actividade 2. 3º timestre. 1ºeso as texturas ......1 actividade 2. 3º timestre. 1ºeso as...

4
1 ACTIVIDADE 2. 3º TIMESTRE. 1ºESO AS TEXTURAS GRÁFICAS Unha textura gráfica créase por repetición dun rasgo (unha liña recta ou curva, un frotado, un punto…) sobre unha superficie de papel. -Se o rasgo se repite sempre á mesma distancia e coa mesma orientación temos unha textura regular As texturas regulares adoitan facerse con instrumentos de trazado, reglas e compás. -Se o rasgo se repite de forma máis libre na súa orientación e densidade temos unha textura irregular As texturas irregulares adoitan trazarse á man alzada, e nelas centraremos a nosa actividade.

Upload: others

Post on 05-Jul-2020

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ACTIVIDADE 2. 3º TIMESTRE. 1ºESO AS TEXTURAS ......1 ACTIVIDADE 2. 3º TIMESTRE. 1ºESO AS TEXTURAS GRÁFICAS Unha textura gráfica créase por repetición dun rasgo (unha liña

1

ACTIVIDADE 2. 3º TIMESTRE. 1ºESO

AS TEXTURAS GRÁFICAS Unha textura gráfica créase por repetición dun rasgo (unha liña recta ou curva, un frotado, un punto…) sobre unha superficie de papel. -Se o rasgo se repite sempre á mesma distancia e coa mesma orientación temos unha textura regular

As texturas regulares adoitan facerse con instrumentos de trazado, reglas e compás. -Se o rasgo se repite de forma máis libre na súa orientación e densidade temos unha textura irregular

As texturas irregulares adoitan trazarse á man alzada, e nelas centraremos a nosa actividade.

Page 2: ACTIVIDADE 2. 3º TIMESTRE. 1ºESO AS TEXTURAS ......1 ACTIVIDADE 2. 3º TIMESTRE. 1ºESO AS TEXTURAS GRÁFICAS Unha textura gráfica créase por repetición dun rasgo (unha liña

2

Aquí tedes máis texturas irregulares empregando diferentes grosores de trazo

E por suposto incorporando a cor

Na rede tedes moitos máis exemplos de texturas que podedes consultar para motivarvos e coller inspiración para o traballo que imos realizar.

Page 3: ACTIVIDADE 2. 3º TIMESTRE. 1ºESO AS TEXTURAS ......1 ACTIVIDADE 2. 3º TIMESTRE. 1ºESO AS TEXTURAS GRÁFICAS Unha textura gráfica créase por repetición dun rasgo (unha liña

3

A actividade que vos propoño consiste no seguinte Materiais: -Papel branco A4, tipo folio ou de debuxo. -Lápis e goma. -Regla, escuadra e cartabón. -Pilot negro -Lápices de cores, ceras e rotuladores.

Colledes un papel DIN A4 (folio) e dividídelo coma na imaxe. Facedes unha marxe arredor de 1cm e logo dividides anchura e altura en 4 partes iguais, resultando 16 casiñas iguais. Perfiládelo con trazador Pilot e comezamos o traballo.

Page 4: ACTIVIDADE 2. 3º TIMESTRE. 1ºESO AS TEXTURAS ......1 ACTIVIDADE 2. 3º TIMESTRE. 1ºESO AS TEXTURAS GRÁFICAS Unha textura gráfica créase por repetición dun rasgo (unha liña

4

-Na fila superior construímos catro texturas irregulares diferentes, empregando lápiz de grafito, 2H-2B ou combinando ámbolos dous. -Na segunda fila catro texturas irregulares diferentes, empregando Pilot, rotulador negro ou combinando os dous. -Terceira fila catro texturas irregulares diferentes, con cera ou lápis de cor. -Por último, na cuarta fila catro texruras irregulares diferentes empregando rotuladores de cores, pode introducirse Pilot u rotulador negro tamén, para perfilar ou tratar áreas en negro Unha vez que fagades o traballo, escanedes e gardades en pdf, e se non podedes simplemente facedes unha foto. Logo remitídelo por mail a [email protected] Se tedes dúbidas podedes consultarme na mesma dirección de mail. Moito ánimo es espero pronto as vosas obras. Xa queda menos!!!