acta da asemblea do 6 de marzo de 2015

2
1 Acta da asemblea do 6 de marzo de 2015 A convocatoria da Asemblea pola Unidade dá comezo ás 20:30. Exposición de motivos da convocatoria Unha compañeira fai a exposición de motivos da convocatoria que pasarían polo contexto de carestía global, as inquedanzas da xuventude e do descrédito da sociedade con respecto ás formas de política tradicional. Por outro lado está a división da esquerda que dificulta o labor de impulsar procesos de cambio social así como a necesidade de dinamizar novas formas de facer política. O proxecto da Asemblea perseguiría a unificación da esquerda en niveis que antes non se deron en Cangas a pesar de haber proxectos de aglutinación das forzas de progreso que a poñente respecta. Destaca tamén o carácter apartidario da Asemblea e, en nome da xente reunida, aplaude o manifesto dos exalcaldes e persoeiros solicitando, precisamente, a confluencia da esquerda. Os principios do proxecto quedarían sintetizados nos seguintes conceptos: o asemblearismo, a unidade, a transparencia e o traballo conxunto de cara á renovación. Propóñense tres persoas da asemblea para que conduzan e levanten acta do xuntanza e ocupan a mesa. A seguir, o conxunto da asemblea decide que se debe concorrer ás eleccións municipais baixo os preceptos de unidade popular para derrotar o PP e a outras formas da dereita. Adiántanse os restantes puntos da orde do día: opcións xurídicas para a concorrencia ás eleccións municipais, o código ético e os grupos de traballo. Formas xurídicas Explícanse as diferentes posibilidades ou formas xurídicas para poder presentarse ós comicios de maio. Por unha banda estaría a agrupación de electores que esixe un complexo proceso de recadación de sinaturas ademais da imposibilidade de participar nas deputacións no caso se tomar esa vía. Por outra, estaría o partido político que carrexaría a creación dunha entidade xurídica nova que esixiría unha serie de pasos legais a dar como a inscrición, baixo a tutela de tres representantes, no notario e o posterior envío da documentación ó Ministerio do Interior. Decídese, ademais, en asemblea que se van iniciar os trámites posto que o prazo para levar a cabo esta opción remata o día 10 vindeiro e non se quere descartar ningunha das opcións. Esta alternativa, en coalición a nivel de partido xurídico, permitiría concorrer ás deputacións. Déixase claro que se renega destas institucións caciquís pero é necesario introducirse para poñelas ó servizo da sociedade. Ademais, nestes momentos e mentres a situación xurídico-administrativa non se mude a través do cambio político, boa parte dos ingresos municipais dependen da deputación. A derradeira vía que expón o compañeiro é a coalición de partidos que ten como aliciente que se podería participar nela como asemblea, é dicir, sen dependermos de estar oficializada a constitución do partido. Dende a asemblea insístese en que non se desbota ningunha posibilidade e que o camiño a tomar sería suficientemente debatido e estudado nas seguintes convocatorias da Asemblea pola Unidade. No final da asemblea apróbase a legalización do partido tentando manter o nome de Asemblea pola Unidade, sen siglas, pois é unha denominación que recolle moi ben o carácter do proxecto e porque tanto os membros como a veciñanza, trala comparecencia ante a prensa en Massó, xa teñen a referencia que permite recoñecer a iniciativa. De tódolos xeitos, como todo o que se fai en asemblea e a través de procesos participativos, todo queda aberto a modificacións.

Upload: asemblea-pola-unidade

Post on 21-Jul-2016

224 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Acta da asemblea celebrada por AU o 6 de marzo

TRANSCRIPT

Page 1: Acta da asemblea do 6 de marzo de 2015

1

Acta da asemblea do 6 de marzo de 2015

A convocatoria da Asemblea pola Unidade dá comezo ás 20:30.

Exposición de motivos da convocatoria

Unha compañeira fai a exposición de motivos da convocatoria que pasarían polo contexto decarestía global, as inquedanzas da xuventude e do descrédito da sociedade con respecto ás formasde política tradicional. Por outro lado está a división da esquerda que dificulta o labor de impulsarprocesos de cambio social así como a necesidade de dinamizar novas formas de facer política.

O proxecto da Asemblea perseguiría a unificación da esquerda en niveis que antes non sederon en Cangas a pesar de haber proxectos de aglutinación das forzas de progreso que a poñenterespecta. Destaca tamén o carácter apartidario da Asemblea e, en nome da xente reunida, aplaude omanifesto dos exalcaldes e persoeiros solicitando, precisamente, a confluencia da esquerda.

Os principios do proxecto quedarían sintetizados nos seguintes conceptos: o asemblearismo, aunidade, a transparencia e o traballo conxunto de cara á renovación.

Propóñense tres persoas da asemblea para que conduzan e levanten acta do xuntanza e ocupana mesa. A seguir, o conxunto da asemblea decide que se debe concorrer ás eleccións municipaisbaixo os preceptos de unidade popular para derrotar o PP e a outras formas da dereita. Adiántanseos restantes puntos da orde do día: opcións xurídicas para a concorrencia ás eleccións municipais, ocódigo ético e os grupos de traballo.

Formas xurídicas

Explícanse as diferentes posibilidades ou formas xurídicas para poder presentarse ós comicios demaio.Por unha banda estaría a agrupación de electores que esixe un complexo proceso de recadación desinaturas ademais da imposibilidade de participar nas deputacións no caso se tomar esa vía. Poroutra, estaría o partido político que carrexaría a creación dunha entidade xurídica nova que esixiríaunha serie de pasos legais a dar como a inscrición, baixo a tutela de tres representantes, no notario eo posterior envío da documentación ó Ministerio do Interior. Decídese, ademais, en asemblea que sevan iniciar os trámites posto que o prazo para levar a cabo esta opción remata o día 10 vindeiro enon se quere descartar ningunha das opcións. Esta alternativa, en coalición a nivel de partidoxurídico, permitiría concorrer ás deputacións. Déixase claro que se renega destas instituciónscaciquís pero é necesario introducirse para poñelas ó servizo da sociedade. Ademais, nestesmomentos e mentres a situación xurídico-administrativa non se mude a través do cambio político,boa parte dos ingresos municipais dependen da deputación.

A derradeira vía que expón o compañeiro é a coalición de partidos que ten como aliciente quese podería participar nela como asemblea, é dicir, sen dependermos de estar oficializada aconstitución do partido. Dende a asemblea insístese en que non se desbota ningunha posibilidade eque o camiño a tomar sería suficientemente debatido e estudado nas seguintes convocatorias daAsemblea pola Unidade.

No final da asemblea apróbase a legalización do partido tentando manter o nome de Asembleapola Unidade, sen siglas, pois é unha denominación que recolle moi ben o carácter do proxecto eporque tanto os membros como a veciñanza, trala comparecencia ante a prensa en Massó, xa teñen areferencia que permite recoñecer a iniciativa. De tódolos xeitos, como todo o que se fai en asembleae a través de procesos participativos, todo queda aberto a modificacións.

Page 2: Acta da asemblea do 6 de marzo de 2015

2

Código Ético

Adiantarase antes este punto, e a toda a asemblea lle parece correcto, pois unha membro daxuntanza esixe por sentido común coñecer os principios que moven o proxecto antes dar aconfianza para a creación dun ente xurídico que interveña en política.

Trátase dun código aberto e modificable, nunca vai estar pechado a novas achegas, e que vaiestar baseado no asemblearismo para que se instaure unha nova forma de xestionar as institucións eavanzar na transparencia da administración pública. O poñente fai un resumo da batería de medidasque parecen gozar do beneplácito do auditorio que aproba o documento sen practicamente ningunhadisensión. Ante a pregunta dun membro sobre o salario das persoas que sexan elixidasrepresentantes no concello, déixase patente máis unha vez que a asemblea pode mudar e ampliar odevandito código cando o estime oportuno nas asembleas que quedan por diante.

Sucédense diferentes intervencións entre a xente promotora do proxecto e o público paraanimar á participación nos grupos de traballo, parabenizar a xestión e os esforzo organizativo e aimportancia de manter o funcionamento asembleario. Un membro do público di que odesenvolvemento vai depender máis do capital humano ca do económico aínda que este últimotamén sexa importante e máis tarde ou máis cedo haberá que abordalo cun regulamento e considerardiferentes opcións como o micromecenado.

Outros

Pásanse unhas follas de contacto que completarían os que se teñen de móbil e Whatsapp. Ósmembros enviaráselle a acta da asemblea e vólvese insistir na participación nos grupos de traballo.Explícase que hai grupos feitos nos que estarían a traballar entre 10 e 12 persoas e que responderíana: Comunicación, Programático, Organizativo e Finanzas.

Infórmase de que tamén se pode contactar cos grupos que están a mover a Asemblea polaUnidade a través do mail ([email protected]), polas redes sociais (Facebook,Twitter) e contamos cunha páxina de recente construción:https://asembleapolaunidade.wordpress.com/

Intervén un veciño solicitando o apoio e adhesión da Asemblea pola Unidade as Marchas daDignidade coa vista posta na gran mobilización en Madrid o 21 de marzo. A asemblea aproba estaadhesión.

Pra rematar lémbranse unha serie de actos como o Día das Mulleres Traballadoras o 8 demarzo e a charla informativa das Marchas da Dignidade que manterá a Columna Galega dasMarchas coa comparecencia de Willy Toledo e de Diego Cañamero.