma ZEA ou DON (CAST 2003). Outro grupo de ad-sorbentes son os glucomananos esterificados, procedentes da parede celular de fermentos. Estes produtos garanten un amplo espectro de acción, sendo capaces de ligar afla-toxina, ZEA, DON, toxina T-2, fumonisinas e OT, tanto in vitro como in vivo. Unha vantaxe adicional deste tipo de adsorbentes é que a dosificación é moi pequena, da orde de 10 a 15 gramos por vaca e día, co que non estamos diluíndo a concentración da dieta (Aravind e col. 2003, Smith e col. 2002, Devegowda e col. 1996).

3. A adición de probióticos e antioxidantes á dieta tamén pode axudar a contrarrestar os efectos das micotoxinas.Dado o grao de descoñecemento que temos sobre as mico-toxinas e sobre o seu nivel de seguridade, quizais a mellor estratexia sería adoptar cada unha das distintas posibili-dades ao mesmo tempo. Posto que a análise rutinaria de materias primas é moi custosa (e ademais resultan pouco fiables pola distribución tan irregular que teñen ademais da presenza das micotoxinas conxugadas), outra opción bastante recomendable é o uso destes adsorbentes de xeito preventivo.

CONCLUSIÓNSAo longo da exposición intentamos dar unha nova visión das micotoxinas e dos seus efectos cando son inxeridas a doses baixas, situación moito máis frecuente que o con-sumo de doses elevadas. A pesares das grandes lagoas que existen sobre distintas micotoxinas, sinerxias entre elas, doses e interferencias con enfermidades e outros axentes estresantes, existen evidencias suficientes como para sos-peitar un papel das mesmas nas mermas produtivas nas explotacións. Neste caso, o efecto das micotoxinas viría sumarse aos múltiples factores de estrés aos que se ven so-metidas as vacas de alta produción, actuando a modo de detonante.

NUNHA EXPLOTACIÓN DE LEITE, UN DOS FOCOS NO QUE MÁIS SE PODE INCIDIR PARA A PREVENCIÓN DA APARICIÓN DE MICOTOXINAS É O MANEXO DO ENSILADO E DESENSILADO DAS FORRAXES

BIBLIOGRAFÍAAcosta Y.M., J.M. Mieres, A. La Manna, 2003. Efects of deoxi-

nivalenol (DON) and Mycosorb in concentrate fed to dairy cattle

during early lactation. Programa Nacional de Lechería, INIA La

Estanzuela, Uruguay.

Aravind, K.L., V.S. Patil, G. Devegowda, B. Umakantha, S.P.

Ganpule. 2003. Efficacy of Esterified glucomannan to counteract

mycotoxicosis in naturally contaminated feed on performance

and serum biochemical and hematological parameters in broilers.

Poultry Science 82:571-576.

Atroshi, F., A. Rizzo, T. Westermarck, T. Ali-Vehmas. 2002.

Antioxidant nutrients and mycotoxins. Toxicology 180:2; 151-16.

CAST. (Council for Agricultural Science and Technology).

Mycotoxins. “Risk in plants, animal and Human Systems”. Task

Force Report Nº 139. January 2003. Ames, Iowa.

Danicke, S., 2002. Effects of fusarium toxin contaminated

wheat grain and of a detoxifiying agent on rumen physiological

parameters and in sacco dry matter degradation of wheat straw

and Lucerne hay in wethers. J. of Anim and feed Sci. 11:3; 437-

451.

Devegowda, G., B.I.R. Aravind, M.G. Morton, 1996. Saccha-

romyces cerevisiae and mannanoligosaccharides to counteract

aflatoxicosis in broilers. Proc: Australian poultry Science Sympo-

sium, Sydney, Australia. 8:103-106

D’Mello, J.P.F., C.M. Placinta, A.M.C. Macdonald, 1999. Fu-

sarium mycotoxins: a review of global implications for animal

health, welfare and productivity. Animall Feed Science and Tech-

nology 80 (1999): 183-205.

Doerr, J.A., 2003. Mycotoxin interactions in livestock.

Southwest Nutrition Management Conference. Phoenix, Arizo-

na. Feb. 20-21, 2003. pp 63 – 71.

Garret, W.N., H. Heitman Jr., A.N. Booth, 1968. Aflatoxin

toxicity in beef cattle. Proc. Soc. Exp. Biol. Med. 127:188-190.

Gimeno, A., M.L. Martins, 2003. Fusariomicotoxicosis com-

parativa entre pollos, gallinas, cerdos, vacas lecheras y conejos.

Nuestra Cabaña/Cuadernos de nutrición. Junio 2003.

Jouany, J.P., 2001. The impact of mycotoxins on performance

and health of dairy cattle. In. Science and technology in the feed

industry. Ed. T.P.Lyons, K.A. Jacques. Proceedings of Alltech’s

17th annual Symposium. Nottingham University Press.

Forsberg, N.E., S.B. Puntenney, Y. Wang, N.E., K. Higgs, P.

French, 2003. Recent developments of mycotic infections discus-

sed. Feedstuffs, July 14, 2003. pp 10-11.

Surai, P.F., Dvorska J.E., Sparks N.H.C., K.A. Jacques, 2002.

Impact of mycotoxins on the body’s antioxidant defence. In.

Nutritional Biotechnology in the food and feed industry. Ed.

T.P.Lyons, K.A. Jacques. Proceedings of Alltech’s 18th annual

Symposium. Nottingham University Press.

Surai, P.F., B.K. Speake and N.H.C. Sparks, 2001. Carotenoids

in avian nutrition and embryonic development. 2. Antioxidant

properties and discrimination in embryonic tissues. J. of Poultri

Sci. 38:117-145.

Whitlow, L.W., W.M. Hagler Jr. Mycotoxin contamination of

feedstuffs – An additional stress factor for Dairy Cattle. 2002.

North Carolina State University Animal Science Report.

Page 24: Afriga 95

¡EL HIJO DE OMAN, DIFERENTE!

AltaIOTA011HO09647 REGANCREST ALTAIOTA-ET TV TL O Man x Ito x Emory

DISTRIBUIDO EN GALICIA PORLUIS CARRO, TELF. 636.496.238

+ 953 en LECHE+ 0.06% en PROTEÍNA

+ 2.32 en TIPO+ 2.04 en UBRES

94% FiabilidadGENOMIC USDA PRUEBA 8/2011

Action Acres Iota 2308Nagel Dairy Farms, Wisconsin

Excelente producción y calidad de lecheExcelente en vida productiva y fertilidadCon facilidad de parto

Parque de Negocios Európolis

28232 Las Rozas (Madrid) EspañaTelf. +34 91 636 3328 Fax +34 91 710 3234

email: [email protected]

Create Value Build Trust Deliver Results

Además de calidad de leche, salud de la ubre y longevidad, AltaIOTA es un gran mejorador de tipo, de alta fertilidad y con facilidad de parto.

Lineal 08/2011 -2 -1 1 2

Estatura +2.39 Alta Fortaleza +2.21 Fuerte Prof. corporal +2.31 Gran prof. Carac. lechero +1.63 Anguloso Angulo de grupa sotla.qsI82.0- Ancho de grupa +2.18 Ancha Patas lateral satceR50.0- Patas posterior +1.15 Rectas Ángulo del pie +1.04 Alto Score patas +1.37 Alto Ubre anterior +2.44 Bien sujeta Alt. ubre post. +3.16 Alta Ancho ubre post. +4.06 Ancha Soporte central +2.08 Fuerte Prof. de ubre +1.23 Poco prof. Coloc. pezones +2.29 Correcta Colocación pezón trasero +2.13 Correcta Largo pezones sotroC67.0-

TPI2180

Page 25: Afriga 95

Curva de pulsaciónLa pulsación aconsejada por Lely es de 60 ci-clos/minuto con una relación ordeño/masaje 65/35, habitual en ordeños tradicionales.

Los desajustes de la curva de pulsación pueden -

miento del ordeño. Es por ello por lo que cada tres meses el vacío del robot es testeado y la curva de pulsación ajustada.

por un cuarto es alto la curva de pulsación óp-tima sería de 50 ciclos/minuto con relación or-deño/masaje 70/30 (0,84 sg ordeño y 0,36 sg masaje).

En un sistema de ordeño tradicional tú eliges la curva de pulsación que será aplicada de forma

-so del ordeño.

El pulsador 4Effect® de Lely permite realizar el ordeño de cada cuarto de forma independiente

tanto, con curva de pulsación estándar. En cuan-

cambia automáticamente a la pulsación 70/30 y -

a la pulsación estándar. Esta adaptación de la pulsación a las características de cada cuarto de

rendimiento del ordeño.

Ésta es otra característica del pulsador 4Effect®

y su funcionamiento es el siguiente: si se detecta

aumenta de forma automática el vacío de trabajo hasta un máximo de 2 Kpa más.

leche para conseguir un rendimiento óptimo del ordeño.

LIMPIEZA DE LAS PEZONERASUna vez terminado el ordeño, las pezoneras son enjuagadas externa e internamente con un cho-rro de agua a presión (Lelywash®). Si la leche de la vaca no se envió al tanque por ser calostro, tener antibiótico o mamitis, se realiza un lavado más intenso que incluye pezoneras, circuito has-ta la jarra de leche y la propia jarra (enjuague corto).

Para granjas con problemas de mamitis crónicas se puede añadir al robot el sistema de esteriliza-ción por vapor de agua Pura®. Este sistema in-yecta a la pezonera un chorro de vapor de agua a 140º que la esteriliza totalmente.

INTRODUCCIÓNMuchas veces, cuando escribimos sobre nues-

-ca y el último producto y dejamos de lado facetas que fueron innovaciones en el pasado y que si-guen funcionando muy bien en la actualidad. En nuestro caso creemos que eso nos está pasando

-lo recordaremos cómo es el proceso del ordeño.

EL BRAZO DEL ROBOTEl brazo permanece durante todo el proceso del ordeño debajo del animal. Si una vaca desco-

sistema la reconecta de forma automática.

El diseño de salida de los tubos dobles hacia las pezoneras y la robustez del propio brazo han re-

que dan patadas.

El láser es el ojo del brazo para encontrar los pezones y realizar la conexión.

Todo ello hace que el sistema sea el más inteli-gente, rápido y robusto.

LIMPIEZA DE LA UBRE-

cuartos y, a la vez, estimular la producción de la oxitocina. No todas las vacas producen la oxito-cina con la misma facilidad, así que Lely permite

-gurable a cada vaca.

Los cepillos son desinfectados antes de trabajar con la siguiente vaca.

LA TÉCNICA DEL ORDEÑODesde el acoplamiento de la pezonera hasta la

cada cuarto. El pulsador 4Effect® está preparado para realizar un ordeño dinámico en función del

El ordeño en robot se desarrolla generalmente con un nivel de vacío superior al utilizado en las

-rada rápida de las pezoneras que se hace cuan-

-mar que trabajamos con vacío alto en presencia

En Lely trabajamos con 44 Kpa (lo habitual en salas de ordeño son 38-40 Kpa).

-joramos la velocidad de ordeño y. por lo tanto, disminuimos el tiempo que la vaca está en la cabina.

EL PROCESO DEL ORDEÑO LELY -

®

Page 26: Afriga 95

LELY ASTRONAUT A4LA MANERA NATURAL DE ORDEÑAR...

AGROTEC ENTRECANALES SLLELY CENTERLOS CORRALES DE BUELNATel: +34 609 85 77 [email protected]

www.lely.comInnovators in agriculture

Como ocurre con todas nuestras soluciones para el sector lácteo, el nuevo robot de ordeño Lely Astronaut A4 ha sido desarrollado con una prioridad muy clara: la vaca. El robot garantiza la máxima calidad de la leche y sus instrumentos de gestión únicos

Y en nosotros. Las 24 horas del día, todos los días del año.

Page 27: Afriga 95

AGROAMB está autorizada pola Administración española como PLANTA TÉCNICA para a elaboración de FERTILIZANTES orgánicos a partir de residuos e subprodutos biodegradables

I+D

+I

– D

ES

EN

VO

LVE

ME

NT

O L

OC

AL

– C

RE

AC

IÓN

DE

EM

PR

EG

O

(30

PO

ST

OS

DIR

EC

TO

S, M

ÁIS

DE

15

0 I

ND

IRE

CT

OS

) –

CA

PIT

AL

10

0%

GA

LE

GO

– G

LO

BA

LIZ

AC

IÓN

– E

NE

RX

ÍAS

RE

NO

VA

BL

ES

AGROAMB-TRESIMA UTEXESTIÓN E PRESTACIÓN DE SERVIZOS MEDIOAMBIENTAIS

Comercializa e coordina a prestación de servizos para a xestión ambiental integral dos distintos residuos (incluídos residuos perigosos). Desde a súa recente creación, xestiona máis de 50.000 tms/ano de residuos biodegradables.

TRESAMBLOXÍSTICA ESPECÍFICA EN CONTEDORES

Dispón de vehículos específicos en diferentes configuracións, adaptándose a cada necesidade medioambiental do cliente. Innovación e eficacia no transporte. Servizos de conselleiro de seguridade e operador de transportes.

AGROAMBVALORIZACIÓN E TRATAMENTO DE RESIDUOS BIODEGRADABLES

Titular da primeira planta cunha capacidade próxima a 300.000 tms/ano para a valorización e tratamento de residuos agrarios segundo o disposto no RD 824/2005 sobre fertilizantes, o RD 1310/1990 sobre a aplicación agrícola de lodos e o Regulamento CEE 1774/2002 sobre subprodutos animais. Agroamb aposta fortemente por I+D+i coa súa presenza en numerosos proxectos de investigación.

S E N T I D O D A R E C I C L A X E

AGROAMBGRUPO

ONEGA ARES, S.L.U.SERVIZOS AVANZADOS DE TECNOLOXÍA AGRARIA

Empresa de servizos agrarios que conta cos últimos equipos en mecanización para a sementeira, cultivo e posterior recolección das diferentes producións agrarias.

TROBO AGRÍCOLA, S.C.G.PRODUCIÓN INTEGRADA DA TERRA

Sociedade para a explotación en común da terra, orientada á produción integrada de forraxes e cultivos enerxéticos. Dispón dun banco de terras que supera as 3.000 hectáreas.

O Grupo AGROAMB está formado por un conxunto de empresas cuxa actividade completa o ciclo da xestión de residuos, contando para iso cun equipo multidisciplinar de profesionais con ampla experiencia na Xestión Medioambiental e Agronómica.

É unha compañía orientada a dar solucións de valorización e xestión integral dos residuos, empregando sempre as mellores técnicas dispoñibles e optimizando a loxística de transporte.

O Grupo AGROAMB posúe autorización para a xestión de:

Valorización e xestión de residuos sólidos urbanos (SC-U-NP-XV-00040 y SC-U-NP-XV-00036 )

Valorización e xestión de residuos industriais non perigosos (SC-I-NP-XV-00064 y RIV-24/01)

Rexeneración ambiental

Transporte de residuos perigosos (T/001/01)

Transporte de residuos sólidos urbanos (SC-U-NP-XRT- 00072)

Transporte de residuos industriais non perigosos (SC-I-NP-XRT-00083, SC-I-NP-XRT-00056 e SC-I-NP-XRT-00122)

Conforman o Grupo AGROAMB as seguintes empresas:

C/ Calzada das Gándaras, 11. Local baixo dta. 27003 LugoTeléfono (+34) 982 231 365

Fax (+34) 982 240 534E-mail [email protected] www.agroamb.com

Agroamb

Page 28: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

29NUTRICIÓN

Xatas do centro de recría Anoca

Actualmente, a alimentación da xata lactante baséase principalmente en leite, en po ou de vaca, e penso, deixando de lado o consumo de forraxe, que non se adoita introducir ata os dous meses de vida. Non obstante, nos últimos anos púxose en evidencia que programas de alimentación cun elevado ritmo de crecemento melloran o rendemento do animal (Bach, 2011). Por iso, ofrecer grandes cantidades de leite ou lactosubstituínte e estimular o consumo de penso en xatas desde as primeiras idades de vida é importante para o desenvolvemento das mesmas.

O consumo de leite permite o rápido crecemento do animal e, consecuentemente, do seu sistema dixestivo, pero ten pouca influencia sobre o desenvolvemento da muco-sa ruminal, que é de vital importancia para preparalo para o destete, posto que gran parte da enerxía que precisa o animal será absorbida a través da parede ruminal. Por iso é importante a estimulación do consumo de penso, cuxa fermentación dará lugar ao desenvolvemento da mucosa e das papilas ruminais (Warner, 1991).

O consumo de forraxe en idades temperás non se reco-mendou porque o rume dun animal lactante non ten a flora adecuada para dixerir a fibra e porque a forraxe non esti-mula tanto o desenvolvemento da mucosa ruminal como o fai o consumo de penso.

Se observamos as fotos da figura 1, veremos que animais con seis semanas de vida que consumiron penso e leite te-ñen unha mucosa ruminal moi desenvolvida, en contrapo-sición con aqueles animais que só tomaron leite e forraxe.

Está claro que a forraxe non pode ser o principal ingre-diente na dieta da xata lactante, pero non hai que esquecer que a inxestión única de penso reduce o pH ruminal (Be-harka et ál., 1998) e que pode producir hiperqueratización das papilas, reducindo a absorción dos nutrientes (Hinders e Owen, 1965). De modo que os efectos positivos do penso sobre o desenvolvemento ruminal descritos anteriormen-te poden ser negativos, causando acidoses en animais tan novos. Valores de pH menores de 5,5 -que se considera o lindar da acidose- describíronse en xatos lactantes ou recén destetados (Porter et ál., 2007; Beharka et ál., 2004). En cambio, o consumo de forraxe estimula a rumia (Phillips, 2004), mantén a saúde da parede ruminal (Suárez et ál., 2007) e reduce as estereotipias (Phillips, 2004), podendo así mellorar a saúde ruminal das xatas lactantes.

M. Terré e Ll. CastellsProducción de Rumiantes, IRTA

A ALIMENTACIÓN DAS XATAS LACTANTES E A IMPOTENCIA DA SUPLEMENTACIÓN DE FORRAXE ANTES DO DESTETE

Page 29: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

NUTRICIÓN30

Recentemente realizamos unha serie de estudos nos que comparamos distintos grupos de xatos lactantes alimenta-dos cun concentrado (18% de proteína bruta e 18% de fibra neutro deterxente) e distintas fontes de fibra, cun grupo de animais que só consumían concentrado. En cada grupo utilizáronse 20 xatos de 15 días de vida e foron controla-dos ata dúas semanas despois do destete (ata os 70 días de idade). As forraxes testadas, que se ofreceron a libre dis-posición e picadas, foron: feo de avea, feo de raigrás, palla de cebada, feo de alfalfa, ensilado de millo e ensilado de triticale.

Táboa 1. Composición e tamaño de partícula das distintas forraxes utilizadas nas probas

Feo dealfalfa

Feo deraigrás

Feo deavea

Palla decebada

Ensiladode millo

Ensiladode triticale

% MS 88.7 92.1 90.9 93.3 28.6 25.0

% PB da MS 16.6 6.8 8.4 4.2 8.6 7.5

% FND da MS 40.2 59.3 59.6 74.0 41.9 64.7

% FAD da MS 30.2 35.1 31.8 42.5 25.2 42.3

% cinzas da MS 10.4 13.4 8.5 8.8 7.8 5.5

Tamaño partícula (%)

> 20 mm 39.4 50.3 28.4 31.1 8.4 1.7

8-20 mm 17.1 24.5 27.2 33.4 31.6 50.5

< 8 mm 43.5 25.2 44.4 35.5 60.0 47.8

MS (material seca), PB (proteína bruta), FND (fibra neutro deterxente), FAD (fibra ácido deterxente)

En xeral observouse que o consumo de alimento sólido e a ganancia media diaria dos xatos lactantes se incrementa-ban cando se introducían distintas fontes de forraxe picada e a libre disposición na súa dieta, coa excepción do feo de alfalfa (figuras 2 e 3). Entre todas elas, o feo de avea, a palla de cebada e o ensilado de triticale mostraron os mellores índices produtivos, sendo o feo de raigrás e o ensilado de millo mellores que o grupo sen forraxe, pero peores que as tres fontes de fibra anteriores.

Figura 1: Mucosa ruminal duns xatos alimentados con leite e penso (dereita) ou leite e feo (esquerda) ás 6 semanas de vida

Figura 2. Promedio do consumo de penso de xatos alimentados con distintas fontes de forraxe ou sen forraxe dos 15 aos 70 días de idade. Os valores con distintos superíndices indican que hai diferenzas significativas entre valores

A pesar de que o feo de alfalfa foi a forraxe que máis consumiron os xatos (120 g/día), non se observou o incre-mento do consumo de penso e de crecemento que mos-traron os animais que consumiron outras forraxes. É im-portante remarcar que, a pesar da inclusión de forraxe na dieta destes animais tan novos, a eficiencia alimentaria foi a mesma para todos os grupos de animais, o que suxire que a crenza de que o rume a estas idades é incapaz de dixerir forraxe poderíase poñer en dúbida.

Figura 3. Promedio da ganancia media diaria de xatos alimentados con distintas fontes de forraxe ou sen forraxe dos 15 aos 70 días de idade. Os valores con distintos superíndices indican que hai diferenzas significativas entre valores

Neste mesmo estudo determinouse a dixestibilidade da dieta en cada un dos tratamentos e tampouco se observou que a inclusión de forraxe afectara negativamente á dixes-tibilidade dos distintos nutrientes da dieta.

Á VISTA DOS RESULTADOS DESTE ESTUDO, A CRENZA DE QUE O RUME EN XATOS LACTANTES É INCAPAZ DE DIXERIR A FORRAXE PODERÍASE POÑER EN DÚBIDA

Page 30: Afriga 95

Crecimiento, salud y beneficios

Calidad y tecnología

Crecemos y compartimos conocimientos

Page 31: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

NUTRICIÓN32

O estudo completouse cunha serie de observacións para determinar a conduta dos xatos cando se lles ofrecían dis-tintas fontes de forraxe na dieta. En xeral, o consumo de forraxe estimulou o tempo de rumia, aínda que principal-mente o fixo naqueles xatos que consumiron feo de alfalfa ou de raigrás. Tamén se observou unha redución de condu-tas orais non nutritivas (lamber baldes ou paredes do box, comer serraduras…) nos animais aos que se lles ofreceu feo de alfalfa, feo de raigrás ou ensilado triticale.

CONCLUSIÓNSUn dos principais retos na alimentación de xatas lactantes é estimular o consumo de penso para preparar o animal para o destete. Existen poucas pautas de manexo descritas na literatura que consigan un incremento do consumo de penso e de crecemento tan elevados (29 e 11%, respectiva-mente), como se demostra nestes estudos que inclúen unha fonte de forraxe en animais tan novos. E, en cambio, esta pauta de manexo foi desestimada nos últimos anos.

O consumo de forraxe estimula a rumia, mantén a saúde da parede ruminal e reduce as estereotipias

Á VISTA DOS RESULTADOS DESTE ESTUDO, A CRENZA DE QUE O RUME EN XATOS LACTANTES É INCAPAZ DE DIXERIR A FORRAXE PODERÍASE POÑER EN DÚBIDA

Táboa 2. Dixestibilidade dos nutrientes da dieta de xatos destetados suplementados ou non cunha fonte de forraxe na súa dieta

Sen forraxe

Feo de alfalfa

Feo de raigrás

Feo de avea

Palla de cebada

Ensilado de triticale

Ensilado de millo

% MS 80.0 81.3 83.0 80.7 80.0 81.2 81.2

% MO 80.5 82.1 83.5 81.1 80.4 81.5 81.6

% FND 50.0 55.8 57.6 54.5 52.8 58.0 52.5

% PB 76.4b 79.8a 81.0a 76.3b 75.8b 79.1ab 80.7a

MS (materia seca), MO (materia orgánica), FND (fibra neutro deterxente), PB (proteína bruta)Nota: Os valores con distintos superíndices (a, b) indican que hai diferenzas significativas entre valores

É importante remarcar que nestes estudos os feos esta-ban picados e que se descoñece o efecto que podería ter unha fonte forraxeira cun maior tamaño de partícula.

Este e outros enigmas coma por que o feo de alfalfa non ten o mesmo efecto sobre os parámetros produtivos que os feos de gramíneas ou que ocorrería se os pensos tiveran unha maior porcentaxe de fibra neutro deterxente (FND) son temas que están actualmente en estudo e aos que esperamos darlles resposta pronto. Á espera de novos resultados, animamos aos produtores lectores desta revista a probar os efectos positivos da palla de cebada picada nas xatas lactantes.

NO ESTUDO OBSERVOUSE QUE O CONSUMO DE ALIMENTO SÓLIDO E A GANANCIA MEDIA DIARIA DOS XATOS LACTANTES SE INCREMENTABAN CANDO SE INTRODUCÍAN DISTINTAS FONTES DE FORRAXE PICADA E A LIBRE DISPOSICIÓN NA SÚA DIETA

O consumo de leite favorece o crecemento do animal e o desenvolvemento do seu sistema ruminal

Page 32: Afriga 95

¡Impacto internacional!USA:

Leche +1622 Tipo +3,16

Ubre +3,20 Patas +2,90

CANADA: Leche +2146 Tipo+16

Ubre+15 Patas +11

Distribuido en Galicia por: Manuel Reija 610 526 785 - Noel Balsa 619 760 916 - Alberto Lamas 680 115 019

RECOMENDADO NOVILLAS

CANADÁ:

Page 33: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, cre na necesidade

de traballar en común para sacar adiante iniciativas importantes que revita-

licen o rural, como o Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro, e garante

que o organismo do que é titular non vai reducir os investimentos nin a cola-

boración co agro lucense a pesar das continxencias económicas.

BESTEIRO SOLICITA POR 7ª VEZ UN ENCONTRO CON FEIJÓO PARA QUE DEFINA A SÚA POSTURA SOBRE O CENTRO DE RECRÍA

Besteiro salientou que “é imprescin-

dible esclarecer se a administración

que ten competencias directas no me-

dio rural en Galicia vai a participar no

centro de recría no que estamos avan-

zando, investindo para iso 6 millóns de

euros, uns 1.000 millóns das antigas

pesetas, porque así o requiren os gan-

deiros da Comunidade. Teño esperanza

de que se impoña o sentido común e de

que Feijóo considere esta aposta de fu-

turo no rural”.

UNHA DEMORA DE 2 ANOS E MEDIO Trátase dun encontro que o titular provin-

cial leva demandando dende hai 2 anos e

medio logo de enviar unha primeira carta

o 21 de abril de 2009 e non obter respos-

ta algunha. O titular provincial remitiu

outros 2 escritos o 2 de setembro e o 24

de setembro dese mesmo ano, logrando

Gómez Besteiro solicitoulle

por sétima vez ó Presiden-

te da Xunta de Galicia, Al-

berto Núñez Feijóo, un en-

contro para tratar “temas

estratéxicos e de futuro para a provin-

cia”. Besteiro envioulle unha nova carta

na que, de xeito reiterado, o empraza a

manter unha cita “inaprazable” para co-

ñecer cal é a postura do Goberno galego

ó respecto do primeiro centro de recría

público en España que está a construír

o organismo provincial na Granxa Gayo-

so Castro.

EN NOVEMBRO ESTARÁ REMATADA A ESTRUTURA DAS CATRO PRIMEIRAS NAVES DO CENTRO

PUBLIRREPORTAXE34

Page 34: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

o mesmo nulo resultado. En novembro

de 2009, aproveitando a única cita entre

ambos os dous mandatarios para abor-

dar exclusivamente a situación dos hos-

pital San Rafael e San José, o Presidente

da Deputación entregoulle ó Presidente

da Xunta un amplo dossier informativo

no que xa lle avanzaba as necesidades da

provincia lucense, entre elas a do Cen-

tro de Recría, e lle insistía na necesidade

desta cita para abordalas conxuntamen-

te canto antes.

A Xunta tampouco respondeu ós es-

critos remitidos o pasado 5 de xullo de

2011 e o 16 de setembro, cando Bes-

teiro convidou persoalmente a Feijóo

a visitar as obras do Centro de Recría

que, en solitario, está a levar a cabo a

institución provincial nas instalacións

da Granxa Gayoso Castro. O Presidente

da Deputación tamén aproveitou a visita

do Presidente da Xunta a Lugo con mo-

tivo do inicio das obras do auditorio para

lembrarlle a cita pendente.

Tendo en conta a urxencia e o retraso

deste encontro, nesta última carta re-

mitida, Besteiro ponse a disposición de

Feijóo, salientando a “independencia”

A FALTA DE IMPLICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA LEVOU AO GOBERNO PROVINCIAL A FACERSE CARGO DO FINANCIAMENTO INTEGRAL DO PRIMEIRO CENTRO PÚBLICO DE RECRÍA DE ESPAÑA

do lugar onde se celebre a reunión, co

obxectivo de “desbloquear asuntos es-

pecíficos da Xunta de Galicia na provin-

cia de Lugo e temas estratéxicos para

o desenvolvemento económico-social”.

No escrito, o Presidente da Deputación

agradécelle de antemán ao Presidente

da Xunta “que fixe canto antes este en-

contro institucional, xa que a dimensión

dos asuntos a tratar, como ben com-

prenderás, non poden permitirse máis

demora”.

A Deputación adiantou prazos no proxecto da Granxa Gayoso Castro para que as trece naves estean rematadas en febreiro

O Presidente da Deputación supervisando as obras de cimentación das naves do

Centro de Recría

PUBLIRREPORTAXE 35

Page 35: Afriga 95

MEDIO AMBIENTE36

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

O establecemento de filtros verdes é, polo de agora, unha práctica voluntaria pola que os agricultores da UE reciben unha compensación económica pola perda de ingresos que supón non cultivar unha parte da superficie. Este exercicio está proposto para ser incluído na próxima reforma da PAC como boa práctica agraria de obrigado cumprimento dentro da condicionalidade.

María Isabel García Pomar1, Dolores Báez Bernal1, Juan Valladares Alonso1, Juan Castro Insua1, Mª Angeles Román Vilar2, José Manuel García Pedreira2

1 Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). Ctra. Betanzos-Mesón do Vento, km 8, 15318 Abegondo (A Coruña), correo-e: [email protected] Enxeñeiros agrónomos

INTRODUCIÓNA actividade agraria está considerada en Europa como a principal fonte de contaminación difusa das augas, tanto subterráneas como superficiais.

Os filtros verdes pódense definir como franxas de vexe-tación herbácea, arbustiva ou arbórea nas beiras dos ríos que se manteñen sen aplicar produtos químicos nin se pas-torean, e que actúan como barreiras naturais que protexen as augas da contaminación difusa por nutrientes, pestici-das, bacterias fecais, parasitos, etc. e que, ademais, evitan que cheguen partículas de solo arrastradas polos procesos de erosión das terras cultivadas.

Tanto os filtros verdes como os peches para evitar o ac-ceso directo do gando aos leitos son medidas moi eficaces para mellorar a calidade das augas e cumprir coa norma-tiva.

O proxecto LIFE Aqua-Plann consiste nun plan de ac-ción sobre as presións que actúan sobre as concas dos ríos Mero e Barcés para garantir a calidade das augas do Lugar de Interese Comunitario (LIC) Encoro de Abegondo-Cecebre.

O fin perseguido é afondar na aplicación da Directiva Marco de Augas (Directiva 2000/60/CE), polo que no

ano 2009 se iniciou unha serie de accións levadas a cabo por parte dos principais axentes involucrados na xestión do LIC Encoro de Abegondo-Cecebre: Concello de Abe-gondo, Emalcsa, Augas de Galicia e Consellería do Medio Rural.

Unha das actuacións que lle corresponden levar a cabo ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), pertencente á Consellería do Medio Rural, é a mellora da vexetación de ribeira nos ríos e regatos que discorren pola súa finca experimental, dedicada princi-palmente á produción extensiva en pastoreo de leite e carne de vacún, creando filtros verdes e poñendo cercados que eviten o acceso directo do gando aos leitos. Ditas ac-tuacións teñen como obxectivo final diminuír a contami-nación das augas.

FILTROS VERDES E PECHESPARA O GANDO PARA MELLORAR A CALIDADE DAS AUGAS SUPERFICIAIS

A instalación de cercados nos ríos evita a contaminación con bacterias fecais provenientes do gando

Page 36: Afriga 95

37MEDIO AMBIENTE

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

ACTUACIÓNS DE MELLORA

ESTABLECEMENTO DE FILTROS VERDESInicialmente fíxose un estudo da calidade da vexetación de ribeira utilizando o índice QBR (Munné et ál., 1998a, 1998b, 2003), baseado en catro aspectos fundamentais: grao de cuberta vexetal da zona riparia, estrutura da cu-berta, calidade da cuberta e grao de naturalidade da canle fluvial. O índice QBR da vexetación de ribeira dos ríos e regatos que discorren pola finca presentaba unha calidade moi boa ou boa na maior parte dos tramos, existindo al-gúns tramos cunha calidade mala.

En xaneiro-febreiro de 2010 plantáronse especies autóc-tonas de ribeira nas marxes máis degradadas, cun marco de plantación ao tresbolillo de 3x3 metros nos regatos e de 5x3 metros nos ríos. En primeira liña de plantación

Índice QBR no río Govia

puxéronse ameneiros (Alnus glutinosa) e salgueiros (Salix atrocinerea e Salix babylonica), e en segunda, freixos (Fraxi-nus excelsior), abeleiras (Corylus avellana), loureiros (Laurus nobilis) e acivros (Ilex aquifolium). En total plantáronse 600 salgueiros (por gallo), 560 ameneiros, 200 freixos, 412 abe-leiras, 50 loureiros e 200 acivros.

Ao seguinte ano repasáronse as zonas que quedaron máis despoboadas e nas que o río se desbordou, e algunhas árbo-res entutoráronse.

OS PECHES PARA EVITAR O ACCESO DIRECTO DO GANDO AOS LEITOS SON MOI EFICACES PARA MELLORAR A CALIDADE DAS AUGAS E CUMPRIR COA NORMATIVA

Page 37: Afriga 95

MEDIO AMBIENTE38

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

Rexeneración da vexetación de ribeira tras a instalación das cercas

INSTALACIÓN DE CERCASUnha práctica prexudicial para a calidade das augas que convén evitar é o acceso directo do gando ao río para beber, xa que este adoita defecar directamente sobre o leito e pisar as marxes, destruíndo a vexetación de ribeira.

O establecemento de cercados que impidan o acceso do gando ao río evita a contaminación con bacterias fecais pa-tóxenas, coma Escherichia coli e Salmonella spp; parasitos patóxenos coma Cryptosporidium spp., Giardia duodenalis eFasciola hepatica; fósforo, nitróxeno e materia orgánica, así como a chegada de sedimentos á canle.

Durante o ano 2009 e principios de 2010 instaláronse cercas alí onde non había e incrementouse a distancia de separación co curso fluvial onde estaban xa instaladas, co fin de evitar o acceso do gando para beber directamente dos cursos fluviais.

Transcorridos dous anos desde o inicio das actuacións pódese apreciar unha moi boa recuperación da vexetación de ribeira. A porcentaxe de prendemento das especies au-tóctonas plantadas foi dun 90%.

Plantación de especies autóctonas

Separación de cercas

O ACCESO DIRECTO DO GANDO AO RÍO PARA BEBER É PREXUDICIAL PARA A CALIDADE DAS AUGAS, XA QUE ESTE ADOITA DEFECAR DIRECTAMENTE SOBRE O LEITO E PISAR AS MARXES, DESTRUÍNDO A VEXETACIÓN DE RIBEIRA

Page 38: Afriga 95

DELEGACIÓN DE GALICIA (NOVA DIRECCIÓN):Polígono Industrial Área 33,Manzana 2, Parcela 9 36540 SILLEDA (Pontevedra)Tel 986 57 34 53 - Fax 986 57 35 [email protected]

Ray-grass westerwold: PROMENADE R-1Ray-grass westerwold: SPEEDYL R-1Triticale: VERATO R-1

Page 39: Afriga 95

MEDIO AMBIENTE40

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

CALIDADE DAS AUGASDesde marzo de 2010 ata abril de 2011 realizouse un seguimento mensual da calidade bacteriolóxica e quími-ca das augas mediante a análise de mostras tomadas en 16 puntos. O obxectivo era comprobar a recuperación da calidade das augas ao seu paso polos filtros verdes e polo bosque de ribeira. Para iso, analizáronse todos os puntos de entrada e saída de augas fluviais na finca. A primeira mos-traxe realizouse en marzo de 2010, previamente ao comezo da creación dos filtros verdes, e o resto cunha periodicidade mensual a partir dese momento. O seguimento continúa na actualidade.

CALIDADE MICROBIOLÓXICANo período comprendido entre marzo e maio de 2010 atopamos que o sitio máis contaminado microbioloxica-mente foi o punto 7, situado á entrada da finca do Regato do Carregal, procedente dunha zona residencial e sen ac-tividade agraria, pero que despois dun traxecto de 1.275 metros pola finca mellora notablemente a calidade.

O mesmo ocorre co río Govia que, tras a súa entrada na finca (punto 1), vai diminuíndo a concentración de mi-croorganismos (puntos 2 e 3 situados a 1.275 e 1.321 m). Isto indícanos que a gandería extensiva en pastoreo non ten por que supor unha contaminación microbiolóxica, se-nón que unhas boas prácticas agrarias, xunto á capacidade de autodepuración dos ríos, melloran a calidade das augas superficiais.

Dentro da finca hai unha fonte (punto 10) cunha ca-lidade excelente, e está o punto 9, que ten a súa orixe na leira, con moi pouco caudal pero cunha calidade insufi-ciente en canto ao contido de enterococos, debido a estar situado xusto debaixo da parcela de castigo do gando e das edificacións gandeiras. Porén, nos puntos seguintes do devandito regato (6 e 11) a calidade vai mellorando. Polo tanto, recomendouse actuar con medidas correctoras sobre o punto de contaminación 9.

OS FILTROS VERDES ACTÚAN COMO BARREIRAS NATURAIS QUE PROTEXEN AS AUGAS DA CONTAMINACIÓN DIFUSA

Puntos de mostraxe de augas na finca do CIAM

Análise microbiolóxica inicial no período marzo-maio de 2010

O contido de microorganismos no río Govia ao seu paso pola finca tende a descender ao longo do período conside-rado, producíndose uns máximos tras períodos de máxima precipitación (mostraxes de xuño de 2010, novembro de 2010 e febreiro de 2011), o que coincide cos resultados obtidos por Kistemann et ál. (1988), os cales, con eventos de forte precipitación, atoparon a maior concentración de contaminación microbiolóxica. Así mesmo, o contido de microorganismos no río Govia tende a descender ao seu paso pola finca, observándose unha melloría desde o inicio das actuacións.

Evolución do contido de coliformes totais (ufc/100ml) entre os puntos 1 e 2 durante o período de mostraxe

Evolución do contido de coliformes totais (ufc/100ml) no tramo do río Govia ao seu paso pola finca do CIAM

Esta mellora da calidade bacteriolóxica nos tramos de actuación demostra a capacidade de autodepuración dos ríos.

Page 40: Afriga 95

ENTEC®, la mayor innovación en el abonado de los cultivos forrajeros en los últimos años, permite obtener cosechas abundantes, de calidad y respetando el medio ambiente. El nitrógeno de ENTEC® se encuentra estabilizado por el inhibidor de la nitrificación DMPP, desarrollado por BASF y comercializado por K+S.Ahora en K+S Nitrogen hemos adaptado nuestra estrategia para que todavía más agricultores puedan utilizar ENTEC® y beneficiarse de sus excelentes resultados en cultivos forrajeros.

®Marca registrada del grupo K+S

ENTEC® Cultivos forrajeros

El abonado rentable y eficaz de cultivos forrajeros.

K plus S Iberia, S.L. División K+S NitrogenJoan d’Àustria 39-47 08005 BarcelonaTel. 93 224 72 22 Fax. 93 221 41 93Una empresa del grupo K+S

Page 41: Afriga 95

MEDIO AMBIENTE42

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

CALIDADE QUÍMICA: NITRATOS E FÓSFOROComo se pode observar na figura 6, no período compren-dido entre marzo e maio de 2010, o contido en nitratos das augas increméntase lixeiramente ao seu paso pola finca (do punto 7 ao 8, e do 1 ao 3). De feito, os puntos onde hai un maior contido en nitratos, con valores arredor das 25 par-tes por millón (ppm), que é o nivel máximo recomendado (Directiva 91/676/CEE do Consello, de 12 de decembro de 1991, relativa á protección das augas contra a conta-minación producida por nitratos utilizados na agricultura), son o 10 (fonte), o 9 (orixe do Rego de Bouza), o 6 e o 11 (situados no mesmo regato).

Contrastando os datos da evolución da contaminación bacteriolóxica e química dos leitos fluviais ao seu paso pola finca pódese deducir un proceso de descomposición da materia orgánica disolta na auga polas bacterias aeróbicas, resultando nun incremento de nitratos.

Os niveis de fósforo soluble e de fósforo total mantéñen-se máis ou menos estables ao seu paso pola finca, estando os niveis, en xeral, por baixo das 0,03 e das 0,10 ppm, res-pectivamente; por riba destes niveis produciríanse proble-mas de contaminación fosfórica. Así, os únicos lugares con dificultades son os puntos 6 e 9 do Rego da Bouza.

Contido en nitratos (mg/l) no período marzo-maio de 2010

Contido en fósforo (mg/l) no período marzo-maio de 2010

O contido de nitratos mantívose nos mesmos niveis ao longo do primeiro ano, mentres que no segundo empéza-se a apreciar unha certa diminución. O contido de fósforo incrementouse tras períodos de máxima precipitación (mos-traxes de xuño de 2010, novembro a decembro de 2010 e febreiro de 2011), xa que nesas etapas de choiva produciuse un arrastre de sedimentos, efecto que se espera que diminúa

tras o crecemento da vexetación de ribeira implantada pola súa capacidade de interceptación de sedimentos (Sabater et ál., 2009). O incremento en fósforo soluble, que pode ter en parte a súa orixe nos fertilizantes orgánicos (ECSWCC, 1995), non coincide coas épocas de aplicación de devanditos fertilizantes (marzo a maio), polo que a súa orixe hai que buscala nas augas urbanas e nos fertilizantes minerais.

Evolución do contido medio de nitratos (mg/l)

Evolución do contido en fósforo soluble e total (mg/l)

DISCUSIÓN E CONCLUSIÓNSA calidade bacterolóxica das augas mellorou ao seu paso pola finca do CIAM, mentres que a concentración de ni-tratos aumentou lixeiramente, podendo deberse ao proceso de descomposición polas bacterias aeróbicas da materia or-gánica disolta na auga que entra desde o exterior da finca.

Dentro da finca, o punto 10 (fonte) revela unha conta-minación química por nitratos que parece debida ao uso de fertilizantes químicos, descartándose en principio o xurro, xa que a calidade bacteriolóxica é excelente. O punto 9 re-vela un foco de contaminación procedente das augas de escorrentía da parcela de castigo.

Como medidas correctoras adicionais establecerase un perímetro de protección da fonte de 25 metros de radio, dentro do cal non se fertilizará e instalarase unha balsa de almacenamento que recolla as augas de arrastre da parcela de castigo, para o seu uso posterior para rega.

Nos próximos meses, transcorridos xa dous anos desde o pechado do acceso ao gando as augas dos ríos e co es-tablecemento dos filtros verdes e a realización de demais medidas correctoras, poderanse obter uns datos máis con-cluíntes sobre a influencia destas actuacións sobre a calida-de da auga.

Page 42: Afriga 95

Camiño vello de Mourelle, s/n – 15840 Santa Comba (A Coruña) – ESPAÑAConsulte prezos sen compromiso

COMA SEMPRE, OS PRIMEIROS DENDE 1975

Calidade e limpeza co mínimo consumo

Coas nosas novas camas para area gaste só a area imprescindible Os nosos cepillos son

completamente abatibles; permiten un fácil acceso do tractor ó establo

Colchóns Elmega: confort, duración, suavidade e impermeabilidade

TANQUES DE FRÍOBaixo consumo e alto rendemento

Arrimadores de comida mecánicos

Salas de ordeño

Page 43: Afriga 95
Page 44: Afriga 95
Page 45: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

SANIDADE46

As zoonoses son infeccións e enfermidades que se transmiten directa ou indirectamente, por exemplo vía alimentos contaminados, entre animais e o home. A gravidade destas enfermidades no humano é variable, dende non presentar ningún signo ou presentar síntomas leves ata chegar a ameazar a vida. Para previr a aparición de zoonoses é importante identificar que animais (e alimentos) son as principais fontes de infección.

INTRODUCIÓNAs crises alimentarias acontecidas nos últimos anos na Unión Europea puxeron de manifesto a necesidade de es-tender os requisitos en materia de hixiene e seguridade a toda a cadea alimentaria, ademais de sinalar á produción primaria como primeiro elo da cadea agroalimentaria. No último informe da Autoridade Europea na Seguridade Alimentaria (EFSA) declaráronse 5.550 brotes de zoono-ses de orixe alimentaria, afectando a case 50.000 persoas e causando a morte de aproximadamente 50 persoas. A maioría dos brotes foron causa de Salmonella, virus e toxi-nas bacterianas.

A presenza de patóxenos zoonósicos nas explotacións de gando vacún leiteiro supón un gran risco na gandería, primeiro pola difusión dos mesmos no rabaño e segundo polo risco que supón para as persoas. Tanto o veterinario da explotación coma o gandeiro son responsables de levar a cabo as medidas de bioseguridade indispensables para controlar a entrada, difusión e saída dos patóxenos zoo-nósicos das granxas. Para poder establecer as medidas de bioseguridade axeitadas é imprescindible identificar cales son os factores de risco e as fontes de contaxio dos diversos axentes patóxenos.

Mª José Vilar, Jose Luís Rodríguez-Otero, Mª Luísa Sanjuán, Fº Javier Diéguez e Eduardo Yus Instituto de Investigación e Análises Alimentarias, Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Veterinaria, Campus Universitario s/n, 27001 Lugo

PATÓXENOS BACTERIANOS ZOONÓSICOS EN EXPLOTACIÓNS DE VACÚN LEITEIRO: FONTES DE CONTAXIO E MEDIDAS DE CONTROL

Page 46: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

47SANIDADE

Para levar a cabo estas medidas existe unha serie de guías de boas prácticas agrarias nas que se establecen recomendacións para por en práctica nas explotacións, indicando os aspectos que permiten mellorar a produción e garantir unha excelente calidade dos produtos, tal como demandan os consumidores e os estándares de calidade hixiosanitarios.

Normalmente, os axentes zoonósicos non causan en-fermidades nos animais e a súa excreción é intermitente, co que resulta moi difícil detectar os animais infectados. É por isto que constitúen unha fonte de risco importante para o consumidor. A pesar de que a maioría dos patóxe-nos potencialmente zoonósicos non adoitan sobrevivir aos tratamentos térmicos, como a pasteurización, poden ser un risco para a saúde pública cando hai fallos nos tratamentos, cando se consomen produtos elaborados con leite cru ou ben se hai unha contaminación cruzada durante a elabora-ción dos produtos lácteos.

FONTES DE CONTAXIOEntre as enfermidades zoonósicas de orixe alimentaria que podemos atopar nunha granxa de vacún leiteiro están a salmonelose, a campilobacteriose, a listeriose, a brucelose, etc. As bacterias dos xéneros Salmonella, Listeria, Campylo-bacter e Arcobacter poden detectarse nas granxas de vacún leiteiro e, en xeral, a súa presenza no leite cru do tanque de almacenamento considérase un factor indirecto de hixiene, xa que reflicte unha falta de hixiene durante a muxidura ou ben é consecuencia dunhas instalacións sucias, equipos ou tanques de refrixeración mal hixienizados, etc.

CAMPILOBACTERIOSE E ARCOBACTERIOSEA campilobacteriose e a arcobacteriose son causadas polas bacterias Campylobacter spp. e Arcobacter spp., respectiva-mente. Entre os primeiros son de interese veterinario as es-pecies termófilas, das que destacan C. jejuni subsp. jejuni eC. coli, que causan infeccións gastrointestinais. As especies termófilas son hospedadores naturais das aves, por ser a súa temperatura corporal de 420C, óptima para o crecemento de C. jejuni. Tanto as persoas coma os animais domésticos e silvestres poden ser portadores asintomáticos, xa que as condicións de microaerofilia e as altas temperaturas do tracto intesti-nal proporciónanlles un hábitat idóneo para o seu crece-

mento. Campylobacter pode ser atopado en feces de vacas, ovellas, porcos, polos, aves silvestres, etc.

O gando vacún excreta Campylobacter de maneira inter-mitente con picos en primavera e outono, ben debido a factores ambientais (as temperaturas favorecen a aparición de aves migratorias, roedores e insectos que poden ser por-tadores) ou a cambios na alimentación e auga de bebida. Outros factores a ter en conta son os que provocan estrés.

Entre os factores de transmisión na granxa cabe desta-car as condicións hixiénicas na mesma. As botas son un vehículo importante de diseminación e mantemento da infección. A presenza de sucidade (esterco, puríns) nos co-rredores, patios de recreo e pastos constitúe unha fonte de contaxio para as vacas e para os posibles vectores, como aves e moscas.

Os Arcobacter poden causar abortos e enterites con dia-rrea. Un reservorio de importancia son as aves, aínda que animais de diferentes especies poden actuar como porta-dores asintomáticos: vacas, ovellas, porcos, cans, persoas, etc. Son vectores de entrada e diseminación o material uti-lizado na granxa e tamén a auga, que xoga un papel impor-tante na transmisión, sobre todo se non está clorada.

Para ambas bacterias, a ruta principal de transmisión entre animais e persoas é a fecal-oral, nos animais por consumo dos pensos, forraxes, racións ou auga contami-nadas e no caso das persoas por consumo de leite; no caso de vacún de carne, sería por consumo de carnes conta-minadas (é bastante frecuente, sobre todo por contami-nación no matadoiro). Estas bacterias alcanzan o leite a través da contaminación fecal durante a muxidura, aínda que tamén, e ocasionalmente, a partir de vacas con ma-mite asintomática.

Os patóxenos zoonósicos poden estar no establo e no exterior da granxa

Os principais patóxenos zoonósicos pódense aillar de feces de vacas

É BÁSICO FAVORECER O BENESTAR DOS ANIMAIS PARA DIMINUÍR O ESTRÉS E A SUSCEPTIBILIDADE DE SUFRIR UNHA INFECCIÓN. O ESTRÉS FAI QUE OS ANIMAIS EXCRETEN OS PATÓXENOS

Page 47: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

SANIDADE48

LISTERIOSEA listeriose é causada principalmente por Listeria mono-cytogenes, aínda que L. ivanovii tamén é patóxena. É unha bacteria ubicua, moi distribuída no ambiente, presente en vexetais, materia fecal, augas residuais e material en des-composición; é ademais un patóxeno oportunista, xa que sobrevive en condicións adversas para outras bacterias, como en refrixeración, e é capaz de multiplicarse nos en-silados a pH iguais ou superiores a 4,5 e nos procesos de maduración dos queixos.

Nas granxas son reservorios as camas e os chans moi su-cios, as feces, o pasto e as augas estancadas e os animais tanto domésticos coma silvestres, pero sobre todo o ensi-lado; de feito, a presenza da bacteria nas feces e no ensila-do multiplica o risco de contaminación do leite. A ruta de entrada no animal é a inxesta de alimentos contaminados. A principal fonte de contaxio para o gando é o ensilado; a relación entre consumo de ensilado de mala calidade e lis-teriose xa foi confirmada no 1960. Tamén a auga de bebi-da; como consecuencia do contaxio, os animais portadores contaminan a auga, as camas e os solos, completando así o ciclo.

A taxa de morbilidade media nos remugantes varía entre un 0,2 e un 8%, aínda que podería estar subestimada. Nas vacas, a listeriose pode presentarse de tres formas distintas:

1) Unha forma nerviosa ou enfermidade do círculo (principalmente en ovino e cabrún), na que presentan sín-tomas nerviosos.

2) De forma visceral ou septicémica pouco común que afecta a neonatos tras unha infección intrauterina.

3) De forma reprodutiva, causando abortos, partos pre-maturos, etc. Non obstante, o verdadeiro perigo son o 8% dos animais que son portadores asintomáticos de Listeria ea excretan polas feces. Os factores que causan estrés ou as enfermidades concomitantes que alteran a resistencia dos animais á infección por Listeria favorecen a súa excreción.

Listeria pode alcanzar o leite do tanque mediante dúas maneiras:

1) Vía intramamaria, tras unha infección xeneralizada que provoque mamite clínica ou subclínica, sendo esta úl-tima o verdadeiro perigo, xa que poden estar excretando a bacteria sen mostrar síntomas durante 7 meses, incluso.

2) Vía extramamaria, de orixe ambiental, normalmente asociada a unha contaminación fecal durante un muxido non hixiénico. A vía de entrada que se presenta con maior frecuencia é a de orixe ambiental.

SALMONELOSEEn relación coa salmonelose, existen máis de 2.000 sero-tipos de Salmonella spp., porén, no gando son importantes S. anatum, S. montevideo, S. typhimurium e, principalmente, S. dublin (Salmonella enterica subespecie enterica serovar dublin).

A principal vía de transmisión é a fecal-oral, aínda que tamén deben terse en conta a área e o leite-calostral. A presenza de Salmonella no gando vacún vese afectada pola inxesta de alimentos e de augas contaminadas, constituín-do esta a principal fonte de infección.

Recoméndase vixiar periodicamente o pH de silos, especialmente se teñen mal aspecto

Ciclo infectivo dos patóxenos bacterianos zoonósicos no gando vacún

DÉBESE FAVORECER A DRENAXE DAS AUGAS EN TODAS AS SUPERFICIES DO ESTABLO E ELIMINAR O ESTERCO E RESIDUOS ORGÁNICOS, QUE SON FOCOS DE INFECCIÓN E PUNTOS MOI ATRAENTES PARA ROEDORES E INSECTOS

Page 48: Afriga 95

www. .com

GANA CON

UBROLEXIN ®

Regístrate en www.solomamitis.com antes del 30 de noviembre de 2011 y podrás participar en los sorteos de:

Inscripción al World Buiatric Congress 2012 para veterinarios.

Inscripción a la Feria Ganadera de Cremona 2012 para ganaderos.

Premios tecnológicos de última generación para veterinarios y ganaderos.

Y si ganas tú... ¡podrás elegir a tu ganadero/veterinario para que también tenga su premio!

Empieza una nueva era

La nueva plataforma web tendrá una sección reservada a veterinarios y otra a ganaderos. Descubre todas las novedades, como los Índices de referencia.

Consulta las bases del sorteo en: www.solomamitis.com/bases

Page 49: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

SANIDADE50

Entre outros factores asociados á introdución de Salmo-nella no gando están o contacto con outros animais que poidan ser portadores, tanto silvestres (ratos, aves) coma domésticos (galiñas, gatos), e a presenza de augas residuais e puríns nos pastos; mesmo a xente pode ser portadora asintomática. En cambio, os factores asociados á súa dis-persión son os movementos de gando, a alimentación, a saída a pastos e un establo en malas condicións hixiénicas, nas que S. dublin poden sobrevivir ata un ano nas feces.

A salmonelose pode presentarse de maneira asintomáti-ca, con sintomatoloxía moderada ou ben unha septicemia fulminante. A presenza de S. dublin provoca numerosas perdas económicas asociadas a desviacións da calidade do leite, morte, abortos e problemas reprodutivos. O 5% das vacas sas e o 20% das enfermas poden eliminar Salmonellanas feces. Ademais, os animais portadores a excretan de forma constante ou intermitente no leite en períodos de estrés, infeccións concorrentes, etc.

OUTROS PATÓXENOSStaphylococcus aureus é un dos axentes máis comúns que causan brotes de enfermidade de orixe alimentaria, ade-mais de ser un dos patóxenos máis importantes que causan mamite nas vacas e, polo tanto, grandes perdas económicas nas ganderías.

Algunhas cepas de S. aureus asociadas á mamite produ-cen unha amplia variedade de toxinas que provocan dis-tintos tipos de enfermidade. As enterotoxinas son toxinas termoestables que poden producir problemas gastrointes-tinais nas persoas tras o consumo de alimentos contamina-dos. A presenza desta bacteria no leite pode considerarse un risco potencial para a saúde pública.

Os animais que sofren mamite por S. aureus poden con-taminar o leite do tanque, non obstante, o manexo do per-soal, o equipo de muxir, o ambiente e a pel do ubre e tetos son outras posibles fontes de contaxio do leite.

Outras bacterias de importancia como patóxenos zoonó-sicos que poderían alcanzar o leite do tanque son Coxiella burnetti, Yersinia enterocolitica, Brucella spp., Mycobacterium bovis, Escherichia coli, etc. A maioría atópase no tracto gas-trointestinal e na pel dos animais, pero tamén no ambiente do granxa (solos, paredes, alimentos, etc.).

Os patóxenos zoonósicos de orixe alimentaria transmí-tense vía oral, polo tanto, o obxectivo das medidas de control e prevención é reducir a súa presenza nos alimentos (penso, ensilado, etc.). Os posibles puntos de control en granxas co-rrespóndense en moitos dos casos coas medidas de biosegu-

ridade xerais para a introdución e diseminación de axentes patóxenos. Así, débese evitar a introdución e diseminación dos axentes patóxenos zoonósicos mediante o control de animais, persoas e maquinaria e/ou utensilios que entran ou están presentes na granxa, e tamén das condicións hixiénicas e de mantemento das instalacións. Tamén é recomendable realizar un control da contaminación ambiental.

A orixe da contaminación do leite de tanque pode estar nas feces dos animais, e como consecuencia proceder do alimento e da auga (por exemplo, ensilados), no ambiente e chan da explotación, nas persoas e nos animais infectados portadores asintomáticos ou non.

MEDIDAS DE CONTROL

CONTROL DE ANIMAISDebe favorecerse a recría e no caso de comprar animais debe coñecerse o estado sanitario da gandería de orixe. Ta-mén é recomendable facer unha proba no sangue e no leite para descartar que excretan algúns destes axentes.

Outro punto importante é controlar a presenza na granxa de animais que poidan entrar en contacto coas vacas, que ben poden ser outros animais domésticos da granxa (cans, gatos, ovellas, galiñas…), animais silvestres (aves como pombas e pardais ou ben teixóns e roedores) e tamén animais doutras explotacións (hai que ter límites se-guros, evitar pastos comunais, etc.). Débese evitar o posible acceso destes animais a onde se garda o alimento, pensos, ensilados, etc., e auga.

CONTROL DE PERSOALA falta de medidas hixiénicas no establo e na rutina de muxido favorece que os patóxenos alcancen o leite.

O persoal da explotación debe actuar acorde coas boas prácticas de hixiene en toda a granxa para evitar o contaxio das diversas enfermidades. O persoal supón un importante vehículo de transmisión de microorganismos.

É importante levar a cabo unhas prácticas correctas, sobre todo no momento da muxidura, que é cando exis-te o risco de que os patóxenos zoonósicos presentes no ambiente poidan alcanzar o leite. Resulta imprescindible, polo tanto, realizar correctamente unhas boas prácticas de muxido: utilizar roupa de uso exclusivo e guantes, limpar e secar os tetos antes da colocación da máquina de muxir para evitar a entrada ao leite da sucidade adherida á pel e manter limpos a sala de muxir e o equipo, así como o tan-que de almacenamento.

Hai que controlar os gatos e outros animais domésticos e silvestres nas explotacións de gando vacún

RESULTAN IMPRESCINDIBLES AS BOAS PRÁCTICAS DE MUXIDO: EMPREGAR ROUPA DE USO EXCLUSIVO E GUANTES, LIMPAR E SECAR OS TETOS ANTES DE COLOCAR A MÁQUINA E MANTER LIMPOS A SALA DE MUXIR, O EQUIPO E O TANQUE

Page 50: Afriga 95

Envases de 10 ml.

Número de Autorización de comercialización: 1779 ESP

Tiempo de espera

Carne: cero días

Leche: cero horasTratamiento de la ovulación retardada.(Repeat breeding o síndrome de la vaca repetidora).

Vía intramuscular. 100 μg de gonadorelina (como diacetato) por animal en inyección única. Es decir, 2 ml de producto por animal. GnRH se inyecta durante el estro.

OVUGENGONADORELINA 50 μg/ml

Reproduccion asistida

Fuente: MEDICAL IMAGING

www.spveterinaria.com

Page 51: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

SANIDADE52

CONTROL DE INSTALACIÓNS, MAQUINARIA E UTENSILIOSAconséllase manter unha boa hixiene nas instalacións, é dicir, ter limpo todo o establo: camas, cubículos, salas de parto, enfermería, sala de muxir e patios. As camas e cu-bículos deben estar limpos, secos e drenados, para o que é recomendable o uso de axentes secantes. Os corredores de alimentación deben posuír as dimensións axeitadas para favorecer a limpeza diaria (ancho 5,5-6 metros, 15 centí-metros por enriba do nivel do solo, cos amarres inclinados 10 cm). Ten que haber bebedeiros nunha proporción de 1/20 animais, situados en diferentes puntos pero nunca ao final do corredor ou en puntos cegos, cunha altura e pro-fundidade suficientes para facilitar a limpeza diaria. Tamén se debe favorecer a drenaxe das augas en todas as superfi-cies e hai que eliminar o esterco e residuos orgánicos, que ademais de ser focos de infección, son puntos moi atraen-tes para roedores e insectos (vectores de patóxenos como Salmonella, no caso de roedores, e Campylobacter, no caso das moscas).

Débese dispor dun sistema axeitado de desinsectación, desinfección e desratización (DDD) nos establos, salas de partos, enfermerías, para os equipos, sala de muxidura e tanque de leite e nos locais de almacenamento de alimen-tos.

A maquinaria e os utensilios deben ser de uso único, é dicir, os aparellos utilizados para o manexo do alimento non se utilizarán ademais para outras tarefas como a lim-peza do establo.

Os puríns e residuos debe estar almacenados axeitada-mente e deseñados de tal forma que sexan impermeables e que non permitan o acceso das vacas nin doutros animais. E deben estar separados das zonas do alimento.

CONTROL DA ALIMENTACIÓNPara a maioría dos axentes patóxenos zoonósicos de orixe alimentaria, a alimentación constitúe a principal fonte de entrada. Por este motivo débese dispoñer dun adecuado programa de bioseguridade dos alimentos, con medidas coma as seguintes:

Proporcionarlles aos animais fontes de auga de boa ca-lidade (tanto de bebida como para a limpeza). Para iso, os pozos, mananciais e conducións deben estar protexidos e en bo estado. Ademais, deben estar a unha distancia de se-guridade do almacén de puríns, esterco ou residuos, como mínimo a 60 metros. É aconsellable analizar a auga perio-dicamente, sobre todo para descartar a presenza de coli-formes, bacterias totais e fecais. A recollida da auga debe facerse no lugar máis próximo ao punto de uso.

As camas, os corredores de alimentación e o resto das instalacións deben manterse limpos

Proporcionarlles aos animais pensos e ensilados de boa calidade. É moi importante controlar a calidade dos ensilados evitando a humidade, realizando un bo prensado, corte e selado, utilizando materia prima sen listerias, etc. Os ensilados mal elaborados, conservados e manexados son máis propensos a ensuciarse con terra ou derivados de puríns, e polo tanto a contaminarse.

Analizar os ensilados antes do seu consumo. Ao abrir os ensilados debe valorarse o pH e comprobar ausencia de mofos. Non debe utilizarse o ensilado dos bordos nin da parte superior, porque nestas partes a fermentación é menor e, polo tanto, a probabilidade de existir Listeria é maior. Así mesmo, debe haber un bo sistema de recollida de efluentes do ensilado.

Coñecer a orixe dos alimentos. No caso de ser alimentos producidos na propia explotación, hai que obtelos seguindo as guías de boas prácticas agrarias. Débense cumprir os pe-ríodos de espera tras a aplicación de puríns/esterco, antes de que os animais saian pastar ou se recollan os cultivos.

Se os alimentos son comprados deben vir etiquetados e rexistrar a data de entrega. Os alimentos deben proceder de empresas certificadas, así que no caso de mercar as ma-terias primas hai que asegurarse de que a compra se fai a provedores con garantía.

Os equipos e a instalación dos alimentos non deben compartirse para outras tarefas.

Os almacéns dos alimentos estarán afastados de posibles fontes de contaminación e ser de uso exclusivo. Deben es-tar protexidos do posible acceso de animais silvestres, so-bre todo de aves, roedores, insectos, etc., pero tamén dos animais domésticos (que son portadores de Salmonella e Campylobacter, entre outros). É recomendable que existan compartimentos ou divisións para os diferentes produtos, que faciliten un sistema adecuado de limpeza e reposición. Neles debe levarse a cabo un axeitado programa de DDD e anotarse a data das limpezas e desinfeccións.

A lexislación indica que se deben facer análises físico-químicas e microbiolóxicas (fungos, levaduras e bacterias) dos alimentos.

OUTRAS MEDIDAS DE CONTROLÉ básico favorecer o benestar dos animais para diminuír o estrés e a susceptibilidade de sufrir unha infección. O estrés é o factor máis importante que fai que os animais excreten os patóxenos tanto no leite coma nas feces, sendo así una fonte de infección, xa que contamina as camas, os corredores, as augas e puríns.

No caso de determinados patóxenos, como Salmonella, poderíase vacinar aos animais. As vacinas para listeriose só deben utilizarse naqueles casos onde haxa unha alta inci-dencia de listeriose clínica, para intentar diminuír a pre-sentación da infección.

En resumo, para diminuír a incidencia de patóxenos zoo-nósicos no gando débese evitar a contaminación fecal-oral, controlar os factores ambientais, levar a cabo un programa hixiénico baseado na limpeza, favorecer a formación dun-ha flora intestinal saudable nos animais e establecer unha rutina hixiénica correcta durante a muxidura e a conserva-ción do leite.

Page 52: Afriga 95
Page 53: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

SANIDADE54

PARATUBERCULOSE: COMO ESTABLECER UN PLAN DE CONTROLEFECTIVO E RENDIBLE

A paratuberculose é unha enfermidade infecciosa crónica e progresiva do intestino delgado dos ruminantes que provoca unha síndrome de malabsorción debido á deterioración das paredes intestinais. Como consecuencia deste proceso, e xa en fases avanzadas da enfermidade, prodúcese o cadro clínico típico que se presenta con diarrea crónica intermitente que non responde a tratamento, perda progresiva de peso e aparición de edemas en diversas localizacións, como na área submandibular. A bacteria responsable é o Mycobacterium avium subsp. paratuberculosis (MAP), un microorganismo emparentado directamente cos axentes causantes da tuberculose tanto humana coma bovina.

A. Prieto1, N. Lago1, S. Valverde1, J. M. Díaz1, R. Carballo2, C. Pardo2, G. Fernández1

1 Unidade de Enfermidades Infecciosas. Departamento de Patoloxía Animal. Facultade de Veterinaria de Lugo. Universidade de Santiago de Compostela2 Sociedad Cooperativa Ganadera AGRIS. Friol, Lugo

A infección do gando prodúcese nos primeiros meses de vida do animal, cando a enfermidade comeza a desenvolverse lentamente

INTRODUCIÓNA paratuberculose supón graves perdas económicas para as explotacións afectadas, xa que os animais enfermos van sufrindo un descenso progresivo da produción láctea de-bido ao mal aproveitamento dos nutrientes por parte do intestino. Como o animal vai perdendo peso, tamén em-peora o seu estado xeral, afectando así de forma indirecta á fertilidade. Todo isto provoca que se reduza a vida produ-tiva do gando, obrigando ao produtor a eliminar animais enfermos de maneira anticipada, e alcanzando ademais un menor valor de sacrificio debido ao mal estado das carnes. Hai que ter en conta que se eliminamos reses de maneira prematura é necesario aumentar o gasto en reposición. Por

último, hai que engadirlle ao total de perdas todos aqueles gastos derivados das visitas do veterinario, as probas de la-boratorio, etc.

Outro aspecto de importancia desde o punto de vista sanitario é que, segundo diversos estudos, podería existir unha relación entre este microorganismo e a enfermidade de Crohn en humanos. Se se demostrase esta hipótese po-dería supoñer un problema para a cadea alimentaria, xa que unha das vías de excreción do axente é a través do leite.

Page 54: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

55SANIDADE

Patoxenia da paratuberculose

A infección do gando prodúcese nos primeiros meses de vida do animal, cando a enfermidade comeza a desen-volverse lentamente de tal xeito que pasan anos ata que se produce o cadro sintomático. Unha vez que MAP coloni-za o intestino comeza a eliminación do microorganismo, máis débil e intermitente ao principio do proceso pero que vai aumentando conforme progresa a infección. En

fases xa avanzadas da enfermidade aparecen os síntomas clínicos de diarrea, perda de peso, redución elevada da produción e, por último, prodúcese a morte do animal, tal como se pode ver no gráfico. Os animais enfermos clini-camente sempre serán animais adultos a partir de 1,5-2 anos, aínda que o maior número de casos adoita rexistrar-se entre os adultos novos (2ª-3ª lactación).

Page 55: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

SANIDADE56

É importante destacar que, en ocasións, durante a realiza-ción das campañas oficiais de saneamento, en granxas li-bres de tuberculoses poden producirse reaccións dubidosas á inoculación da tuberculina a consecuencia de reaccións cruzadas pola presenza de paratuberculose no establo. Este é un aspecto que deben ter en conta os produtores, xa que pode significar a existencia dunha infección por MAP an-tes da aparición de casos clínicos.

SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICAA paratuberculose atópase hoxe en día en case calquera par-te do mundo e, aínda que a súa distribución non é uniforme, podemos afirmar que está presente especialmente en zonas e países con importante produción gandeira. Nos Estados Unidos, por exemplo, ata o 40% de explotacións de vacún leiteiro de máis de 300 cabezas resultaron ser positivas á pa-ratuberculose. Polo que respecta a Europa, existen estudos que estiman que en moitos países con importante produción leiteira, como Holanda, Dinamarca, Francia ou Alemaña, hai entre un 7-55% de ganderías positivas con polo menos un 3-5% de animais infectados por explotación.

En España realizáronse diversos estudos epidemiolóxi-cos, especialmente na zona norte. No que respecta a Ga-licia, e unicamente falando de gando vacún de leite, des-

cribiuse entre un 15-28% de explotacións positivas, cun 3-4% de animais infectados, polo que a situación é moi similar á do resto do continente.

PROBLEMÁTICA DO DIAGNÓSTICO: CAL EMPREGAR?Para o diagnóstico da paratuberculose existe unha ampla variedade de probas diferentes, e cada unha delas presenta unha serie de vantaxes e inconvenientes. Desde o punto de vista práctico, adoitan empregarse dúas probas fundamen-talmente, ELISA indirecto e cultivo fecal.

DIAGNÓSTICO SEROLÓXICO: ELISA INDIRECTOA proba ELISA é unha análise que se realiza a partir de soro sanguíneo dos animais, buscando anticorpos espe-cíficos fronte ao axente infeccioso implicado (diagnós-tico indirecto). É un test rápido, sinxelo e de baixo custo (aproximadamente 2-3 euros por animal), pero presenta o inconveniente da súa baixa sensibilidade. A proba é eficaz para a determinación e confirmación de animais en esta-dos avanzados da enfermidade, pero a súa eficacia dimi-núe enormemente en animais en fase subclínica. Este feito débese a que os animais non forman anticorpos fronte ao microorganismo desde o momento da infección, senón que a formación destes comeza ao mesmo tempo que as lesións van progresando cara a formas máis graves. Deste modo establécese unha relación directa entre a taxa de anticorpos e a cantidade de bacterias que se excretan por vía fecal.

Vaca infectada por paratuberculose

As principais fontes de eliminación de MAP, e polo tan-to de contaxio, son o material fecal e o leite de animais infectados. A ruta de infección é sempre por vía dixestiva, ben por inxestión de alimentos ou auga contaminados con feces, ben a través do leite. A entrada da enfermidade na explotación ocorre na maioría dos casos por adquisición de gando infectado, aínda que tamén pode introducirse me-diante vehículos, ferramentas e persoas que se contamina-ron con feces de animais eliminadores.

Debido ao carácter crónico da enfermidade, a progresión da paratuberculose nunha gandería podería compararse ao aspecto dun iceberg, do cal só apreciamos unha pequena parte, que serían os casos clínicos, como se aprecia no grá-fico. Con todo, a maior parte do problema son os animais infectados subclínicos, que pasan desapercibidos ao non presentar ningún tipo de síntoma evidente e que son os responsables do mantemento da infección, provocando a aparición de novos casos clínicos “por goteo”.

HAI QUE EVITAR A COMPRA DE ANIMAIS OU REDUCILA AO MÍNIMO, ASEGURÁNDOSE DE QUE PROVEÑEN UNICAMENTE DE RABAÑOS DE BAIXO RISCO OU CON STATUS SANITARIO COÑECIDO

Efecto iceberg da paratuberculose

Page 56: Afriga 95
Page 57: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

SANIDADE58

Independentemente deste problema, este test presenta outro tipo de inconveniente: as reaccións cruzadas con outras bacterias do mesmo grupo, a maioría das cales son ambientais e non patóxenas para o gando. Desta maneira é posible que se produzan falsos positivos, sobreestimando a presenza da enfermidade na explotación.

Actualmente, esta técnica é a que se emprega na maioría de plans de control desenvolvidos por varios países, como Os Estados Unidos ou Austria, e tamén por moitas ADS de Galicia, como método de análise de todo o rabaño para coñecer a situación da explotación fronte á infección.

CULTIVO FECALÉ a técnica considerada de referencia pola comunidade científica, xa que permite detectar a ampla maioría dos casos clínicos e unha porcentaxe variable dos subclínicos. A pesar disto, este método tamén presenta certos incon-venientes, por exemplo, o seu maior custo (ao redor de 30 euros por mostra). Por outra banda, tárdase máis ata lograr o diagnóstico debido ao lento crecemento das micobac-terias, polo que non se obtén un resultado positivo antes das 6-8 semanas. O seu elevado custo, unido ao atraso na obtención de resultados, fai que na maioría dos casos o seu uso quede limitado ao de proba de confirmación.

ALTERNATIVASDesde hai uns anos púxose a proba un novo método ba-seado no cultivo fecal para clasificar as granxas segundo o status sanitario. Como veremos máis adiante, para o control da enfermidade é máis importante diagnosticar correctamente o establo que o feito de identificar cales son os animais infectados. Este novo método consiste en agrupar mostras fecais de 5-10 animais (pooles fecais) ás que posteriormente se lles realiza o cultivo, co que o custo da análise de todo o rabaño dilúese moitísimo. No noso laboratorio estamos a levar a cabo un ensaio a partir destes pooles fecais e obtivemos bos resultados á hora de clasi-ficar as explotacións en comparación coa proba ELISA, tanto en valor diagnóstico coma económico.

PREVENCIÓN E CONTROL: MEDIDAS A TER EN CONTADado que a importancia da paratuberculose radica funda-mentalmente nas perdas económicas que produce, é moi importante, para a rendibilidade das explotacións, estable-cer un adecuado programa de prevención, control e erradi-cación. Tendo en conta todo o exposto ata agora, habemos de ser conscientes de que a erradicación da enfermidade non é a meta a perseguir a curto prazo, senón o control da infección para posteriormente conseguir chegar a un status libre de paratuberculose.

Un dos métodos que se demostrou máis eficaz para o con-trol da infección é a vacinación. Existen abundantes estudos nos que se pon de manifesto a eficacia da vacina. Inda que non evita a infección, si que modifica a resposta do animal fronte á mesma, mantendo a enfermidade de forma latente, sen que chegue a aparecer sintomatoloxía clínica, e reducin-do tamén o nivel de excreción de MAP ao medio. A pesar disto, a vacinación induce unha resposta inmune por parte do animal, indiferenciable da que sucede nunha infección natural. É por este motivo que a vacinación non pode em-pregarse actualmente en España, xa que produce interferen-cias co diagnóstico oficial da tuberculose que se realiza nas campañas oficiais de erradicación.

Como estamos a ver, o feito de non poder vacinar as ex-plotacións déixanos ante dúas posibles solucións: a iden-tificación e eliminación dos animais excretores de MAP, polo risco que supoñen, e a aplicación de medidas de ma-nexo e bioseguridade que limiten o risco de contaxio desde o gando adulto á recría.

Para a identificación dos animais infectados é necesario implantar un plan de control que inclúa a realización de probas diagnósticas que, como mencionamos antes, dis-tan bastante de ser perfectas. En países coma Os Estados Unidos, estes plans baséanse na análise de todo o raba-ño de forma anual ou bianual mediante análise serolóxi-ca, confirmando posteriormente mediante cultivo fecal aqueles animais que demostren un resultado serolóxico positivo. Estes animais son eliminados do rabaño no mo-mento no que se confirma a infección. É certo que se consegue unha diminución dos casos clínicos, pero por si sós estes programas non logran limitar a transmisión da infección e, ademais, supoñen un gasto enorme tanto polo diagnóstico coma polas perdas que se producen ao eliminar e repoñer animais.

Cultivo positivo de paratuberculose. Poden observarse as colonias de bacterias como pequenos puntos de cor branca

A MELLOR FERRAMENTA PARA LIMITAR A EXTENSIÓN DA INFECCIÓN É REDUCIR O CONTAXIO DA RECRÍA MEDIANTE AXEITADAS PAUTAS DE MANEXO E BIOSEGURIDADE

Page 58: Afriga 95
Page 59: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

SANIDADE60

Táboa 1MEDIDAS DE MANEXO E BIOSEGURIDADEA. ÁREA DE PARTOS

OBXECTIVO: Mantela limpia e seca.

a) Áreas interiores:

· Utilizar a área unicamente para partos. Non aloxar animais enfermos.

· Utilizar corrais individuais, asegurando un tamaño adecuado da área.

· Manter sempre a cama seca.

· Eliminar feces e cama despois de cada parto.

b) Áreas exteriores:

· Usar unha área adecuada minimizando a acumulación de barro e feces.

c) Para ambas:

· Recoller e limpar os ubres antes do parto e retirar os becerros inmediatamente.

B. XATAS LACTANTES

OBXECTIVO: Evitar o contacto das xatas con materiais ou ambientes contaminados.

· Usar costro de vacas negativas ou de baixo risco para a cría das xatas.

· Previr a contaminación fecal da auga e o alimento.

· Alimentar con lactorreemprazante ou leite pasteurizado.

· Manexar o pasto para minimizar a exposición das xatas a forraxes contaminados.

· Manter ás xatas en zonas ou áreas separadas de vacas de maior idade.

· Impedir a transferencia de contaminación desde as vacas ás xatas. Por exemplo, alimentar primeiro ás xatas, utilizar aparellos distintos, lavar e desinfectar ben as botas, etc.

C. XATAS DESTETADAS ATA UN ANO

OBXECTIVO: Previr a exposición a animais infectados e a material fecal, así como a contaminación do alimento e a auga.

· Non xuntar nin permitir contacto directo con gando adulto nin os seus excrementos.

· Previr drenaxes de material fecal desde o gando adulto cara ás áreas de recría.

· Non usar comedeiros ou bebedeiros comúns para o gando adulto e a recría.

· Usar aparellos diferentes para o manexo de feces e de alimentos.

· Manter os alimentos e a agua lonxe de posible contaminación por materiais fecais.

· Evitar o tráfico (animais, personas…) dende as zonas do gando adulto cara ás de recría.

· Non alimentar cos restos da ración do gando adulto ó grupo de recría.

D. GANDO ADULTO

OBXECTIVO: Eliminar os animais de alto risco; manexar os animais positivos para reducir o risco de exposición do gando máis novo e susceptible.

· Separar, analizar e eliminar todos os animais con signos clínicos de paratuberculose tan pronto como sexa posible.

· Manexar á parte os animais asintomáticos con resultados positivos para reducir a contaminación.

· Eliminalos cando sexa economicamente factible.

· Considerar eliminar a descendencia do gando con resultado positivo ó cultivo fecal.

E. COMPRA DE ANIMAIS

OBXECTIVO: Non adquirir ou traer de volta animais infectados de paratuberculose.

· Coñecer a identidade, historial sanitario e hixiene do rabaño de orixe.

· Avaliar o risco de paratuberculose noutras especies ademais do vacún, tales como cabras e ovellas.

· Investigar calquera historial de paratuberculose, porcentaxe de casos clínicos/ano ou resultados de probas para paratuberculose no rabaño de orixe.

· Evitar comprar animais de rabaños con maior risco que o propio rabaño.

· Analizar os animais adquiridos (pre ou poscompra, dependendo da idade); integralos no plan de manexo do rabaño.

· Non comprar ou reter animais con cultivo fecal positivo.

· Separar e/ou previr o contacto con gando de recría ata que se coñezan os resultados do laboratorio.

Por outra banda, a capacidade de detección das técnicas serolóxicas é limitada, polo que a súa aplicación é máis efectiva en rabaños grandes que en rabaños pequenos como os que hai en Galicia. A modo de exemplo, se a técnica ELISA detecta un 30% de animais subclínicos e consideramos unha prevalencia do 3% de animais enfer-mos por explotación, nun rabaño de 300 cabezas haberá 9 animais infectados, dos cales poderemos identificar 3 coa técnica ELISA. En cambio, se o rabaño é de 66 animais, haberá 2 animais infectados, dos que detectaremos un ou ningún. Ademais, o feito da existencia de reaccións cru-zadas con outras bacterias do mesmo xénero vai provocar que en moitas granxas se produzan erros de clasificación debido á aparición de falsos positivos. É por isto que a utilización do cultivo fecal de pooles de feces de varios animais podería ser unha ferramenta máis interesante á hora de clasificar as explotacións dunha rexión como Ga-licia, onde o tamaño medio de explotación é de ao redor de 25-30 animais. Aínda que é certo que o atraso no diag-nóstico é maior en comparación coas técnicas serolóxicas, polos elevados tempos de incubación, con este método conséguese evitar a clasificación dunha granxa como in-fectada cando en realidade non o está. En calquera dos casos expostos, o rabaño debe ser testado sempre durante varios anos, mesmo aínda que os resultados das probas sexan negativos, co fin de garantir a correcta clasificación sanitaria da granxa. Desta maneira poderemos asegurar-nos a detección de novos casos que permanecían latentes ou de animais infectados que aínda non comezaran a ex-cretar MAP en cantidades detectables.

Á vista das dificultades que existen para identificar os animais infectados que están en fase latente ou subclínica, podemos afirmar que é case imposible eliminar a infección dun establo en base só da eliminación de animais posi-tivos, xa que co tempo seguirán aparecendo novos casos clínicos “por goteo”. Polo tanto, a eliminación de positivos sen clínica non é efectiva para erradicar a enfermidade, nin eficiente desde o punto de vista económico. A mellor fe-rramenta que posuímos para limitar a extensión da infec-ción é minimizar ou reducir o contaxio da recría mediante a posta en marcha dunhas adecuadas pautas de manexo e bioseguridade. Estas medidas inclúen os seguintes puntos fundamentais:

a) Evitar a compra de animais ou tentar reducila ao mínimo, asegurándose de que os animais introducidos no establo proveñen unicamente de rabaños de baixo risco ou con status sanitario coñecido. Non deben comprarse animais con orixe descoñecida, e en caso de facerse estes deben manexarse como animais sospeitosos. Hai que lem-brar que, dadas as limitacións do diagnóstico, un resultado negativo ás probas non garante a ausencia de enfermidade.

b) É moi recomendable habilitar unha sala de partos e facer que permaneza limpa e seca, así como limpar flancos e ubres das vacas antes do parto.

É MOI RECOMENDABLE HABILITAR UNHA SALA DE PARTOS E FACER QUE PERMANEZA LIMPA E SECA, ASÍ COMO LIMPAR FLANCOS E UBRES ANTES DO PARTO

Page 60: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

61SANIDADE

c) Separar inmediatamente as crías das súas nais tras o parto, especialmente se se descoñece o status sanitario das nais. As xatas deben criarse en boxes individuais durante os primeiros meses de vida, que é cando son máis susceptibles á infección.

d) Minimizar a exposición da recría ao material fecal do gando adulto e doutras especies susceptibles (ovinos, ca-prinos, fauna silvestre…). É interesante agrupar a recría por lotes de idade e non mesturar animais adultos (como vacas secas) con xatas ata que estas cumpran un mínimo de 1-1,5 anos de idade.

e) Evitar o contacto do gando con animais susceptibles infectados ou que estiveron en contacto con animais in-fectados.

f ) Nunca alimentar á recría con calostro de animais de status sanitario descoñecido, nin con leite de status desco-ñecido a menos que sexa pasteurizada. É moi recomenda-ble que só se empregue para cada xata o calostro/leite dun único animal de status coñecido.

g) Impedir a exposición de alimentos, auga, equipos, utensilios e vehículos a materiais fecais.

h) Utilizar ferramentas distintas para o manexo de ani-mais adultos e recría (útiles empregados na alimentación, na limpeza de instalacións…).

Na táboa 1 pode observarse un resumo máis detallado das medidas a ter en conta e os obxectivos que se expo-ñen para cada apartado. O produtor debe ser consciente de que todas estas medidas só serán eficaces en conxunto e levándose a cabo estritamente. Desde un punto de vista práctico, hai que pensar que é posible frear a progresión da infección, e con iso reducir as perdas económicas que produce. Este método é a forma máis efectiva de control e non se basea na detección de animais positivos e sacrificio dos mesmos, senón soamente na eliminación de casos clí-nicos e adopción das mencionadas medidas de control. O resumo dos pasos que deben seguirse móstrase na táboa 2. Co tempo, co uso adecuado das técnicas de diagnóstico e cunhas apropiadas medidas de manexo poderemos conse-guir eliminar a paratuberculose da explotación.

Táboa 2RESUMO DO PLAN DE CONTROL PARA TUBERCULOSE1º. Clasificar a granxa segundo o status sanitario.

2º. Implantación das medidas de manexo e bioseguridade. Eliminar só os animais con signos clínicos.

3º. Reavaliación da infección mediante toma de mostras (anualmente).

4º. Status libre de enfermidade (tras varios anos de diagnósticos negativos).

DÉBESE MINIMIZAR A EXPOSICIÓN DA RECRÍA AO MATERIAL FECAL DO GANDO ADULTO E DOUTRAS ESPECIES SUSCEPTIBLES, COMA OVINOS, CAPRINOS E A FAUNA SILVESTRE

No sólo de Nitrógeno vive tu forraje

Ganadero, aproveche los beneficios del “Concepto Actyva”para su forraje (Ray grass). Le aconsejamos tomar la decisión de ABONAR en una SÓLA APLICACIÓN, justo cuando la planta empieza a demandar Fósforo, Nitrógeno y Potasio que, como Ud. bien conoce, ese momento coincide con el aumento de las temperaturas y después de la parada invernal; aproximadamente en el mes de Febrero.

Su precio y la calidad de sus nutrientes le permiten ser la Mejor Inversión.

La solución para su forraje. Toma tu decisión a tiempo.

Equilibrio de nutrientes, 100% asimilables.

Page 61: Afriga 95

A febre do leite, ou máis correctamente a hipocalcemia puerperal ou paresia puerperal, é unha das enfermidades metabólicas con maior incidencia no gando vacún. Pódese presentar en forma clínica ou ben como hipocalcemia sub-clínica, sen ningunha manifestación evidente. Os estudos de campo realizados nos últimos 30 anos indican que a in-cidencia da enfermidade na súa forma clínica é dun 3,45% en América do Norte, dun 6,17% en Europa e dun 3,5% en Australia (DeGaris and Lean, 2008), pero cando temos en conta a hipocalcemia subclínica os estudos demostran que mentres cada ano tan só desenvolveran paresia puerperal ao redor dun 4% das vacas, a incidencia da hipocalcemia subclínica é dun 50% nas vacas de máis idade da explota-ción (Goff, 2008).

A febre do leite, tamén denominada hipocalcemia puerperal ou paresia puerperal, é unha das enfermidades metabólicas con maior incidencia no gando vacún e pode provocar perdas económicas nas explotacións leiteiras. Como non sempre resulta fácil detectala, o mellor xeito de combatela é levar a cabo medidas preventivas.

HIPOCALCEMIANA VACA LEITEIRA: SÍNTOMAS,PREVENCIÓN E TRATAMENTO

Manuais como o Nutrient Requirements of Dairy Cattle (2001) consideran que practicamente todos os animais dunha explotación de vacún produtor de leite sofren hipocalcemia subclínica os primeiros días des-pois do parto. Estes datos reflicten claramente que al-gunhas explotacións teñen grandes perdas económicas, e máis tendo en conta que os animais con elevadas taxas de produción de leite padecen máis risco de ser afec-tados por paresia puerperal e hipocalcemia subclínica (DeGaris and Lean, 2008). Concretamente, o impacto económico da enfermidade vén dado polo feito de que a vida media dunha vaca de leite se pode reducir en 3, 4 anos (Horst et ál., 1997), xa que aínda que as vacas se poden recuperar da paresia puerperal e hipocalcemia subclínica, son máis propensas a desenvolver outras en-fermidades e comprométese a súa produtividade e vida media.

Anna Arís e Àlex BachProducción de Rumiantes. Institut de Recerca i Tecnologia Agroalimentàries. IRTA Torre Marimon, 08140 Caldes de Montbui, España

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

SANIDADE62

Page 62: Afriga 95

La Raza Vacuna FLECKVIEH Garantiza el FUTURO Y VIABILIDAD ECONÓMICA delas Explotaciones Ganaderas Productoras de LECHE / Tipo Familiar

Asociación Nacional Criadores Vacuno Fleckvieh EspañaEntidad Colaboradora del Ministerio

Avda. Movera 580 (Edificio CENSYRA) 50.194 MOVERA-ZARAGOZA Tels. 976 586 625 / 647 145 563

GANADERO, SI DESEAS ADQUIRIR NOVILLAS DE ESTA MAGNIFICA RAZA, CONTACTA CON LA ASOCIACIÓN Y PIDE INFORMACIÓN

O CALCIO E O INICIO DA LACTACIÓNA hipocalcemia puerperal é un dos exemplos ben docu-mentados de desequilibrio da homeostase do calcio. O cal-cio é esencial para a vida nos organismos superiores. Está involucrado en gran variedade de procesos fisiolóxicos re-lacionados coa formación dos ósos, contracción muscular, transmisión de sinais nerviosos, coagulación do sangue e como segundo mensaxeiro regulando accións de gran va-riedade de hormonas e factores de crecemento. Ao iniciar-se a lactación hai unha repentina demanda de calcio que excede a capacidade homeostática do animal de manter os niveis de calcio en sangue (Goff, 2008). Nos bovinos, as concentracións de calcio no leite e calostro son 10 e 30 veces respectivamente a cantidade que hai no sangue. O cambio de concentración é moito máis grande que noutras especies e, de feito, as necesidades de calcio que ten o ani-mal debido á achega fetal ao final da preñez e durante o inicio da lactación pasan a aumentar máis de 6 veces. As necesidades de calcio en sangue no inicio da lactación po-derían manterse a través da absorción no intestino e da reabsorción dos ósos, pero o principal problema é que os mecanismos dedicados a recuperar estes niveis de calcio están practicamente inactivos e non son capaces de suplir unha demanda de calcio esaxeradamente elevada (Horst et ál., 2005).

A paresia puerperal raramente se manifesta en animais de primeira lactación pero aumenta considerablemente en animais que entran na terceira ou en lactacións posteriores (Curtis et ál., 1984). Isto é debido a que presentan maior produción de leite e, polo tanto, maior demanda de calcio, e a que coa idade diminúe a capacidade de mobilizar calcio

Reabsorción do calcio dos ósos

Calostro/Leite

Calcitonina (-)PTH / 1,25 - (OH)2D3 (+)

PTH / 1,25 - (OH)2D3 (+)

PTH (+)Calcitonina (+)

Perdas fecais de calcio Perdas urinarias de calcio

Calcio en sangue

Absorción de calcio intestinal

HOMEOSTASE DOCALCIO NA VACAPUERPERALO calcio en sangue mantense por achegas dos ósos e intestino baixo o control da calcitonina, a hormona paratiroidea (PTH) e 1,25-(OH)2D3. As perdas de calcio no inicio da lactación ocorren basicamente polo calostro ou o leite e, en menor medida, pola eliminación fecal ou urinaria de calcio, sendo esta última controlada pola calcitonina e PTH. Os símbolos entre parénteses indican o efecto biolóxico que exercen as hormonas sobre os tecidos diana.

dos ósos e de estimular a súa absorción desde o epitelio intestinal, xa que diminúen os receptores de 1,25(OH)

2D

3,

hormona calciotrófica involucrada na homeostase do cal-cio, e aumenta a presenza de encimas como a C24-hidroxi-lasa que inactiva a 1,25(OH)

2D

3( Johnson et ál., 1995).

SÍNTOMASAs manifestacións clínicas aparecen xeralmente entre as 24 horas previas ao parto ata as 72 horas despois do par-to (Shappell et ál., 1987). A hipocalcemia é a característica máis importante dos síntomas clínicos, atopándose con-centracións de calcio total en sangue <5,5mg/dl. A medida que a hipocalcemia progresa, a vaca é incapaz de sosterse en pé, seguido dunha progresiva falta de consciencia. O latexo cardíaco pasa a ser practicamente imperceptible e o ritmo cardíaco incrementa de 60-70 a 120 latexos por minuto. A secreción de leite falla, suprímense os procesos de dixestión e establécese timpanismo, estrinximento e retención de ouri-ños. A respiración é lenta e a temperatura corporal dimi-núe. Se os animais non son tratados morren en 2 ou 3 días por coma prolongado ou fallo cardíaco (Horst et ál., 2005; Murray et ál., 2008). Ademais, clinicamente, a hipocalcemia está asociada a unha maior incidencia de prolapso uterino e retención de membranas fetais, xa que nestes animais a in-volución uterina é menos eficiente. As vacas con hipocalce-mia puerperal teñen intervalos anormalmente longos entre o parto e a primeira ovulación posparto e tamén unha fase lútea máis longa no próximo ciclo reprodutivo (Murray et ál., 2008). Tamén se triplica o risco de padecer disfuncións ruminais, desprazamento de abomaso e cetose (Massey et ál., 1993; DeGaris and Lean, 2008).

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

63SANIDADE

Page 63: Afriga 95

A hipocalcemia subclínica, que non vai asociada a ma-nifestacións clínicas, tamén ocorre no período puerperal e pódese chegar a presentar durante os 40 primeiros días despois dun parto normal en vacas con elevada produción de leite (Kamgarpour et ál., 1999). Nestes casos, as altera-cións dos niveis de calcio en sangue son menores e, a pesar de que é un proceso patolóxico difícil de detectar, afecta dramaticamente á saúde e ao benestar dos animais. Redú-cese o tamaño dos folículos ovulatorios e do corpo lúteo ao renovarse o seguinte ciclo reprodutivo (Kamgarpour et ál., 1999), o consumo de alimento diminúe e redúcese a contracción muscular afectando á mobilidade ruminal, intestinal e abomasal, incrementando o risco do despraza-mento abomasal e cetose (Goff, 2008; Clarck et ál., 2001). Queda afectado tamén o peche dos esfínteres das mamilas despois do muxido, de maneira que sofren un maior núme-ro de infeccións e aumenta o risco e incidencia de mamite. Tamén se demostrou que afecta negativamente á resposta celular do sistema inmunolóxico e expón aos animais con hipocalcemia a un maior risco de padecer mastite e metrite (Ducusin et ál., 2003; Kimura et ál., 2006). O grave deste proceso é que ocorre sen manifestacións clínicas.

Táboa 1: Niveis de calcio total en sangue en diferentes condicións fisiolóxicasCondición fisiolóxica Niveis de calcio Vaca en lactación 8,4–10,2 mg/dl

Vaca despois do parto 6,8–8,6 mg/dl

Hipocalcemia lixeira 4,9–7,5 mg/dl

Hipocalcemia moderada 4,2–6,8 mg/dl

Hipocalcemia severa 3,5–5,7 mg/dl

TRATAMENTO E PREVENCIÓN O tratamento que se realiza cando se detecta a hipocalce-mia de forma clínica é unha inxección intravenosa de calcio (normalmente de 8 a 10 g de calcio) para evitar que morra o animal ata que se adaptan os mecanismos homeostáticos do calcio (Horst et ál., 1997). O tratamento máis utilizado é a infusión do 23% de calcio borogluconato. Con todo, é importante evitar a inxección de calcio nun curto período de tempo xa que pode resultar en concentracións moi ele-vadas en sangue (>25 mg/dl) dando lugar a unha parada cardíaca (Goff, 2008).

ESTRATEXIAS PREVENTIVASCo fin de evitar perdas de produtividade e secuelas me-tabólicas, e tendo en conta que o principal problema son os casos subclínicos que non se detectan, é imprescindi-ble aplicar estratexias preventivas. Actualmente non existe unha estratexia de fácil aplicación e con elevada eficacia imposta no campo, pero hai algunhas prácticas habituais que poden axudar a diminuír a incidencia de hipocalcemia.

A administración oral de sales de calcio utilízase para promover a difusión pasiva de calcio ao sangue durante o período puerperal. Tradicionalmente utilizáronse solucións e xeles de CaCl

2 que ofrecen unha fonte concentrada de

calcio (36%). Debe terse en conta que unha administración excesiva de CaCl

2oral pode inducir acedose metabólica se-

vera que ocasiona perda de apetito nun momento no que estimular a inxestión é moi importante (Goff and Horst, 1993). Unha alternativa que non presenta esta desvantaxe é a utilización de propionato de calcio, pero este composto só contén un 21,5% de calcio e é necesario administrar volu-mes grandes, dificultando a súa administración oral.

Unha das áreas nas que se dedicou máis esforzos para previr a hipocalcemia é a manipulación da dieta. Unha das estra-texias baséase en diminuír a achega de calcio previa ao parto para manter activos os mecanismos homeostáticos e poder responder con eficiencia no momento no que aparece a hipo-calcemia puerperal. Despois do parto, os animais mantéñense cunha dieta elevada en calcio para poder manter a normocal-cemia. Esta estratexia ás veces resulta difícil de implementar no campo porque a maioría de alimentos para ruminantes conteñen concentracións de calcio incompatibles coa formu-lación de dietas pobres en calcio (<20 g/día). Algúns estudos propuxeron o uso de arxilas como a zeolita e acedos graxos libres de cadeas longas como capturadores de calcio. Estes axentes funcionan ben en dietas con concentracións de Ca <50 g/día pero é necesario valorar que non se unen especi-ficamente ao calcio e poden comprometer o estado doutros compoñentes nutricionais como vitaminas e outros minerais (Thilsing-Hansen et ál., 2002).

O magnesio (Mg) e o fósforo (P) tamén xogan un papel importante na homeostase do calcio. O Mg é crítico na li-beración da hormona paratiroidea e na síntese da hormona calciotrófica (1,25(OH)

2D

3). En situacións de hipomagne-

sia, o ril e o óso responden peor aos efectos da PTH (Goff, 2000). O fósforo tamén podería xogar un papel importante na patoxénese da paresia puerperal, xa que dietas preparto con concentracións elevadas de P teñen un impacto ne-gativo na homeostase do calcio e incrementan o risco de hipocalcemia (Kichura et ál., 1982).

A paresia puerperal aumenta considerablemente en animais que entran na terceira ou en lactacións posteriores

As manifestacións clínicas da hipocalcemia aparecen xeralmente entre as 24 horas previas ao parto ata as 72 horas despois do parto

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

SANIDADE64

Page 64: Afriga 95
Page 65: Afriga 95

A nivel nutricional tamén se pode manipular o balance catiónico-aniónico co fin de diminuír a alcalose metabólica que se relaciona cunha maior incidencia de hipocalcemia. A alcalose metabólica vén causada por unha ración que su-plementa máis catións (sodio e potasio) que anións (xofre e cloruro) e é o caso das dietas que xeralmente se aplican a ruminantes, xa que, por exemplo, todas as forraxes son moi ricas en potasio. O cálculo do balance catiónico-aniónico na dieta (DCAD ou dietary cation-anion difference) require converter o contido (%) de catións e anións da dieta en miliequivalentes (mEq) para corrixir a contribución final de cada elemento segundo as súas propiedades químicas, e posteriormente facer a diferenza entre eles. A seguinte fórmula integra os factores de conversión necesarios para obter os miliquivalentes de cada ión e o resultado final en mEq por quilo de materia seca: mEq/kg= [(sodio x 435) + (potasio x 256)] - [(cloruro x 282) + (xofre x 624)].

Unha dieta preventiva de hipocalcemia clínica e sub-clínica é aquela que se atopa no rango de -100mEq/kg e -200mEq/kg. Para formulala é necesario engadir sales anió-nicos ricos en xofre ou cloruro tales como CaCl

2, MgCl

2,

NH4Cl, CaSO

4, H

2SO

4 ou MgSO

4. En xeral, os sales de

cloruro teñen maior poder acidificante e, a pesar de que o MgSO

4 se utilizou a miúdo como axente preventivo de hi-

pocalcemia, varios estudos demostran que é pouco efectivo en comparación con outros sales (Goff et ál., 2004).

As dietas suplementadas con anións adminístranse xe-ralmente tres semanas antes da data prevista do parto e é preciso monitorizar o pH dos ouriños ao cabo dunha semana para axustar a dose (Táboa 2). É importante desta-car que este tipo de sales comprometen a palatabilidade e poden diminuír a inxestión (Horst et ál., 1997). Unha in-trodución gradual dos sales aniónicos e a súa incorporación de forma totalmente homoxénea na ración poden previr problemas de palatabilidade. Unha alternativa á adición de sales aniónicos é reducir o uso de forraxes ricas en potasio.

Táboa 2. Niveis de pH urinarios que predicen os niveis do calcio no inicio da lactación (Jardon et ál., 1995)pH urinario Estado acedo-base Calcio ao inicio da lactaciónpH: 8,0 – 7,0 Alcalose metabólica Calcio sanguíneo baixo

pH: 6,0 – 7,0 Acedose metabólica en raza Holstein Calcio sanguíneo normal

pH: 5,5 – 6,5 Acedose metabólica en raza Jersey Calcio sanguíneo normal

En definitiva, cando falamos de hipocalcemia en vaca de leite, o termo que máis peso ten é a prevención, xa que é a única maneira de loitar contra a hipocalcemia subclínica cunha elevada incidencia e consecuencias produtivas pero sen manifestacións clínicas que nos permitan detectala. Ata o momento non hai unha estratexia preventiva com-pletamente eficaz e moitas das estratexias de manipulación nutricional utilizadas non son fáciles de implementar na práctica, pero a miúdo os beneficios que resultan da re-dución da hipocalcemia clínica e subclínica compensan os esforzos asociados á súa implementación.

BIBLIOGRAFÍA_Clarck J., David K. Beede, Richard A. Erdman, Jesse P. Goff, Ric R.

Grummer, James G. Linn, Alice N.Pell, Charles G. Schwab, Trevor

Tomkins, Gabriella A. Varga, William P. Weiss, Gary L. Cromwell,

Mary E. Allen, Michael L. Galyean, Ronald W. Hardy, Brian W. Mc-

bride, Keith E. Tinehart, L. Lee Southern, Jerry W. Spears, Donald

R. Topliff and William P. Weiss (2001). Nutritional Requirements Of

Dairy Cattle.

_Curtis, C. R; Erb, H. N; Sniffen, C. J; and Smith, R. D. (1984). Epi-

demiology of parturient paresis: predisposing factors with emphasis on

dry cow feeding and management. J. Dairy Sci. 67, 817-825.

_DeGaris, P. J. and Lean, I. J. (2008). Milk fever in dairy cows: a re-

view of pathophysiology and control principles. Vet. J. 176, 58-69.

_Ducusin, R. J; Uzuka,Y; Satoh, E; Otani, M; Nishimura, M; Tanabe,

S., and Sarashina, T. (2003). Effects of extracellular Ca2+ on phagocyto-

sis and intracellular Ca2+ concentrations in polymorphonuclear leuko-

cytes of postpartum dairy cows. Res. Vet. Sci. 75, 27-32.

_Goff, J. P. (2000). Pathophysiology of calcium and phosphorus dis-

orders. Vet Clin North Am Food Anim Pract. Jul;16(2):319-37, vii.

_Goff, J. P., Ruiz R., Horst RL. (2004). Relative acidifying activity

of anionic salts commonly used to prevent milk fever. J Dairy Sci. 2004

May;87(5):1245-55.

_Goff, J. P. (2008). The monitoring, prevention, and treatment of milk

fever and subclinical hypocalcemia in dairy cows. Vet. J. 176, 50-57.

_Goff, J. P. and Horst, R. L. (1993). Oral administration of calcium

salts for treatment of hypocalcemia in cattle. J. Dairy Sci. 76, 101-108.

_Horst, R. L; Goff, J. P; Reinhardt, T. A. and Buxton, D. R. (1997).

Strategies for preventing milk fever in dairy cattle. J. Dairy Sci. 80, 1269-

1280.

_Horst, R. L., Goff, J. P. and Reinhardt, T. A. (2005). Adapting to

the transition between gestation and lactation: differences between rat,

human and dairy cow. J. Mammary. Gland. Biol. Neoplasia. 10, 141-156.

_Johnson, J. A; Beckman, M. J; Pansini-Porta, A; Christakos, S;

Bruns, M. E; Beitz, D. C; Horst, R. L. and Reinhardt, T. A. (1995). Age

and gender effects on 1,25-dihydroxyvitamin D3-regulated gene expres-

sion. Exp. Gerontol. 30, 631-643.

_Kamgarpour, R; Daniel, R. C; Fenwick, D. C; Mcguigan, K. and

Murphy, G. (1999). Post partum subclinical hypocalcaemia and effects

on ovarian function and uterine involution in a dairy herd. Vet. J. 158,

59-67.

_Kimura, K., Reinhardt, T. A. and Goff, J. P. (2006). Parturition and

hypocalcemia blunts calcium signals in immune cells of dairy cattle. J.

Dairy Sci. 89, 2588-2595.

_Kichura, T. S; Horst, R. L; Beitz, D. C; Littledike, E. T. (1982). Re-

lationships between prepartal dietary calcium and phosphorus, vitamin

D metabolism, and parturient paresis in dairy cows. Journal of Nutrition

112, 480–487.

_Massey, C. D; Wang, C; Donovan, G. A. and Beede, D. K. (1993).

Hypocalcemia at parturition as a risk factor for left displacement of the

abomasum in dairy cows. J. Am. Vet. Med. Assoc. 203, 852-853.

_Murray, R. D; Horsfield, J. E; McCormick, W. D; Williams, H.

J. and Ward, D. (2008). Historical and current perspectives on the

treatment, control and pathogenesis of milk fever in dairy cattle. Vet.

Rec. 163, 561-565.

_Shappell, N. W; Herbein, J. H; Deftos, L. J. and Aiello, R. J. (1987).

Effects of dietary calcium and age on parathyroid hormone, calcitonin

and serum and milk minerals in the periparturient dairy cow. J. Nutr.

117, 201-207.

_Thilsing-Hansen, T; Jorgensen, R. J; Enemark, J. M. and Larsen, T.

(2002). The effect of zeolite A supplementation in the dry period on pe-

riparturient calcium, phosphorus, and magnesium homeostasis. J. Dairy

Sci. 85, 1855-1862.

O TRATAMENTO PARA A HIPOCALCEMIA CLÍNICA É UNHA INXECCIÓN INTRAVENOSA DE CALCIO (NORMALMENTE DE 8 A 10 GRAMOS) PARA EVITAR QUE MORRA O ANIMAL

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

SANIDADE66

Page 66: Afriga 95
Page 67: Afriga 95

Cando unha carracha detecta un posible hospedeiro, adopta esta típica postura mentres agarda que o animal roce a vexetación na que se encontra

INTRODUCIÓNAs carrachas son un grupo de ácaros que parasitan prin-cipalmente a mamíferos e aves, aínda que tamén se po-den encontrar en réptiles e anfibios. Son parasitos externos temporais e obrigados, é dicir, aínda que pasan a maior parte da súa vida no medio exterior, necesitan encontrar un animal como sustento e nutrirse do seu sangue, pro-vocando así danos directos sobre a pel; a pesar disto, esta acción directa non adoita constituír graves problemas para os seus hospedeiros. O verdadeiro interese deste grupo de

AS CARRACHAS: CAUSA IMPORTANTE DE PERDAS NO GANDOAínda que as carrachas provocan danos directos sobre a pel do animal que parasitan, a grande ameaza deste grupo de ácaros é o seu papel como vectores de axentes patóxenos, algúns dos cales poden afectar seriamente tanto á saúde dos animais infestados como á do home.

Díaz, P.1; Pato, F.J. 1; Pérez, A. 1; Soilán, M. 2; Panadero, R. 1; López, C. 1; Morrondo, P. 1; Díez-Baños, P. 1

1 Parasitoloxía e Enfermidades parasitarias. Departamento de Patoloxía Animal. Facultade de Veterinaria. Universidade de Santiago de Compostela. Campus Universitarios s/n, 27002, Lugo2 ADSG Vacasan. Sobreira-Fornas, 27518, Chantada

parasitos é o seu papel como vectores de axentes patóxenos, como algunhas bacterias, virus, protozoos, tenias e nema-todos, algúns dos cales poden afectar de xeito importante aos animais e ao home.

Coñécense máis de 800 especies diferentes de carrachas, que se dividen en dúas subfamilias: as carrachas duras ou ixódidos, que presentan un corpo duro e ríxido, e as carrachas brandas ou argásidos, que posúen unha cutícu-la flexible e carecen de importancia nos ruminantes pola súa escasa frecuencia e limitada actuación como vectores

SANIDADE68

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

Page 68: Afriga 95

de enfermidades. Entre as especies duras denunciadas no gando vacún en diferentes zonas de España encóntranse Ixodes ricinus, Haemaphysalis punctata, Rhipicephalus bursa, Dermacentor marginatus, Hyalomma spp. e Boophilus annu-latus. Todas elas representan unha seria ameaza para o gan-do que se manexa en réxime extensivo ou semiextensivo, así como para outros animais domésticos, especialmente os cans de áreas rurais

COMO SE PRODUCE A INFECCIÓN?As carrachas, no seu desenvolvemento, deben pasar obri-gatoriamente polas fases de ovo, larva, ninfa e adulto. O número de animais aos que toman sangue ao longo do ci-clo pode variar entre un e tres, segundo a especie de que se trate. En España, a maioría das especies de interese vete-rinario necesitan tres hospedeiros para completar o seu ci-clo, de maneira que cada estadio se desenvolve nun animal diferente. Estes parasitos carecen de ollos, pero posúen un sistema sensorial moi desenvolvido para detectar os seus hospedeiros, esperándoos sobre a vexetación a pouca altura do chan, co seu primeiro par de patas no aire cara a diante, a xeito de antenas. Entre os factores que estimulan a súa actividade poden citarse as correntes de aire creadas polo hospedeiro, o dióxido de carbono que libera, as vibracións e as modificacións de luminosidade que orixina, así coma a calor que desprende. Xeralmente, a carracha non ataca ao seu hospedeiro, senón que espera a que este se atope nas proximidades e roce a vexetación na que se encontra refuxiada. É por iso que non selecciona ao animal que vai parasitar, senón que este depende do seu tamaño e da altu-ra na que a esta se encontre ao axexo.

Tras entrar en contacto co animal, cada especie tende a buscar unha determinada rexión corporal, sendo máis co-múns as localizacións na cara, orellas, colo, axilas ou rexión inguinal, é dicir, aquelas que supoñen un difícil acceso e defensa por parte dos hospedeiros. Nestas localizacións in-siren as súas pezas bucais profundamente na pel, quedando firmemente fixadas a esta. As larvas e ninfas precisan dun-ha toma de sangue para pasar á seguinte fase evolutiva e, á súa vez, os adultos teñen que alimentarse antes de repro-ducirse. A femia, unha vez repleta de sangue, despréndese do hospedeiro e cae ao chan onde, despois de poñer varios miles de ovos, morre.

Carrachas máis frecuentes no norte de España: A. Ixodes ricinus;B. Haemaphysalis punctata

69

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

SANIDADE

Page 69: Afriga 95

FACTORES QUE FAVORECEN A SÚA PROPAGACIÓNDebido a que as carrachas pasan gran parte da súa vida fóra do hospedeiro, as condicións do medio que habitan posúen unha notable importancia na súa distribución e propagación. A capacidade de supervivencia dos diferentes estadios de-pende moito de clima, sobre todo da temperatura e a humi-dade. Na Península Ibérica existen considerables variacións ambientais entre unhas rexións e outras, o que determina a presenza de determinadas especies. Un recente estudo levado a cabo en España sinala que as máis frecuentes e abundantes no norte do país son Ixodes ricinus e Haemaphysalis punctata, asociadas a temperaturas suaves e condicións húmidas, men-tres que no centro destacan Hyalomma lusitanicum e Derma-centor marginatus, adaptadas a climas máis secos.

A temperatura e a humidade, xunto co fotoperíodo e a in-tensidade luminosa, determinan ademais a súa actividade. Así, por exemplo, os períodos de maior movemento de I. ricinus, especie moi frecuente en Galicia, son a primavera-principios de verán e o outono, aínda que este patrón pode variar depen-dendo da especie de que se trate. Naquelas etapas de clima desfavorable ou nas que non existen hospedeiros axeitados, as carrachas poñen en funcionamento diversos sistemas que au-mentan a súa supervivencia, entre eles a capacidade de entrar nun estado de aletargamento, que se coñece como diapausa. Todo iso complica o control eficaz destes parasitos.

QUE DANOS PROVOCAN AS CARRACHAS?O principal mecanismo patóxeno das carrachas é a súa ac-ción inoculadora de axentes patóxenos. Estes ectoparasitos transmiten maior variedade de microorganismos que cal-quera outro grupo de artrópodos vectores, e encóntranse entre os transmisores máis importantes de enfermidades para os animais domésticos e o home, unicamente supe-rados en número polos mosquitos. Entre as enfermidades que poden vehicular destacan a borreliose, babesiose, thei-leriose, anaplasmose e cowdriose.

Táboa 1. Enfermidades más frecuentes transmitidas por carrachasEnfermidade Axente

patóxenoEspeciesafectadas

Sintomatoloxíaen vacún

Babesiose Babesiaspp

Ruminantes, outrosanimais domésticos,home

Febre, anemia, ictericia,hemoglobinuria, depresión, morte

Theileriose Theileriaspp

Ruminantes Febre, ganglios inflamados, disnea, anorexia, perda de condición corporal, debilidade, morte

Anaplasmose Anaplasmaspp.

Ruminantes Depresión, febre, anorexia,anemia, ictericia, morte

Febre Q Coxiellaburnetti

Ruminantes, outros animais domésticos,home

Anorexia, aborto

Enfermidadede Lyme

Borrelliaburgdorferi

Ruminantes, outros animais domésticos,home

Inflamación de articulacións, rixidez, febre, descenso de producións, aborto, laminite

Louping ill Flavivirus Ruminantes, outros animais domésticos,home

Febre, depresión, anorexia, incoordinación, ataxia, cabaleiro, parálise, coma, morte

Cowdriose Ehrlichiaruminantium

Ruminantes Febre, anorexia, letarxia e disnea, signos nerviosos, morte

Aínda que o seu papel como vector de enfermidades é o que posúe unha maior importancia, non deben menospre-zarse os danos directos que as carrachas provocan sobre o hospedeiro durante a toma do alimento, e que poden tra-ducirse en notables perdas económicas.

A resposta fronte aos apéndices bucais e algúns compoñen-tes salivares causan inflamación dos tecidos arredor do punto de fixación, dor e prurito. Os signos cutáneos que se poden apreciar varían dende pápulas, pústulas, úlceras ou alopecias. As feridas causadas pola fixación do parasito poden infectarse de xeito secundario con larvas de moscas ou bacterias como Staphylococcus, de maneira que o dano causado na pel pode diminuír o seu valor comercial de forma considerable.

Ademais, as carrachas poden liberar coa saliva toxinas con acción inmunodepresora ou paralizante, que en oca-sións poden evolucionar cara a cadros graves. Aínda que habitualmente non se considera importante, non se debe subestimar a perda de sangue, xa que unha femia pode inxerir varios mililitros ao longo da súa vida; no caso de in-festacións intensas pódese observar certo grao de anemia e debilidade xeral, o que fai máis receptivo o animal a outras enfermidades.

Finalmente, a presenza dun elevado número destes áca-ros provoca un estado de irritación nos animais, que se mostran inquedos, o que provoca perda de peso e deterio-ración do estado de saúde.

DIAGNÓSTICO E ELIMINACIÓN DAS CARRACHASO método tradicional para o diagnóstico da infestación por carrachas consiste na observación directa do parasito nos lugares preferidos de fixación, como orellas, cara, colo, dobras da rexión perineal, etc. A detección, sobre todo das fases inmaturas, require un exame minucioso dos animais, o que non sempre se fai nin resulta doado.

A importancia das carrachas como vectores, e tendo en conta que canto máis tempo estea fixada a un hospe-deiro máis probabilidades ten de inocular o axente in-feccioso, fai comprensible que a súa extracción se deba realizar o antes posible.

A MAIORÍA DAS ESPECIES DE CARRACHAS PRESENTES EN ESPAÑA NECESITAN TRES HOSPEDEIROS PARA COMPLETAR O SEU CICLO, DE MANEIRA QUE CADA ESTADÍO SE DESENVOLVE NUN ANIMAL DIFERENTE

O hipostoma presenta varias ringleiras de dentes dirixidos cara a atrás, coma se foran anzois, que lle permiten á carracha quedar fortemente fixada á pel

SANIDADE70

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

Page 70: Afriga 95

GALICAL CALES E DOLOMÍASAGRÍCOLAS

Nº 1 EN CAMAS DE VACÚN

O carbonato cálcico pode subministrarse en:

Bolsa grande de 1.100 quilogramosA granel en camión volquete, con servizo a calquera punto de Galicia

O CARBONATO CÁLCICO DE GALICAL PARA CAMAS DE vacún proporciónalles aos animais hixiene e

descanso e reduce as posibles infeccións de mamites causadas por bacterias de tipo ambiental (E. coli,

estreptococos, enterobacterias, etc.).

Tamén reduce os problemas de dermatite interdixital e dixital, úlceras e panadizos

nas pezuñas, evitando coxeiras e perdas de produción.

Por outra banda, manter o gando libre de suciedade facilita o manexo durante o muxido.

Un dos obxectivos primordiais das explotacións de vacún é manter unha hixiene axeitada que evite infeccións indesexables no gando. Estas infeccións poden ocasionar perdas na produción láctea e o incremento dos gastos.

GALICAL, S.L.L.CALES Y DOLOMIAS AGRICOLASArieiras s/n P.I. Louzaneta 27294 LUGOTeléfono 982 22.14.84Fax 982 22.14.08E-mail: [email protected]: www.galical.es

Page 71: Afriga 95

É necesario sinalar que os sistemas empregados tradicio-nalmente para a retirada das carrachas fixadas, como apli-car alcol ou aceite, cortalas cunha tesoira, retiralas direc-tamente coa man, etc., non se consideran procedementos seguros dende un punto de vista sanitario, xa que poden propiciar a penetración dos posibles axentes patóxenos que contivese e dar lugar á aparición de distintos tipos de ma-nifestacións locais ou xerais.

Actualmente, considérase que o método para a retirada que leva consigo un menor risco sanitario baséase en suxeitar cunha pinza de boca estreita o parasito pola parte anterior, tan preto da parte bucal como sexa posible, xa que se se com-prime o corpo pode inxectar os fluídos no interior da ferida. A continuación exercerase unha tracción de forma continua na mesma dirección da súa implantación, ata conseguir a súa extracción. Se parte da carracha non se desprende, o resto extirparase coa punta dunha agulla. Para finalizar, sempre se aplicará un antiséptico na ferida aberta pola picadura.

LOITA E CONTROLPara previr ou reducir as perdas que ocasionan tanto as carrachas coma as enfermidades que transmiten, é preciso realizar un control ou a eliminación integral das mesmas. Cabe sinalar que nalgúns países tropicais e subtropicais es-tes procesos son unha das maiores ameazas tanto para a sanidade animal coma para a saúde pública, e por iso non debe sorprender que o custo global das medidas de control levadas a cabo se estime, anualmente, en varios miles de millóns de dólares.

A loita céntrase en dúas frontes distintas: en primeiro lugar, os tratamentos sobre o propio animal parasitado; e en segundo, un grupo de accións encamiñadas a destruír o parasito ou as súas fases de desenvolvemento no medio no que se encontra.

No hospedeiro. Debido a que as carrachas permanecen no hospedador durante períodos prolongados, o control consiste basicamente na aplicación estratéxica de acarici-das aos animais nos períodos de maior risco, evitando deste xeito que as femias realicen a posta de ovos e contami-nen o medio. As formas máis habituais de administración dos produtos acaricidas son a inxectable, a unción dorsal (pour-on) e a tópica; neste último caso débese aplicar o produto por toda a superficie do animal, prestando especial atención aos pregues cutáneos e aos lugares preferidos de fixación. Así mesmo, é necesario recordar que algúns prin-cipios activos non resultan completamente eficaces, polo que nunca deben constituír a única estratexia para alcanzar un axeitado control, senón que deben considerarse coma

un complemento a outras medidas. Ademais, débese ter especial coidado se se realizan tratamentos fronte a ecto-parasitos asiduamente, xa que se denunciou a aparición de carrachas resistentes a certos fármacos.

Na actualidade estanse a realizar ensaios de inmuniza-ción empregando antíxenos illados de glándulas salivares ou do aparato dixestivo, e os resultados son bastante pro-metedores. En varios países xa se comercializan vacinas que mostraron unha elevada eficacia fronte a Boophilus mi-croplus e B. annulatus.Táboa 2. Principios activos dispoñibles para o control das carrachas do ganado vacún

FÁRMACO EFICACIA VÍA DE ADMINISTRACIÓNLACTONAS IVERMECTINA (+) Inxectable, pour-on

MACROCÍCLICAS MOXIDECTINA (+) Inxectable, pour-on

DORAMECTINA (+) Inxectable

EPRINOMECTINA (+) Pour-on

PIRETROIDES DELTAMETRINA + Pour-on

CIPERMETRINA + Tópica

ORGANOFOSFORADOS DIMPILATO + Tópica

+ Eficacia probada(+) Non se recomendan como específicos, pero poden contribuír ao control de certas carrachas

No medio. A loita contra as carrachas no medio com-porta o uso de distintas medidas. En casos de infestacións importantes, as accións recomendadas inclúen a cavadu-ra de campos e a queima controlada de pastos e restrebas. Ademais, pódense empregar sistemas de pastoreo rotacio-nal para non permitir a entrada de animais en zonas de risco de infestación, así como evitar o contacto con fauna silvestre.

Dentro das medidas complementarias para alcanzar un correcto control destes procesos, recoméndase reducir ou eliminar a presenza de parasitos noutros animais domésti-cos que poidan actuar como hospedeiros, sobre todo cans e gatos, mediante a aplicación de tratamentos nas épocas de maior risco (colares, baños, aerosois...) e cunha axeitada limpeza e desinfección (mediante organofosforados/car-bamatos ou piretroides) dos lugares onde habitan.

De todos os xeitos, alcanzar un control eficaz das infesta-cións por carrachas é unha tarefa complicada. Numerosos expertos defenden que, actualmente, a erradicación destes parasitos non é factible debido a que gran parte do seu ciclo transcorre no medio exterior, á aparición de resisten-cias a varios acaricidas e á presenza de fauna silvestre que actúa como reservorio de certas especies de carrachas. Por iso, debemos acostumar a convivir con elas, coñecendo as posibles medidas de control e as precaucións e estratexias que se deben adoptar en cada caso para evitar os problemas que orixinan.

DEBIDO A QUE AS CARRACHAS PASAN GRAN PARTE DA SÚA VIDA FÓRA DO HOSPEDEIRO, AS CONDICIÓNS DO MEDIO QUE HABITAN POSÚEN UNHA NOTABLE IMPORTANCIA NA SÚA DISTRIBUCIÓN E PROPAGACIÓN

SANIDADE72

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

Page 72: Afriga 95
Page 73: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

CONVOCATORIAS74

81 FEMIAS DE 25 GANDERÍASCONCORRERON ESTE ANO AO CONCURSO FRISÓN DA BECERRA SELECTA

Nesta XV edición do concurso da Estrada, Manteiga Xacobeo Fany e Pauli Xacobeo 137 proclamáronse xovenca campiona e xata campiona, respectivamente. Ao certame, arbitrado polo xuíz nacional de Conafe Bonet Cid Salgado, concorreron 81 animais pertencentes a 25 explotacións pontevedresas.

XV CONCURSO FRISÓN DA BECERRA SELECTA. A ESTRADA, 16 DE OUTUBRO

O premio de mellor criador foi para a gandería Manteiga

Manteiga Xacobeo Fany, xovenca campiona e gran campiona

Pauli Xacobeo 137, xata campiona

O pasado 16 de outubro celebrouse na Estrada (Pon-tevedra) a décimo quinta edición do tradicional Concurso Frisón da Becerra Selecta, no que desde o ano pasado parti-cipan explotacións de toda a provincia de Pontevedra.

Ao certame, organizado por Africor Pontevedra, conco-rreron 25 ganderías procedentes dos concellos de Forcarei e A Estrada maioritariamente, así coma algunha de Lalín, Vila de Cruces e Silleda. En total, concursaron 81 femias que foron xulgadas por Bonet Cid Salgado, xuíz nacional de Conafe.

Manteiga Xacobeo Fany converteuse na becerra gran campiona desta edición. Este exemplar, que participaba na sección de xovencas de 17 a 19 meses, pertence á gandería Manteiga (Vila de Cruces), que tamén se fixo co premio de mellor criador. O título de xata campiona foi para Pauli Xacobeo 137, presentada pola gandería Pauli, de Silleda.

Nas probas de novos manexadores que acolleu o certame, resultaron premiados Fátima Míguez Miguens (1º posto), Uxía Correa Iglesias (2º) e Naín Rodríguez Soares (3º), na categoría de menores de 10 anos, e Avelino Souto Rozados (1º), María Manteiga Rodríguez (2º) e Alejandro Gañete Vidal (3º), na de entre 10 e 16 anos.

PALMARÉS GANDERÍA

XATAS ATA 7 MESES E XATA CAMPIONAPauli Xacobeo 137. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PauliXATAS 8-10 MESESO Pazo Oman Olivia ET . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . O PazoXATAS 11-13 MESESManteiga Antroido Careta . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ManteigaXATAS 14-16 MESESKinteiro Dancer Diana . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . KinteiroXOVENCAS 17-19 MESES,XOVENCA CAMPIONA E GRAN CAMPIONAManteiga Xacobeo Fany . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ManteigaXOVENCAS 20-25 MESESBos Manteiga Sánchez Marta ET . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ManteigaMELLOR CRIADORGandería Manteiga (Vila de Cruces)

Consulta os vídeos do concurso na web www.revistaafriga.com

Page 74: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

75CONVOCATORIAS

A final do Nacional estivo un ano máis moi disputada entre as ganderías asturianas e cántabras pero os premios máis importantes quedaron finalmente no Principado por decisión do xuíz canadense Donald Dubois, o que desencadeou moitos aplausos na pista xixonesa. Pacho Goldwyn Telva, da gandería diplomada Badiola, proclamouse vaca gran campiona nacional, e Flora Knowledge Inés, da Casa Flora, foi a xovenca gran campiona nacional. Asturias recolleu ademais os títulos de mellor autonomía, mellor criador e mellor rabaño.

MAIORÍA ASTURIANA NO PODIO DO NACIONAL

XXXII CONCURSO NACIONAL DE CONAFE. XIXÓN, 29 DE SETEMBRO-2 DE OUTUBRO

O Concurso Nacional da Raza Frisona de Conafe, ce-lebrado no recinto feiral Luis Adaro de Xixón, no marco da Agropec, congregou nesta trixésimo segunda convoca-toria un total de 136 animais pertencentes a 49 explota-cións das comunidades autónomas de Andalucía, Asturias, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Galicia e Navarra.

Asturias e Cantabria, as dúas autonomías con maior nú-mero de reses en competición, volveron copar os primei-ros postos das distintas clasificacións; non obstante, tamén houbo representación galega e catalá no palmarés dalgun-has seccións.

O xulgamento estivo nas mans de Donald Dubois, xuíz oficial da Asociación Holstein de Canadá dende 1997. Acu-día por primeira vez a España e quedou gratamente sor-prendido da calidade das reses levadas a concurso. Dubois xulgou numerosos certames gandeiros tanto no seu país coma no estranxeiro, entre eles o Expomig 2009 no Brasil e o Royal Winter Fair 2007 en Inglaterra, e tamén é un expe-rimentado preparador de animais para concursos, actividade na que traballou durante quince anos para os máis recoñeci-dos criadores do Canadá, Os Estados Unidos, México, Italia, Bélxica, O Reino Unido, Suíza e Francia.

O concurso reuniu na pista 136 frisonas pertencentes a 49 explotacións

Fern

ando

Rod

rígue

z Gan

doy (

Afric

or L

ugo)

Consulta os vídeos do concurso na web www.revistaafriga.com

Page 75: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

CONVOCATORIAS76

Pacho Goldwyn Telva, gran campiona nacional de vacas

A gandería diplomada Badiola recolleu os títulos de mellor criador e mellor rabaño

A gandería diplomada Badiola, que arrasou no concurso rexional de xuño, engrosou a súa xa ampla colección de títulos co premio principal, o de gran campiona nacional de vacas, con Pacho Goldwyn Telva, proclamada ademais vaca adulta campiona e primeira de sección. O xuíz desta-cou a súa tremenda estrutura e o precioso ubre alto e ancho “como nunca vira”.

PALMARÉS GANDERÍAXATA 8-10 MESES, XATA CAMPIONAE GRAN CAMPIONA NACIONAL DE XOVENCASFlora Knowledge Inés . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Casa Flora (Asturias)XATA 11-13 MESESManolero Storm Coral. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Manolero (Asturias)XATA 14-16 MESESManolero Roy Paulina. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Manolero (Asturias)XOVENCA 17-19 MESESBos Alexander Mahe . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Casa Flora (Asturias)XOVENCA 20-22 MESES E XOVENCA CAMPIONAMijaqui Dorita Jasper ET. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Cal Marquet (Lleida)XOVENCA 23-26 MESESPozosaa Jasper Paula . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Casa Pozo (Lugo)VACA NOVA ATA 30 MESESLlinde Arina Gabor . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Ceceño (Cantabria)VACA NOVA 31-35 MESES, VACA NOVA CAMPIONAE GRAN CAMPIONA NACIONAL RESERVAEspinal Goldwyn Patricia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . La Flor (Cantabria)VACA INTERMEDIA 36-41 MESESBadiola Goldwyn Megate I ET . . . . . . . . . . . . . . . . . Diplomada Badiola (Asturias)VACA INTERMEDIA 42-47 MESESBadiola Roy Laury . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Diplomada Badiola (Asturias)VACA INTERMEDIA 4 ANOS E VACA INTERMEDIA CAMPIONALlera Ariel Goldwyn ET . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .Llera Her (Cantabria)VACA ADULTA 5 ANOS, VACA ADULTA CAMPIONAE GRAN CAMPIONA NACIONALPacho Goldwyn Telva . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Diplomada Badiola (Asturias)VACA ADULTA 6 ANOS OU MÁISBadiola Stormatic Tunia. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Diplomada Badiola (Asturias)MELLOR AUTONOMÍAAsturiasMELLOR RABAÑO E MELLOR CRIADORGanadería Diplomada Badiola (Asturias)

Os animais presentados por Badiola ao campionato de vacas desempeñaron un bo papel, pois Badiola Goldwyn Megate I foi primeira na sección de vacas intermedias de 36 a 41 meses, Badiola Roy Laury na sección de vacas in-termedias de 42 a 47 meses e Badiola Stormatic Tunia na de vacas adultas de 6 anos ou máis. Esta gandería recolleu ademais os títulos de mellor criador nacional e mellor ra-baño nacional.

As granxas de Cantabria tamén destacaron neste cam-pionato. Espinal Goldwyn Patricia, da gandería La Flor, erixiuse en vaca gran campiona nacional reserva despois de ser nomeada primeira na sección de vacas novas de 31 a 35 meses e vaca nova campiona. Llera Ariel Goldwyn ET, da gandería Llera, primeira de sección, fíxose coa distinción de vaca intermedia campiona; Dubois dixo tratarse dun-ha vaca fantástica polo tamaño dos tetos e a grupa, entre outros trazos característicos. Por último, Llinde Arina Ga-bor, da gandería Ceceño, quedou primeira na sección de vacas novas ata 30 meses.

No que respecta á final das xatas e xovencas, resolveuse con Flora Knowledge Inés, de Casa Flora (Asturias), pre-miada como xata campiona e gran campiona nacional de xovencas e cualificada como perfecta “do fuciño aos pés”. Como xovenca campiona situouse Mijaqui Dorita Jasper ET, de Cal Marquet (Lleida).

Consulta os vídeos do concurso na web www.revistaafriga.com

Page 76: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

77CONVOCATORIAS

Flora Knowledge Inés, xovenca gran campiona nacional

Pozosaa Jasper Paula, xovenca subcampiona nacional

PARTICIPACIÓN GALEGAEntre as ganderías galegas que competiron no Nacional gozou de boa representación Casa Pozo, de Lugo. Pozo-saa Jasper Paula gañou na sección de xovencas de 23 a 26 meses e foi designada xovenca subcampiona; o xuíz resaltou o angulosa e feminina que é e a súa boa estrutura leiteira.

Outra das explotacións de Galicia con premio foi a de Cesares Holstein, de Lousame (A Coruña), que concorreu con Cesares Boeza Dancer, unha vaca nova que rematou como segunda de sección e recibiu unha moi boa valora-ción no xulgamento, onde se lle vaticinou que “vai ser unha das campionas dos concursos cando medre”.

MANEXADORESComa é tradición, Conafe mediu o nivel dos novos ma-nexadores do país. Nesta undécima edición do campio-nato, os mellores na categoría sénior foron Alberto Llera (Cantabria) e José Alberto Iglesia (Lugo) e, na categoría júnior, Beatriz Fernández (Asturias) e María Manteiga (Pontevedra).

POXANa poxa nacional de animais de excelente calidade xené-tica que se organizou o sábado 29 de setembro adxudi-cáronse seis dos sete lotes inscritos e por un importe total de 39.000 euros. Bos Planet Leona ET, descendente da fa-milia Presentation Daurel, acadou o prezo de remate máis elevado, de 10.400 euros.

www.caixaruralgalega.es

Alberto Llera, mellor manexador na categoría sénior

Consulta os vídeos do concurso na web www.revistaafriga.com

Page 77: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

CONVOCATORIAS78

O salón internacional da gandería máis importante no calendario europeo cumpriu 25 anos. Dende a primeira convocatoria, que no 1987 concentrou 260 expositores e 32.000 visitantes, as cifras desta gran feira bretona medraron moito e, inda que nas últimas edicións acusou os efectos da crise do sector, o balance do 2011, de case 1.300 expositores e máis de 100.000 visitantes, dá idea da súa boa saúde. O Space de Rennes segue a ser un escenario necesario para gandeiros e empresas, e Afriga comprobouno in situ.

UN CUARTO DE SÉCULO PARA A MAIOR FEIRA GANDEIRA DE EUROPA

XXV SPACE. RENNES (BRETAÑA), 13-16 DE SETEMBRO

O cartel do Space deste ano recuperou a imaxe do pri-meiro anuncio deste evento, no que porcos, cabalos, patos, coellos, pitas e vacas se encamiñaban no mapa cara a Fran-cia, cargando de simbolismo a efeméride. Pero é que foi así. O Parque de Exposicións Rennes-Aeroporto volveu encherse este outono de animais pero tamén de equipa-mentos, produtos e servizos e de gandeiros, comerciais e xornalistas nacionais e internacionais que, unha vez máis, lle deron contido á cita.

O número de expositores mantívose na notable media de anos anteriores con 1.293, iso si, uns corenta máis que no 2010. Do total, o 30% correspondía a firmas provenientes de 35 países diferentes, principalmente europeos. Ademais, estreáronse no espazo de exhibición 237 estands, moitos chegados de Arxelia, A India, A China, Corea, O Canadá,

Australia, Nova Zelanda e Turquía. En conxunto, o espa-zo expositivo ocupado, estruturado en 11 pavillóns e varias parcelas ao aire libre, alcanzou os 60.000 metros cadrados dos 100.000 que ten dispoñibles o recinto feiral, co que se repetiu o récord fixado no 2009.

Nos catro días de feira pasaron por ela 108.907 persoas, entre as que máis de 10.000 eran de fóra, rexistrándose en-tre os asistentes ata 107 nacionalidades distintas. O Space adoita recibir varias delegacións, coma as desta edición do Magreb e de África do Norte, dos países do Leste, de Irán, da China ou de Suíza, e máis de medio cento de periodis-tas especializados de Rusia, Singapur, Tailandia, México, A Arxentina, Ucrania, Rumanía, España e un longo etcétera. Sendo así, houbo momentos nos que o Space se converteu nun auténtico fervedoiro de xente.

O Parque de Exposicións Rennes-Aeroporto, escenario do Space, foi visitado este ano por máis de cen mil persoas

Page 78: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

79CONVOCATORIAS

A oferta deste salón sectorial para tantos visitantes cuan-tificouse igualmente polo alto. A propia feira estivo artella-da por áreas temáticas dedicadas a xenética bovina, ovino, porcino, avicultura e cunicultura, elementos construtivos para granxas, maquinaria, investigación e medio ambien-te, agroenerxía, sanidade, alimentación, sementes e novas tecnoloxías. E, como vén sendo habitual, programáronse unha serie de visitas ás granxas da Bretaña e multitude de conferencias e mesas de debate sobre temas de actualidade, como a selección xenómica, a eficacia medioambiental dos sistemas leiteiros, os retos da trazabilidade en agricultura e industria agroalimentaria, as enerxías renovables ou a re-forma da PAC.

A organización do Space tampouco descoidou os nego-cios, e, por exemplo, mellorou a súa atención aos mesmos coa primeira edición dunha guía das linguas que se po-dían falar en cada expositor para facilitar os contactos co-merciais, coa versión da súa web en chinés ou cunha nova aplicación móbil gratuíta con información práctica sobre o evento. Estas comodidades sumáronse ás que brindou a oficina internacional.

Toda esta engranaxe comezou a funcionar oficialmente a partir do mediodía do martes 13 co discurso do ministro de Agricultura galo, Bruno Le Maire, e o seu percorrido polas instalacións, nesta ocasión exento das manifestacións de protesta doutras convocatorias anteriores.

Con case 1.300 expositores, a feira é un escaparate para as empresas do sector

Exposición de maquinaria agrícola ao aire libre

Page 79: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

CONVOCATORIAS80

UN GRAN SALÓN XENÉTICO Un dos puntos fortes do Space de Rennes, o salón xenéti-co, volveu xuntar 750 animais nos concursos, nas presen-tacións de descendencias dos mellores touros e nas poxas. Contáronse no recinto unhas 650 reses bovinas, sendo o resto do gando ovino, caprino e cabalar. Fixeron falta 70 toneladas de palla, 42 de silo de millo, 16 de feo, outras 16 de substitutivos de forraxes e 5 de tortas de soia para alimentalas e estiveron pendentes delas, ademais dos seus propietarios, 35 vaqueiros, 8 chóferes e 35 traballadores en prácticas. Como dato curioso, apuntar que as 400 vacas lei-teiras alí congregadas produciron máis de 40.000 litros de leite.

Entre os certames morfolóxicos cobraron especial rele-vancia o festival xenético de charolesa, que levou á pista 85 animais pertencentes a 30 explotacións, e o concurso Prim’Holstein Atlántica, no que tiveron representación os 200 mellores animais das cinco rexións leiteiras do oeste francés, xulgados por David Biarnes. Pero ademais cele-bráronse festivais das razas leiteiras Pie Rouge, Simmental, Jersey e Parda e das razas cárnicas e concursos interrexio-nais das razas Normanda e Montbéliarde.

O concurso atlántico de Holstein encheu as gradas e levou á pista ata 200 frisonas do país O salón xenético congregou 750 animais

A Agricultura Ecoloxicamente Intensiva presentouse como nova tendencia sostible no rural

PREMIO PARA 54 INNOVACIÓNSEste salón da gandería serve de plataforma de lanzamento de moitos produtos novidosos que contribúen a mellorar as condicións de traballo no campo, algo que se valora e premia no Space. A elección dos galardoados recae nun xurado independente formado por representantes do Ins-tituto de Investigación Agronómica de Europa (INRA), o Instituto Nacional da Propiedade Industrial (INPI) e a Axencia Nacional de Seguridade Sanitaria (Anses), así como de institutos técnicos especializados, cámaras de agricultura e prensa agrícola especializada.

Este ano recibíronse 136 candidaturas e distinguíronse á fin 54 produtos, 15 con dúas estrelas e 39 cunha estrela; ademais, os 7 produtos favoritos do xurado recibiron sim-bolicamente tres estrelas. Destas 54 innovacións con pre-mio, 16 están dirixidas ao vacún. Por exemplo, destacaron un chip electrónico para a identificación das vacas durante o muxido e o envío de datos a un software, un portal de Internet para a venda directa, predictores da fertilidade das vacas, quentadores de auga de tanque dobre con 250 litros de capacidade e 95 graos de temperatura máxima, distri-buidores de camas de palla ou dispensadores móbiles do alimento que chegan a todos os recunchos.

A AGRICULTURA ECOLOXICAMENTE INTENSIVA A Plataforma de Investigación e Desenvolvemento con-sagrouse desta volta a fomentar as prácticas da Agricul-tura Ecoloxicamente Intensiva (AEI) como vía de futuro dende unha perspectiva técnica, social e medioambiental. Destináronse máis de 300 metros cadrados do pavillón 4 para a plataforma da AEI, concepto de cuño recente, des-envolvido e promovido no 2008 polo enxeñeiro agrónomo e economista Michel Griffon. O propio Griffon interveu nun debate levado a cabo no transcurso da feira e algúns agricultores seguidores da AEI compartiron co público os seus métodos. Este movemento busca responder ás nece-sidades alimenticias dunha poboación en crecemento que necesita manter os niveis de produción agrícola, reducir o consumo de insumos de síntese e de recursos non renova-bles e mellorar a protección do medio natural.

Page 80: Afriga 95

B.J.O. ROJO, S.L. Barrio da Cruz, 8 - Sta. Leocadia - Castro de Rei (Lugo)Teléfono Fax 982 314 904Móviles Benedicto 670 535 100 - José 678 432 835Comercial E-mail [email protected]

AGRICOLA LOUSADA(Concesionario tractores VALTRA y arados LOTARIO)Lousada - Guntín (Lugo)Telf.: 982.20.83.50 – 636.81.8300

Nuevo importador para Galicia y Portugal

VENTA Y REPARACIÓN DE MAQUINARIA AGRÍCOLA

CARROS MEZCLADORES CON FRESA STORTI Y FRESIN. USADOS

www.bjorojo.com

DISTRIBUIDORES PARA ESPAÑA

Encamadora suspendidaPara arena, serrín, cascarilla, carbonato, paja picada, etc

Page 81: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

PANORAMA INTERNACIONAL82

ALTA PRODUCIÓN DE LEITE, HORTOFRUTICULTURA E CONTROLDE GASTOS No último ano, esta explotación bretona de frisón rexistrou un aumento notable na produción leiteira que a levou a superar os 755.000 litros. Pero GAEC Touchais non só vive das vacas e na economía da granxa tamén contan os ingresos pola venda local de mazás e de zume elaborado e embotellado nela.

Verónica Rodríguez GavínEnviada especial a Bretaña

GAEC TOUCHAIS. CHAUMERÉ (BRETAÑA)

En setembro, un grupo de visitantes internacionais do Space de Rennes visitou a granxa e degustou os produtos elaborados nela

Anne Yvonne, o seu marido Antoine e o seu cuñado Bernard levan as rendas desta sociedade gandeira da Bre-taña francesa, GAEC Touchais, situada preto de Rennes. Os socios repártense así o traballo: Antoine encárgase da produción de leite e dos cultivos, Anne Yvonne dedícase á comercialización dos produtos da horta e á administración e contabilidade da explotación e Bernard colabora na reco-lleita das mazás. Ademais, para a sementeira e recolección dos cultivos contan cunha cuarta man que lles presta un traballador asalariado.

Page 82: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

83PANORAMA INTERNACIONAL

Seguros agrarios

Información suxeita ás condicións de cada póliza, así como ás condicións de subscrición. Seguros Agrarios Combinados, pólizas contratadas con Agroseguro. SegurCaixa, S.A. de Seguros e Reaseguros. VidaCaixa, S.A. de Seguros e Reaseguros. Caixa de Aforros e Pensións de Barcelona, av. Diagonal, 621-629, 08028 Barcelona, con NIF G-5889999/8. Inscrita en el RM de Barcelona, tomo 20397, folio 1, folla B-5614, número 3003. Operador de bancaseguros exclusivo de VidaCaixa, S.A., con CIF A-58333261, e autorizado de SegurCaixa, S.A., con CIF A-28011864, inscrito no rexistro administrativo de mediadores da DXSFP co código C0611G58899998, e autorizado para a distribución de seguros CASER, en virtude do convenio de distribución entre VidaCaixa e Caixa de Seguros Reunidos, Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A. (CASER), con CIF A-28013050.

www.laCaixa.es/agrocaixa

Máis queprotección

En ”la Caixa” dispoñemos dunha extensa

gama de seguros para cubrir os riscos da

súa actividade agraria. Poderá asegurar os

ingresos da súa colleita e gando ante calquera

imprevisto, dispoñerá de amplas coberturas

para a súa maquinaria agrícola e para a súa

explotación, e tamén obterá protección para

vostede, a súa familia e os seus traballadores.

Falamos?

Patrocinador do EquipoOlímpico Español

GANDO E ALIMENTACIÓNA cabana confórmana 95 vacas. Cunha lactación de 350 días de duración, a media de lactación dos animais é de 2,6. A produción media de leite é de 725.000 litros ao ano. Os resultados máis recentes, do 2010, melloran a produ-ción ata os 757.000 litros, máis de 7.500 por vaca leiteira, cunha materia graxa de 41,3 g/l. O leite/UTH (unidade de traballo home) situouse nos 302.800 litros e o leite/ha SFP (superficie forraxeira principal), en 10.061 litros.

O gando está separado por lotes de idade pero a ración é idéntica para todas as reses, xa que, segundo Antoine, “unha vaca que produce moito leite consome unha gran ración”. No inverno danlles 12 quilos de silo de millo, 4 quilos de alfalfa, 3 quilos de colza, 1 quilo de tané (unha mestura de colza e soia), entre medio quilo e 1 quilo de palla e 250 gramos dun corrector mineral de potasio, cal-cio e magnesio (3.30.5). Na primavera, a ración compon-se de 2-3 quilos de silo de millo, medio quilo de palla e 100 gramos do mesmo corrector mineral e complétase cos pastos.

O pastoreo fano en prados ao pé da explotación e, nor-malmente, dende mediados de abril ata mediados de xullo, inda que como este ano foi seco rematárono antes, cara á metade de xuño. Nese período, as vacas pastan todo o día, descontando unicamente as catro horas nas que as baixan para muxilas, dúas pola mañá e dúas pola tarde. De xullo a outubro adoitan sacalas tamén a pastar pero só polo día, durmindo xa no establo.

O muxido ten lugar nunha sala de 20 puntos e aténdeo unha única persoa, Antoine, quen tarda unha hora e vinte minutos, aproximadamente.

A CABANA CONFÓRMANA 95 VACAS. A MEDIA ANUAL DE PRODUCIÓN DE LEITE É DE 725.000 LITROS

As naves son de formigón e madeira e levan unha cuberta de uralita que se pode elevar parcialmente para ventilar

Page 83: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

PANORAMA INTERNACIONAL84

Anne Yvonne e Antoine e a súa casa

A sala de muxido é de 20 puntos e aténdea unha única persoa

Ata que cumpren un mes, as xatas permanecen en boxes individuais ao aire libre

A nave principal aloxa as vacas en produción e na outra, contigua, están as xovencas, así como a sala de muxido e a enfermería

CONTABILIDADEOs socios de Touchais compartiron con nós os números da súa explotación:

PREZOS DE RETORNO: EUROS/1.000 LITROS31.04.2010:

704.000 litros31.04.2011:

757.000 litros

CUSTOS VARIABLES 84 € / 1.000 l 79 € / 1.000 l

CUSTOS DE PRODUCIÓN 16 16

CONCENTRADOS + MINERAIS 34 34

LEITE PARA OS XATOS 4 5

PALLA 7 7

MISCELÁNEA 2 1

VETERINARIO 11 8

CUSTOS DE REPRODUCIÓN 10 8

CUSTOS FIXOS 170 € / 1.000 l 166 € / 1.000 l

TERRA CONTRATADA 22 23

INSTALACIÓNS 36 39

MAQUINARIA 71 73

INTERESES 3 4

GASTOS XERAIS (ELECTRICIDADE…) 39 27

LABORAL 99 € / 1.000 l 98 € / 1.000 l

SALA DE MUXIDO = 1,4 UTH x 30.570 € + 1 ASALARIADO A CUSTO REAL

TOTAL 353 343

- VENDAS DE CARNE -45 -33

PREZO DE EQUILIBRIO 308 310

DPU* QUE AFECTAN AO LEITE 54 € / 1.000 l 52 € / 1.000 l

PREZO DE EQUILIBRIO DESPOIS DO DPU* 254 € 258 €*DPU (Dereito de Tanteo Urbano)

Para as camas usan palla

As vacas dispoñen de elementos para o seu benestar coma este rascador

Page 84: Afriga 95

Ve

rp

ara

cre

er!!

O-S

tyle

Super F

reddie

Hill

Logan

Sudan

...y en

Gali

cia, c

onsu

lta co

n nue

stro e

quipo

de ve

ntas

o Esco

lmo.

Page 85: Afriga 95

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

PANORAMA INTERNACIONAL86

A ración é idéntica para todos os animais e só se diferencia entre a de primavera e a de inverno

AS MACEIRAS OCUPAN 8 HECTÁREAS DA SUPERFICIE AGRÍCOLA. VENDEN MAZÁS E ZUME DIRECTAMENTE A PARTICULARES E COLECTIVOS DA ZONA

CULTIVOS E MAQUINARIAA superficie agrícola útil desta GAEC é de 122 hectáreas, das que só posúen en propiedade 12 ha, sendo as outras 110 alugadas.

Os cultivos son heteroxéneos, ao servizo da alimentación do gando e da diversificación hortofrutícola: 36 ha de mi-llo, cun rendemento de 11-12 toneladas de materia seca; 34 ha de pastos (raigrás e trevo branco), cun rendemento de 7-8 t/MS; 27 ha de trigo, cun rendemento de 8-9 t/MS; 10 ha de alfalfa; 8 ha de horta (fundamentalmente maceiras); 6 ha de dáctilos (pata de galo e sementes) e 1 ha de miscanthus que pola súa alta biomasa usan para a produción de enerxía.

Para estes labores do campo empregan maquinaria dunha CUMA da zona, co que só dispoñen na granxa das máqui-nas imprescindibles, coma o tractor ou a sulfatadora.

De abril a xullo, as vacas pastan todo o día nestes prados anexos á granxa

Inda que posúen pouca maquinaria propia, contan cun pequeno taller para o seu mantemento

Page 86: Afriga 95

Virbactan®

El secado del siglo XXI

La salud animal es nuestra pasión

VIRBACTAN 150 mg pomada intramamaria. Composición: Cada jeringa precargada de 3 g contiene: Cefquinoma (como sulfato) 150,0 mg. Especies de destino: Bovino (vacas en periodo de secado). Indicaciones de uso: Para el tratamiento de mamitis subclínicas justo antes del periodo de secado y prevención de nuevas infecciones bacterianas de la ubre durante el periodo de secado en vacas lecheras producidas por los siguientes organismos sensibles a cefquinoma: Streptococcus uberis, Streptococcus dysgalactiae, Streptococcus agalactiae, Staphylococcus aureusconocida a antibióticos cefalosporínicos u otros antibióticos ß-lactámicos. No administrar a vacas con mamitis clínica. Reacciones adversas: Ninguna conocida. Posología y forma de administración: Administración única por vía intramamaria 150 mg de cefquinoma, es decir, el contenido de una jeringa. Debe introducirse suavemente en el pezón de cada cuarterón inmediatamente después del último ordeño. Antes de introducir el producto, la

cuidado para evitar la contaminación de la cánula del inyector. Insertar suavemente, bien unos 5 mm o la totalidad de la cánula, e introducir el contenido de la jeringa en cada cuarterón. Dispersar el producto mediante un masaje suave del pezón y la ubre. Cada jeringa solo debe ser usada una vez. Tiempo(s) de espera: Carne: 2 días. Leche: 1 día tras el parto si el periodo de secado es superior a 5 semanas; 36 días después del tratamiento si el periodo de secado es igual o inferior a 5 semanas. Presentaciones: Caja con 6 sobres con 4 jeringas precargadas y 24 toallitas limpiadoras, caja con 15 sobres con 4 jeringas precargadas y 60 toallitas limpiadoras, caja con 30 sobres con 4 jeringas precargadas y 120 toallitas limpiadoras. Virbac España, Nº de registro:1612 ESP. Con prescripción veterinaria.

Amplio espectro · Larga acción · Seguridad

Page 87: Afriga 95

G. CASTRO GOSPELL XACOBA