adaptaciÓn da progamaciÓn didÁctica 2019/2020

12
ADAPTACIÓN DA PROGAMACIÓN DIDÁCTICA 2019/2020 CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga Departamento de Bioloxía e Xeoloxía Curso 3º ESO 10 de maio de 2020

Upload: others

Post on 19-Jul-2022

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ADAPTACIÓN DA PROGAMACIÓN DIDÁCTICA 2019/2020

Adaptación da Progamación Didáctica. 2019/2020. Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO.

1

ADAPTACIÓN DA PROGAMACIÓN

DIDÁCTICA 2019/2020

CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Curso 3º ESO

10 de maio de 2020

Page 2: ADAPTACIÓN DA PROGAMACIÓN DIDÁCTICA 2019/2020

Adaptación da Progamación Didáctica. 2019/2020. Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO.

2

ÍNDICE

1. MARCO LEXISLATIVO. .............................................................................. 3

2. METODOLOXÍA. ......................................................................................... 4

3. ACTIVIDADES. ........................................................................................... 4

4. RECURSOS E MATERIAIS. ....................................................................... 5

5. COMPETENCIAS CLAVE, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES IMPRESCINDIBLES. .......... 5

6. AVALIACIÓN. .............................................................................................. 9

6.1. Procedementos de avaliación. .............................................................. 9

6.2. Instrumentos de avaliación. ................................................................. 11

6.3. Cualificación final. ............................................................................... 11

6.4. Proba extraordinaria en setembro. ...................................................... 11

7. MATERIA PENDENTE. ............................................................................. 12

8. INFORMACIÓN E PUBLICIDADE............................................................. 12

Page 3: ADAPTACIÓN DA PROGAMACIÓN DIDÁCTICA 2019/2020

Adaptación da Progamación Didáctica. 2019/2020. Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO.

3

1. MARCO LEXISLATIVO.

O 11 de marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde elevou a

situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19 á

categoría de pandemia internacional. Na Comunidade Autónoma de Galicia,

por Acordo do Consello da Xunta do 12 de marzo de 2020, adoptáronse unha

serie de medidas preventivas entre as cales se inclúe a suspensión das

actividades académicas de ensino non universitario.

A aplicación do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, publicado no

BOE número 67, do 14 de marzo, declarouse o estado de alarma para a

xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19; supuxo,

entre outras medidas, o confinamiento da poboación e a suspensión das clases

presenciais en todas as etapas do sistema educativo de España. Nese tempo a

administración educativa da Xunta de Galicia adoptou unha serie de decisións,

algunhas de carácter provisional e suxeitas a modificacións en función da

evolución da pandemia.

A finales do mes de abril, o Ministerio de Educación y Formación

Profesional publicou a Orde EFP/365/2020, de 22 de abril, pola que se

establecen o marco e as directrices de actuación para o terceiro trimestre do

curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021, ante a situación de crise

ocasionada polo COVID-19. Dita norma, ten carácter básico, modifica o marco

normativo que rexe o desenvolvemento do curso 2019/2020 e flexibiliza os

criterios para a promoción e titulación nas diferentes etapas educativas,

quedando sen efecto o criterio do número de materias non superadas. Para

concretar a aplicación desta norma de carácter básico a Consellería de

Educación, Universidade e Formación Profesional publicou as Instrucións do 27

de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e

Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso

académico 2019/2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de

Galicia. Nesta norma establécense directrices xerais e específicas por

ensinazas en aspectos como: a programación, o desenvolvemento das

actividades de ensinanza e aprendizaxe, a avaliación, a promoción e a

titulación do alumnado galego, dos distintos cursos e niveis.

Page 4: ADAPTACIÓN DA PROGAMACIÓN DIDÁCTICA 2019/2020

Adaptación da Progamación Didáctica. 2019/2020. Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO.

4

2. METODOLOXÍA.

As adaptacións feitas teñen en conta en todo momento o marco lexislativo

exposto no punto anterior e as necesidades do alumnado de 3º ESO.

O alumnado recibe as tarefas a través de Google Classroom. O prazo de

entrega é de entre 7-10 días dependendo da carga das tarefas. As actividades

envíanse xunto cun documento no cal se explica qué deben facer, cómo o

deben facer e que se terá en conta a hora de correxir. Ademáis facilítaselle o

material complementario ao libro de texto que precisen, como por exemplo:

vídeos explicativos de elaboración propia, enlaces a páxinas web, xogos, etc. O

alumnado entrega as actividades mediante a plataforma dixital ou vía correo

electrónico. Tódalas actividades entregadas son correxidas e devoltas cos

comentarios pertinentes para que o alumnado teña retroalimentación da súa

aprendizaxe. A videoconferencia ofrécese para resolución de dúbidas ou

explicacións, en caso de ser necesario. Neste momento todo o alumnado está

conectado á rede, xa que os que non o estaban foron localizados e se lles

proporcionaron os medios necesarios para que tivesen acceso á mesma.

3. ACTIVIDADES.

As actividades plantexadas se construen a partir dos criterios de avaliación,

estándares de aprendizaxe avaliables e competencias clave que se consideran

imprescindibles para o alumnado (Tabla 1).

Búsqueda de información.

Manipulativas.

Consolidación e síntese.

Identificar imaxes, gráficas, etc.

Xogos.

Diccionario científico.

Resumos.

Esquemas/mapa conceptual.

Cuestionarios.

Page 5: ADAPTACIÓN DA PROGAMACIÓN DIDÁCTICA 2019/2020

Adaptación da Progamación Didáctica. 2019/2020. Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO.

5

4. RECURSOS E MATERIAIS.

Docente.

Recursos dixitais:

Para a creación/elaboración dos contidos:

- Microsoft Office PowerPoint

- Microsoft Office Word

- Google Drive

- Kahoot!

- Wordwall

- Enlaces a juegos/vídeos/documentos/páxinas web

- Imaxes

- Celme dixital

- Google Classsroom

Para a gravación dos contidos:

- aTube Catcher

Recursos tradicionais:

Libro de texto.

Alumnado.

Uso das TIC

Google Classroom

Libro de texto

Libreta de clase

Material escolar ou material que teñan en casa

Vídeos explicaivos e materil facilitado polo docente.

5. COMPETENCIAS CLAVE, CRITERIOS DE AVALIACIÓN E

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES

IMPRESCINDIBLES.

As actividades serán de reforzo, repaso, recuperación e ampliación dos

contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe avaliables vistos

ata o 13 de marzo. Rematouse o UD 5 pero non se avanzará no temario.

Page 6: ADAPTACIÓN DA PROGAMACIÓN DIDÁCTICA 2019/2020

Adaptación da Progamación Didáctica. 2019/2020. Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO.

6

Tabla 1. Competencias clave, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe avaliables imprescindibles.

Competencias clave imprescindibles

Criterios de avaliación imprescindibles

Estándares de aprendizaxe avaliables imprescindibles

CCL, CMCCT B1.1. Utilizar adecuadamente o vocabulario científico nun contexto preciso e adecuado ao seu nivel.

BXB1.1.1. Identifica os termos máis frecuentes do vocabulario científico e exprésase con corrección, tanto oralmente como por escrito.

CD, CAA, CCL,

B1.2. Procurar, seleccionar e interpretar a información de carácter científico e utilizala para formar una opinión propia, expresarse con precisión e argumentar sobre problemas relacionados co medio natural e a saúde.

BXB1.2.1. Procura, selecciona e interpreta a información de carácter científico a partir da utilización de diversas fontes.

BXB1.2.2. Transmite a información seleccionada de xeito preciso utilizando diversos soportes.

BXB1.2.3. Utiliza a información de carácter científico para formar una opinión propia e argumentar sobre problemas relacionados.

CMCCT

B2.1. Recoñecer que os seres vivos están constituídos por células e determinar as características que os diferencian da materia inerte

BXB2.1.1. Diferencia a materia viva da inerte partindo das características particulares de ambas.

BXB2.1.2. Establece comparativamente as analoxías e as diferenzas entre célula procariota e eucariota, e entre célula animal e vexetal.

CMCCT B2.2. Describir as funcións comúns a todos os seres vivos, diferenciando entre nutrición autótrofa e heterótrofa.

BXB2.2.1. Recoñece e diferencia a importancia de cada función para o mantemento da vida.

BXB2.2.2. Contrasta o proceso de nutrición autótrofa e nutrición heterótrofa, e deduce a relación entre elas.

CAA,CMCCT B3.1. Catalogar os niveis de organización da materia viva (células, tecidos, órganos e aparellos ou sistemas) e diferenciar as principais estruturas celulares e as súas función.

BXB3.1.1. Interpreta os niveis de organización no ser humano e procura a relación entre eles

BXB3.1.2. Diferencia os tipos celulares e describe a función dos orgánulos máis importantes.

Page 7: ADAPTACIÓN DA PROGAMACIÓN DIDÁCTICA 2019/2020

Adaptación da Progamación Didáctica. 2019/2020. Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO.

7

Tabla 1. Continuación. Competencias clave, criterios de avaliación , estándares de aprendizaxe avaliables imprescindibles.

Competencias clave imprescindibles

Criterios de avaliación imprescindibles

Estándares de aprendizaxe avaliables imprescindibles

CMCCT B3.2. Diferenciar os tecidos máis importantes do ser humano e a súa función.

BXB3.2.1. Recoñece os principais tecidos que conforman o corpo humano e asóciaos á súa función.

CSC B3.3. Descubrir, a partir do coñecemento do concepto de saúde e doenza, os factores que os determinan.

BXB3.3.1. Argumenta as implicacións dos hábitos para a saúde, e xustifica con exemplos as eleccións que realiza ou pode realizar para promovela individual e colectivamente.

CSC, CSIEE B3.9. Investigar as alteracións producidas por distintos tipos de substancias aditivas, e elaborar propostas de prevención e control.

BXB3.9.1. Detecta as situacións de risco para a saúde relacionadas co consumo de substancias tóxicas e estimulantes, como tabaco, alcohol, drogas, etc., contrasta os seus efectos nocivos e propón medidas de prevención e control.

CSC B3.10. Recoñecer as consecuencias para o individuo e a sociedade de seguir condutas de risco.

BXB3.10.1. Identifica as consecuencias de seguir condutas de risco coas drogas, para o individuo e a sociedade.

CMCCT

B3.11. Recoñecer a diferenza entre alimentación e nutrición, e diferenciar os principais nutrientes e as súas funcións básicas.

BXB3.11.1. Discrimina o proceso de nutrición do da alimentación.

BXB3.11.2. Relaciona cada nutriente coa súa función no organismo, e recoñece hábitos nutricionais saudables.

CAA,CD B3.12. Relacionar as dietas coa saúde a través de exemplos prácticos.

BXB3.12.1. Deseña hábitos nutricionais saudables mediante a elaboración de dietas equilibradas, utilizando táboas con grupos de alimentos cos nutrientes principais presentes neles e o seu valor calórico.

CSC, CAA

B3.13. Argumentar a importancia dunha boa alimentación e do exercicio físico na saúde, e identificar as doenzas e os trastornos principais da conduta alimentaria.

BXB3.13.1. Valora e determina una dieta equilibrada para unha vida saudable e identifica os principais trastornos da conduta alimentaria.

Page 8: ADAPTACIÓN DA PROGAMACIÓN DIDÁCTICA 2019/2020

Adaptación da Progamación Didáctica. 2019/2020. Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO.

8

Tabla 1. Continuación. Competencias clave, criterios de avaliación , estándares de aprendizaxe avaliables imprescindibles.

Competencias clave imprescindibles

Criterios de avaliación imprescindibles

Estándares de aprendizaxe avaliables imprescindibles

CMCCT B3.14. Explicar os procesos fundamentais da nutrición, utilizando esquemas gráficos dos aparellos que interveñen nela.

BXB3.14.1. Determina e identifica, a partir de gráficos e esquemas, os órganos, os aparellos e os sistemas implicados na función de nutrición, e relaciónao coa súa contribución no proceso.

CMCCT B3.15. Asociar a fase do proceso de nutrición que realiza cada aparello implicado.

BXB3.15.1. Recoñece a función de cada aparello e de cada sistema nas funcións de nutrición.

CMCCT B3.16. Identificar os componentes dos aparellos dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor, e coñecer o seu funcionamento.

BXB3.16.1. Coñece e explica os compoñentes dos aparellos dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor, e o seu funcionamento.

CMCCT

B3.17. Indagar acerca das doenzas máis habituais nos aparellos relacionados coa nutrición, así como sobre as súas causas e a maneira de previlas.

BXB3.17.1.Diferencia as doenzas máis frecuentes dos órganos, os aparellos e os sistemas implicados na nutrición, e asóciaas coas súas causas.

CMCCT

B3.18. Describir os procesos implicados na función de relación, e os sistemas e aparellos implicados, e recoñecer e diferenciar os órganos dos sentidos e os coidados do oído e a vista.

BXB3.18.1. Especifica a función de cada aparello e de cada sistema implicados nas funcións de relación.

BXB3.18.2. Describe os procesos implicados na función de relación, e identifica o órgano ou a estrutura responsables de cada proceso.

CMCCT, CSC

B3.19. Explicar a misión integradora do sistema nervioso ante diferentes estímulos, e describir o seu funcionamento.

BXB3.19.1. Identifica algunhas doenzas comúns do sistema nervioso e relaciónaas coas súas causas, cos factores de risco e coa súa prevención.

CMCCT B3.20. Asociar as principais glándulas endócrinas coas hormonas que sintetizan e coa súa función.

BXB3.20.1. Enumera as glándulas endócrinas e asocia con elas as hormonas segregadas e a súa función.

CMCCT B3.21.Relacionar funcionalmente o sistema neuro-endócrino.

BXB3.21.1. Recoñece algún proceso que teña lugar na vida cotiá no que se evidencie claramente a integración neuroendócrina.

Page 9: ADAPTACIÓN DA PROGAMACIÓN DIDÁCTICA 2019/2020

Adaptación da Progamación Didáctica. 2019/2020. Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO.

9

6. AVALIACIÓN.

6.1. Procedementos de avaliación.

Tal e como se recolle na Orde EFP/365/2020, de 22 de abril na que se

establecen o marco e as directrices de actuación para o terceiro trimestre do

curso 2019/2020 ante a situación de crise ocasionada polo COVID-19, así

como o establecido pola Consellería de Educación e Formación Profesional

nas instrucións de 27 de abril de 2020, adaptamos a continuación o sistema de

avaliación que se levará a cabo dende o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Os procedementos de avaliación serán fundamentalmente a autoevaluación-

coevaluación e tódalas tarefas e producións presentadas polo alumnado. Polo

tanto, as actividades serán correxidas con anotacións para que o alumnado

tome conciencia dos erros cometidos e poda solveltalos; e tódalas actividades

presentadas e superadas correctamente contarán positivamente para a

avaliación (para cada actividade teñen un documento cos criterios de

cualificación). Ademáis, a plataforma dixital Google Classroom permite

observar a evolución do alumnado e facer un rexistro da súa actividade. Non

entregar as actividades en data (ou a detección de posible plaxio), suporá que

a actividade figure automáticamente como non presentada.

Neste terceiro trimestre en ningún caso se poderá baixar a nota media

obtida entre a primeira e a segunda avaliación. Polo que nesta avaliación só se

poderá subir ou manter esta nota media.

Ante esta situación, para levar a cabo a avaliación e a cualificación deste

terceiro trimestre, debemos establecer unha diferenciación entre o alumnado

que xa superase a materia nas avaliacións anteriores e os que tiñan unha ou

as dúas avaliacións suspensas.

Alumnado coa 1ª e 2ª avaliación superadas positivamente.

Para obter a cualificación da terceira avaliación do alumnado que

presenta a primeira e segunda avaliaición superadas, realizase a media das

notas desas avaliacións. Se ademáis superan con éxito as actividades

realizadas durante a terceira avaliación, poderán optar a ter ata un punto máis

por enriba da media.

Page 10: ADAPTACIÓN DA PROGAMACIÓN DIDÁCTICA 2019/2020

Adaptación da Progamación Didáctica. 2019/2020. Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO.

10

Tabla 2. Cualificación final do alumnado coa primeira e segunda avaliación aprobadas.

1ª avaliación 2ª avaliación 3ª avaliación

Criterios de cualificación

Nota da 1ª avaliación

Nota da 2ª avaliación

Actividades da 3º avaliación

Cualificación final

50% 50% 10%

Alumnado cunha avaliación non superada.

Para que a terceira avaliación quede aprobada, deberase recuperar a

avaliación suspensa. Para iso ten que superarse positivamente nun 90%, como

mínimo, as actividades específicas realizadas durante a terceira avaliación. De

tal maneira que a avaliación suspensa pasaría a estar aprobada cun 5. E, nese

caso, a cualificación da terceira avaliación faráse coa media das dúas

avaliacións.

Tabla 3. Cualificación final do alumnado con algunha avaliación suspensa.

3ª avaliación 1ª avaliación recuperada

2ª avaliación

Criterios de cualificación

Actividades específicas (70%) actividades xerais da 3º avaliación

(30%)

Nota = 5 Nota da 2ª avaliación

Cualificación final

Nota media 50% 50%

Alumnado coas dúas avaliacións non superadas.

Para que a terceira avaliación quede aprobada, deberase recuperar as

avaliacións suspensas. Para iso ten que superarse positivamente nun 90%,

Page 11: ADAPTACIÓN DA PROGAMACIÓN DIDÁCTICA 2019/2020

Adaptación da Progamación Didáctica. 2019/2020. Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO.

11

como mínimo, as actividades específicas realizadas durante a terceira

avaliación. De tal maneira que a cualificación da terceira avaliación será

positiva, cunha nota de 5.

Tabla 4. Cualificación final do alumnado coas dúas avaliacións suspensas.

3ª avaliación 1ª avaliación recuperada

2ª avaliación recuperada

Criterios de cualificación

Actividades específicas (70%)

actividades xerais da 3º avaliación (30%)

Nota = 5 Nota = 5

Cualificación final

Nota media 50% 50%

6.2. Instrumentos de avaliación.

Rúbricas

Escalas de valoración

Ficha persoal de rexistro

Google Classroom

6.3. Cualificación final.

Ante esta situación excepcional, o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

considera que debido ao sistema de avaliación aplicado, a avaliación do

terceiro trimestre se corresponderá coa cualificación final de cada alumno.

6.4. Proba extraordinaria en setembro.

Para o alumnado que non supere con éxito a materia, elaborarase un

informe individualizado no que consten os estándares de aprendizaxe

avaliables non adquiridos e se propoñan actividades para a súa recuperación.

Entregaráselle un traballo de reforzo no que se referencie o grao mínimo de

consecución de cada estándar (GMCCE), así como exercicios de repaso que

servirán de guía cara o exame. A realización das actividades de recuperación

propostas suporá o 30 % da nota. Ademáis farase unha proba escrita para

Page 12: ADAPTACIÓN DA PROGAMACIÓN DIDÁCTICA 2019/2020

Adaptación da Progamación Didáctica. 2019/2020. Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO.

12

avaliar se se alcanzaron os EAE incompletos na avaliación ordinaria, que

suporá o 70 % da nota final.

Tabla 5. Cualificación final alumnado con Bioloxía e Xeoloxía de 3º ESO suspensa en xuño.

Obtención da cualificación final

Criterios de cualificación

Nota do exame Nota do traballo

Cualificación final

70% 30%

7. MATERIA PENDENTE.

Para o alumnado que ten a materia pendente de cursos anteriores, xa se

lles entregou un caderno de actividades no mes de abril para poder recuperala,

o boletín ten unha data límite de entrega que é o 29 de maio de 2020. Para que

a avaliación sexa positiva, deberán ter feitos correctamente un 80% dos

exercicios. No caso de que non acadasen cualificación positiva terían unha

convocatoria extraordinaria en setembro para poder acadar os mínimos

esixibles e superar a materia.

8. INFORMACIÓN E PUBLICIDADE.

O alumnado será informado a través do medio que cada familia decidiu e

contando sempre con todos os permisos oportunos, este medio pode ser

correo electrónico, Google Classroom ou Whatssapp.

Dende o centro se publicitará toda a información referente ao terceiro

trimestre por diversos medios así como por notificacións a través do sistema de

ABALAR MÓBIL. En moitos casos o titor contactará directamente coas familias

para comunicarlles a información que considere oportunha en función da

situación académica do seu fillo, esta comunicación será por correo electrónico

ou a través de chamadas telefónicas.