acta de la reuniÓn de la asamblea general ... · web viewtitle acta de la reuniÓn de la asamblea...

14
ACTA DA REUNIÓN DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACIÓN COLOMBÓFILA GALEGA CELEBRADA EN SANTIAGO O DÍA 14 DE NOVEMBRO DE 2015. Na Cidade de Santiago de Compostela, sendo as dez horas e cinco minutos do día Catorce de Novembro do ano dous mil quince, baixo a presidencia de D. Eliseo Castro López, presidente da Federación Colombófila Galega e actuando como Secretario D. Manuel Rey San Luis, reúnese a Asemblea Xeral da mesma, asistindo os membros que a continuación se relacionan: PRESIDENTE: D. Eliseo Castro López ESTAMENTO DE CLUBS: D. MANUEL A. FERNÁNNDEZ MALLO (CIRCULO COLOMBÓFILO HERCULINO) Delegou a súa asistencia nesta persoa o Sr. Presidente D. Julio Alfonso Paz Ruiz D.CARLOS GARCÍA BALBOA (POMBAS DO SALNÉS) D. JOSÉ C. CASTRO PORTA (U.C.M. MARIÑAS ALTAS) D. HECTOR L. CRUZ ÁVILA (POMBAS DO VAL MIÑOR) Delegou a súa asistncia nesta persoa o Sr. Presidente D. Antonio C. Pereiro Francés. D. ENRIQUE FREIRE SOBRAL (C.C. RIA DE PONTEVEDRA) D. JOSÉ M. MACIEL COMESAÑA (P.M. DE NIGRAN) D. ALFOSO M. POZACO GONZÁLEZ (C.C. PORRIÑO) D. LOIS SEIJO CASTRO (S.C. LUCENSE) D. JOSÉ R. GONZALEZ BOSCO (PALOMAS MENSAJERAS VIGO) D. FERNANDO DE LA FUENTE EVANGELISTA (MENSAJERAS DE CAMBRE) Delegou a súa asistencia nesta persoa o Sr. Presidente D. Fernando De La Fuente Estraviz. ESTAMENTO DE DEPORTISTAS: D. ROGELIO NOGUEIRA PORTAS ESTAMENTO DE XUICES: 1

Upload: others

Post on 23-Feb-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ... · Web viewTitle ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA DE LA FEDERACIÓN COLOMBÓFILA GALLEGA CELEBRADA EN SANTIAGO EL

ACTA DA REUNIÓN DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACIÓN COLOMBÓFILA GALEGA CELEBRADA EN SANTIAGO O DÍA 14 DE NOVEMBRO DE 2015.

Na Cidade de Santiago de Compostela, sendo as dez horas e cinco minutos do día Catorce de Novembro do ano dous mil quince, baixo a presidencia de D. Eliseo Castro López, presidente da Federación Colombófila Galega e actuando como Secretario D. Manuel Rey San Luis, reúnese a Asemblea Xeral da mesma, asistindo os membros que a continuación se relacionan:

PRESIDENTE:D. Eliseo Castro López

ESTAMENTO DE CLUBS: D. MANUEL A. FERNÁNNDEZ MALLO (CIRCULO COLOMBÓFILO HERCULINO) Delegou a súa asistencia nesta persoa o Sr. Presidente D. Julio Alfonso Paz RuizD.CARLOS GARCÍA BALBOA (POMBAS DO SALNÉS) D. JOSÉ C. CASTRO PORTA (U.C.M. MARIÑAS ALTAS)D. HECTOR L. CRUZ ÁVILA (POMBAS DO VAL MIÑOR) Delegou a súa asistncia nesta persoa o Sr. Presidente D. Antonio C. Pereiro Francés. D. ENRIQUE FREIRE SOBRAL (C.C. RIA DE PONTEVEDRA)D. JOSÉ M. MACIEL COMESAÑA (P.M. DE NIGRAN)D. ALFOSO M. POZACO GONZÁLEZ (C.C. PORRIÑO)D. LOIS SEIJO CASTRO (S.C. LUCENSE)D. JOSÉ R. GONZALEZ BOSCO (PALOMAS MENSAJERAS VIGO)D. FERNANDO DE LA FUENTE EVANGELISTA (MENSAJERAS DE CAMBRE) Delegou a súa asistencia nesta persoa o Sr. Presidente D. Fernando De La Fuente Estraviz.

ESTAMENTO DE DEPORTISTAS: D. ROGELIO NOGUEIRA PORTAS

ESTAMENTO DE XUICES:D. PEDRO BECERRA GONZÁLEZ

AUSENTES: Excusan a súa asistencia os seguintes membros:

D.ANGEL RIVEIRO OLIVEIRA (C.C.ALAS COMPOSTELANAS)D. RAMÓN IGLESIAS FERNÁNDEZ (POMBAS DAS MARIÑAS)D. OSCAR MARTINEZ MAÑANAD. ALBERTO RICO RODRÍGUEZD. JUAN A. INSUA PÉREZD. DAVID MUIÑO GARCÍA

1

Page 2: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ... · Web viewTitle ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA DE LA FEDERACIÓN COLOMBÓFILA GALLEGA CELEBRADA EN SANTIAGO EL

Esta reunión axústase ó seguinte Orden do día:

1º.- Lectura e aprobación, si procede, da Acta da asamblea anterior.2º.- Aprobación, si procede, dos resultados deportivos da tempada 2015. 3º.- Coñecemento do balance económico a o día da data.4º.- Orzamento económico para o ano 2016. Aluguer de local/acondicionamento en Santiago.5º.- Axustes Calendario e Regulamento Deportivo 2016 e Nova Proposta de 4 clubes.6º.- Vacinas NewCastle e Viruela: Tentar conseguir o mellor do mercado7º.- XLIX Exposición Galega da Pomba Mensaxeira.8º.- Censos e Títulos de Propiedade de Pombas Estranxeiras.9º.- Alegacions Porriño a o cobro de 0,75 € por aneis estranxeiros10º.- Proposta Comisión Delegada: Novas Altas de clubes mínimo 10 socios, e revisión/actuación clubes con menos 5 licencias en vigor.11º.- Licencia Única Deportiva e Seguro ano 2016. Acordos coa R.F.C.E.12º.- REGAS e Correo enviado a R.F.C.E. polo control sanitario dos Pombais.13º.- Xestions sobre unificación de versions do programa informático “Coloms” e coste de mantemento. Propostas de melloras ao Programa informático “Coloms” recibidas dos clubes. 14º.- Rogos y preguntas.

1º.- LECTURA E APROBACIÓN SI PROCEDE DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.-Dáse lectura por parte do Sr. Secretario da Acta da sesión anterior, sendo aprobada por unanimidade.D. Alfonso Pozaco pide se faga constar na acta que se acordara na derradeira Asamblea enviar unha pomba por parte do Clube Colombófilo Porriño á Exposición Nacional e que non chegou a enviarase.Se lle reitera por parte da Federación, (xa se lle comunicara no seu momento), que non se enviou por os problemas de loxística no transporte surdidos os días previstos para eso, e que as alternetivas tiñan un custe excesivo o enviar so unha pomba, non podendo garantir ademais a sua chegada a tempo a o punto de destino. 2º.- APROBACIÓN SI PROCEDE DOS RESULTADOS DEPORTIVOS DA TEMPADA 2015.- Apróbanse as clasificacións previamente presentadas e aprobadas pola Comisión Delegada desta Federación.O Sr. Presidente pon de manifesto as incidencias surdidas no clube de Narón, nunhas comprobacions manuis, denunciadas por o clube Mariñas Altas, cando éste clube non tiña constancia directa de eso , so polas manifestacións, o parecer, de terceiras persoas ligadas a

2

Page 3: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ... · Web viewTitle ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA DE LA FEDERACIÓN COLOMBÓFILA GALLEGA CELEBRADA EN SANTIAGO EL

Narón, e solicita que estos feitos, a todas luces denunciables, se fagan directamente dente o mesmo clube afectado, de forma que se eviten malestar e enfrentamentos entre clubes.

3º.- COÑECEMENTO DO BALANCE ECONÓMICO AO DIA DA DATA.- Dáse lectura por parte do Sr. Tesoureiro a o balance económico ata o 30 de Outubro, sendo aprobado por unanimidade.

D. Alfonso Pozaco propón que seria deseable poder ter un inventario de existencias (xaulas de exposición, bebedeiros, etc.) que todos puideran entender.

En canto ao material deportivo de Benzing que hai en existencia, acórdase nesta reunión poñer este material a disposición dos socios que estean interesados nel.

4º.- ORZAMENTO ECONÓMICO PARA O ANO 2016. ALUGUER DE LOCAL FEDERATIVO EN SANTIAGO.- Dáse lectura por parte do Sr. Tesoureiro ao Orzamento económico para o ano 2016, sendo aprobado por unanimidade.O Sr. Presidente pon en coñecemento dos membros asistentes que este ano non foi posible acadar un local para a Secretaría da Federación como se habia acordado o pasado ano, e que ten contactado con varias axencias inmobiliarias para dotar a Federación dunha sede social en Santiago, existindo varias alternativas no entorno dos 300 Euros/mes, inda que probablemente haberá que facer algo de inversión para o seu acondicionamento (en torno aos 1.000.- €). Seguirase buscando a mellor alternativa.

3

Page 4: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ... · Web viewTitle ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA DE LA FEDERACIÓN COLOMBÓFILA GALLEGA CELEBRADA EN SANTIAGO EL

4

Page 5: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ... · Web viewTitle ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA DE LA FEDERACIÓN COLOMBÓFILA GALLEGA CELEBRADA EN SANTIAGO EL

5

Page 6: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ... · Web viewTitle ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA DE LA FEDERACIÓN COLOMBÓFILA GALLEGA CELEBRADA EN SANTIAGO EL

5º.- AXUSTES CALENDARIO E REGULAMENTO DEPORTIVO 2016 E NOVA PROPOSTA DE 4 CLUBS.- Preséntanse ante os membros desta Asemblea dúas propostas alternativas ao calendario deportivo previsto pola Federación para o 2016, que así se había aprobado na pasada Asamblea Xeral do 2014 para o vindeiro ano 2016: Unha proposta faina unha agrupación de clubs (Mensaxeiras de Cambre; S.C.Lucense, C.C.Herculino e Mariñas Altas), e outra faina o Club Pombas Mensaxeiras de Nigrán. Todos os membros presentes acordan debatir o plan proposto pola agrupación de clubs ou seguir co actual plan de voos proposto pola Federación, quedando fora o de Nigran o estar pensado para o ano 2017.

Ábrese unha rolda de opinións a ambos plans de voos, o da Federación aprobado o pasado ano e o da agrupación de clubes. Logo de debater sobre estes plans de voos lévase a cabo a votación aos mesmos para saber cal se aproba. Con 7 votos a favor, 4 votos en contra e 1 abstención, queda aprobado o plan de voos presentado pola agrupación de clubs para o próximo ano 2016, que se reseña o final deste punto. D. Alfonso Pozaco propón eliminar os adestramentos federativos do plan de voos o cal non é aprobado polos membros desta Asemblea.

Acordase designar 3 zonas de competición para os campionatos nacionais, sendo estas mesmas coincidentes coas provincias.

Aprobase soltar todas as pombas xuntas nas soltas de Fondo e Gran Fondo.

Acórdase rectificar o Regulamento Deportivo en canto atinxe ao calendario deportivo aprobado nesta Asemblea.

Acordase retirar do articulado do Regulamento Deportivo os trofeos especiais quedando só relacionados como adendas informativas ó final do Regulamento Deportivo.

Informase por parte do Sr, Presidente, que a pretendida solta conxunta con Portugal en Igualada, plantexada o pasado ano polo Sr. Camilo Pereiro, non terá cabida xa que, en palabras do Sr, Presidente da Federación Portuguesa, levan 2 ou 3 anos sen facer esa solta. Agora parece só fan 2 Valencias.

O Sr, Manuel Mallo fai fincapé na problemática do transporte, no senso de que Francisco Mourelle manifestou que o camión pequeno que viña usando para a recollida de pombas, vendeuno e polo tanto tíñamos que buscar alternativas a este problema.

Comunicase aos membros asistentes que aqueles colombófilos da Provincia de Lugo que estaban voando na Comunidade de Asturias, manifestaron a súa intención de voar no club colombófilo Terracha a partir do vindeiro ano en Galicia.

6

Page 7: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ... · Web viewTitle ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA DE LA FEDERACIÓN COLOMBÓFILA GALLEGA CELEBRADA EN SANTIAGO EL

Plan de voos aprobado para o ano 2016:

6º.- VACINAS NEWCASTLE E VIRUELA.- O Sr. Presidente pon en coñecemento de todos os membros asistentes as dificultades que temos neste momento para conseguir reglamentariamente as vacinas contra a viruela, xa que aquí en España non se atopan, como acreditan sendos correos xa remitidos con anterioridade a os asambleistas.

7

Page 8: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ... · Web viewTitle ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA DE LA FEDERACIÓN COLOMBÓFILA GALLEGA CELEBRADA EN SANTIAGO EL

Apróbase seguir cos trámites que se están levando a cabo para tentar conseguir a autorización de importación para este ano da vacina de Chevita, a Chevipoc, expecífica para a viruela, con cepa homologa de pomba, e que se non se consigue a tempo, e en todo caso antes do día 15 de Decembro, cada clube tomara a súa decisión de vacinar as pombas coa denominación que crea conveniente contra a viruela, acordándose polos membros desta Asemblea a non obrigatoriedade de vacinar as pombas contra a viruela, inda que se recomenda encarecidamente que se faga dentro das posibilidades existentes.

Contra a enfermidade de Newcastle acórdase seguir vacinando obrigatoriamente coa HIPRAVIAR.

7º.- XLIX EXPOSICÓN GALEGA DA POMBA MENSAXEIRA- Ponse en coñecemento de todos os presentes que se ofreceu voluntario o club Pombas Mensaxeiras de Cambre para organizar a vindeira XLIX Exposición Galega da Pomba Mensaxeira.A data para organizar a Exposición serán os días 9 e 10 de Xaneiro de 2016, xa que a Nacional esta prevista do 13 ao 17/1/2016.O responsable do club organizador comenta que se están levando a cabo os traballos de organización, e que tan pronto teñan a cartelería preparada faranse chegar a esta Federación a aos clubes.

8º.- CENSOS E TITULOS DE PROPIEDADE DE POMBAS EXTRANXEIRAS.- O Sr. Presidente propón a convenencia de que se presenten dous tipos de censos, un da totalidade das pombas existentes no pombal e outro só das pombas que se vaian a voar o próximo ano, acompañado este último dos orixinais dos títulos de propiedade das pombas cuxos aneis non foran facilitados pola F.C.G. O motivo e que, a parte de que xa era unha cuestión asumida por todos en pasados anos, facilita a labor a todos os compañeiros que teñen que manexar os datos e facer os controis pertinentes, asi como cumplir por outra banda coa normativa de que todos os exemplares do pombal estén debidamente censados e controlados fronte a calqueira inspección sanitaria etc etc

Despois de diversos cambios de pareceres sin acadarse un acordo do que seria mais conveniente, e ante a reticencia de alguns dos presentes a facilitar os títulos de propiedade xunto co censo, se da por zanxada a cuestión, quedando o Sr, Presidente en actuar neste senso da cordo co establecido nos Estatutos da F.C.G.en materia de control da titularidade das pombas e demais temas afins.

9º.- ALEGACIÓN DO CLUB DE PORRIÑO AO COBRO DE 0,75.-€ POR ANEIS EXTRANXEIROS.- O Sr. Presidente pon de relieve as alegacions presentadas polo clube de Porriño, coñecidas xa de todos os menbros da Asamblea, sobre o cobro de 0,75 ctmos. por anel de niño non facilitado pola F.C.G., asunto que fora aprobado na Asamblea Xeral do ano 2013.

Ponse igualmente de manifesto a resposta dada dende a F.C.G. as citadas alegacions asi como que este clube de Porriño denunciou a esta Federación ante a Real F.Colombófila Española , de cuxa resposta tamén se informou a Asamblea con anterioredade.

Neste punto o Sr. Presidente manifesta a sua intención de por en marcha un comité que coñeza de todos estos asuntos, tanto disciplinarios como de interpretación dos regulamentos, de acordo ao

8

Page 9: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ... · Web viewTitle ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA DE LA FEDERACIÓN COLOMBÓFILA GALLEGA CELEBRADA EN SANTIAGO EL

establecido nos Estatutos, xa que o único organo competente ata o momento e a Asamblea Xeral, e non sempre esta dispoñible.

10º.- PROPOSTAS DA COMISIÓN DELEGADA: NOVAS ALTAS DE CLUBES CUN MÍNIMO DE 10 SOCIOS E REVISIÓN/ACTUACIÓN DE CLUBS CON MENOS DE 5 LICENCIAS EN VIGOR. O Sr. Presidente pon en coñecemento aos membros asistentes das propostas presentadas pola Comisión Delegada. Con respecto a proposta de establecer un mínimo de 10 socios para altas de novos clubes, ésta terá que ser posposta, por canto supon a modificación dos Estatutos Federativos, asi como que e preciso revisar que esta proposta non vaia en contra da Lei do Deporte Galego.

En canto á segunda proposta “revisión/actuación de clubs con menos de 5 licencias en vigor”, acordouse que o mínimo de socios para poder encestar nas distintas soltas será de 5 socios, tendo que modificar o articulado do Regulamento Deportivo en este sentido, se ben a Comisión Deportiva podra permitir algunha excepción da cordo a circunstancias especiais concorrentes de cartacter excepcional.

Acordase tamén que para a participación nos campionatos provinciais terá que haber un mínimo de 10 participantes por fase (en cada unha das fases da competición), tendo que modificar o articulado do Regulamento Deportivo.

11º.- LICENZA ÚNICA DEPORTIVA E SEGURO DEPORTIVO 2016.- O Sr. Presidente pon en coñecemento dos membros asistentes a esta reunión os acordos adoptados coa R.F.C.E. en canto a este tema, no senso de dar continuidade ao estatus actual, de forma que a Real Federación Colombófila Española encargarase da expedición das licenzas federativas, así como da contratación do seguro deportivo obrigatorio, como o viña facendo hasta o momento, por considerar que tal circunstancia suporá una diminución de costes para a F.C.G., sin renunciar o dereito do canon por licenza, que ven percibindo a nosa Federación.

12º.- TRAMITACIÓN DE REGAS E CORREO ENVIADO Á R.F.C.E. POLO CONTROL SANITARIO DOS POMBAIS.- Informase que a tramitación dos REGAS dos novos pombais levaranse a cabo polos propios clubes a donde pertenza o novo socio. Toma a palabra o Sr. Presidente para ler o correo enviado á R.F.C.E. con data de 13/10/15 para o control sanitario dos pombais.Texto do correo:

      “Después de una reciente conversación telefónica con el Sr. Gavito, y con el fin de volver a poner de manifiesto (ya lo habíamos hecho en la última Asamblea General de esa R.F.C.E.) una realidad que padecemos algunas Territoriales en lo referente al control sanitario de los palomares para adecuarnos a la normativa vigente en cada Comunidad, así como para intentar buscar o elaborar mecanismos que permitan llevar a cabo un efectivo control sanitario de los mismos, ponemos de manifiesto los siguientes puntos que consideramos conflictivos:

      1.- No todas las Comunidades Autónomas tienen establecido este control sanitario, ni con el mismo nivel de exigencia, para los palomares ubicados dentro de su área de competencia.      

9

Page 10: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ... · Web viewTitle ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA DE LA FEDERACIÓN COLOMBÓFILA GALLEGA CELEBRADA EN SANTIAGO EL

       2.- Al menos hasta la fecha, nos consta la existencia de palomares ubicados en una Territorial que concursaban en otra Territorial donde también obtenían sus anillas de nido y su licencia, por lo que escapaban a cualquier tipo de control...(nadie tenia interés aparente en comunicar esta situación a las Federaciones Territoriales afectadas...)

       3.- Hasta donde se me ha informado, hemos demandado en varias ocasiones a esa Real Federación para que solicitara información a la Federación Portuguesa de las licencias concedidas allí a colombófilos gallegos...(que podrían ser también de cualquier otra comunidad...) pues también nos consta la existencia de palomares ubicados en Galicia que vuelan en Portugal, sin la licencia española, cuya exigencia se habían acordado demandar recíprocamente ambas Federaciones.

        4.- El asunto se complica mas ahora con la Licencia Única, a nuestro entender, pues, al quedar limitada la labor de la Federación Estatal a publicar solo el nombre y números de licencias emitidas, y éstas poder obtenerse a través de cualquier Territorial que haya asumido esta función, sin tener en cuanta ni la ubicación del palomar ni la residencia el aficionado, pudiendo ademas éste competir en cualquier parte del territorio nacional, entendemos que aspectos como el Sanitario quedan relegados al rango de vecindad, exclusivamente, sin tener en cuanta los desplazamientos inevitables de las mensajeras.

5.-No he mencionado hasta este momento el aspecto económico en cuanto al quebranto que pudiera suponer a las Federaciones Territoriales que vivan o subsistan mediante las cuotas de emisión de licencias de paloma (anillas de nido), licencia de colombófilo e incluso subvenciones por numero de licencias, por entender que, aunque existe, no es objeto de este planteamiento, pero si es importante también para esa Estatal, que tiene sentido si existen las Territoriales...

      Es por ello que, a la vista de los puntos arriba expuestos que, sin ser todos los que hay, creo son los mas importantes, solicitamos a esa Real Federación Colombófila Española la toma en consideración del tema expuesto de cara a buscar una solución al control sanitario de los palomares que escapan al mismo por lo antes expuesto y no contemplarlo así esta nueva Ley de Licencia Única al no tener en cuenta que la colombofília es un deporte muy peculiar,  pues quien compite no es el poseedor de una licencia sino una paloma que vive, va y viene a donde otro le lleva. El hecho de no vincular la Ley la obtención de licencia de colombófilo a la presentación del Censo de mensajeras, desvirtúa totalmente, a nuestro entender, dicha licencia, amén de facilitar el total descontrol de las instalaciones deportivas, (léase palomar).         En este sentido creemos que, al margen de las gestiones que cabría hacer ante la Administración para ponerle de manifiesto lo inadecuado e ineficaz de esta Ley aplicada a la colombofilia, sería del todo necesario habilitar una formula que, sin vulnerar ningún derecho particular, posibilite informar a las Federaciones Territoriales de la ubicación de todos los palomares y colombófilos a los que les ha sido concedida licencia, precisamente al amparo de ese control sanitario exigido en la mayoría de Territoriales.         Entendemos que una posible fórmula válida sería recabar de los interesados, en el momento de solicitar la licencia, la preceptiva autorización para ceder esta información a las Federaciones que así lo demanden, aunque no sea público su conocimiento a través de los canales habituales de acceso a la información, lo que supondría acuerdo y compromiso de todas las Territoriales...

          Rogando la buena acogida y estudio de esta problemática, y con gracias anticipadas, quedamos a su entera disposición.

          Reciban un cordial saludo

13º.- XESTIÓNS SOBRE Á UNIFICACIÓN DE VERSIÓNS DO PROGRAMA INFORMÁTICO “COLOMS” E CUSTE DE MANTEMENTO. PROPOSTAS DE MELLORAS A DITO PROGRAMA RECIBIDAS DOS CLUBS.- Toma a palabra D. Manuel Mallo para poñer en coñecemento dos membros asistentes as xestions levadas a cabo con D. Vicente Prats en canto ao custe de mantemento do programa informático e a actualización do mesmo para todos os clubs, até agora os prezos acordados ao que se chegou son de 50.- € para a actualización dos programas para cada

10

Page 11: ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ... · Web viewTitle ACTA DE LA REUNIÓN DE LA ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA DE LA FEDERACIÓN COLOMBÓFILA GALLEGA CELEBRADA EN SANTIAGO EL

club e de 50.- € para o mantemento anual dos mesmos. De todos os xeitos seguiranse en conversar para tentar abaratar estes custes.

A continuación ábrese unha rolda de opinións entre todos os membros asistentes para saber as impresións de cada un ao respecto, mostrando todos unha opinión favorable para seguir con esta negociación, o tempo que se debe tentar por en marcha as melloras propostas por los clubes no programa Coloms, ata onde sexa posible.

14º.- ROGOS E PREGUNTAS.-

● Acórdase entregar o Diploma de Honra dda F.C.G. a D. Juan M. González Castro.● Enrique Freire.- Solicita o relevo no cargo que desempeña como responsable de dar a orden de solta ás pombas, mostrandolles todos os asistentes a su confianza para que continue con esa responsabilidad, cousa aceptada polo Sr. Freire. ● Manuel Mallo.- Ofrece unha explicación do escrito remitido á R.F.C.E. é solicitado por ela mesma con motivo dos ataques das aves rapaces na nosa comunidade.

Comenta tamén que Paco Prado tiña a intención de ir deixando en mans de alguén que tomara o seu relevo en canto ao traballo da páxina web, basicamente por problemas persoais. Comentouse que se alguén da Asemblea estivera interesado que o manifestase, con todo, que se fixera extensivo a todos os membros dos clubs por parte dos seus presidentes.

● José M. Maciel.- Solicita que se envíen as clasificacións canto antes na medida que sexa posible.

E sen máis asuntos que tratar, levantase a sesión, sendo as catorce horas e vinte e cinco minutos do día da data.

Asdo: Eliseo Castro López Asdo. Manuel Rey San Luis - Presidente - - Secretario –

11